BVG Voltar atrás |
É vergonza curada con doce menciña
É vergonza curada con doce menciña,
é tristura con compañía amenizada,
é música nos ouvidos afinada,
crara luz que refrexas espida.
Vivir sorrindo con instintiva ledicia,
ser lebre polo galgo cazada,
carreira coas vallas recortadas,
pensar no horizonte como un enigma.
Pintar un lenzo carente
das cores do arco da vella
co meu sorriso ardente.
Respirar unha brisa fresca;
ver como o sol emerxe,
e sentir como por min pregas.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |