Apresentacións editoriais

Para dicir abril •  
  [ Editorial Sotelo Blanco ]

    

     Vázquez Pintor, cunha linguaxe luminosa e unha poeticidade de imaxes que esixen do lector unha participación activa, explora algunha das vetas máis escuras do ser humano, a soidade, os grandes traumas, a dor en estado lacerante, para deixar constancia da catástrofe emocional que supón enfrontarse a vivencias límite.

   

 

María Mariño no ronsel das escritoras galegas•  
  [ Edicións Laiovento ]

   Antoloxía da obra de María Mariño, precedida dun estudo introdutorio en que María Pilar García Negro revela as claves para a comprensión da poesía da insigne noiesa. 

 

Perfís e poéticas •  
  [ Baía Edicións ]

     Homenaxe a un grupo de poetas, artistas plásticos e homes de pensamento en palabras da autora, Ánxeles Penas.

Máis información en 

 

Escola de Briador •  
  [ Editorial Everest Galicia ]

     Antonio Reigosa relata como o trasno Briador convoca os seus compañeiros e compañeiras co fin de impartirlles un curso intensivo que lles permita coñecer o seu pasado.

   

 

Desconcerto •  
  [ Biblos Clube de Lectores ]

 

    

Eva Veiga co seu poemario Desconcerto achéganos a un mundo cada vez máis fragmentario.

   

 

O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo •  
  [Editorial Galaxia ]

     Rebeca Baceiredo aborda nesta obra, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005, cuestións relacionadas coa sociedade contemporánea.

   

 

A oca de Leonardo •  
  [Biblos Clube de Lectores ]

 

     Un fermoso libro con ilustracións de Xaquín Marín sobre un texto de Ramón Loureiro. O relato narra a imaxinaria viaxe do Vizconde de Chateaubriand a Galiza no outono de hai douscentos anos.

   

 

A fidalguía galega ante a crise do Antigo Réxime (1812-1868) •  
  [ 3C3 Editores ]

 

     Antonio Presedo Garazo ofrece unha análise específica da fidalguía galega ante a nova coxuntura propiciada polas reformas liberais da primeira metade do século XIX.

   

 

A bisneta lercha •  
  [ Editorial Galaxia ]

     Paco Martín reelabora tres relatos fundamentais da tradición literaria europea: Carapuchiña vermella, O parrulo feo e O gato con botas.

 

 

 

Máis información en 

 

Spam •  
  [ Editorial Galaxia ]

     Novela coa que Francisco Castro gañou o Premio Blanco Amor, 2006. O autor pescuda nos abusos do capitalismo mundializado e nas relacións a través da rede.

   

 

As orixes da literatura infantil galega •  
  [ Universidade de Santiago de Compostela ]

     Xulio Pardo de Neyra pescuda as orixes da literatura infantil galega como sistema, que o autor sitúa dentro do proxecto político das Irmandades da Fala. O editor Bernardino Varela do Campo e Vicente Risco, como creador ocupan un lugar destacado neste proceso de configuración.


Máis información en 



Home sen nome •  
  [ Edicións Xerais ]

     Suso de Toro achéganos á represión que tivo lugar en Galiza após o golpe de Estado de 1936 a través da figura dun doente terminal que, entre o soño e o delirio provocado pola medicación, enuncia o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria, en que tiveron cabida fusilamentos, torturas e violacións.


Máis información en 



Smara •  
  [ Kalandraka ]

     Romance destinado aos máis novos, en que Paula Carballeira nos transporta á cidade de Smara, en pleno deserto do Sahara.
     O libro está ilustrado por Carole Hénaff.



Máis información en 



Oxford, amén •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]


     En 1982 Carlos G. Reigosa publicaba en español esta súa primeira novela, que agora é editada por Xerais na súa tradución para o galego.
     O volume está prologado por Alfredo Bryce Echenique.



Glup, o incrible peixe-bala •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]


     Após as dúas entregas anteriores —Glub contra Blef (1999) e Un susto para Glub (2000)—, Edicións Xerais tira do prelo unha nova aventura do peixe creado por Isabel Freire. As ilustracións son da autoría de Xan López Domínguez.



Amor en feminino •  
  [ Baía Edicións ]

     Antoloxía de poemas amorosos de poetas galegas —desde Rosalía de Castro até Pilar Pallarés— coa que Maximino Cacheiro Varela pretende render unha homenaxe a estas escritoras a través da expresión do recanto máis íntimo do seu ser. Unha flor, unha nube, unha estrela: un instante perpetuo albiscado na eternidade.

Máis información en 



Binomio de Newton - García •  
  [ Baía Edicións ]

     Volume en que se inclúen dúas obras de Cándido Pazó: Binomio de Newton, en que se mostra a vida de dous seres inmaturos que foxen do compromiso, e García, onde se narra a historia do herdeiro do Reino de Galiza. Ambos textos foron estreados pola compañía Teatro do Adro e estiveron nominados aos Premios Max ao Mellor Texto Orixinal en Galego —en 2003 e 2006, respectivamente.

Máis información en 



Como paxaro caído do niño •  
  [ Baía Edicións ]

     Romance co que Xosé Manuel Martínez Oca gañou o IV Premio Rubia Barcia - Cidade de Ferrol. A protagonista, como consecuencia da morte da súa nai, vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai morto. No texto saen á luz as contradicións que calquera muller pode chegar a ter a respecto das relacións de poder entre xéneros, contradicións que é necesario asumir para acadar a propia seguridade interior, a libertade e, como resultado final, o poder persoal.

Máis información en 



Memoria de poeta •  
  [ Editorial Galaxia ]

     Reflexión autobiográfica de Xosé María Álvarez Cáccamo desde os anos sesenta ao movemento de Nunca Máis, en que o poeta atende á dupla vertente de literatura e vida.


Máis información en 



Corredores de sombra •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]

     Agustín Fernández Paz relata a descoberta dun esquelete emparedado durante as obras de restauración do pazo dos Soutelo e a investigación de Clara no pasado da súa familia.



Máis información en 



Leandro Carré Alvarellos: Obra inédita e esquecida (teatro, contos, ensaios e lendas, 1915-1972) •  
  [ Editorial Alvarellos ]


     Xosé Manuel Maceira presenta esta colección de ensaios, textos de ficción, pezas teatrais e material gráfico de Leandro Carré, entre os que se inclúen o seu manual de interpretación actoral e varias lendas tradicionais non publicadas en libro.



Manuel Lugrís Freire. Vida e obra •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]


     Ramón Nicolás Rodríguez realiza un percorrido pola dimensión humana, literaria e histórica do sadense. Fornece interesantes novedades, entre as que se inclúen algúns textos asinados por Lugrís até hoxe descoñecidos



Manuel Lugrís Freire •  
  [ A Nosa Terra ]



     Promocións Culturais Galegas / A Nosa Terra tira do prelo este estudo co que Henrique Rabuñal rende a súa particular homenaxe ao autor ao que se dedica este ano o Día das Letras.



Manuel Lugrís Freire. Escolma de textos •  
  [ Ediciós do Castro ]

     Volume de aproximación á obra en galego de Manuel Lugrís Freire confeccionado por Nélida Cosme Abollo e María Dolores Sánchez Vales


Máis información en 



Manuel Lugrís Freire. Antoloxía •  
  [ Galaxia ]

     Xabier Campos Villar fornece unha antoloxía da obra literaria e xornalística de Manuel Lugrís Freire, acompañada dunha síntese biobliográfica.

Máis información en 



O fío da lingua •  
  [ Laiovento ]



     Volume que recolle cento vinte e seis artigos de Henrique Harguindey sobre palabras e expresións da lingua galega publicados no semanario A Nosa Terra entre os anos 2000 e 2005.



Lugrís Freire. Unha biografía •  
  [ Galaxia ]

     Biografía divulgativa da figura do autor homenaxeado no Día das Letras 2006 a cargo de Xabier Campos Villar.

Máis información en 



A terra cantada •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]

     Antoloxía de textos políticos de Camilo Nogueira, artellados en catro capítulos: "Provincia ou nación", "A memoria e a amnesia", "Unha revolución histórica" e "O imperio declinante". A colección de ensaios está precedida do limiar "O comezo do mundo".

Máis información en 



A sociedade galega e o idioma: evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) •  
  [ Consello da Cultura Galega ]

     A Comisión Técnica de Lingua e Sociedade do Consello da Cultura Galega ofrece nesta publicación unha radiografía actualizada e profunda da situación do galego. Son directores do proxecto Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo.
     O volume pode ser descargado de balde desde as páxinas do Consello da Cultura Galega na rede.



Na outra banda da Ponte •  
  [ Deputación Provincial da Coruña ]


     Con ocasión do Día das Letras dedicado a Manuel Lugrís Freire, a colección Manuais de Casahamlet da Deputación Provincial da Coruña dedica o seu sétimo número ao texto dramático Na outra banda da Ponte, de Francisco Pillado Mayor, subtitulado "Materiais para un espectáculo didáctico sobre Manuel Lugrís Freire".



Maneiras de querer •  
  [ Espiral Maior ]

     Volume que recolle a produción poética de Vicente Araguas, revisada e ordenada cronoloxicamente.


Máis información en 



Guía das obras dramáticas de Álvaro Cunqueiro •  
  [ Deputación Provincial da Coruña ]

     Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Mayor asinan a sexta entrega dos Manuais Casahamlet que edita a Deputación Provincial da Coruña. Nesta ocasión, trátase dunha guía da obra teatral de Cunqueiro en que se recolle unha antoloxía da dramaturxia cunqueirana, acompañada dunha biobibliografía especialmente focada no apartado dramático da súa produción. Ademais, inclúese unha listaxe dos escritos sobre teatro do autor mindoniense e reprodúcense entrevistas concedidas a diferentes medios de comunicación polo autor d'O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca.



Ela atopa un nome •  
  [ Tambre ]

     Nova achega de Manuel Lourenzo González á literatura xuvenil, en que se pregunta que facer cando, sen saber como e sen podelo evitar, te atopas vivindo unha aventura con personaxes que ata ese momento só habitaban nos libros e nas pantallas do cine. Que dicir cando tantas cousas dependen de ti, que non es nada, es tan pouca cousa que nin sequera tes nome?

Máis información en 



Papagaio •  
  [ Ediciós Laiovento ]


     No volume inclúense as fotografías tiradas por Maribel Longueira nas coruñesas rúas de Hospital e Tabares nas semanas anteriores á súa demolición e os poemas de Luísa Villalta sobre este bairro de comercio sexual.



Intres •  
  [ Ediciós do Castro ]

     Após a recuperación no ano 2003 da biografía e o legado dramático de Luís Manteiga (Compostela 1903-1949), Ediciós do Castro tira do prelo a súa novela de iniciación Intres, editado xunto co relato impresionista Albiña.
     O volume inclúe un estudo lingüístico de Manuel Ferreiro —responsábel igualmente da edición do texto— e o traballo "A recuperación de Luís Manteiga na configuración da narrativa galega", en que Laura Tato pondera o papel da obra narrativa de Manteiga no sistema literario.



Creación dramática, educación popular e construción nacional •  
  [ Tris Tram ]

     Manuel F. Vieites analiza a relación que se deu na Galiza entre os anos 1882 e 1936 entre o proceso de construción nacional e a dimensión pública do teatro como lugar de debate e reflexión. 

Máis información en 



Epìstolario a Fernández del Riego •  
  [ Galaxia ]

     Epistolario a Fernández del Riego recolle as cartas enviadas por Ricardo Carvalho Calero a Francisco Fernández del Riego entre os anos trinta e oitenta. Medio século de amizade entre dous intelectuais que representan unha xeración de galeguistas que traballaron pola construción nacional e que agora ve a luz a través dun epistolario seleccionado e transcrito por Montserrat Pena e Dolores Vilavedra e publicado por Galaxia co apoio da Deputación Provincial da Coruña.



Respirar polo idioma (Os galegos e Julio Cortázar) •  
  [ Linteo ]

     Francisco X. Fernández Naval repasa a intensa relación de Julio Cortázar cos galegos exiliados en Bos Aires, relación fundamental para entender a biografía do escritor nos anos anteriores ao seu translado a Franza.

Máis información en 



Manuel Lugrís Freire: A fe na causa •  
  [ Baía Edicións ]

     Xosé Manuel Fernández Costas fornécenos esta achega á vida e á obra de Manuel Lugrís Freire, autor ao que se lle dedica o Día das Letras 2006.
     O libro inclúe un prefacio de Manuel Lugrís Rodríguez, neto do escritor sadense.

Máis información en 



O pan da tarde •  
  [ Galaxia ]


     Neste volume de Xavier Rodríguez Baixeras, a voz poética detense a ollar o que existe en perpetua mutación.

Máis información en 



Sexo e lugar •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]

     Conxunto de ensaios de Carmen Blanco sobre o poder, a cultura e a arte, desde a vivencia libre do sexo e do lugar e en contra dos poderes sexual e colonial.

Máis información en 



Poesía en galego I (1962-1975) - Poesía en galego II (1980-2001) •  
  [ PEN Clube de Galicia - Caixanova ]



     Sétimo título editado polo PEN Clube de Galicia e Caixanova na colección "Arte de Trobar". Nesta ocasión trátase de dos volumes dedicados á poesía galega de Antón Tovar, prologodaos por Marcos Valcárcel e cun epílogo de Xesús Alonso Montero.



Cara a un solpor de gatos •  
  [ tresCtres ]

     Reflexivo poemario, de estrutura circular, que indaga nas interioridades dunha voz poética que poderiamos ser todos. O volume mereceu o galardón da terceira edición do «Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón», 2004. Iníciao un limiar de Jorge Varela. A portada foi realizada por David Ferrando.

Máis información en 



O cidadán do mes •  
  [ Xerais ]

     O novo libro de Diego Ameixeiras é un romance de intriga protagonizada polo detective Horacio Dopico.


Máis información en 



Matei un home •  
  [ tresCtres ]

     Narración policial de An Alfaya que ten, en palabras do xuri do Xulián Magariños Negreira que a premiou en 2004, as calidades de estar escrita dunha forma áxil e coherente e de saber retratar e definir os seus personaxes de forma maxistral. Leva un limiar do escritor Xosé A. Perozo e ilustracións de Cristina Durán.

Máis información en 



Rosalia de Castro, a mulher e o poeta •  
  [ Laiovento ]


     Laoivento publica o estudo redixido na década de cincuenta polo profesor azoriano Machado da Rosa á volta da poesía e a biografía de Rosalía de Castro que supuxo a internacionalización da figura da poeta galega. 
     O volume inclúe un prefacio asinado por Joel R. Gômez e Elias Torres Feijó.



Manuel María. Fotobiografía sonora •  
  [ Ouvirmos ]

     A editora Ouvirmos achéganos estas cento dúas fotografías da vida de Manuel María, acompañadas dun breve estudo e un poema por década, introdúcennos no universo literario e persoal do poeta da Terra Chá. Aliás, inclúense dous CDs con ampla documentación histórica e gráfica en que se recollen gravacións do poeta recitando a súa obra e unha escolma de cancións compostas a partir dos seus poemas e interpretadas por Fuxan Os Ventos, A Quenlla, María Manuela, Suso Vaamonde, O Carro, Na Virada, Enric Barbat e Deabruak Teilatuetan.



Poesía Galega Completa IV. Os Eoas •  
  [ Sotelo Blanco ]


     Edición crítica da obra de Eduardo Pondal realizada polo profesor Manuel Ferreiro a partir dos materiais manucristos que o autor de Ponteceso legou á Real Academia Galega.



Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal •  
  [ Sotelo Blanco ]

     Sotelo Blanco Edicións incorpora á súa colección Clásicos Galegos este estudo co que Xosé Ramón Pena e Manuel Forcadela queren axudar a comprender e interpretar os poemas que conforman Os Eoas de Eduardo Pondal.
     Trázase, igualmente, a orixe e elaboración da obra pondaliana e a ansia que Eduardo Pondal tiña por elaborar un poema épico que procurase a admiración de propios e alleos e que demostrase a maduración do noso idioma.



Toda a vida •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]

     Luís Rei Núñez proponnos unha emocionante travesía polos territorios do amor e do desamor a través da historia de dúas parellas de amantes que alicerzan a súa relación, respectivamente, sobre a traizón e o descompromiso.

Máis información en 



¡Que medo, mamá Raquel! •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]

     Agustín Fernández Paz asina esta historia de medo dirixida a nenos de máis de oito anos. As ilustracións son da autoría de Fran Jaraba.

Máis información en 



Camiñar polo arame cunha lata de cervexa •  
  [ Edicións Laiovento ]

     Seguindo a estela doutras iniciativas semellantes promovidas desde finais dos anos setenta por Francisco Pillado Mayor, Edicións Laiovento inaugura a súa colección de Cadernos de Teatro cun título de Manuel Lourenzo, con quen Pillado compartiu moitas desas aventuras editoriais que procuraban que o teatro galego tivese presenza nos andeis das librarías.



Cóxegas •  
  [ Edicións Laiovento ]


     O terceiro número dos Cadernos de Teatro de Edicións Laiovento está dedicado a Xesús Pisón.
     No volume recóllense diversos textos dramáticos en que aparecen reflectidos algunhas das constantes temáticas e formais da obra pisoniana.


Casas baratas •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]

     Nova entrega narrativa de Antón Riveiro Coello, onde o autor de Xinzo de Limia apresenta unha colección de relatos á volta do tempo da infancia e da adolescencia.


Máis información en 



Palabras a eito •  
  [ Universidade de Santiago de Compostela ]

     Neste libro recóllense os artigos publicados semanalmente por Fernández del Riego no suplemento "Culturas" do xornal La Voz de Galicia, so o título "De cotío", polos que o autor mereceu o VI Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo Literario e de Opinión (2004).


Máis información en 



Contra Maquieiro •  
  [ Edicións Xerais de Galicia ]

     Nova entrega poética de Xosé Luís Méndez Ferrín, onde o escritor ourensán realiza unha revisión do século XX desde posicionamentos críticos co capitalismo.


Máis información en 



Do Imperio Romano á Alta Idade Media •  
  [ Toxosoutos ]

     Estudo de Álvaro Rodríguez Resino galardoado co Premio Historia Medieval de Galicia 2004, en que se fornece un rexistro dos traballos arqueolóxicos realizados no país á volta da Tardoantigüidade.

Máis información en 



Catro vidas do exilio galego en Venezuela •  
  [ AGER - CIG- FESGA ]

     A Asociación Galega de Emigrantes Retornados (AGER), coa subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza e coa colaboración da Confederación Intersindical Galega (CIG) e a Fundación FESGA, ven de editar Catro vidas do exilio galego en Venezuela, de Xurxo Martínez Crespo. No volume, recóllense as biografías do dirixente comunista coruñés Alberto Puente García; do biólogo, cartógrafo e mariño cormés Xosé María Mosqueira Manso; de Alejandro Tejero Cuenca, membro das Fuerzas Armadas de Liberación Nacional dos anos sesenta, torturado e asasinado durante o goberno de Raúl Leoní, e do pintor surrealista vigués Mario Granell.



Documentos para a Historia do Teatro Galego (1919-1924) •  
  [ Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor ]

     Volume co que a Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor abre unha nova colección, "Documenta", que tenciona pór a disposición dos investigadores textos que conforman a base documental sobre a que se alicerzan os estudos da historia teatral. A intención dos promotores da serie non é dirixir a atención do lector para unha interpretación concreta dos documentos fornecidos, mais facilitaren o acceso a eles para que poidan ser lidos e interpretados por ollos novos e limpos que ratifiquen ou emenden as interpretacións comunmente aceptadas.
     Silvana Castro é a responsábel da edición e das notas e Laura Tato asina a introdución. 



Guía micolóxica dos ecosistemas galegos •  
  [ Baía Edicións ]

     A Guía Micolóxica dos Ecosistemas Galegos, da que son autores os naturalistas, investigadores e profesores da Universidade de Vigo Marisa Castro, Alfredo Justo, Puri Lorenzo e Ana Soliño, recolle as quiñentas cincuenta e seis especies máis habituais en Galicia. Na obra conxúgase o coñecemento herdado dos nosos maiores e mestres coa experiencia das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas universidades galegas.
     Entre as novidades deste traballo cómpre salientar a distribución das especies, que se estudan por ecosistemas. Outra achega importante é o esforzo realizado para denominar todas as especies analizadas coa expresión popular galega, traballo que se realiza por primeira vez no noso país.



Tanta Miga e a súa barriga •  
  [ Baía Edicións ]

     Obra da autoría de Eduardo Baamonde —quen tamén asina as ilustracións— en que se narra a historia dunha pandilla e unha caseta que funciona como centro de reunión e divertimento dos mozos e mozas dunha vila mariñeira.
     Con estremada delicadeza e evitando calquera tipo de "criminalización", trátase o grave problema da obesidade infantil.



A lingua literaria galega no século XIX •  
  [ Universidade da Coruña ]


     Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei e Goretti Sanmartín Rei son os responsábeis deste estudo en que, para alén de analizaren as características fonéticas, morfolóxicas, sintácticas e léxicas do galego literario do século XIX, contextualizan os autores cultural e sociolingüisticamente.



Dicionario castelán-galego •  
  [ Fundación Barrié de la Maza ]

     A Real Academia Galega deu a coñecer publicamente o seu Dicionario castelán-galego, editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. A obra, que fornece vinte e cinco mil artigos lexicográficos con setenta e cinco mil acepcións, é o froito de oito anos de traballo dun equipo de sete redactores dirixido por Manuel González e Constantino García.
     No Dicionario recóllese abondosa información gramatical e morfolóxica, para alén da estritamente lexicográfica.



A Raíña Lupa •  
  [ Edicións Lóstrego ]

     Investigación coa que Antonio Balboa Salgado gañou o V Premio de Ensaio Manuel Murguía. O autor pesquisa o nacemento do fenómeno xacobeo e investiga os mitos envolvidos na translación dos restos do apóstolo Santiago.

Máis información en 



Cartas a Murguía II (1868-1885) •  
  [ Fundación Pedro Barrié de la Maza ]

     Segundo volume —dos catro previstos— da correspondencia epistolar de Manuel Murguía, editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza en colaboración coa Real Academia Galega e a Fundación Rosalía de Castro.
     Os seus autores, Xosé Ramón Barreiro Rivas e Xosé Luís Axeitos, fornecen nesta entrega catrocentas cincuenta e catro cartas anotadas, enderezadas ao galeguista por moi diferentes remitentes.



Azul e estranxeira •  
  [ Ediciós do Castro ]

     Edicións do Castro edita o poemario co que Lupe Gómez gañou o XVII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que convoca o Concello de Dodro.


Máis información en 



O segredo do pan •  
  [ Edicións Obradoiro ]

     Nova entrega de literatura infantil e xuvenil de Xosé María Álvarez Cáccamo.
     A máis famosa panadeira do lugar, inicia unha sorprendente viaxe a través do seu forno para coñecer o segredo dos seus magníficos bolos.


Máis información en 



O aliado inesperado •  
  [ Edicións Obradoiro ]

     Xavier López Rodríguez asina este romance ambientado nunha aldea da montaña e dirixido ao público xuvenil, onde se convida a reflectir sobre a soidade e o silenzo.


Máis información en 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega