Certames literarios. Convocatorias

 

XII CERTAME LITERARIO DE “RELATO DE AVENTURAS” ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS  

                                                                                                                       [Data límite: 19-IV-2013]


     O Concello de Noia convoca o XII Certame Literario de relato de aventuras de acordo coas seguintes

BASES

1. Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
2. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
3. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 19 de abril de 2013.

4. Os traballos serán remitidos a: Concello de Noia. Rosalía de Castro, 2. 15200 Noia (A Coruña)

5. Estabelécese un único premio de 3.000 €, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

O premio está consignado na partida 334.48000, atopándose retido o crédito necesario.

A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria emitida polo banco ou caixa, correspondente á súa conta. Unha vez presentada esta certificación o Concello disporá de cinco días hábiles para a realización efectiva do pagamento.

6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos.

O xurado estará composto polo

-Presidente: Alcalde do Concello de Noia ou persoa na que delegue.

-Secretario/a: un membro da revista de creación literaria e cultural Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia.

-Tres vogais nomeados/as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas.

O xurado emitirá publicamente o seu veredicto o día 24 de maio de 2013.
7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.

8. O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

 

XI CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ        [Data límite: 1-II-2013]   

 

     O Concello de Arteixo, a través da Concellaría de Muller, convoca o XI Certame Xornalístico Dora Vázquez 2013.

 

1. Poderán concorrer a el todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal, e escrito en galego. Cada participante será responsábel do contido do seu artigo.

2. O tema para o Certame correspondente ao 2013 é "As muller e a ciencia".
3. Os artigos deben ter unha extensión de 1.500 caracteres, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O artigo deberá ir titulado e cun lema da autora/autor.
4. Os traballos presentaranse por cuadriplicado nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autoría do artigo. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno, tamén pechado, que levará escrito por fóra o título do artigo e o lema. No interior figurará unha fotocopia do DNI, teléfono de contacto e, de ser o caso, enderezo electrónico.
5. Os artigos poderanse presentar ou enviar, antes do 1 de febreiro de 2013, facendo constar:

              "PARA O CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ" 

              Concello de Arteixo
              Praza Alcalde Ramón Dopico, 1
              15142 Arteixo (A Coruña)

6. Establécese un único premio dotado de 1000 € e sometido á retención legal establecida. O premio pode quedar deserto.
7. O xurado, designado polo Concello de Arteixo, fará pública a súa decisión inapelábel no mes de marzo, cando se fará entrega do premio nun acto convocado a tal fin. A persoa premiada comprométese a asistir a este acto.

8. Os orixinais non premiados poderán retirarse no prazo dun mes desde o fallo do xurado, na Concellaría de Muller no seguinte enderezo:
                                 Centro de Información ás Mulleres
                                 Avda. do Balneario, 10 baixo
                                 15142 Arteixo
     Transcorrido este prazo, os artigos non premiados que non sexan recollidos, serán destruídos.

9. A persoa gañadora renuncia aos seus dereitos económicos en caso de que o Concello publique o texto. A obra gañadora será publicada na edición escrita e dixital de xornais locais.

10. A interpretación das bases corresponde ao xurado. O feito de participar supón a aceptación destas bases.

 

Nota: O Concello dispón dun servizo de Normalización Lingüística, que poderán utilizar as persoas antes da presentación do artigo a este certame.

 

XVIII CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ      [Data límite: 30-XI-2012]

 

   O Concello de Paradela, co afán de potenciar a creación literaria convoca o XVIII certame literario de acordo coas seguintes

 

BASES

PRIMEIRA. Participantes.
Poderán concorrer anualmente ao Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
SEGUNDA. Requisitos das obras.
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo. As obras de poesía terá unha extensión máxima de 100 versos.
En ambos casos, mecanografiadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.
Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo estar rematadas con carácter previo á convocatoria.
TERCEIRA. Presentación das obras.
O prazo de entrega dos relatos e da obra poética rematará o trinta de novembro de dous mil doce.
As obras enviaranse por sextuplicado exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
CONCELLO DE PARADELA
Certame literario
(Modalidade Poesía/Narrativa)
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela-Lugo
En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta concello.paradela@eidolocal.es, deberán enviarse no mesmo correo electrónico, dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia, e declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda.
Este segundo arquivo será custodiado pola Secretaría do Concello, entregando unicamente ao Xurado a obra e o lema da mesma.
No caso de participación en ambos apartados; deberase concursar en cada modalidade por separado, utilizando un lema propio en cada caso e presentando a obra por separado.
Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Paradela relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calqueira momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

CUARTA. Premios.
Establécese un Premio de seiscentos euros (600,00 €) para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de poesía e outro de seiscentos euros (600,00 €) para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de narrativa.
O xurado reservase a facultade de conceder os accésits (carentes de dotación económica), que estime oportunos.
O autor ou autores premiados convocaranse ao acto de entrega de premios, o día que estableza o xurado.

QUINTA. Fallo do Xurado.
O Xurado designado polo Concello de Paradela emitirá o seu fallo no mes de abril de 2013 e farase público polos medios de comunicación e na páxina do web do concello; comunicándose persoalmente aos gañadores.
O Xurado pode deixar deserto o premio nun ou nos dous apartados; e a súa decisión será inapelable.

SEXTA. Dereitos sobre as obras presentadas.
O Concello de Paradela resérvase, en exclusiva, o dereito de edición das obras premiadas e accésits durante o prazo máximo de doce meses, contados desde o momento do fallo.
As obras non premiadas, así como as súas correspondentes plicas, non serán devoltas, sendo destruídas despois da proclamación de gañadores do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López-2012.

SÉTIMA. Prerrogativas.
A resolución de todas as cuestións que poidan xurdir ou formularse nesta convocatoria son de exclusiva competencia do Concello de Paradela e do Xurado.

 

I PREMIO MOME DE TEATRO "VARELA BUXÁN"      [Data límite: 31-V-2011]

 

   O Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME), comprometido co proceso de creación cultural, convoca o I PREMIO DE TEATRO MOME "VARELA BUXÁN" cos obxectivos de: 1. Pór en valor o MOME como centro neurálxico para o coñecemento e promoción da madeira e como referente na vida cultural galega. 2. Perseverar no cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural. 3. Contribuír á difusión do teatro galego e colaborar na divulgación da vida e obra do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán, o Patriarca do Teatro Galego.

 

BASES

1. Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos inéditos escritos en lingua galega.
2. Os orixinais, que serán presentados por triplicado, terán como eixe temático o Mundo da Árbore, da Madeira e (ou) do moble. Xuntarase unha copia do texto nun CD en formato PDF. Deberán ser remitidos ao seguinte enderezo: Fundación Cultural da Estrada. Avda. Benito Vigo, 104. C.P. 36680. A Estrada (Pontevedra). Indicando no sobre, I Premio MOME de Teatro "Varela Buxán".
3. Con cada orixinal, que deberá ser entregado baixo lema, xuntarase en sobre pechado o nome completo, enderezo, teléfono(s), correo electrónico e currículo do/a autor/a.

4. O prazo de admisión de orixinais pecharase o 31 de maio de 2011.

5. A dotación económica será de 1000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio. Asemade entregaráselle ao/á gañador/a un diploma acreditativo e unha escultura en Madeira deseñada polo artista estradense Manuel Fragoso.
6. O MOME escollerá un xurado de recoñecido prestixio. O seu dictame será inapelable.

7. Unha vez emitida a resolución do xurado procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente.

8. Entregarase o Premio o 24 de xuño, día de San Xoán, no transcurso don acto público a celebrar no MOME.

9. O MOME resérvase o dereito de publicar a obra premiada, sen apercibimento de dereitos de autor e compensando aos/ás autores/as con 50 exemplares do volume que, no seu día, se puidese editar.

10. Os orixinais non premiados poden ser retirados polos respectivos autores/as no prazo de trinta días contados a partir da entrega do Premio.

11. A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases.

 

CONCURSO LITERARIO CARLOS CASARES      [Data límite: 31-III-2011]

 

   Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participarom ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel coa súa obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, faise a convocatoria para 2011 do Concurso Literario Carlos Casares e en afectuosa homenaxe ao primeiro gañador do Certame de Literatura Infantil no ano 1968 coa súa fermosa obra A galiña azul que acadaría a honra de ter sido o fito fundacional da ben vizosa Literatura Infantil e Xuvenil Galega.

 

BASES

1. Poderán participar rapaces e raparigas que apresenten as súas obras en lingua galega. Os traballos apresentados deberán seren orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de marzo de 2011 ás doce da noite.
3. A apresentación de orixinais para o Concurso farase por correo postal dirixido a sé da Asociación Cultural "O Facho", R/ Federico Tapia,12-1º, 15005 A Coruña. Podendo facerse individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.

4. No caso en que sexan os centros escolares os que apresenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha preselección dun máximo de dous trabalhos por categoría, calquer outro terá que ser apresentado individualmente.
5. As obras haberán de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedimento impreso ou electrónico nin teren sido premiados en calquer outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus dereitos de publicación poidan seren cedidos a Asociación Cultural "O Facho" por un período de tres anos contados a partir do día do fallo do xuri.

6. Máis alá da orixinalidade literaria, o xuri valorará a riqueza lingüística e o coñecimento gramatical reflectido nas obras.

7. Estabelecense dúas categorías:
                 Categoría A: Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
                 Categoría B: Nenos e nenas de 13 a 16 anos.                 

8. As cuantías dos premios serán as que seguen:
                 Categoría A: 1º- 400 € en efectivo
                                     2º- 400 € en efectivo
                 Categoría B: 1º- 500 € en efectivo

                                     2º- 400 € en efectivo
9. Cada autor só poderá apresentar unha obra aténdose aos seguintes límites de extensión:

                 Categoría A: Un máximo de cinco folios

                 Categoría B: Un máximo de dez folios 

10. As obras teranse que apresentar manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grampeadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos:

                 Nome e apelidos do autor/a.

                 Enderezo e teléfono. Correo electrónico.

                 Centro onde cursa os seus estudos.

                 Categoría na que participa.

11. Os premios serán escollidos por un xuri nomeado pola Asociaçom Cultural "O Facho" en fallo que se fará público no mes de maio.

12. O xuri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se apresenten e que non estean contempladas nestas bases, ben como as dúbidas na súa interpretación.

13. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.

 

CONCURSO DE TEATRO INFANTIL      [Data límite: 31-III-2011]

     Asumindo como propias as palabras de Juan Ramón Jiménez cando afirmaba que “Teatro infantil é aquel que tamén lle gusta aos nenos”, a Xunta Directiva da Asociación Cultural O FACHO acordou convocar de novo o Concurso de Teatro Infantil de acordo coas seguintes

BASES

1. Poderán optar ao devandito premio todas as persoas que presenten obras inéditas –en calquera tipo de soporte- non representadas, nin premiadas noutros certames e que estean escritas em ligua galega.
2. Establécese como premio único, a edicion da obra gañadora, da que o autor ou autora recibirá 500 € e como mínimo o 40% da edición.
3. A obra, que non poderá exceder os 80 folios, será presentada por quintuplicado, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha soa cara.

4. Os orixnais para o Concurso enviaranse por correo á sé da Asociación Cultural O FACHO. R/ Federico Tapia, 12-1º A Coruña (15005) ou a Caixa de Correos nº 46, Oficina Principal de A Coruña. Presentaranse baixo un lema, que figurará na portada dos textos enviados, e virán acompañados dun sobre pechado que conteña no exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e teléfono do autor ou autora.

5. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de marzo de 2011 ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.
6. Os gañadores serán elixidos por un xuri nomeado pola Asociación Cultural O FACHO. O mesmo está composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral galego: Xosé Manuel Rabón, director teatral; Susana Longueira, actriz; Francisco Pillado Maior, director de Edicións Laiovento. 

7. O xuri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na súa interpretación.

8. A participación neste Certame implica asumir as bases do mesmo.

9. Os orixinais non premiados poderán ser retirados, no prazo de 30 días, no local de O Facho, previo correo dirixido ao enderezo postal da Agrupación. No caso de que o autor o autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan enviados por correo postal.

10. Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación nos medios.

 

IX CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ        [Data límite: 7-II-2011]   

 

     O Concello de Arteixo, a través da Concellaría de Muller, convoca o IX Certame Xornalístico Dora Vázquez 2011.

 

1. Poderán concorrer a el todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal, e escrito en galego. Cada participante será responsábel do contido do seu artigo.

2. O tema para o Certame correspondente ao 2011 é "Muller e educación".
3. Os artigos deben ter unha extensión de entre 1.500 e 4.000 caracteres, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O artigo deberá ir titulado e cun lema da autora/autor.
4. Os traballos presentaranse por cuadriplicado nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autoría do artigo. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno, tamén pechado, que levará escrito por fóra o título do artigo e o lema. No interior figurará unha fotocopia do DNI, teléfono de contacto e, de ser o caso, enderezo electrónico.
5. Os artigos poderanse presentar ou enviar, antes do 7 de febreiro de 2011, facendo constar:

              "PARA O CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ" 

              Concello de Arteixo
              Praza Alcalde Ramón Dopico, 1
              15142 Arteixo (A Coruña)

6. Establécese un único premio dotado de 600 € e sometido á retención legal establecida. O premio pode quedar deserto.
7. O xurado, designado polo Concello de Arteixo, fará pública a súa decisión inapelábel no mes de marzo, cando se fará entrega do premio nun acto convocado a tal fin. A persoa premiada comprométese a asistir a este acto.

8. Os orixinais non premiados poderán retirarse, no prazo dun mes desde o fallo do xurado, na Concellaría de Muller no seguinte enderezo:
                                 Centro de Información ás Mulleres
                                 Avda. do Balneario, 10 baixo
                                 15142 Arteixo
     Transcorrido este prazo, os artigos non premiados que non sexan recollidos, serán destruídos.

9. A persoa premiada renuncia aos seus dereitos económicos en caso de que o Concello publique o texto. A obra gañadora será publicada nos xornais El Ideal Gallego, La Opinión da Coruña, La Voz de Galicia, O Xornal de Galicia e na páxina web da Asociación da Prensa da Coruña.

10. A interpretación das bases corresponde ao xurado. O feito de participar supón a aceptación destas bases.

 

Nota: O Concello dispón dun servizo de Normalización Lingüística, que poderán utilizar as persoas antes da presentación do artigo a este Certame.

 

TERCEIRO PREMIO DE POESÍA "MARÍA MARIÑO"     [Data límite: 16-IV-2011]

     A Asociación Teenses pola Igualdade de Teo (A Coruña) convoca o Primeiro Premio de Poesía María Mariño de acordo coas seguintes

BASES

1. Poderán participar todas as persoas poetas maiores de idade que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que o seu traballo sexa escrito en galego.
2. Os poemas que se presenten terán que ser orixinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e mais a forma.
3. O  III Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun Primeiro Premio de 500 euros e un Segundo Premio de 300 euros.
4. Cada concursante participará cun só poema que non deberá exceder os CEN VERSOS mecanografados a dobre espazo, en formato DIN-A4, por unha soa cara e quintuplicado.

5. Os poemas deberanse presentar baixo lema, indicando no sobre: PARA O III PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO. No interior do sobre que conteña o traballo, achegarase en sobre aparte, pechado e lacrado cos seguintes datos: nome, apelidos, DI ou pasaporte, enderezo e teléfono da persoa autora do traballo, así como un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder das 15 liñas.
6. O xuri cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galegas actuando como secretario/a, con voz e sen voto, elixida pola directiva da Asociación. 

7. O fallo do xuri será inapelábel, a súa composición así como o nome dos premiados darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Os premiados recibirán comunicación directa por parte da organización.

8. A entrega dos Premios terá lugar nun acto poético en día a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2011.

9. O prazo para entrega dos traballos é improrrogábel, rematarando ás 12 horas do 16 de abril de 2011. 10. Os poemas remitiranse a:

    Asociación Teenses pola Igualdade.

    Escola de Vilanova, 1º andar. Recesende.

    15895 TEO-A Coruña.

11. Os traballos gañadores quedarán en poder da Asociación Teenses pola Igualdade que se reserva os dereitos sobre os mesmos.

12. Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados polos autores e autoras, previa identificación, no prazo de dous meses desde a entrega do Premio. Transcorrido o prazo procederase á súa destrución.

13. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes Bases. Todas as incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva da Asociación ou polo Xuri cando este quede constituído.

www.teensespolaigualdade.org

 

IX CERTAME LITERARIO DE “RELATO DE AVENTURAS” ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS  

                                                                                                                       [Data límite: 30-IV-2010]


     O Concello de Noia convoca o IX Certame Literario de relato de aventuras de acordo coas seguintes

BASES

1. Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
2. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
3. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 30 de abril de 2010.

4. Os traballos serán remitidos a: Concello de Noia. Rosalía de Castro, 2. 15200 Noia (A Coruña)

5. Estabelécese un único premio de 3000 €, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe de premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, e para interpretar as bases. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas e emitirá públicamente o seu veredicto o día 28 de maio de 2010.
Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.

7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.

8. O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega