Aprendizaxe da lingua
II Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros

     O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Linüística da Xunta de Galiza, organiza os cursos de verán de Lingua e Cultura Galegas dirixidos a aquelas persoas que procedan de fóra da Comunidade Autónoma de Galiza interesadas en se introduciren no estudo da lingua galega.

     Calendario: 1 ao 24 de xullo de 2008.

     Duración: 80 horas lectivas.

     Nivel: elemental

     Número de prazas: 25

     Lugar de realización: Facultade de Filoloxía da UDC

     Importe da matrícula: 60 euros.    
     O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 9 de maio de 2008.

Para calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar coa coordinadora do curso, a profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián carme@udc.es ou co Centro de Linguas (centrodelinguas@udc.es).
 

 

Programa Literactúa de difusión do libro e da lectura en galego

    O Concello de Carballo, desde a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, adquire o compromiso de fomentar o libro e a lectura en galego. Para isto pon en marcha este novo proxecto, Literactúa, que nace coa vontade de estabilizar e darlle continuidade a ese fomento do libro e da lectura en galego e de englobar e tecer pontes entre outras propostas que xa se desenvolven desde o Concello, como poden ser, por exemplo, a Praza dos Libros, a Semana do Libro e a Lectura, Libros Ceibes etc., e outras posíbeis organizadas por outras entidades nas que pode participar o Concello de Carballo.
    Este programa nace cunha proposta concreta, mais coa vontade de ser aberto, dinámico e participativo, de ir incluíndo novas actividades, de ir adquirindo novos compromisos, de ir incrementando e diversificando as súas accións, de ir implicando ao maior número de persoas, entidades, colectivos, etc.

    A proposta conocreta consiste en:

          * Para cada trimestre proporase a lectura de tres libros, un por mes.

          * O último mércores de cada mes, o autor ou autora lo libro proposto virá a Carballo para participar nun acto de

            conversa cos seus lectores e lectoras nun estabelecemento hostaleiro da localidade.

    O programa distribúese en tres trimestres:

          - Xaneiro, febreiro e marzo

          - Abril, maio e xuño

          - Setembro, outubro e novembro

    As propostas de libros daranse a coñecer por medio de marcapáxinas que se difundirán por todo o concello, especialmente nas librarías, bares e edificios municipais, e estes libros poderanse mercar nas librarías de Carballo colaboradoras co programa. Serán sempre obras de literatura galega actual.

    Ademais, toda a información do programa estará sempre actualizada no blog www.carballo.org/literactua, onde se anunciarán e comentarán os libros propostos, onde se difundirán os actos cos autores e autoras, onde haberá información completa do programa, onde todas e todos os presentes poderedes comentar e opinar e desde onde se fará un seguimento actualizado de todas as accións que se desenvolvan.

 

Primeiro trimestre:

 

        >Xaneiro: Así nacen as baleas, de Anxos Sumai. A autora estará o mércores 30 de xaneiro, ás 20.30 h no     

                       Café Valle Inclán.

        >Febreiro: Vidas post-it, de Iolanda Zúñiga. A autora estará o mércores 27 de febreiro, ás 20.30 h en A Reserva.

 

        >Marzo: Os ollos de K, de Antón Riveiro Coello. O autor estará o mércores 26 de marzo, ás 20.30 h no Café Taberna  

                     O'Patacón.

 

Colaboradores: librarías Brañas, Trasgos, Teldy e Villar; e Café Colón, Café Taberna O'Patacón, Café Valle Inclán, Cervexaría Dublín, Cervexaría San Xoán e Pub Silfo.

 
I Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros

     O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Linüística da Xunta de Galiza, organiza os cursos de verán de Lingua e Cultura Galegas dirixidos a aquelas persoas que procedan de fóra da Comunidade Autónoma de Galiza interesadas en se introduciren no estudo da lingua galega.

     Calendario: 2 ao 27 de xullo de 2007.

     Duración: 80 horas lectivas.

     Nivel: elemental

     Número de prazas: 20

     Lugar de realización: Facultade de Filoloxía da UDC

     Importe da matrícula: 60 euros.    
     O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 12 de xuño de 2007.

Para calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar coa coordinadora do curso, a profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián carme@udc.es ou co Servizo de Normalización Lingüística snl@udc.es

 
Convocatorias do Concello de Carballo

    O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, convoca catro cursos de lingua galega.

Obradoiro de integración para inmigrantes

Inicio: 2 de maio
Remate: 31 de maio
Días: luns e xoves
Horario: de 9.30 h. a 21.30 h.
Nº de horas: 30

Inscrición: até o 25 de abril
Lugar: Pazo da Cultura

Curso de galego oral

Inicio: 5 de xuño
Remate: 3 de agosto
Días: de luns a xoves
Horario: de 12.00 h. a 14.00 h.

Nº de horas: 75 (60 presenciais)
Inscrición: até o 26 de maio
Lugar: Pazo da Cultura
Curso de iniciación á lingua galega

Inicio: 5 de xuño
Remate: 3 de agosto
Días: de luns a xoves
Horario: de 19.00 h. a 21.00 h.

Nº de horas: 75 (60 presenciais)
Inscrición: até o 26 de maio
Lugar: Pazo da Cultura
Curso de perfeccionamento da lingua galega

Inicio: 4 de setembro
Remate: 25 de outubro
Días: de luns a xoves
Horario: de 19.00 h. a 21.00 h.
Nº de horas: 75 (60 presenciais)

Inscrición: até o 25 de agosto
Lugar: Pazo da Cultura

     As solicitudes de inscrición para todos os cursos deben facerse no Rexistro de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística (Pazo da Cultura) os días laborais entre as 10.00 e as 13.30 horas.
     O modelo e solicitude pode recollerse no propio Pazo da Cultura ou na páxina web do Concello.


Cursos de lingua do Servizo de Normalización Lingüística da UDC

    O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña ten programados entre os meses de abril e xuño catro cursos de lingua. Trátase, en concreto, de dous cursos de nivel superior de Linguaxe Administrativa —un na Coruña e outro en Ferrol—, un obradoiro de expresión oral e un curso de habilidades e estratexias para a mellora da calidade lingüística.
     O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 21 de marzo de 2006.


Lingua e Cultura Galega nos centros de ESO no Bierzo

    Os centros de ensino secundario das áreas do Bierzo e Sanabria poderán impartir como materia optativa e avaliábel a disciplina Lingua e Cultura Galega, após a publicación por parte da Consellaría de Educación da Xunta de Castela-León dunha orde pola que se recoñece a nova materia curricular.

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega