Falece o galeguista Avelino Pousa Antelo

     O intelectual galeguista Avelino Pousa Antelo faleceu en Teo o 20 de agosto de 2012. Presidente da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro e presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística, foi membro da Fundación Alexandre Bóveda.    

     Centos de persoas asistiron aos seus actos fúnebres e un importante número de comunicados de institucións políticas e culturais —aos que se quere sumar a Biblioteca Virtual Galega— lamentan a súa perda.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega