Xornadas Ricardo Carvalho Calero
As Xornadas
Ricardo Carvalho Calero terán lugar os días 24, 25, 26 e 27 de novembro de
2010 na Sala de xuntas da Reitoría (Maestranza).
PROGRAMA
Mércores 24 de novembro
17:00 - 17:30.- Recepción e entrega de material.
17:30 - 17:40.- Inauguración.
17:40 - 20:30.- Mesa redonda Ricardo Carvalho Calero na memoria.
Proxección Carvalho Calero: a posibilidade de rectificar a história, Francisco
Salinas Portugal 1988
Presenta, introduce e modera:
- Carme Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e profesora do departamento de
Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Participan:
- Carmen Blanco, escritora e profesora titular de Literatura Galega da
Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Humanidades do Campus de
Lugo.
- Araceli Herrero, escritora e profesora na Universidade de Santiago de
Compostela.
- Aurora Marco, escritora e profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura
Galega na Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de
Compostela.
- Francisco Pillado, escritor, actor e profesor.
- Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior.
21:00.- Espectáculo no Teatro Rosalía de Castro: "Isto é o que nos foi dado".
Homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero.
1ª Parte: Recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu
Clavijo.
2ª Parte: Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.
Xoves 25 de novembro
18:00 - 20:00.- Mesa redonda Pensamento, intervención e ciencia.
Presenta, introduce e modera:
- Mª do Pilar García Negro, escritora e profesora titular do Departamento de
Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Ensaio
lingüístico e literario.
Participan:
- Francisco Rodríguez, Licenciado e Doutor en Filoloxía Románica e Catedrático
de Literatura Española. O compromiso co nacionalismo.
- José Luís Rodríguez, profesor e catedrático da Universidade de Santiago de
Compostela. O labor universitario.
20:10 - 21:40.- Presentación do libro Cautiverio de Fingoi. Os anos lugueses
(1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero e proxección do vídeo inédito de
R. Raimunde Noreña.
Venres 26 de novembro
17:00 - 21:00.- A creación literaria.
17:00 - 18:15.- A poesía de Ricardo Carvalho Calero.
- Conferencista: Francisco Salinas, profesor titular da Universidade da Coruña.
- Argüente: César Morán, profesor asociado da Universidade da Coruña e
catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán.
18:15 - 19:45.- A narrativa de Ricardo Carvalho Calero.
- Conferencista: Claudio Rodríguez Fer, Licenciado en Filoloxía Hispánica,
profesor na Universidade de Santiago e ocasioanlmente en Nova Yorq e na Bretaña.
- Argüente: Henrique Rabuñal Corgo, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa,
escritor e profesor.
19:45 - 21:00.- O teatro de Ricardo Carvalho Calero.
- Conferencista: Laura Tato, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora
titular das Facultades de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña.
- Argüente: Carlos C. Vizcaíno, profesor do Departamento de Galego-Portugués,
Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Sábado 27 de novembro
10:00 - 13:00.- Mesa redonda O pensamento lingüístico de Ricardo Carvalho
Calero.
Presenta, introduce e modera:
- Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular da área de Filoloxías Galega e
Portuguesa da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Participan:
- Rosario Álvarez Blanco, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de
Santiago de Compostela. A gramática galega no século XX. O contributo de
Carvalho Calero.
- Martinho Montero Santalha, profesor catedrático da Universidade de Santiago de
Vigo. Etapas do pensamento lingüístico de Carvalho Calero.
- Goretti Sanmartín, profesora titular de Filoloxía Galega na Universidade da
Coruña. A sociolingüística galega antes e despois de 1936. O contributo de
Carvalho Calero.
- Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola
Universidade de Santiago de Compostela. Carvalho Calero, planificador da lingua
galega.
13:00 - 14:00.- Visita guiada á exposición sobre Carvalho Calero instalada na
Casa Casares Quiroga da Coruña.
14:00.- Clausura.
Solicitada a homologación por 15 horas lectivas.
A matrícula realizarase a través da web www.as-pg.com no apartado de formación.
O prezo da matrícula é:
Socios/as da AS-PG. 11 euros.
Parados: 21 euros.
Normal: 41 euros.
Estudantes universitarios: gratuíta.
Os/as estudantes universitarios, á hora de rexistrarse para facer a matrícula,
deben indicar, onde pide o número de rexistro persoal, que son
universitarios/as.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo
en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca
traballasen como docentes para a Consellería de Educación. Os estudantes non se
contabilizan nesta porcentaxe.
|
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega
|