[p. 177]
A VIRXE D'O CRISTAL.?Esta
composición, o mesmo q' o GUEITEIRO e UNHA BODA EN EINIBÓ, foron premeadas
n'o certáme poéteco que houbo en Ourense o 24 de Febreiro de 1877, con
dous mil reás, ofercidos pol-o señor D. Modesto Fernandez e Gonzalez
ó autor d'as tres millores poesias dedicadas á cantar unha tradición,
un tipo y-onha costume de Galicia.
Topábam' eu d'aquela en Madril. Recorrendo un
dia os papés d'a terra, lin o programa en que se anunceaba o certáme y-abrin
unha carta de familia en que se me decia ó pé d'a letra: «Por aquí
se corre que
han muerto por completo en tu corazón los recuerdos de tu pátria. Si
esto no es verdad, nunca mejor ocasión para justificarte: escribe.»
Diante esta acusacion, de cuya inxustícia respondian doce
anos de soedades y-estranezas, pasados lonxe d'a miña casa, sentin mal
está q' eu o diga algo semellante a indinacion d'o soldado, á quen por
virtú de sórdidas xenreiras, se Ile despoxa ó frente d'o enemigo d'os
homildes pero honrosos loureiros que traballosamente conquistara. Deporcateime
enton de tér escrito tempos atrás o Maestre de Santiago, onde ó hachou,
e como quen vay de pasada, falara d'a VIRXE D'O CRISTAL;
y-o amor propio sin duda, que cando non pasa de xusto teson está
ben tido, ou cando esto non for, o medo que me colleu de q' a idea
d'o meu suposto esquecemento d'a patria fose tomando corpo
n'unha terra que en tanta estima teñen seus fillos, dígao sinon o estado
de prosperidade que alcanza y-as consideracióos e respetos que se gardaron
sempre ús os outros, o conto é que me crin n'o deber de coller a pruma. Mais, o prazo
pr'a presentacion d'os traballos, por
un lado, e pol-o outro á clás d'os asuntos que se me ofercian, cuyo caraute,
prescindindo d'as dificultás mecánecas con que tiña que tropezar pr'a
desarrollal-os n'a lengua gallega non era o que mais s'adautaba ós meus
gustos y-aficiós fixéronme vacilar algun tempo, e foy preciso que pensase
en miña nay, que maxinase o inmenso pracer q' esperimentaria de ver,
tal como ela m' habia referido de pequeno, á lenda d' virxe
d'as nosas montanas, pr'a q' eu me puxese á escribil-a.
Os esforzos de memoria, os requerimentos e conxuros
q'eu faria en oito noites mortás á lengua enxebre, á sencillés encantadora d'o
meu povo, pr'a saír d'aquel non visto apreto, y-a repunancia que,
[p. 178]
como
home d'ideas e conviciós, tería que vencer antes de presentar os meus
versos o certáme, comprenderános sólo aqueles que recorden os
estreitos térmos
en que estaba concebido o programa, aqueles que se visen privados
como eu de cultivar dend' a infancia á doce lengua nativa y-aqueles, en fin, n'os
que, a idade, o estudeo, a mala sorte, ou o conecemento d'as cousas d'a vida, fosen aminguando o tesouro
d'as primeiras créncias trocándollas por outras que, máis ou menos
ventaxosas qu'esto non hay pra que discutilo agora non está na mau
d'o home impedirlles a entrada n'o seu peito.
Afortunadamente, e pol-o q' ésto toca, n'a VIRXE
D'O CRISTAL non fixen máis que recoller unha tradicion relixiosa, tal e
como anda poI-o povo adiante, e, fóra a rima, c'os mesmos xiros, modismos y
apotegmas que say d'a boca d'os nosos campesinos. Si o queredes ver, non
tendes máis que ir á Vilanova.
Nada, pois, de canto n'ese poema vedes é meu,
quer sea maraviIloso,
quer sea humano e positivo. Eu non falo n'esa obra nunca, como non sea n'o
prefaz; pero inda alí non fago máis que pararme á saudar as miñas memorias de
neno, como quen toma alento n'o medio d'unha dificil costa, antes de continuar o seu camiño. Esto non quer
decir por eso, que eu non apadriñe e teña por meu, e moy meu, canto de
deficiente n'a esfera d'a forma s'alcontre n'ese poema: ben sey que moito
me pode botar n'a cara unha crítica severa que non guste de certo realismo,
en poucas literaturas tan natural
como n'a gallega; aunque algo pudera disculparme n'este caso, o haber sido
esta obriña á primeira d'o seu xénero que n'a
nosa lengua foy escrita. Algo d'esto debéu ter en conta o púbrico ó
aplaudirme y-o xurado ó dispensar ás miñas poesías
unha honra que non podía prometerme entre vinte que disputaron o premeo.
Si éste o recadey con xusticia, á crítica
diante á cal comparecen aquelas poesías, purgadas d' algus insinificantes érros
d' emprenta, e correxidas d'algun que outro vocablo máis ou ménos
neolóxico y-escuro, m'o dirá oxe, y-eu
espero que m'o diga, xa que non co'a imparcialidade, polo menos co'a proverbial dozura a que nos ten tan
acostumados.
CÁNTIGA. Tal é a primeira poesía que
escribíu o autor n'o dialeuto pátrio. Non figuraría n'esta coleucion, si
a circunstancia d'habela feito popular en Galicia á linda muiñeira
que pra éla compuxo o Sr. D. Cesáreo Alonso Salgado, seu querido amigo,
non-a fixese dina de ver á lus púbrica. Fóra d'esto, puxeron n'ela tales
variantes os que inda oxe lle fan a honra de tarareála, que o autor xusgóu
comenente dála á estampa tal e como a escribiu sobr'o marxe d'a leucion X d'a
Economía política de Colmeiro, n'a tarde d'o 5 de Xunio de
1869.
TEMPRO DESERTO.
Estes versos, d'a raza d'os «suspirillos germánicos» como diría un
poeta que non por eso deixou de botar moitos, dito vaya esto sin ánemo
d'ofender
un nome q'eu quero e respeto, escribínas en castellano cando
inda pr'a min, xa q' outros non, vivian e parpadexaban os providentes dioses
lares. Pero os dioses vánse, y-estes fóronse tamen; de sorte que,
a poesia qu'estonces non tiña obxeto, nin respondia máis que á unha ispiracion d'o
momento, oxe pol-o que ten de profecia cumprída, e pol-o que refrexa o
estado d'o meu esprito, teno, é douna á lus traducida, rogando ó leutor
que non se fixe n'éla, porque, realmente, sólo pra min vál algo.
|