Para
o outro día pola mañá era o último día de escola. Houbo xogos e
actividades deportivas, con asistencia de moitos pais. Os rapaces case
non estiveron nada xuntos, e moito menos para falar do asunto que os
ocupaba. Os que si falaron foron os adultos, que case non tiveron outro
tema de conversa entre eles que non fose o da badalada a maiores que
daba o reloxio novo da igrexa.
Pola tarde, despois de xantar, xuntáronse os
rapaces na casa de Cristina e Miguel, lugar de tódalas xuntanzas.
Estiveron a falar da estratexia que seguirían agora, e decidiron dar
unha volta polo río. Cristina non estaba totalmente convencida de que a
auga do río gardase relación directa coa palabra "frío" que
figuraba no texto da mensaxe, máis ben lle parecía que era algo que
acadaría o seu sentido a medida que fose habendo novas mensaxes. Pero
tampouco se podía deixar ningunha pista por seguir.
Decidiron que irían todos polas bicicletas e
tamén pillarían na casa algo de comer, porque pensaban botar toda a
tarde percorrendo o río.
Un pouco despois xa estaban todos diante da
casa de Miguel e Cristina de novo, ben pertrechados e dispostos.
Para iren ó río, tiñan que pasar polo adro
da igrexa e diante da porta viron o auto de Xes, un dous cabalos
amarelo, vello coma os camiños. Pararon e entraron ata a sacristía.
Boas tarde foron dicindo os rapaces, uns primeiro
e outros depois.
Boas tardes respondeu o crego. ¿Que facedes por aquí?
Imos dar unha volta polo río.
Xes falou Cristina, ¿déixasme subir ó campanario que quería ver
unha cousa?
Xa sabes de sobras que non quero que suban rapaces ó campanario, e
moito menos sós. Esvaras nas lousas, e adeus Cristina. ¿Que queres ir
facer ó campanario?
Nada, quería ir ve-lo reloxio de preto.
Non me fales máis del, que xa estou arrepentido de acepta-la
responsabilidade da instalación. Se é agora aconséllolles ós veciños
que gasten os cartos en noces para todos, e estarían mellor empregados.
Anda, ho, déixame subir. Se non queres que vaia soa, ven ti comigo.
Veña, anda diante, que cando vos poñedes teimosas, é mellor facervos
caso á primeira, é tempo que se gaña.
Elisa, ven connosco chamou Cristina pola amiga.
Vaia, por se fose pouco unha, dúas.
Veña, arreade diante.
Dirixíronse as nenas á escaleira que,
arrincando de preto da porta da igrexa, levaba ó campanario. Os rapaces
quedaban na sacristía algo desconcertados por aquela decisión de
Cristina da que non estaban avisados. Pero de seguida reaccionou Pedro,
dirixiuse á porta da sacristía, dicíndolles a Delio e a Miguel, ó
tempo que camiñaba, case corría pola igrexa para sair dela:
Vide para fóra.
Botáronse
os tres fóra da igrexa. Apartáronse algo da porta e desde alí
puxéronse a ollar para o campanario. Pouco tardaron en aparecer nel Xes
e as rapazas. Cristina tocoulle á campá grande e despois púxose a
ollar de arredor do campanario, polas lousas que cubrían a igrexa.
Pedro
anicrouse, pillou unha pedra e lanzoulla á campá. Atinoulle e a campá
soou feblemente, mentres a pedra, despois de pegar no bronce por un
lado, atravesaba o campanario e rodaba un pouco polo lousado. Cristina
botouse a rir e apañou a pedra que quedara parada e pouco máis dun
metro dos seus pés.
Ves, esa podería se-la
explicación para que a campá toque ás doce unha badalada de máis.
Entón é Pedro que lle tira pedras
afirmou Xes como se xa tivera a solución ó problema que o traía a
mal traer.
Non, Xes, non. A cousa non é tan
sinxela. Nin é Pedro o que fai toca-la campá, nin lle tiran pedras,
porque aquí non hai máis pedras que se poidan tirar de lonxe ca que
acaba de lanzar Pedro. E xa non vou dicir que tivese que haber catro,
que foron as veces que a campá tocou fóra do seu programa desde que se
instalou o primeiro reloxio, pero polo menos a desta noite pasada tiña
que estar por algún lado e eu non a vexo.¿Vela ti?
Podía rebotar e volver a cair embaixo
volveu a falar Xes.
Si, iso podía ser, pero algunha
habería vir parar ó lousado. Aquí non hai máis que dous sitios para
se poñer e poderlle tira-la pedra. Un, aí enfrente, onde está Pedro,
que é o único que tería posibilidades de que a pedra rebotase e fose
caer novamente ó chan. E o outro é desde a Casa do Sacristán, que ó
estar enriba das penas, permite te-Ia campá a tiro, pero as pedras
quedarían no lousado.
¿E por que non desde o adro?
Porque estando aí, calquera que
pasase poderíao ver, e eu dígoche a ti que te podes poñer toda a
noite na porta da igrexa, tocará a campá e non verás a ninguén. O
que tira tén que se poñer, ou ben na Casa do Sacristán, ou nun dos
freixos que hai ó pé dela.
Elisa, que
estivera calada todo o tempo que durara a conversa entre Xes e Cristina,
andara ollando a campá todo ó redor. Virouse agora cara a Xes e
Cristina.
Estades equivocados os dous, porque
ninguén lle tira pedras.
¿Por que dis iso?
estrañouse
Cristina.
Digo isto porque aquí véde-lo
sinal que deixou a pedra que lle lanzou Pedro á campá. É o único
sinal que hai na campá, e o que a fai soar ten que lle tirar con moita
máis forza da que tirou Pedro.
Ollaron os
tres a campá todo ó redor. Non tiña ningún sinal de golpe, nin restos
aparentes de pedras, só os que deixara a pedra lanzada por Pedro desde
o adro.
¿E agora que?
preguntoulle Xes a Cristina.
Pois agora, haberá que seguir pensando. Ti tamén deberas usa-la
cabeza, que estás moi desagradable con ese enfado que colliches.
É que xa estou da campá e do
reloxio, ata aquí e Xes estricaba os pelos do curuto da
cabeza. Tedes
que me perdoar. Veña, imos abaixo.
Baixaron as
nenas e o crego do campanario e botáronse fóra da igrexa. Alí
agardaban os rapaces.
Véxote moi interesada, Cristina,
no asunto da badalada das doce da noite. ¿A que vén tanto interés?
Porque che queremos axudar,
Xesiño,
porque che queremos axudar. Veña, imos para o río.
Despedíronse de Xes que quedaba pensativo. Montaron novamente nas
bicicletas e arrincaron en dirección ó río.
En pouco
tempo xa estiveron na ponte da Brea, que era o lugar por onde tiñan
pensado escomeza-lo percorrido do río. Deixaron as bicicletas todas
xuntas, arrimadas a unha silveira. Colleron as bolsas coa comida e coa
bebida e Cristina e Pedro escomezaron a distribui-los itinerarios que
cada un debía seguir.
Eran dúas
as direccións que se podían coller: río abaixo e río arriba.
Contando dúas beiras en cada dirección, a distribución estaba clara.
Así a Delio tocoulle ir río arriba pola banda da dereita, pola
esquerda iría Cristina; río abaixo pola dereita irían Elisa e Miguel
e pola esquerda, Pedro. Feita a distribución, Elisa fixo a pregunta que
todos estaban a pensar e que ningún sabía responder:
Cristina, eu
teño claro por onde teño que ir con Miguel, pero ¿que
procuramos?
Non o sei.
¿Ti que pensas, Pedro?
Desde logo que hai que leva-los
ollos ben abertos para todas cantas cousas poida haber no río que nos
estrañen, porque se algo nos puxo aquí, ten que destacar ben, para
asegurarse de que o atopamos.
Pois xa sabedes, andamos todos unha
hora na dirección que nos corresponde, ollando ben o que haxa na auga e
na beira do río. Cando xa pasase a hora, esteamos onde esteamos, damos
volta, pero agora procurando polos arredores do río. Se atopades a
alguén non lle digades máis có acordado: que ides dando un paseo.
Pois xa está, andando todos e boa
sorte. Ata dentro de dúas horas que aquí nos veremos.
Partiron,
cada un na dirección que lle correspondía. Todos o fixeron con
decisión e conscientes da responsabilidade que Iles correspondía: se
algo había no río que estivese relacionado co misterio das badaladas
das doce da noite, non podían pasalo por alto.
Ó primeiro,
os dunha banda vían ós da de enfrente, pero pouco a pouco os ritmos
fóronse facendo diferentes, porque uns tiñan máis dificultades cós
outros en avanzar polo medio da vexetación da beira do río, e cando
levaban media hora de camiño, xa ninguén estaba enfrente do compañeiro,
ou camiñaba máis adiante ou ía retrasado.
Pasaron as dúas horas que fixaran como tempo
límite para regresar, e aínda non aparecera ninguén de volta na
ponte. Pero non tardou moito en chegar Pedro, que, cando contaba con ser
un dos últimos, viuse sorprendido con se-lo primeiro.
Uns poucos
minutos despois apareceu Delio e xa non tardou en chegar tamén
Cristina. Ningún deles traía nada que contar de novidade, porque non
viran nada que puidese ser unha pista para dar solución, ou para
avanzar, no asunto das badaladas do reloxio. O que si atoparon todos,
foron moitas cousas que resultaban verdadeiramente estrañas para estar
no río, anque nada tiñan que ver co que os ocupaba a eles daquela.
Nunca tantas porcalladas vin xuntas ?dixo Pedro?. Parece mentira que haxa todo isto nun lugar que presenta
tantas dificultades para andar por el.
Pois eu de agora en diante, cada
vez que teña que tirar algunha cousa, hei pensar moito antes de deixala
en calquera sitio ?prometeu Delio impresionado polo estado do río.
¿Non vos parece que Elisa e Miguel
xa están tardando moito? ?interrompeu Cristina a conversa.
Eu perdinos de vista ó chegar ó
muíño. E xa non os escoitei máis. Pero, é posible, que ó viren algo
arredados do río a volta lles leve algo máis de tempo ?tratou Pedro de
tranquilizar a Cristina?. Xa logo chegarán.
Ó mellor atoparon algo
interesante, e por eso tardan falou Delio.
Iremos ver se os atopamos, que eu
estou intranquila.
Deixa, que vou eu
?ofreceuse Pedro?. Vós quedade
aquí por se chegan
mentres eu vou. Non vaian chegar e non atopar a ninguén.
Marchou
Pedro na procura dos dous que faltaban. Cristina e Delio quedaron
sentados no peitoril da ponte. Delio insistía en falar das moitas
cousas que vira polo río adiante, impresionado polo lamentable estado
que presentaba. Falaba de que vira plásticos de tódolos tipos e cores,
especialmente sacos e botellas, papeis, anacos de madeira, latas...
Tantas veces na escola lle tiñan falado disto, e agora, cando o vía,
dábase verdadeira conta do importante que era. Estaba realmente
arrepentido de ter tirado algunha cousa no chan de cando en cando.
Estaba
decidido a emprender unha auténtica campana de limpeza. Non permitiría
que ninguén tirase cousas por aí sen se preocupar de que esas
inconsciencias, a non moi longo prazo, acaban coas melloras cousas que a
natureza nos dá.
Cristina,
que de sempre compartira estas inquedanzas por manter máis limpa e
coidada Eiranova e os seus arredores, agora non lle prestaba moita
atención, porque a súa preocupación estaba na tardanza de Miguel e
Elisa.
Non te preocupes máis
tentaba de
tranquilizala Delio, xa verás como eses atoparon algo interesante e
logo veñen.
Aínda pasou
un anaco antes de que os dous rapaces aparecesen acompañados por Pedro,
que traía cara de vir enfadado con eles. Polo contrario, Miguel e
Elisa, non aparentaban ningún tipo de preocupación, senón que viñan a
rir. Correu Cristina cara a eles e preguntoulles anguriada se lles
pasara algo.
A nós non nos pasou nada
respondeu Elisa, nin atopamos cousa
ningunha que nos chamara a atención. Aquí non hai nada como non sexa
que ó río veñen parar todas cantas porcalladas a xente desbota, xa
podían ter algo máis de coidado.
Diso estamos a falar Cristina e
mais eu cando Pedro foi por vós.
¿A que non sabedes onde os atopei?
Estaban os dous sentados nunha clareira rematando de merendar con toda
tranquilidade.
Pero ¿non quedaramos en estar
aquí dúas horas despois de nos ir?inquiriu Cristina contrariada pola
actuación dos rapaces.
Resulta que ningún dos dous levaba
reloxio comentou Pedro.
¿E como non o dixestes cando
saístes? Porque eu pensei que o levaba Elisa.
E eu pensei que o levaba Miguel, e
ata que lle preguntei a hora non me dixo que o deixara na casa. Xa nos
dixo Pedro que vós tampouco atopastes nada.
Nada, ímonos
resolveu Cristina
botando a andar cara a onde deixaran as bicicletas.
Foron os
outros detrás, para colle-las bicicletas e regresar a Eiranova, algo
defraudados pola viaxe en balde que acababan de facer. Unido isto ó
sentimento de non saber cara a onde tirar agora no suceso do reloxio da
igrexa.
Cando
chegaron á silveira, o primeiro que viron foi que, enriba do sillín da
bicicleta de Miguel, había un sobre branco. Cristina, que ía diante
con Pedro, foi quen o colleu.
¡Aquí está o que
viñemos procurar ó río!
exclamou realmente leda
e algo nerviosa.
¿Que é?preguntou Delio inquedo.
Está na miña bici, desta vez é para min.
Cristina xa estaba abrindo o sobre mentres
seguía a falar.
Todo canto estea relacionado co reloxio do campanario, é cousa de
todos. Deixárono na túa bici porque nalgunha tiña que estar.
Cristina acabou de abri-lo sobre e del tirou un
papel branco. Desdobrouno e púxoo á vista de todos.
Era un labirinto.
O primeiro en falar foi Delio.
¡Que besta, cantos
camiños!
¡Nunca vin un coma el!
exclamou Pedro.
O que fai isto non é de
aquí, non hai en Eiranova quen teña tanta
paciencia como para facer isto dixo Elisa.
Pola parte de atrás do papel no que estaba
debuxado o labirinto, había un texto escrito a máquina que dicía:
MENSAXE SEGUNDA
Haberá máis.
Tantas como sexan precisas
para que nos cheguemos a coñecer.(?) |
Non teño xa dúbida de quen é afirmou Miguel sorprendéndoos a todos.
¿Quen? preguntou Pedro mentres os outros espetaban os seus ollos en
Miguel.
Un mestre que está cabreado porque aprobásemos e quere seguir a nos
poñer traballos para todo o verán. ¿Porque non me diredes que non vai
dar traballo percorrer todos eses camiños?
Riron todos a ocorrencia do rapaz e emprenderon
o camiño da casa. Alí tratarían de lle dar solución ó labirinto.
Pasaron por diante da igrexa e xa non esta alí
o auto de Xes.
Non viron, tampouco que desde a casa do
Sacristán, alguén estaba a vixialos desde algo antes de chegar ó
adro, e que non os perdeu de vista mentres o atravesaron.
Chegaron á casa de Cristina e Miguel, e
deixaron as bicicletas á porta. Dirixíronse ó cuarto de detrás da
cociña, saudando presurosamente á nai de Cristina e Miguel, que, na
cociña, estaba a pranchar. Esta viunos pasar, pero non sería quen de
dicir cantos pasaran de rápidos que ían.
¡Carai! Moita présa levades, moi importante debe se-lo que ides
tratar dixo a muller.
Sentados ó redor da mesa puxéronse a olla-lo labirinto. Parecía
verdadeiramente lioso. Pero diante da aparición dunha nova pista, non
ía se-Ia solución do labirinto o que os ía facer dubidar das súas
posibilidades de seguir adiante. Así que, despois de ollalo un anaquiño, foi Cristina a primeira que falou.
O que hai que facer é tentar de ordena-las palabras seguindo o
camiño que arrinca de cada número.
Claro dixo
Elisa, hai que face-lo labirinto indo dos números ás
palabras ¿nonsí?
Eso penso eu
confirmou Cristina.
A non ser que a pista sexa un número
falou Pedro
Entón habería que
ir das palabras ós números.
Quedaron uns segundos pensativos, pero de
seguida Delio apoiou a proposta de Cristina.
Tén que ser partindo dos números, porque senón non hai maneira de
establecer un orde. ¿Por cal palabra empezas?
Pois non falemos máis cortou
Miguel. Ímolo facer.
¿E quen o fai? preguntou Pedro.
Cada un fará un número decidiu
Cristina, e despois repasamólos
todos. Empezo eu, a ver, ¿onde hai un lápiz?
Virouse Miguel a un alzadeiro que había na
parede e, dun bote que alí estaba, pillou un lápiz que Ile entregou a
súa irmá. Cristina apoiou a punta do lápiz no camiño que estaba
marcado co número un, ergueu un intre a vista cara ós seus compañeiros, e escomenzou a percorrelo con moito coidado. Chegou a unha
palabra e tomou nota dela no mesmo papel do labirinto.
A continuación foi Elisa a que fixo o camiño
número dous, que remataba no medio do labirinto antes de chegar a
palabra ningunha.
Desta maneira foron facendo tódolos
percorridos do labirinto, que antes de dalo por resolto definitivamente,
foron comprobados como é debido.
?Moi ben. Temos unha lista de palabras que, seguindo o orde dos
número, dan unha frase que ten sentido explicou Pedro ollando no papel
as palabras que foran escribindo. Agora falta saber se isto é todo.
A min paréceme que si, que isto é tododixo Delio, anque non sen
certa dúbida.
¿E logo para que ten as outras
palabras e os outros números? preguntou Miguel.
Para completa-lo labirinto e facelo
algo máis difícil de resolver. Porque as outras palabras, as que non
teñen saída ou van dar unhas ás outras, non encaixan na frase afirmou
Cristina dando por finalizada a solución do labirinto.
De acordo, xa témo-la frase, agora
hai que interpretala falou Pedro.
Quedaron
todos pensativos ollando para o papel que estaba enriba da mesa. Cando
levaban así un anaco, Elisa rompeu aquel silencio dicindo:
Este quérenos dicir que vai tocar á vista de todos.
Pois como dea o toque número trece
á vista de todos, xa non temos máis que procurar
dixo Miguel. Chega
con ollar ben e identificalo.
Non quere dicir que o vaiamos ver
tocar, senón que tocará e estarémolo vendo a el, pero non tocando a
campá cortou Cristina a intervención de
Miguel. Polo menos iso
interpreto eu.
¡Xa sei! exclamou Pedro de súpeto
e erguéndose do asento. Hoxe van facer no adro unha cacharela para
asar sardiñas tódolos mozos e mais Xes, de seguro que ás doce da
noite aínda están alí. E el quere dicir que aínda así fará toca-la
campá igual, e mentres, estará diante de nós.
iCerto, Pedro! confirmou Cristina
o que acababan de escoitar. Temos que ir á cacharela, porque de seguro
que é un dos que están alí. Calquera mozo dos que estarán na
cacharela pode ser, pero desa maneira xa poderemos eliminar moitos
sospeitosos: a todos cantos non estean alí hoxe ás doce da noite.
Entón nós tamén temos que estar
na festa dixo Miguel ilusionado coa idea de participar naquel
acontecemento.
A min de seguro que non me van
deixar ir falou Delio con aire de apenado.
Hai que face-Ias cousas ben. Eu
irei con Miguel a procurarte a ti dirixiuse Cristina a
Elisa, e
despois ímo-los tres a chamar por Delio. Xa verás como así te deixan
ir. ¿Ti non tes problema, ou, Pedro?
Non, ningún.
Pois entón quedamos niso.
Fóronse cadaquén para a súa casa. Xa
escomenzaba a querer anoitecer, anque neste tempo podía quedar máis
dunha hora de día.
Cristina
e Miguel non tiveron ningún tipo de impedimento para acada-lo permiso
para ir ó adro, porque os seu pais tamén tiñan previsto achegarse por
alí. Igual ocorría no caso de Elisa. Así que os tres foron á casa de
Delio por ver de convencer os seus pais de que o deixasen ir cos outros
rapaces. Non foi cousa doada, pero ó fin acadouse.
Pedro xa agardaba por eles no adro e
a el se dirixiron todos. Camiño tamén da igrexa, ía moita xente
andando a modiño e de vagar, mentres os mozos se afanaban en carretar
leña para face-lo lume, caixas de sardiñas, pipotes de viño, caixas de
refrescos, e todo canto parecían precisar para face-Ia súa festa.
Chegaron
os rapaces ó adro e de seguida se xuntaron con Pedro. Había que tratar
de establecer unha estratexia de actuación para aquela noite. Decidiron
que de primeiras andarían polo medio da xente para ver quen estaba e
quen botaban a faltar. Non se trataba de pasar lista, senón de ve-lo
maior número posible de rostros. Media hora antes de dá-las doce cada
un ocuparía un posto fixo para ver quen entraba e quen saía do adro.
Tamén
Xes tentaba de controla-la situación e daba instruccións ós mozos.
Ás doce menos cuarto, ti vas ollar
nos freixos que hai ó lado da Casa do Sacristán. Que non che quede
unha póla por revisar ¿estamos?
Perde coidado aseguraba o
rapaz, como estea alí, ben pode estar
seguro que hoxe non toca.
Despois quedas alí ata que o
reloxio remate de dálas badaladas. Agora ti dicía dirixíndose a
outro dos mozos de Eiranova, poste na entrada do adro e fixaste ben en
quen entra ou sae do adro un pouco antes das doce.
Xes
seguía a dar ordes arrodeado polos mozos e mais algún menos mozo que
quería colaborar na vixiancia.
Así,
o Peón de Xadrez, home duns corenta e tantos anos, alcumado desa
maneira porque torcía a boca ó falar e ó comer, e dicían que era
coma un peón de xadrez: que avanza de frente e come de lado, tocoulle
poñerse na escaleira do campanario. Para isto presentouse un mozo para
acompañalo, porque no caso de que aínda así tocasen tamén as trece
badaladas, habería que subir correndo ó campanario para ver se había
alguén nel.
Outro
lugar que sería ocupado por dúas persoas, sería a Casa do Sacristán.
Presentouse voluntario o Xuíz. Home xa de idade, que fora xuíz na
cabeza do partido xudicial, e agora vivía retirado na casa que fora dos
seus pais, acompanado dunha irmá viúva sen fillos, máis nova ca el.
Daba longos paseos polos arredores tódolos días e varias veces no
día. Apoiábase nun curioso caxato, que non era dereito coma todos,
senón que estaba feito dunha raíz chea de curvas e retorcementos,
agás nos dous extremos que tiña dous anacos perfectamente aliñados e
dereitos.
O Xuíz e un
dos mozos dirixiríanse á Casa do Sacristán. O mozo poñeríase na
parte traseira, para que ninguén puidese entrar por alí. O Xuíz,
despois de se cerciorar de que non había ninguén dentro, nin enriba
nin embaixo, quedaría na porta vixiando a entrada.
Outros mozos arrodearían o adro, de tal xeito
que non houbese lugar de onde toca-la campá sen ser visto por alguén.
Cando o reloxio deu as once, os mozos
escomenzaron a esparexe-lo lume ata que quedou unha boa brasa para
asa-las sardiñas, e sobre ela colocaron os asadeiros.
Un pouco despois xa escomenzaban a saí-las
primeiras, que non tardaron en desaparecer engulidas polos máis
apurados dos comensais.
Mentres tanto, os rapaces tamén estiveron a poñer en práctica a súa estratexia. Miguel, que fora osmar ó grupo
que estaba ó redor de Xes, estaba agora a contarlles ós seus amigos
onde estaría situado cadaquén.
O Lois de Martelán estará nos freixos. Diante da porta da Casa do
Sacristán estará o Xuíz e por tras o Carabullo, será porque como
está tan fraco non o poden ver. Na escaleira do campanario vanse poñe-lo Peón e o Leonardo...
Moi ben, Miguel
felicitou Cristina a seu irmán. Entón agora imos
nós cada un para o seu sitio, así cando eles ocupen os seus postos xa
nós estaremos vendo o que pasa. Xa sabedes que hai que facer como se
estivésemos a xogar, ou falando entre nós, pero que ninguén dea a
sensación de que está vixiando.
Todos asentiron e Pedro repetíulle-las
instruccións para que ninguén as esquencera.
Entón estamos en que Elisa e mais ti, andaredes pola parte do frente
da igrexa e mais por esta banda de acó. Miguel, Delio e mais eu,
andaremos pola parte de atrás e polo lado de aló. Da Casa do
Sacristán encárgome eu.
Estando todos de acordo, e como xa pasaba algo
das once e media, fóronse cada un ó seu lugar.
Antes de se situar nos seus postos, os homes
revisaron concienzudamente cada un dos lugares encomendados. O Leonardo
subiu ó campanario e alí non había persoa ningunha. O Martelán fitou
as pólas dos freixos unha por unha. O Xuíz subiu con coidado pola
escaleira da Casa do Sacristán e pasou a vista coidadosamente polo
sobrado. O Carabullo revisou o lousado da casa. E os rapaces non
perderon de vista ó Leonardo, ó Lois, ó Carabullo, ó Peón, ó
Xuíz, e a tódolos mozos e vellos que aquela hora estaban no adro ou
nos seus arredores.
Cando chegaron as doce e escomenzaron a
toca-las badaladas, fíxose un gran silencio. A ninguén se escoitaba
contar, pero todos o facían mentalmente: unha, dúas, tres, catro...
E tal e como a mensaxe Iles anunciara ós
rapaces: ... doce e ¡TRECE! No medio do ruxe-ruxe de voces que se
escoitou inmediatamente despois do décimo terceiro toque de campá, o
primeiro en reaccionar foi o Leonardo, que se botou escaleiras arriba
coma un foguete. Non tardou nada o Peón en se largar tras del. Chegaron
ó campanario e ollaron darredor. Non había ninguén. Nisto, o Leonardo
foi ollar ben polo lado do campanario que estaba fóra da súa vista.
Deu unha pasada para avanzar e esvarou, escomenzando a caer pola
pendente do lousado. A xente berrou toda a un tempo, cando, o Peón,
saltou coma un lostrego. Tirouse enriba das lousas, e botoulle a man á
camisa do Leonardo acadando a agarrala. Quedaron os dous homes un anaquiño nesta posición, cando aínda non morrera totalmente o berro
que tódolos presentes deran...
Erguéronse os dous homes sen que o Peón lle
ceibara aínda a man da camisa ó Leonardo. Baixaron polas escaleiras e
botáronse fóra da igrexa. De seguida os arrodearon todos. O Leonardo
pasoulle a man por riba dos ombros ó Peón ó tempo que lle dicía:
"Gracias, ho".
Pisei algo que me fixo esvarar, se non é polo Peón, mátome
dixo
dirixíndose ó crego e ó Xuíz que estaba xuntos.
¡Que susto me deches, rapaz! dixo o Xuíz. |