O FUTURO
É DAS MÁQUINAS IPSATRICES
Os nosos devanceiros desceron das árbores e ergueron a
columna vertebral para liberaren os seus membros
anteriores. Tiñan grande necesidade de dispór á súa
maneira das patas dianteiras. Só elas podían permitir a
prática da ipsación. A despeito das calumnias con que a
encheron os hipócritas e as prevencións das que foi
vítima por parte dos timoratos, a prática da ipsación
non cesou de ser proveitosa á humanidade, como ben
demostrou Bohuslav Brouk no seu libro
"Autosexualidade e psicoerotismo".
As posibilidades que oferecen as técnicas actuais,
singularmente no eido das técnicas de punta, permiten
augurar para un futuro próximo a aparición dunha
ipsación de masas verbo da cal a experiencia solitaria
do ipsante do século XIX e de comezos do XX aparecerá
como o resto dun pasado preindustrial, de que se poderá,
segundo os gostos e as ideoloxías, lamentar o encanto
artesanal ou deplorar o carácter caduco porque non está
á altura dos problemas que formula a explosión
demográfica. De aquí ao ano 2000 serán 8 mil millóns
de persoas que será necesario non só alimentar e
vestir, senón facer gozar. Só se conseguirá
xeneralizando a prática da ipsación automática.
A aceleración do proceso de produción intelectual que
se comunica a todos os sectores da existencia, tende a
reducir a cero o tempo necesario ao aparellamento humano,
do que se sabe pode ser de abondo longo. O home e a
muller cada vez terán menos tempo para se coñeceren,
para se elixiren mutuamente.
As máquinas ipsatrices permitiranvos, instantaneamente e
con toda liberdade, escoller a vosa parella e
comportarvos nesta decisión como se nunca tiverades que
superar a timideza ou as convencións.
Estas máquinas son o futuro. E, non obstante, a
ipsación mecánica non data de hoxe.
1 Aparatos de serie desviados da súa función
A ipsación mecánica pode ser praticada coa axuda de
diversas máquinas que, concibidas para outro uso, se
prestan non obstante a este singular emprego. Os casos de
ipsación eran frecuentes nas costureiras que se servían
de máquinas de coser de pedal**. Desde a aparición da
máquina de coser eléctrica, que se demostrou impropia
para este uso, as ipsantes chimpáronse sobre a lavadora,
cuxas vibracións, que comunica ao seu medio, por pouco
que se saiba coller unha posición adecuada, procurarán
intensas satisfacións. Numerosas mulleres entréganse a
este exercicio de maneira completamente inconsciente.
[...] O mellor exemplo de desvío dunha técnica a favor
da ipsación énos dado pola televisión. Até a
introdución masiva da pequena pantalla nos fogares, os
diversos aparatos domesticos só aportaban á ipsante
unha axuda mecánica. Coa televisión, a técnica
intervén a nivel psíquico. [...]
2. Máquinas ipsatrices de fabricación artesanal
A máis coñecida -unha máquina de pedais para uso
de mulleres- encóntrase no Museo de Criminoloxía de
Dresde. Moito máis interesante, non obstante, desde o
punto de vista da cronstrución é a máquina ipsatriz
para homes que se conserva no Museo de Criminoloxía de
Praga, rúa de San Bartolomé. A primeira vista, trátase
máis ben dunha "dama de viaxe", pero un exame
máis detido permite descobrir no seu interior un
mecanismo moi orixinal. A cabeza da Dama encerra, con
efecto, un péndulo cuxa extremidade inferior remata na
entreperna e soporta unha luva de coiro cuxos dedos
repregados sobre a perla parecen apretar un membro
invisíbel.
Chea dun morteiro que asegura a súa aplicación, esta
luva, previamente aceitada na súa parte interna, simula
o orificio vaxinal onde o ipsante introduce o seu penis
afin de ser ipsado grazas ao movemento do péndulo que el
propio porá en marcha.
3. Máquinas ipsatrices inspiradas pola curiosidade
científica
Segundo W.H. Masters e V.E. Johnson***, os
radiofísicos puxeron a punto un simulador capaz de
reproducir artificialmente as condicións do coito e de
medir a intensidade das reaccións dun individuo en
circunstancias semellantes. O aparato comporta unha gama
de penis plásticos, concibidos para se adaptaren ás
particularidades físicas da maioría das mulleres,
posuíndo as cualidades ópticas dun vidro plano. Unha
iluminación a luz fría permite observar e rexistrar a
amplitude dos seus movementos. A medida que se eleva o
grau de excitación da paciente, obsérvase que a
amplitude e a frecuencia dos movementos do pene medran en
proporción ás súas operacións sexuais subxectivas. O
aparato funciona electricamente.
4 Máquinas ipsatrices especiais
O desenvolvemento da cultura de masas vai acompañado
dun empobrecemento da imaxinación individual. Disto
deita que a estrutura psíquica da ipsación, o
psicoerotismo, tende a desaparecer. Consecuentemente,a
ipsación clásica, reducida a unha simple manipulación
non pode xa satisfacer o ipsante, mesmo se se axuda con
todo un arsenal de aparatos electrodomésticos. É que a
máquina ipsatriz propiamente dita, reservada unicamente
á satisfación psíquica e física do ipsante, está
aínda por construír. A súa construción, con todo, non
formula ningun problema teórico e as técnicas actuais
deberían permitir fabricala en serie. Podemos, xa que
logo, asombrarnos de que aínda non aparecera no mercado,
tanto máis porque respondería ás necesidades da
maioría dos nosos contemporáneos, procurándolles a
vontade, sen perda inútil de tempo, un pracer erótico
personalizado. A máquina ipsatriz descarga, con efecto,
ao ipsante das fastidiosas dilixencias para coa parella e
da obriga de lle facer a corte. Abonda introducir unha
moeda na rachadela do aparato e de apretar un botón para
que surxa a imaxe do ou da que se desexa.
5. Funcionamento da máquina ipsatriz
Pódense considerar xa resolvidos os problemas
puramente mecánicos ligados ao funcionamento da máquina
ipsatriz. Abondará, con efecto, adoptar con vistas á
súa produción a escala industrial o prototipo posto a
punto polos radiofísicos (ver supra). O mesmo se pode
dicir da programación psicoerótica da máquina que pon
delicados problemas de escolla. Os medios de
comunicación de masas, se teñen un carácter decisivo
na formación do ego ideal, o cal adquire na nosa época
un carácter máis ou menos colectivo, contribúen tamén
á formación do animus
e da anima, que á
súa vez adquiren un carácter de masa. É preciso termos
en conta este fenómeno de reducción do individual ao
colectivo para programar a máquina ipsatriz. A escolla
de secuencias visuais e sonoras destinadas a excitar a
imaxinación psicoerótica debilitada do ipsante medio,
pode, pois, remitirse a un problema de estatística.
Recomendaría aos construtores se inspiraren, para a
presentación do conxunto do autómata, nos juke-box.
Como se se tratase de escoller o título dun disco no
teclado do aparato, o ipsante escollería o nome dunha
parella, cuxa imaxe aparecería axiña na pantalla. Este
parceiro, home ou muller, estaría filmado coa axuda dun
grande angular de maneira a presentar ao ipsante a imaxe,
cara e costas, de personalidades coñecidas polo grande
público: cantantes masculinos e femininos, actores e
actrices, locutores e locutoras, presentadores e
presentadoras de anuncios e de televisión, deportistas,
políticos, etc., escollidos en función do seu grau de
popularidade.
Duración das sesións
Cada quen debera pode prolongar o seu cara a cara co
autómata segundo as súas posibilidades e as súas
esixencias. Non obstante, nos autómatas ipsadores
públicos como nas cabinas teléfónicas, o tempo de
utilización será contado en unidades de tres minutos.
Pasado este tempo, o ipsante deberá introducir unha nova
moeda ou unha nova ficha no aparato se desexa prolongar a
experiencia.
Instalación de autómatas ipsadores públicos
Deberíase, ao meu parecer, contar co emprego de
máquinas ipsatrices por parte de particulares para
xeneralizar o uso. Ao principio, cando menos, será
necesario a organización de lugares públicos de
ipsación coa participación do Estado.
Nun primeiro tempo, as máquinas ipsatrices de modelo
corrente deberan ser instaladas en lugares fechados:
clubs de empresa, salas de reunión de xoves, sesións de
propaganda, residencias escolares, cuarteis, etc. Logo se
colocarían nas proximidades dos lugares de traballo, a
fin de reducir as perdas de tempo máis importantes
durante a xornada. Finalmente, podería extender a súa
implantación a todos os lugares públicos onde a
reunión dun certo número de persoas provoca o desexo.
Piscinas, estadios, estacións, hoteis, restaurantes,
salas de espera, etc.
Canto as máquinas especialmente programadas para os
desvíos sexuais, recomendaría instalalas máis ben en
hospitais e nos estabelecementos de cura. Desta maneira,
sería protexido o anonimato dos ipsantes perversos
contra a maledicencia da multitude. Os sádicos e os
pedófilos, sobre todo, terían ademais a vantaxe de se
entregaren aos seus exercicios favoritos baixo control
médico. Percibiríase entón que as desviacións sexuais
son moito máis frecuentes do que mostran as
estatísticas. Mañá, as máquinas ipsatrices
permitirán a todos estes aberrantes segredos, até hoxe
condenados a unha sexual convencional, se liberaren
felizmente das súas fustracións.
En resumo, colocación, en todos os lugares publicos e os
lugares de traballo, de cadeas de autómatas ipsatrices
oferece á sociedade unha serie de vantaxes de primeira
importancia.
1. Man de obra sana e non fustrada, pensando só na
tarefa durante a xornada de traballo.
2. Familia harmoniosa. Menos divorcios e, xa que logo,
menos nenos desgrazados.
3. Praticamente, liquidación da prostitución e das
afeccións venéras.
4. Liberdade para os anormais sexuais, a súa
integración no proceso de traballo.
5. Diminución dos delitos sexuais.Polo efecto das
máquinas ipsatrices, democratización do erotismo e, xa
que logo, da sociedade enteira, pois terán suprimido o
privilexio da beleza dos dous sexos.
6. Control do Estado sobre a vida sexual dos cidadáns.
Conclusión
As vantaxes que deitan do uso das máquinas
ipsatrices na vida da sociedade son tan evidentes que se
pode celebrar como próximo o advento das máquinas
ipsatrices cuxo orixinal exposto sen nome de autor no
Museo de Criminoloxía, rúa de San Bartolomé, será
solemnemente transportado ao Museo Nacional da Técnica
de Praga-Letna para figurar a carón da lámpada a ARC de
Krizik e do pararraios de Divis.
Jan Svanjmajer
*"Desde o punto de vista da crítica social, a
ipsación oferece á sociedade máis vantaxes que
inconvenientes. Pode ser considerada, sobre todo hoxe,
como un remedio contra unha proliferación excesiva da
especie humana. En todos os tempos xogou un papel
beneficoioso previndo a gravidez precoz, cuxas
consecuencias son, en opinión dos médicos,
desagradábeis para a descendencia. Vese, por tanto, que
a prática da ipsación é beneficiosa para a humanidade
e só espíritos batidos de cegueira moral poderían
denegarlle este mérito". -Bohuslav Brouk: Autosexualidade
e psicoerotismo, Edicións Surrealistas, Parga. 1935
**Pouillet na súa obra De l'onanisme chez la femme,
menciona a seguinte observación: visitando unha fábrica
de confeción de vestidos militares, notara que unha xove
obreira, cuxa excitación era evidente, imprimía á súa
máquina un movemento cada vez máis acelerado. Ao cabo
dun certo tempo, a moza palideceu bruscamente, fechou os
ollos e deixou escapar suspiros apagados. Permaneceu
inmóbil durante algúns segundos, despois enxoitouse a
fronte coa axuda do seu pano e reemprendeu o seu
traballo. Segundo o testemuño da directora, escenas
semellantes producíanse moi frecuentemente entre o
personal feminino da empresa.
***W.H. Master e W.E Johnson entregáronse, a partir de
1954, a investigacións sobre a sexualidade no servizo de
xinecoloxía da Faculdade de Medicina da Universidade de
Washington. Afirman na obra Woman sexual reponse
que en once anos de observación "ningún dos 312
homes e das 382 mulleres que participaron nos seus
experimentos, foron quen, no curso dos exames, de chegar
ao orgasmo baixo a influencia da imaxinación".
|