BVG Atrás Índice de Páxinas |
As cidades mergulladas (Poesía reunida 1973-2002) |
||
Vésperas de min mesmo. Escolma |
Pagina nueva 1
Levabas unhas roupas que mercaras
no zoco de Basora, liño e seda,
e un cinto de almafí. Os beizos longos
abertos en poesía, que brillaba
como as pedras de ouro, e, mentres tanto
ían caendo as bágoas dos meus ollos,
sorrían inconscientes os teus dentes
coa cor branca da lúa. Eu berreiche:
tódalas fontes teñen caranguexos,
baixo tódalas augas, agachado,
está o frío do peixe. Nos teus ollos
facía circos aínda o teu sorriso
e afondábase nel, como nun lago,
ese anaco perdido da beleza.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |