v1xlripaldaafiador006.html
Asubiando
van e van
anduriñas
miñotas
de
moeda en moeda
(Antonio
Tovar Bobillo)
O Ramuín, xa cando se acercou a unha encrucillada da que saía a
corredoira cara a súa aldea, viu como do coche de liña baixaba
o Pepiño, que tocaba o clarinete nunha pequena banda e tan
pronto se achegou a el díxolle:
-Seica te deixaron dar unha volta
pola casa.
Ó que lle respondeu o Pepiño moi
ledo:
-Pois si, pero ademais que este
viaxe non terá volta, xa que déronme inútil para o servicio e,
como por esta corredoira debido ó seu mal estado non poderás
correr coa túa tarazana, vou ter tempo de contarche de vagar
como me foi a curta mili de tres meses.
-Sorte a túa, só tres meses de
charría.
-Menos mal que foi pouco tempo,
senón non sei como ía aguantar, pero comezarei a contarche
desde o principio a miña estadía nos cuarteis. En primeiro
lugar teño que dicirche que tan pronto chegamos deixaron as
nosas cabezas completamente peladas, segundo nos dixeron por
culpa dos parasitos, así é como lle chamaban aló ós piollos.
Despois mandaron poñernos en ringleira para ir un a un pasando
diante dunha mesa onde se atopaba fronte a ela un sarxento que
nos ía preguntando a cada un que oficio tiñamos; en chegando o
meu turno díxome "a ver, di o que saibas facer, se é que
sabes algo"; entón respondinlle que tocaba o clarinete.
Como resultado da entrevista presenteime ó capitán de música.
O caso é que a cousa non saíu moi ben que digamos.
-¿Que pasou entón ? -preguntou o
afiador.
-Pois que ó chegar diante do
capitán para comprobar os meus coñecementos deume un papel
semellante o que usan os músicos das grandes bandas para que
tocase o que as notas indicaban, como lle dixen que así non
sabía tocar el díxome que cal era o procedimento que empleaba,
como lle indiquei que tocaba de oído comezou a berrar que
semellaba que oubeaba un can.
-¿E mordeute?
-Home, non chegou a eso, pero mandoume
que saíse inmediatamente de xunto a el porque senón ía a
comerme o figado.
-¡Cacho animal!
Esgutiou Ramuín espantado, logo
continuou o Pepiño coa súa historia.
-Agora vouche dicir o que pasou
cando nos deron os uniformes, aquelo facía rir, pois a uns
quedábanlle curtos e a outros longos, o mesmo pasaba coas
zamarrras e os puchos. E chegou o día que nos avisaron para
comezar a instrucción, o que ocasionou que o capitán se volvese
a enoxar conmigo xa que advertinlle que eu non tiña case nada de
pluma e non poidera ir á escola debido as labouras da casa. Pero
el dixome "Anaco de cortiza, non se trata dese tipo de
instrucción, que por outra parte poderá adquirir na clase de
analfabetos a que deberá ir, así que vaise esquecendo de pensar
en permisos, instucción que eu lle mandarei trata do manexo das
armas, preparación física entre outras moita cousas".
De xeito que para disparar había
que facer unha serie de cousas, que sei eu, tempo un, tempo
dous... Eu díxenlle ó capitán que como andivesemos con estas
monadas diante das perdices non ía cazar ningunha, pero o
capitán indicoume que todo aquelo facíase en sentido figurado.
Esto serviume para amolalo.
-¿E como o amolaches?
-Foi un día que mandou á compañía
correr, e ó ver que eu non o facía chegouse onda min moi
alporizado dicíndome "Vostede, tarugo, porque non corre,
non oíu a voz de mando"; eu respondinlle que estaba
trabucado, que corría pero en sentido figurado. Ante esto,
comezou a berrar dicindo que aquelo non se podía aguantar, pois
tratábase dunha anormalidade pola miña parte, así levoume
xunto ó medico para que me declarase inútil por louco. Malia o
médico despois de falar conmigo un anaco viu que era unha persoa
completamente normal. O que disgustou en grande maneira o
capitán. Sen embargo, cando me marchaba fixouse nos meus pés e
dixo "Un momento, este home debe de ser considerado inutil
como soldado, ten os pés completamente planos, como non se deron
conta no seu recoñecemento". Este foi o final do soldado
Pepiño.
-Así que te deron por chulán e xa
estas de novo camiño da casa. O caso e que ti remataches a túa
mili, pero ó mellor empeza a miña, ó chegar a casa, co
sarxento da miña muller aínda que neste caso a licencia esta
nas miñas mans.