A
os poucos días, a fuga aquela contra os franceses foi calmando algo,
pero como as naves anemigas non deixaban de andar rondando poI-as
costas, continuaron as mismas precaucioos e vixilança. Naquel encoméo,
veu a Pascua, que aquel ano cayeu no 10 de Abril, e era o praço que
puxera o Arcebispo para dar unha resposta definitiva aos rexidores de
Santiago. Non se olvidaron estes de reclamala; tanto mais, canto que,
por aqueles días, ocurriron en Santiago alguns sucesos que lles deron
non poucas alas para proseguir nos
[páx. 122]
seus intentos. Despois da morte do Arcebispo D. Xoan Tabera, os señores
do moy alto Consexo de S. M., como xa apuntamos, apetiçon do Fiscal da
Aodencia de Galiça, espidiron unha Provision pol-a que se mandaba que
ningún Prelado, nin cabaleyro, inviase xueces pesquisidores con salario
para sacar enformacioos e probanças. O Arcebispo D. Pedro Sarmiento,
que sucedeu a D. Xoan Tabera, fixo recurso a Sua Maxestad e aos Señores
do seu muy Alto Consexo, e obtuvo Provision para que o Gobernador e
oidores de Galiça non estorbasen ao Provisor, e Asistente e xueces da
Quintan na posision en que estaban de mandar escribanos a facer probanças
e enformaçoos co salario de 60 mrs. diarios. A pesar deso, os oidores
non permitían taes comisioos; pero, ao fin, aviñéronse cos xueces do
Arcebispo, non estorbando que mandasen escribanos, mais con solo o
salario de 40 mrs. diarios. Estando así as cousas, un dos últimos
días de Marzo, o pregon da Aodencia pubricou un bando en que se mandaba
que ningun escribano saise a facer pesquisas de ningunha crase. Ao mesmo
tempo, o Alguacil da Aodencia, Bastian de Barahona, co escribano Marcos
Rodriguez, sacou pesquisa dos escribanos que sairan a facer taes informaçoos,
e,
[páx. 123]
sacada a pesquisa, foy recorrendo os oficios dos taes escribanos, cravoulles
os escritorios, sacrestoulles os bees, e citounos para a carcel real.
Pero o que mais fixo rebulir de gozo aos descontentos e aos que
conspiraban contra a autoridá temporal do Arcebispo, foy outra
Provision que, por aquel entonces, dou a Aodencia de Galiça, a
pedimento do Procurador da cidá. Pero, antes, creemos do caso senta
ralguns antecedentes sobre a organiçaçon dos Tribunales de Justiça en
Santiago. Habia as justiças ordinarias, que eran os dous alcaldes que
se nombraban todol-os anos, o primeiro de Janeiro, e as justiças
mayores, que eran o Provisor, para os asuntos eclesiásticos, e o
Asistente, ou Alcalde, ou Justiça mayor, para os asuntos civiis do
Arcebispado. As justiças ordinarias conecian en causas de menor
contía, que eran aquelas en que o valor da cousa en costion non ecedía
de 6.000 mrs. De elas apelábase aas justiças mayores, non solasmente
en estas, sinon en todas as demais cousas. habia demais os xueces da
Quintan, que conocían en primeira instancia,e a prevençon co Asistente,
en toda crase de asuntos. Pois ben: na dita Provision mandábase que as
apelacions en causas menores, calesquera que fosen, se presentasen ante
o Rexemento.
[páx. 124]
Non é para decir como esto alborotou aos conxurados, que ca tal
Provision xuzgaban que xa tiñan ganada, ou boa de ganar, a sua
pretenson. Por eso, non todol-os cidadaos estaban conformes ca conxura
nin cas intençoos dos conxurados; así é que a cidá devideuse en dous
bandos, capitaneado un por Froitoso de Ulloa, Vasco de Viveiro e Roy
Martin de CarbaIlido, e outro dirixido por Rodrigo de Bendaña, o
licenciado Peñaranda, os Galos e Lois de Barros. O cal bando, por eso,
no punto dos preitos, por espritu de vecindá, estaba conforme co outro.
Dentro do bando de Froitoso de Ulloa, había outros grupos, que levaban
moito mais alá os seu conatos, e querian apelar a toda cras de medios,
anque fosen os violentos.
Con estas cousas, a cidá parecía un nesporeiro; todo se
volvían xuntas, citas, reunioos, señas, cuchicheos, entradas e
salidas. Non faltaban as suas arengas e proyeutos e protestas de plás,
mais ou menos aventurados. Nestas xuntas e reunioos, ensiguida
encontraba eco todo canto pasaba na cidá, por insinificante que fose;
pero si se trataba de cousa referente ao Arcebispo, ou a seus oficiaes,
como de unha resposta algo seca, ou d' un xesto algo bravo, ou de cousas
asi poI-o estilo; entonces non digo nada da fo-
[páx. 125]
liada que alí se armaba. Engadede a esto a autitude da Aodencia, que
parecía que non andaba buscando mais que pretestos para rebaixar a
autoridá do Arcebispo, e así formaredes idea de como estaria entonces
a cidá de Santiago. Mais, volvendo ao canto, como xa dixemos, os
rexidores non se esqueceron de ir, ao prazo convinido, a xunto do
Arcebispo, o cual os recibeu sin dar a mais pequena mostra de desagrado.
Díxolles que efeutivamente tivera contestaçion dos seus letrados; pero
que todos estaban contestes en que o dereito estaba de parte dos
Arcebispos; que él, por eso, que lIes daba non soilo a sua licença,
sinon tamen a bendicion para que siguiran os preitos, solo que lles
rogaba que os autivasen canto poidesen, que él, pola sua parte, faría
o mismo, para que canto antes se determinasen. Repiteulle, que moito se
folgaría de que fose en seu tempo cando desaparece d' unha vez esa
pedra de escándalo, ese motivo de discordia e disensón.
Estaban presentes os dous alcaldes Pedro d' Arouça e Xoan Lopez
de Cangas e alguns dos Rexidores, e non poideron disimular o cortados
que os deixara a resposta do Arcebispo. Quererían alguns deles, non
todos, que o Prelado lIes dese algun pee para queixarse e para
[páx. 126]
fundar novas recramacioos e representacioos, pois eso era o que iban
buscando; pero tiveron que retirarse chafados e ca música para outra
parte. Non lles quedaba mais remedio que esforzar certas probas, que
eles tiñan preparadas para o caso. Para o cual non lles quedou curro
tras palleiro, que eles non buscasen nin cacheasen.
Os oficiaes e familiares do Arcebispo, moormente o Provisor
e o Asistente, non se descuidaban pol-a sua parte. O doutor Plasencia
era un home austero, decían que nunca o viran riir; estaba todo o dia ca
pruma na man e suxeto ao bufete, como si estivera cravado nel. Moitas
veces quedábase boa parte da noite con un ou dous escribentes,
escribindo e mais escribindo. O Asistente era o doctor Berástegui, home
que falaba tan lixeiro, que apenas o entendían, e de xenio tan puro (no
cal non era menos o Provisor), que non podía consentir que se lle dese
a resposta menos descomposta. O certo é que, por esto ou por outras
cousas, se encontrasen poucos que ladasen ben con eles. O sobriño do
Arcebispo, D. Pedro, era un rapaz de pouca esperencia, e cas inflas do tio,
non sabía conteerse canto requerían as circunstancias. Había tamen
outro familiar, que chamaban don
[páx. 127]
Bernaldino, do que moitos afirmaban que tiña cara de poucos amigos e que
estaba sempre rosmando. Como non hachaban que picar no Arcebispo,
picaban en todos seus criados, familiares e oficiaes. A todos lles
tiñan que remendar no sayo, que si non encontraban furado, facíanllo.
Para eso estaban sempre cos ollos neles, para ver de cómo falaban,
cómo facían, qué portes tiñan, cándo entraban, cándo salían e
qué xestos puñan. Solo do Arcebispo, ainda os mais afeutos e
cabezudos, non tiveron mais remédeo que confesar, cando chegou o caso,
que era un señor moy caido en razon, moy humano, e brando e amante como
unha seda.
|