CASQUE
un mes levaba Rodrigo de cárcele o dia que foy esta xunta, e parece moy
posto en razon que lle fagamos unha visita, non tanto pra facer unha obra de misericordia, porque xa non se da
caso, como pra satisfacer unha
lexítima cursidá. Fácele é de maxinar cómo se hacharía o probe
mozo, despois de tanto tempo alí soilo cos seus pensamentos, que cada
vez lle parecían mais negros que as lóbregas paredes que o encerraban
e tiñan enxaulado. Si se fixaba no presente, ou volvía os ollos pra o
pasado, figurábaselle
[páx. 164]
ouvir os lastimeiros Iayos da sua nay, medio encorporada na cama;
figurábaselle ver a congoxa con que ambas e duas hirmáas estaban ao
pée do leito mirando unha pra outra, como quen dice ¿qué lle
poderemos facer? Si dirixía o pensamento ao de adiante, logo o
asaltaban como lóstregos, as ideyas mais tristes e estremecedoras,
¿Quén iba a pagar a renda da casa? ¿cómo se iban a comprar as
meeciñas pra a nay? ¿quén habrá de traguer un pedazo de pan pra as
rapazas? Eran costioós que se lle presentaban en tropel, sin siquera dar
lugar unha a outra.
Lelo e confuso, dicíase a si mesmo:
E eu que fago aquí ¿por qué non vou alá?
E maquinalmente, levantábase e daba alguns pasos, pero tropezaba
ca realidá, ca triste realidá de aquelas mudas e insensibres paredes,
que para él tiñan unha soila palabra: D' aquí non pasarás.
Estonces, acorado, non tanto no corpo como na alma, sacaba unha imaxe da Virxe do Portal, chegaba aa boca, e como
non podía metela dentro do peito, facía qu' o seu corazón lle subise
aos labeos. ¡Tanta era a afusion con que bicaba a sagrada imaxe! Tanto
era o fervor con que lle pidia que o sacase a él d' aquel calabozo e
socorrese aa sua xente!
[páx. 165]
Ocurréuselle a veces mandar recado ao frade de San Francisco, seu proteutor, por si acaso
podía facer algo por él, pero logo lle saia ao paso esta ouservacion: ¿Con qué cara lIe vou
a decir nada, despois de habelo deixado tan mal? ¿Cómo lle vou eu a probar que
son inocente?
Asi se lIe iban pasando as horas, e cada dia era unha corrida de baquetas, en que os
verdugos eran os seus propios pensamentos; e que acabada unha, comezaba outra. Cando a fatiga
o rendia, volvía os ollos a unha cruz cravada na parede, e prorrumpía:
Mais padeceu aquel Señor por min, e tamen era inocente.
Houbo por eso un suceso que lIe deu algun conforto. Tal é, amigo leutor, a condeçon da
luz que, ao psao que estende os seus penetrantes rayeiros, parez que nos alenta e consola, e
infunde novas forzas; e esto mormentes cando as doores son moraes. O que mais confundía a
Rodrigo e o facía depenar, era o non saber espricarse como lIe desaparecera o porceso d'
antre as maus; e co afan de acrarar aquel misterio, perdíase en mil cálculos e descursos e
cavilaciós, e ao cabo parecíalle que quedaba sobre a negra boca d' un pozo sin fondo, en que non
[páx. 166]
se vían mais que tebras e mais tebras. O porceso, era visto que o sacaran; pero ¿quén? ¿cómo?¿por
qué causa? Eran estes enimas dos cales non facía mais que andar ao redor sin xamais
chegarlle ao cabo. E moito pendía de que a sua aIma, nobre e xenerosa, sentia
repunança en buscar espricacióos infames e criminosas.
Aos nove ou dez dias de estar na cárcele, chegou unha mañan a sua hirmán mais vella,
a cal, así que entrou no calabozo e s' asegurou de que ninguen a via, moy disimuladamente
entregoulle unha carta, dicíndolle en voz baixa:
Aquí tes esta carta para que poidas sair do cárcele.
¿E quén cha dou?
Un señor, onte aa noite.
E a madre cómo sigue?
Vay siguindo como sempre.
¿E quéixase moito?
Como decote.
E a carta quén cha dou?
Xá ch' o dixen, un señor onte aa noite.
Pero ¿quén era ese señor?
Eu non ch' o conocin. Viña eu da fonte con un xarro d' auga, tropecey con él mismo
aa porta da casa, e sin mais:
Eres ti hirman do probe Rodrigo díxo-
[páx. 167]
me. Contesteille que si. Pois estonces sigueu él tes que levarlle esta carta para que poida
sair do cárcele. Agora? salin eu. Agora non, pero mañan, canto mais axiña poidas. E escoita;
daraslla de maneira que non cha vexan; para que o carceleiro che deixe entrar xunto dél,
diraslle que eres sua hirman, que te mandou tua nay que está mala na cama, e que quere saber
de él. Encárgalle a teu hirman que che dea a resposta canto mais antes, que, si non mañan,
pasado vendrey por ela. Entendiche? Estás ben feita de cargo? Esto foy o que
me dixo, pero eu non cho conocín.
A todo esto Rodrigo foy abrindo a carta, e logo que a leyeu aa luz da reixa do calabozo:
E tendes falta de algo? preguntoulle a hirman.
Por agora non. E miña nay disgustouse moito?
O dia que te meteron no cárcele, que no-lo veu a dicir o rapaz do Trusco, cuase non fixo
mais que chorar, e, ao outro dia, chorou bastante. Despois deron en viir alguns viciños e
comezaron de consolala e decirlle que logo habias de sair, que era imposibele que non se
descubrise logo a verdá.
Encheuse a casa de xente, e todos esbarafun-
[páx. 168]
daban contra quen tal fixo (Dios llo perdone), e dician que tal xudiada nunca se vira.
¿E agora?
Agora está mais sosegada, pero a cada paso está perguntando cando te soltarán.
E Aldara (era a hirman mais nova) ¿cómo está?
Figúrate como estará, a sua racion de bágoas tamen a botou, e mais boa. E ela que
dende pequeniña sempre te soñou.
¿Pero, por agora, non tendes falta de nada?
Por agora non.
¿E coidades ben da nosa nay?
Eu non saIlo do pee dela, e o mesmo Aldara.
Rodrigo non se fartaba de facerlle perguntas a sua hirman, pero ao fin, receando que aa sua
nay lle pasara mal e que o carceleiro se amoscase, díxolle:
Pois vaite, e ten moito coidado da nosa nay, e si vos fay falta algo, avisame.
Pero logo ¿non saes?
perguntoulle Urraca, que así se chamaba a hirman, mirando pra
él cos ollos ben arregalados. ¿E qué resposta lle dou ao señor que
trouxo a carta? ¿Ainda has de estar mais tempo aquí?
Mañan che darei a contestacion respon-
[páx. 169]
deu Rodrigo, ao mesmo tempo que lle daba un abrazo Daraslle un abrazo ben apertado a
miña nay continuou comovido e outro a Aldara.
Urraca non poido articular palabra, e tornou a enxugar as bágoas que lle caían a rego
pol-as meixelas. ¡Non eran as dela soilas? AIgunha había do hirman, o cual, estorcido o seu corazon
pol-a pena, non poido impidir que se lle escapasen algunhas de aquelas amargas gotas que
lle facía destiar a door.
Cando quedou soilo, e serenado que se houbo un pouco, púxose a leer
outra vez a carta, que decía así:
«Rodrigo; sinto a tua desgracia, tanto mais, canto que non foy por que non che se
avertise a tempo, cando tí, por pouco que fixeses, podías facilemente
evitala. Agora xa foy. Por eso, unha alma boa que se doe de veras do que che pasou,
sigue interesándose por tí, e está disposta a axudarte a sair canto mais pronto do cárcele,
arrendando o que dou motivo aa tua prision; non pide mais que que te prestes a facer o que
outra vez che se propuxo; e anque non dúbida que pol-a tua parte (e de outro
modo non sei o que será da tua sorte) has de poñer o que para o caso compre,
quér, pra maor seguridá, ter de
[páx. 170]
tí aviso certo; aspera pol-o tanto a tua contestacion, e deseya verte logo aa luz do
día. Un teu amigo, verdadeiro.»
Rodrigo leyeu, releyeu e volveu a leer a carta, e, despois de leer e releer,
sentouse e chamou a consello todasl-as suas potencias. A maxinacion presentáballe a
alegría que terían na casa así que o visen entrar pol-a porta; o fin das bágoas e choros da sua nay e das suas
hirmás; a satisfaucion con que o recibirían todol-os seus conocidos, vendo que non faltara ao
conceuto que sempre lles merecera, aquel novo atestado da sua inocencia que a limpaba das
nubes que por un pouco escureceran o seu brillo. E mentras revolvia na cabeza esas ideyas,
unha lixeira sonrisa de satisfaucion debuxábase nos seus lábeos, que maquinalmente siguiron o
movimento que lles viña d' adentro. Un pouco estuvo Rodrigo como
arrolándose e acalentando as magoas do seu esprito naqueles suaves aloumiñantes pensamentos. E
logo a maxinacion volvía aa carga, e doulle un novo asalto. Púxolle aa vista a imposibilidade de sair de alí,
non sendo por aquel medio; a situacion tristísima e mais que lamentabel da sua nay, enferma,
sin recursos, e, para maor desgracia, de xenio tan atufado, ennerico e mal
cabido, que naide
[páx. 171]
se ladaba con ela; a orfandá das suas hirmás, xustamente canto mais necesitaban de algun
que as dirixise, e sendo preciso as contuvese e atallase; as pestes e bufidos e berros da sua
xente, si chegaban a saber que dependera, dél como dependera, e por tan
pouca cousa, o sair do cárcele. Todo esto e moito mais se Ile agolpaba aa mente, e facíao titubear e esquecer. Cando
chegaba a recobrar algun folgo naquel diario batallar, poñíase a falar consigo e
a raçoar nesta forma:
En resumidas contas ¿qué é o que se me pide para que poida
sair do cárcele?
PoI-o visto, que lle poña o sello ao documento consabido.
¿E esto pódoo eu facelo sin faltar ao meu deber e comprometer a
miña concencia?
Non.
Pois logo, deixémonos estar hastra que Diol-o queira. Él, que permiteu que me
metesen aquí, xa me sacará cando o teña a ben.
Se non que ao pouco tempo outra vez os asaltos, outra vez o mesmo
afan, outra vez a congoxa, como si unha turba de invisibres pantasmas tomasen pol-a
sua conta darlle fatiga e faterna; cando non se lle ofrecía aos ollos a
engaratusante e agarimosa perspeutiva da sua xen-
[páx. 172]
te que estaba cos brazos abertos para recibilo, vía os cuadros mais tristes e aterradores que lle
poñían os pelos dereitos.
Pero eu teño que comprir co meu deber saía él ao cabo, e todas aquelas espantonias
desvanecíanse e desaparecían como o fume.
Así pasou todo aquel día pelexando e batallando cos seus pensamentos,
¡e pudera él cerrar ollo en toda a noite! Os primeiros albores do sol, que por fertuna aa sazon non tardaban,
sorprendéronno nesta faena, e estonces él fixo un esforzo supremo e puxo a carta en mil anacos,
dicindo ao mesmo tempo:
Cometa quen queira esta felonía, eu non-a farei, nin ofenderei a noso Señor, anque tivera
que perder moito mais.
Así como cando nos empeñamos nunha cousa e poñemos nela todasl-as nosas forzas,
quedamos despois cos membros rendidos e lacios, así Rodrigo, despois d' aquel gran esforzo,
quedou como esmorecido e adormentado. Mais, desque poido ir xuntando as suas ideyas,
escomezou de ver como fora a desaparicion do porceso, e aquel darse él a sí mismo razon da
sua inocencia, dáballe non pouco consolo e conforto.
Cando volveu Urraca pra saber a razon que
[páx. 173]
lle había de dar ao
señor da carta, soilo lle contestou que Ile dixese que por agora non Ile
podía dar a resposta. Encargoulle, ademais, que coidase ben da nay, e que, cando
poidese, viñese a decirle como siguía.
Urraca retirouse chorando como unha Madanela, e Rodrigo, cortado, quedou considerando
cantos son os casos da vida humana, e como a veces se enredan e enmarañan de tal modo as
circustancias da vida, que é a cousa mais fácile, sin comelo nin bebelo, quedar preso e entalado
cando menos se pensa.
|