A
o fin, o que tanto se timía en Galicia, e que tanta alarma metera en
Santiago, o que tanto receaba o Conde de Castro, chegou de improviso. O
día 13 de Xulio apareceu nas nosas costas a armada francesa, composta
de vinte e cinco naos ben armadas e aquipadas. Veu recorrendo todol-os
nosos portos e saqueando o que encontraba a man. Fondeou entre Muros e
Fiisterra, e, entre outras fechorías nesta última vila, por non deixar
nada atrás, hastra arramplou con todal-as mantas que había no
hespital, facendo o
[páx. 190]
propio noutros portos. O peor foi cando puxo en terra toda a xente de
armas, que pasaba de catro mil homes, mentras en toda Galicia apenas
había soldados que poderan chamarse tales, pol-o poucos e mal armados
que en xeeral estaban. Causou esto tal alarma, que nin no mesmo Santiago
encontrábanse por seguros da invasion. Ao Conde de Castro todo se lle
volvía mandar avisos e mais avisos a D. Alvaro de Bazán, que, no intre
que estaba fora o Emperador, quedara por Capitan xeeral do mar Oceano,
e, á sazon, hachábase en Laredo arrombando unha escuadra pra mandar a
Frandes. Colleu D. Alvaro con vintecatro naos que lle quedaran, e o 18
de Xulio virou a proa en direucion aas costas de Galicia. Daba groria o
ver con que pompa as nosas naos sulcaban a estensa sabaa das augas.
Ao amanecer do día 25, dou vista a nosa armada aa villa de
Fiisterra. A enemiga hachábase diante de Muros, dispoñéndose a
saquear o porto, si non lle aprontaban os doce mil ducados que pidia. Os
muradanos xa ofrecían oito mil, pero en esto descúbrense as duas
escuadras; e, o descubrirse e dispoñerse ao combate, foy todo un. Aquelo
non foy combate, foy unha manda de rayos que cayeu sobr' as naos fran-
[páx. 191]
cesas e as desbaratou ainda non en duas horas. Ao primero embiste da nao
de D. Alvaro contra a capitana anemiga, foyse esta ao fondo con casi
toda a sua tripulacion. Revolveuse logo a nosa capitana contra outra
nave francesa que viña a acudirlle aa sua, e, en pouco tempo, rindeuna e
tomouna. Co mesmo arranque e brio pelexaron as demais naos españolas;
asi foy que todal-as naos anemigas, menos a que se foy a fondo, e unha
que escapou aa prisa (madia levaba que iba co pau maor menos) para ir a dar
noticia, si chegou tempo, todas elas, repito, e o botin que levaban,
caeron en poder dos nosos. Naquela cañeira foron degollados na batalla
mais de tres mil franceses e os demais quedaron presos. Dos nosos
morreron unhos trecentos, sint' os cinco centos que foron firidos.
A primeira cousa en que pensou o Marqués de
Santa Cruz, despois da batalla, foi viir a Santiago a darlle gracias ao
Apóstolo, por aquela tan grande vitoria ganada no seu día. Deixoulle
comendado o mando da Armada ao seu fillo maor D. Alvaro, mozo de 18
anos, e encargoulle que levase a remolque os barcos anemigos e o
asperase na Cruña. Él veuse dereito a Santiago, onde o esperaba o
Conde de Castro, capitan
[páx. 192]
xeeral e Gobernador de Galicia, cos Oidores da Aodencia. Anque respeuto
do particular non falan nada as mamorias antigas, é de supoñer que
pousase D. Alvaro no paaço do Arcebispo. O cual, pra satisfacer os
deseyos do nobre e valeroso Marqués, dispuxo que logo se cantase na
Catredal un solene Te Deum, en aucion de gracias por tamaña
vitoria. A solenidade foy tan comprida como requiría o caso. Asisteu,
por suposto, o Cabídoo, e a Aodencia en corpo con todol-os seus oficiás.
Cando D. Alvaro puxo o pée na Igresa, encontrouse con un gran fato de
xente de todas crases, que o esperaba cobizosa de ver por seus propios
ollos aquel gran Capitan. Hastra as bóvedas da Catredal parecía que se
mostraban fonchas e ufáas de que lles rindise homenaxe un home d' aquel
peito.
Cantado que foy o Te Deum, recorreu o Marques
todal-as estaciós que soían visitar os piligrís. Detívose, en
particular, diante do altar maor, que estonces tiña unha forma moy difrente
d' agora. Era mais sinxelo e non tiña tanto ringorrango como o que
vemos hoxe. O cal, como foi feito n' unha epoca en que se pensaba qu' a
bonitura consistía en atestar e macizar ben as cousas de fegura,
adornos e re-
[páx. 193]
cubeques, na maneira que se ataca e henche un fardo ou un xergon, así
está cargado de froles, frutas e feixes de cousas. Parecer parece un
almacen de madeira, si se quere, ben traballada, pero nada mais. Solo d'
unha vez, viñeron de Deza, pra a obra da capela maor, 190 carros de
nogal. Nin por un olIo da cara se hacharán alí catro líneas armónicas;
moito de pingantes e colgarexos; moito de puntos salientes e entrantes;
moito de voltas e reviravoltas; moito de rasgos enrevesados e ensarillados,
que parecen garabatos, eso sí; pero líneas puras, que corran lisa e
limpamente, e que estean combinadas, eso alí é contrabando; pois o
gusto da época non consintía outra cousa. Mais volvamos ao altar
antigo. Alguns coengos íbanlle espricando ao General cousa por cousa,
chamándolle a atencion sobre as de mais mérito.
Como queira que se trata d' unha obra que desapareceu
pra non volver, non despracerá aos meus condescendentes leutores o que
nos enxaretemos no grupo que acompañaba a don Alfonso, pra enteirarnos
algo por miúdo de como era o antigo altar. Comezaremos pol-o frontal,
que consistía n' unha gran prancha de prata, composta de varias pezas
artísticamente unidas e combinadas, Estaba dividido ao largo
[páx. 194]
en duas faixas, cada unha das cuales tiña seis capelas ou camarís,
arqueados e separados por colunas, con outros tantos apóstolos de
bulto. No medio do frontal, e abranxendo as duas faixas, destacábase a
fegura do Salvador, con unha croa aflordelisada e adornada de chatons,
entre os símbolos dos catro Avanxelistas, e como facéndolle corro,
imaxes dos vintecatro Ancianos do Apocalisis; todo de ben alto relieve.
Fora labrado o frontal a prencipios do sigro XII, é dicir, naquel sigro
en que a tanta altura chegou o esprito e gusto artístico en Santiago.
As colunas, os arcos, as feguras, e todal-as demais pezas, estaban
aplacadas sobre madeira, para lle dar firmeza e consistencia.
Sobre a mesa do altar estaba xa a costodia, que por fin
dera acabada Anton d' Arfe, e da cual xa falamos noutra parte.
Detrás da costodia había un retablo de prata pol-o estilo
do frontal, feito tamen como éste, no tempo do mismo Arcebispo D. Diego
Gelmirez. Era tan largo como a mesa do altar; pero de alto soilo tendría
unhas tres cuartas, menos no medio, que chegaría a cinco, porque se iba
levantando como o penal d' unha casa. No centro aparecía a imaxe do
Salvador, de tamaño maor qu' as demais figuras; tanto, que mentras
[páx. 195]
estas quedaban abaixo da cornisa que separaba o penal, a imaxe do
Salvador subía hasta tocar cerca do pinche. Aos lados tamén había
camarís cas feguras de bulto dos apóstolos.
Arriba deste retablo, e un pouco retirada pra atrás,
estaba a imaxe do Apóstolo, que era a mesma que hay hoxe, fora d'
algunhas cousas que se lle foran engadendo despois. En primeiro lugar, o
Apóstolo estaba en cabelo; non tiña o resplandor ou aureola que ten
hoxe; pero, no seu sitio, estaba colgada una croa de prata, á altura
acomodada pra que os piligrinos que iban a bicar e abrazar o Apóstolo,
poidesen poñel-a sobre a cabeza. En segundo lugar, tampouco tiña silla
de respaldo; pero, por detrás da imaxe, corría unha barandilla, que ao
mesmo tempo que permitía aos piligrinos de abrazar ao Apóstolo,
tornábaos de caeren pra diante. En terceir lugar, en vez do bordón,
que ten agora, estaba botando a bendicion, e na man esquerda tiña un
libro; e, por último, estaba sin escravina e non tiña mais que un
collar estreito.
O Marqués de Santa Cruz quixo facer en todo como os demais
piligrinos: subeu pol-a escaleira do lado da Epístola, que iba a dar a
detrás do Santo, bicouno e abrazouno, e puxo sobre a sua cabeza a croa
de prata. Posto así,
[páx. 196]
non se contuvo de manifestar, como xa fixeran outros grans Capitás e
señaladamente o gran Capitan por ecelencia, que moitos favores recibira
do Santo Apóstolo, e ainda recordou que xustamente facía nove anos que
se hachaba él por aqueles días en Africa, e que celebrara a festa de
Santiago, en Tunez, co señor Emperador, despois da toma desta cidá,
tobo do formidable pirata Barbaroxa, e da fortaleza da Goleta, en donde
fora él o primeiro que entrara poI-o seu lado.
Tamen aquí se cantou un Te Deum saleu un coengo
cando se recibiron as cartas da Emperatriz, cas novas de Tunez.
O Marqués baixou os ollos, como si quixera falar co
corazon co Santo Apóstolo, e como si prisintira cánto Ile había de
comprir a sua axuda en ocasiós tan solenes como a do socorro de Malta
en 1565, e en Lepanto, en 1371.
Baixou D. Alvaro pol-a escaleira do lado do Avanxelio, e,
ao pasar pol-o costado do altar, mostráronlle o bufarriño por donde se
vía o hueco de debaixo da mesa, e o burato que iba a dar ao sitio onde
estaba o sepulcro do Apóstolo.
Cubría e resguardaba o altar maor, un baldiquí de forma
piramidal, sostido por arcos apuntados que descansaban en catro colunas. Desde
[páx. 197]
os capiteles de estas, arrancaban dous arcos diagonales rebaixados, e no
punto en que se cruzaban, levantábase unha imaxe do Salvador. Tantol-os
arcos, como a imaxe, eran labrados de prata ao embutido, e ainda
conservaban a alma de madeira dentro. A pirámide levantábase sobre
un cubo ou paralepípedo, o cual, na cara de diante, entre unhas
pilastras de prata, presentaba as imaxes de Nosa Señora e Santiago,
no medio, e as de San Pedro e San Juan Evanxelista, aos lados. Aos
estremos había dous anxes tocando a trompeta. Todas as imaxes, e o mismo
as pilastras, eran de chapra de prata. Entre as imaxes de Nosa Señora
e Santiago, un pouco mais arriba, había un escudo de prata dourada,
que non contiñaa mais que o sacrosanto nome de Xesús, e, aos lados, e a
altura das imaxes, outros dous escudos, tamen de prata; un, o do lado do
Avanxelio, cas armas reaas, e o outro, cas do Sr. Arcebispo Fonseca,
que despois foi patriarca de Alexandría, en cuyo tempo o excelente
ouliver compostelano Xan da Viña, fixera esta obra maravillosa. A
bóveda do baldiquí, que cubría os arcos e o altar, estaba pintada de
zul e esmaltada de estrelas
(1).
(1) |
Casque todos estos pormenores están tomados d' un Inventario de
mediados do sigro XVII. |
[páx. 198]
Despois acompañaron ao Marqués a visitar o
bordon do Apóstolo, que estaba donde hoxe, e logo a capela das
Reliquias, que estonces estaba na capela de San Fernando.
O comprimento destes autos religiosos non impideu a
D. Alvaro que dese a tempo conta a quen correspondía, do obrado frente
a Fiisterra. Nefeuto, logo que chegou a Santiago, despachou pra Frandes
a Diego García de Paredes, con priegos pra o Emperador, e ao Capitan
Navarrete pra Valladolí, con priegos pra o Príncipe e pra os
Gobernadores do Reino, o Arcebispo don Xoan Tabera e D. Francisco dos
Cobos.
Outros asuntos tamén-o detiveron por alguns días en
Santiago. Presentóuselle a Xunta do Reino de Galicia, e ante él e o
Gobernador e os Oidores, respeutuosamente espuxo que, por canto o reino de Galicia
contribuira con 40.000 ducados para o equipo d' armada, e por canto o
botín que se collera nos barcos franceses acababa de ser arrebatado dos
portos gallegos, procedía que se lles restituise. Reunidos en Consexo o
Marqués, co Gobernador e os Oidores, hacharon que a demanda do Reino
era xusta, e resolveron que efeutivamente debian devolverse aos donos as roupas e
demais enseres que levaran os franceses; o cual todo estaba valuado en
[páx. 199]
bastantes miles de ducados. E ainda mais declararon, que así o farían
facer tan pronto estivesen na Cruña, a donde chegaron o decesete de
Agosto, dous dias despois da armada. Non houbo alí miúdo trafego, nin
pequena revolución, nin poucos berros e reclamacios, nin pequena feira
de novelos, porque cada un pedia o seu fato; e o fato parecia, ou non.
Por fin, a forza de remexer, e de sacar, e de estender , e de pousar, e
de volver a coller, foron aparecendo a maor parte das cousas: Moitas
delas, por eso, perdéranse: unhas no fondo do mar, outras non se soupo
onde. En fin, o que ardeu, queimouse; e boo foy que parecese algo.
Os barcos apresados vendéronse; e o importe deles, separada a
racion que lle correspondía ao Apóstolo, reparteuse, como era costume
en taes casos. E despachadas todas estas enredadas, o 20 de Setembre D.
Alvaro púxose en marcha outra vez pra Laredo.
|