Suliñáronse os seguintes termos: tecedeira

A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XVIII (páxinas 221-229)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0019.html

[páx.221]



XVIII


TORMENTAS



N
UNHA d' esas noites tormentosas que soe trajer consigo o que chaman cordoazo de San Francisco, aos principios do mes d' Outubre, ben que todo o mundo dubidase poñel-o lombo aos torrentes d 'auga que a cada paso caían na Rua de San Pedro, e xa despois do toque da Queda, apelumbrábase un bulto, como de home, que a veces parábase no marco d' unha porta, ou arrimado a un taboleiro, e outras veces daba algunhos pasos, ora moy ao xeito, como si quixera enteirarse d' algunha cousa, ora moy apresurados, como si


[páx. 222]



saira ao encontro d' algunha presoa. ¿E quén sería este home? ¿Que pertendería? E era tanto mais pra chamal-a atencion o vel-o así desafiando a antemperie da noite, canto que, poucos días antes, o Asistente do Arcebispado, Dr. Berastegui, vendo que os burgueses compostelanos cada vez se astravian a mayores, e non tiñan traza de cesar nos seus intentos tumultuarios, pubricou un bando renovando as antigas ordenanzas, e, antr' elas, a de que naide poidese sair aa calle, despois do toque da Queda, sin levar un farol aceso.
     Non podía menos de ser asunto de moito intrés o que así o obrigaba a expoñerse aos rigores do ceo, e ainda aos da xusticia. Mais, como a noite e as tebras sempre soeron ser cómprices de moitas maldás, é de supoñer que non era causa muy boa a que traxia por aqueles camiños. E, nafeuto, asi era; no peito d' aquel home fervía aos cachons outra tempestá mais furiosa e desfeita, si se quere, que a do ceo. Aquel home era Gonçalvo. A empencha que tomou co desaire de Taresa, de tal modo o fixo sair das suas casillas, que o pircipitou nos mais arroutados e desatinados porpósitos. Mais, por eso, unha ideya, un pensamento s' apoderara do seu caletre; e esta ideya e este pensamento, era


[páx. 223]


enterrar ca punta d' unha espada e hastra o puño no fondo do corazon d' aquel a quen él supoñia causa do seu bochorno, as ansias da vinga que o abrasaban. Esta ideya, este pensamento era deixar seco a Rodrigo, do mismo modo que éste lle matara todol-os seus soños e todal-as suas ilusiós. E mentras non combinou o seu pran pra conseguir o seu intento, non acougou, nin hachou sosego. Ao fin, ao cabo de moito discurrir e cavilar, adoutou e concertou un, que se reducía a asperar a Rodrigo aa hora que saise de noite da oficina, e cando pasase por diante do calexon da Cruz do Home Santo, enterrarlle nas entrañas a espada, que pra o tal había de levar ben preparada. A aventura era mais que arriscada, pero Gonçalvo contaba con obrar con tal cautela que deixase bulrada a Xustiza, como quedou nuns casos de fridas mortales, que últimamente houbera na cidá.
     Pois esto era o que andaba buscando Gonçalvo pol-a Rua de San Pedro, naquela noite; esto o que o facía andar rondando d' arriba pr' abaixo, agardando a sua vítima. O seu pran era pispiar o momento en que Rodrigo aparecese co seu farol pol-a porta da cidá e torcese pr' a calle de Bonaval; botarse de carreira pol-o primeir calexon da esquerda, atravesar a calle


[páx. 224]



do Medio, saltar a xunta á Cruz do Home Santo, parapetarse contra a casa da esquina, esperalo alí, e espetarlle a espada hastra o cabo. Despois rispábase pol-a calle do Medio, hastra chegar aa casa d' un caseiro que tiña seu amo no Picho da Cerca.
     Para mais, aquel dia ainda tardou mais Rodrigo en sair da oficina do que acustumaba, e a noite estaba tempestosa de veras. De vez en cando fuxían as teebras, e os rayos da luna rompían por antr' as nubes e derramaban sobre todo o horizonte un craror extraño e xulfurento. A aquela luz movediza e intremitente, víase o espesume das nubes, a furia con que corrían e as montañas que levantaban, para logo desplomarse en torrentes d' auga sobr' a terra. O tropel e confusion que reinaba en aquelas rexiós, outras veces tan ausentes e serenas, mezclado ao longo ruxir e bramar do vento, enfundían no ánimo un non sei qué de pavor e espanto, que farían entrar en sí ao home mais insensibre e duro.
     Algun destes rayos de luz parece que penetrou hastra adentro do peitó de Gonçalvo e lle fixo recapacitar no que iba a facer.
     —Vou a facer unha morte.— Voume a perder
—eran refleuxiós que se lle poñían diante


[páx. 225]



ca misma vivez d' un lóstrego. Pero logo, o pecado víñao ensolitrando e remembrándolle os desaires e os desprecios da moina da Taresa. Abultáballe a gravedá dos moitos agráveos que, ao seu entender, recibira, e sin merecelos, antes, pol-o contrario, merecendo outro porte e correspondencia. Encendíalle e avivávalle os deseyos de vingar e borrar aquela ofensa, aquel aldraxo, que non era pra facer a ningun home, e moito menos a él. Facíalle ver que, si non tomaba unha boa vinga, cal correspondía aa sua inxuria, os que soupesen o que pasara, correrían-o e farían bulra e apopearían-o por todol-os sitios que o visen. ¡Consentir e aguantar esto Gonçalvo!
     —Eu lle direi a esa mosca morta —pensaba él nos seus adentros— o caro que lle pode custar o xogar así cun home! Ou fegurábase ela ¡barateira! qu' as bulras e axes que me ten dado, habíanlle de quedar como si bateran en estopa, e que eu non lle había de volver as tornas! —E  no fervemento da pasion, que lle iba ateando dentro como a esca, xa degaxaba por ter diante a Rodrigo e arrincarlle as alegrías, e xa que non pudese darIle con elas na cara a Taresa, maxinaba na pena e sentimento que ela iba a pasar así que soupese a morte do páparo do escriben-


[páx. 226]



te. E todos estos maxinamentos e cavilacions acababan por dibuxar nos seus labios unha infernal e fera sonrisa.
      Nestes vaivés e alternativas, ao chegar d' unha vez casi a esquina da Rua de San Pedro, tropezou de maas a boca ca ronda, que viña do Picho da Cerca.
      —Alto! ¿Quén é? —berrou o alguacil Mercado; e vendo que Gonçalvo non toaba, e sacando a linterna que trajía escondida debaixo da capa— Desembózate, mozo, prosigueu, adiantando a linterna e enfiándolle a luz par' a cara.
     Gonçalvo permaneceu teso como un virote e calado; mais, o alguacil maor, que non estaba par' asar castañas —Desembózate —repiteu, botándolle ao mismo tempo a man ao embozo da capa e arredándollo de diante. Mais en esto dexergoulle a espada, que o outro tiña medio escondida, e verlla é gritar— Ei! veña aquí es' arma —foy todo un. Ao paso fixo o ademán de querer collerlla. Gonçalvo, nin por esas se dou por entendido; pero así que a man do alguacil tocou ca sua, dou un salto atrás, desenvainou a espada e púxoxe como esperando a que lla viñesen a sacar da man. En esto acudiron os satélites do alguacil maor, cas espadas levantadas e berrando —Date! date!; e sin mais, armouse unha


[páx. 227]


zarracina en que chovían os espadazos e chocaban as armas, como cando cai unha nube de pedrazo. Gonçalvo batiase como un arrabiado con dous criados do alguacil maor, pero éste tiroulle unha estocada tan ben afitada, que lle atravesou o peito.
     —Xesús me valla! que me mataron? —escramou o infeliz, e layándose ca voz esmorecida, e avalando un pouco, cayeu como si o zapatearan contra o chao. Non quero dicir como quedou o boo do Alguacil maor asi que veu ao outro esbroado contra o suelo, sin dar apee, nin a perna, e, o que mais, sin folgo. Como si lle tocaran a un resorte, foise esbarrendo e fuxindo pee ante pee, sin chiar nin dicir nada, como o que quer que naide o sinta, e apurando o paso a medida que d' alí se iba alonxando. Unicamente ao entrar pol-a porta do Camiño, cenoulle a un dos seus esbirros, que, como si foran movidos poI-o mismo impulso, fuxeran o mismo quel, pra que fose a avisar ao capellán de Santa María, que na Rua de San Pedro, diante das primeiras casas, quedaba un home morrendo, e que eles iban tras dos asesinos.
     Despois da refrega, volveu a Rua de San Pedro a quedar no mismo silencio e soledá denantes. Solo o que tivese a virtú de ver de noite


[páx. 228]


como os gatos, podría pispiar detrás das fiestras, alguns bultos de personas, e ainda ouservar cómo algunhas mais ousadas, iban abrindo moy ao xeitiño as vidreiras, pra enteirarse do que pasara, e asperar en que remataría aquelo. Ao principio, comenzou a sintirse un pequeno cuchicheo, como o de unha persona que fala ao oído con outra. Despois, o cuchicheo foise convirtindo en un balbordo, como o dos abellons ou o dos relós. Logo, xa se percibía distintamente algunha voz, e en tendiase o que dician. En fin, chegaron a abrirse de par en par as fiestras, alguns a botar a cabeza fora para rexistrar d' arriba a abaixo a rua, e a falar cada un co seu viciño, inquirindo e discurrindo sobre o conto, e comentándoo e espricándoo aa sua maneira.
     Mais, por eso, ninguen se astreveu a sair e chegarse ao que estaba espernancado na rua, e ao cal, de cando en cando, alomeaba a lua cos seus abrancazados refrexos. Ainda agora, en taes casos, ca xusticia naide quer bromas, e moito menos naqueles tempos en que se fiaba mais delgado, e en que a palabra xusticia bastaba pra deixar a calquera barado e temblando.
     Soilo cinco minutos pasarían despois de aquel zafarrancho, cando Rodrigo asomou co


[páx. 229]


seu farol pol-a porta do Camiño. Ao pasar por diante da Cruz do Home Santo, sacou, como acustumaba, a sua gorra. ¡Cán lonxe estaba él de pensar no que lle estivera pra suceder poucos momentos antes n-aquel mesmo sitio!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega