Suliñáronse os seguintes termos: tecedeira

A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XIX (páxinas 231-259)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0020.html

[páx. 231]



XIX


O ÚLTIMO GOLPE



Q
UEN che vía aos burgueses de Santiago cando ao outro día que se soupo a morte qu' houbera na Rua de San Pedro! Qué de contos! qué de ditos! qué de pernósticos! qué de sentenzas! Nas tendas, nas portas das casas, nas prazas, nos curros, non se falaba d' outra cousa. O raro do caso era que,  todos a unha voz, sin saber por que nin porque non, puñían a boca no alguacil Mercado. Ao primeiro, soilo alguns, arrimando o bico ao oido, se astrevían a espallar a tremenda nova; pero ao pouco, aquel rum-rum, aquela loya, foi crecendo é subindo, subindo, hastra convertirse


[páx. 232]


en xeeral clámoreo, que bordou por todol-os curros e cantons da cidá. Si fóramos a apuntar soilo as pragas e as maldicions, e as resmas que lle botaron encima ao pobre alguacil, tíñamos pano pra mangas; pero mais vale deixar no tinteiro aqueles xuramentos e malos vocables, e siguir o fío do noso conto.
     Fose qu' a voz do público e aquela loya fixese mella no ánimo dos Alcaldes maores da Aodencia de Galicia, ou que eles tivesen outros endicios, o certo é que Mercado foy citado pra comparecer o mesmo día diante do Tribunal. Respondeu qu' él estaba ordenado de Menores, e poI-o mismo, soilo suxeto ao fuero ecresiástico,e que por eso non podía comparecer diante do Tribunal da Aodencia Mais, despois, receando que ditasen contra él auto d' arresto, pensou que o mellor que podía facer, era poñer terra por medio, e dar sebo aos pés. E así o fixo.
     Mais,  o peor mal non estaba aquí: estaba en que os truchumans que manexaban o cotarro, viran o ceo aberto con aquela desgracia, e precuraron sacar dela todal-a mais racha que poideron. Por diante de Notarios fixeron sacar unha auta do que pasara, e de que todos estaban acordes en acriminar ao Alguacil, e sin perder


[páx. 233]


tempo, despacharon un propio a Valladolí con todo o obrado, con sobre pra Xau do Casal.
     Non era necesario que se tomasen esta molestia; porque tan ben tiñan traballado o asunto, que xa antes que chegase o propio a Valladolí, o Príncipe D. Felipe, Gobernador do reino, a peticion de Francisco de Gamarra, Procurador  na Real Chancillería, con fecha de 10 de Octubre de 1544, tiña espedida unha cédula, en que se facía relacion de que os viciños de Santiago recibían moy malos tratos e amenazas do Arcebispo e do seu cuñado Fernán Bravo, e do seu Provisor e dos seus alguaciles e outros oficiaes, e acababa intimando secamente ao Arcebispo, que pra o de adiante, obrase de modo que  nin os Alcaldes, nin os Rexidores, nin os viciños de Santiago, non tivesen razón nin motivo pra queixarse de novo.
     A auta que remitiron os do Concello a Valladolí, non sería necesaria pra ganar esta cédula do Principe D. Felipe, pero foy moy conducente pra que primeiro viñese a Santiago o Recetor de Valladolí, Francisco de Montealegre, pra facer a probanza dos feitos que se alegaban, e despois os señores do moy Alto Consexo de S. M. espedisen en Valladolí, e a dezaseis de Diciembre do mismo ano, unha carta de Se-


[páx. 234]



guro que solicitara o boo do escribano Xan do Casal. O Seguro viña dado a favor dos Alcaldes ordinarios, do Procurador xeeral, dos rexidores e viciños Froitoso de Ulloa, Xan d' Outeiro, Alonso Perez, Vasco de Viveiro, Xacome Yañez, Xan Rodeiro, Macias Vazquez, Lope de Losada, Gonçalvo de Puñol, Gonçalvo Perez e mais consortes, e rezaba que os ditos nél contidos non recibisen ningún daño, nin nas suas personas, nin-as de seus parentes, nin-dos seus bees, por parte do Arcebispo, nin dos seus oficiaes e familiares co pretesto dos preitos que con él trataban.
     Nosos leutores xa estarán feitos de cargo de que os santiagueses habían de teer noticia da Cédula do Príncipe Regente. Non soilo esto; uliron o seu contenido, e o tole tole e a polvareda que con tal ulemento se levantou, foi mais que regular. Adiviñe o leutor agora o que pasaría, cando a fin de Decembre se leyeu e pubricou na Cruña a Carta de Seguro de que falamos. Aos rebertes dos compostelanos xa lles parecía que toda a terra era pouca par' eles, e que xa tiñan ao Rey poI-as pernas. ¿Quén iba a arrecadar aquela xente aloucada cas suas pretensiós e cas alas que lle deran? ¿Quén iba a domear os ímpitus d' aquela tropa insolitrada


[páx. 235]



pol-a sua ambicion e pol-os manexos de certos galafates e camaleons? Por fallo de Xudas, as novedades estas viñeron cando o poboo andaba xa medio revolto cos traballos para a formación dos cobrados das xusticias e pr' a eleución do Procurador Sindico; así é que, escaramonados como estaban os ánimos, con esto, cada vez puxeron mais enteiros e afoutos.
     Non lle pasaba así ao Arcebispo, o cal, tan a peito tomou o continido da Cédula do Príncipe, que, desde aquela, nunca mais lle ben foy; así é que cando, pouco tempo despois, o Papa Paulo III lle mandou o capelo de Cardeal de Roma, non pensando mais que na morte, anunciouno ao pueblo desde o púlpito da Catredal, dicindo que o Papa tivera a ben mandarlle a él aquela tan señalada distincion, pra que o enterrasen con honor. O que mais dentro o roía e minaba era o non encontrar por donde él poidese haber dado motivo a aquela reprimenda. Non-o remordía a concencia dos feitos que se lle achacaban na relacion continida na Cédula do Principe; non vía por donde pudo levantarse aquela tramoyada armada contra él.
     Os seus familiares, véndoo tan abatido e acongoxado, propuxéronlle que se fixese unha informacion acerca dos feitos que se relataban


[páx. 236]



na Cédula do Príncipe, pra facer ver que eran falsos e sin fundamento. Fíxose así, e foron citados pra declarar, Rodrigo de Bendaña, Martín Galos, Xoan Lopez de Cangas, Rodrigo Fernandez de Valiña, Froitoso d' Ulloa, Vasco de Vibeiro, Lope de Losada, Macías Vazquez, Pedro d' Arouça, Froitoso Galos, Alonso Perez e Xoan do Casal. 
     Casi todas estas declaraciós foron prestadas en diferentes días do mes de Xaneiro do ano siguente de 1545; e como se trata d' unha cousa tan seria; d' unha cousa que envolve unha gravísima acusación contra un Arcebispo de tan boa memoria como é D. Gaspar d' Abalos, permitiranos o leutor que lle endilguemos, traducidas en gallego, esmoçando por eso algunhas das machacaduras curialescas, as declaraciós d' alguns dos que citamos arriba, e, entre telas, as de Vasco de Vibeiro e de Xoan do Casal, que eran os máis arrabiados e decrarados contra o Arcebispo. É o mellor modo de enteirarse e formar cabal xuicio do asunto.
     O día 5 de Xaneiro compareceu, pois, Rodrigo de Bendaña, ante o Provisor Dr. Plasencia, e despois do xuramento de costume, prestou a declaración que sigue, tal cal se hacha no proceso da Informacion: 


[páx. 237]



     «O dito Rodrigo de Bendaña, viciño e Rexidor de dita ciudá, testigo susodito, despois de xurar en forma debida e de dereito, sendo perguntado poI-o dito señor Provisor pol-o contenido, e ao tenor e forma do dito pedimento, dixo: que xa él tiña noticia dos preitos que o reverendísimo señor D. Gaspar d' Abalos, Arcebispo de Santiago; trajía ca dita ciuda, e en especial d' un dos ditos preitos sobre a xurdicion de dita ciudá e d 'outro sobre cincuenta e tantos mil mrs. que se lle pagan de servicio en cada ano, pois é un dos rexidores da dita ciudá. Os cuales preitos, dice o testigo, que están pendentes na Chancillería de Valladolí, e xa o estaban no tempo dos outros Prelados pasados, de moito tempo e anos a esta parte. E dice o testigo, que estando así pendentes e começados os ditos preitos, chegado que foy sua Señoría Revma. a esta ciudá, xuntaronse Xusticia e Rexidores a praticar no seu consistorio sobre os ditos preitos, pra efecto de que se siguisen; pois que xa tanto tempo había que estaban pendentes; e que alí se acordou, pra efeuto de os siguir, de pedir licencia a sua Señoría pra poder siguil-os, parecéndolles que se debía somellante comedemento e boa crianza. E cometeuse a personas do Rexemento que sobr' elo falasen a sua Se-


[páx. 238]



ñoría. E ansimesmo este testigo hachouse presente no tempo que algus dos Rexidores lle pidiron a sua Señoría a tal licencia, e veu que sua Señoría respondeu: que acababa de vir a este arcebispado, e que non estaba tan enteirado como quixera das cousas d' el; pero xa que eran preitos que estaban pendentes, que os siguisen ca mais diligencia que lles conviñese, que él, pol-a sua parte, que se folgaba delo, e que os siguisen ca bendición de Dios noso Señor e ca sua. E ainda añade, que falando este testigo con sua Señoría algunhas veces, díxolle que se folgaba de que se siguisen os ditos preitos, e de que se acabasen no seu tempo.»
     «E dice mais o testigo, que nin veu, nin oyeu dicir que a S. S. Rma., despois que dou a dita licencia, como queda dito, nin o seu Provisor, nin o Asistente, nin os outros seus oficiales, nin ningunha outra persona por él, nin no seu nome, houbesen impedido, nin impidisen, nin estorbasen aos ditos Xusticia e Rexidores e Procurador xeeral, nin aos seus sustitutos (1) de siguir os ditos preitos, nin que sobr' elo lles fixesen ninguns estorbos, nin ameazas, nin malos tratamentos; nin ferido, nin feito nin dito cousa

————
(1) No original: sustetantos.



[páx. 239]



ningunha, nin inxuriado de feito nin de palabra a ningun dos ditos Rexidores, nin Alcaldes, nin Procurador xeeral da dita ciudá, nin aos viciños en xeeral, nin en particular; e que si o houberan feito ou dito, o decrarante vírao e soupérao ou a lo menos oírao dicir, sendo como é viciño e un dos Rexidores da dita ciudá, que dou voto pra que se siguisen os ditos preitos. E dice que nunca delo lle falou S. S. Rma. nin os seus oficiales para repocharllo ou impidirllo  por ningún estilo; e que ten por certo que tampouco o fixo a ningún dos outros Rexidores,  Alcaldes e Procurador xeeral; porque si o houbera feito, non poderia ser nin pasar sin velo ou sabel-o él, ou oil-o dicir, antes poI-o contrario, dice o testigo, que veu e vee que S. S. Reverendísima é un dos bóos Perlados do mundo, e de boa e saa intención e gran enxempro, e que así traxe á sua xente e casa tan recollida, que non hay nela persona que faga e diga a ningunha persona nin viciño da dita ciudá ningunha enxuria, nin palabra descortés, nin maltratamento, nin cousa de que ningún veciño teña raçon pra queixarse; e que lle parece e ten por certo, que S. S. Rma. así o ten proveido e mandado, aos seus criados e oficiales; e que ve a todos trata e honra moy cortesmente e con tanto amor


[páx. 240]


ou mais que en tempo de ningun outro Perlado dos que o testigo veu e acorda no seu tempo.»
     «E dice tamen o testigo: que sabe e que é verdá, que despois que o Rmo. Sr. Arcebispo foy proveido e veu a ser Perlado a este dito arcebispado de Santiago, nin él, nin os seus oficiales, botaron ningunha imposicion, nin derrama, nin pecho, nin trabuco na dita ciudá de Santiago, nin en todo o arcebispado; pois que si o houberan feito, o testigo soupérao, e non podería menos de vel-o e sabel-o, por ser como é viciño e rexidor da dita cidá, e teer moita noticia das vilas e lugares do dito arcebispado. Pol-o contrario, dice o decrarante: que veu e vee que o dito Rmo. Sr. Arcebispo quitou certa imposicion, que había na vila de Noya, que chamaban o estanco do viño; porque ningunha presona o podía vender en certos meses do ano, sin pagar cincuenta ou sasenta mil mrs. A cal imposicion pareceulle a sua Señoría que non era xusta. E o decrarante veu que se pagaba e pagou e usou en tempo dos Perlados pasados; pero, chegado S. S. a estas terras, quitouna, porque lIe pareceu imposicion e cousa mal levada.»
     «E dice mais o testigo: que sabe e é verdá que desde mais de trinta anos a esta parte, de


[páx. 241]



que él ten acordanza, os Perlados que foron desta Santa Iglesia de Santiago sempre levaron e se lles pagou en cada ano, cincuenta e tantos miles mrs, que lles eran debidos de servicio na dita cidá, pol-os viciños dela; e que os veu cobrar aos tesoureiros e persoas que tiñan este cargo de cobrar as rentas dos ditos Perlados e ainda aos tesoureiros de S.S. Rma., e que veu librar e dar libranzas pra elo no Consistorio da dita cidá; e que en tal posesión de os levar e cobrar están os Prelados, incruso S.S.Rma.; por mais que sobre o dito servicio xa hay moito tempo pende preito na Chancillería de Valladolí, e que cando o Procurador da dita cidá os vay a pagar faga a correspondente protesta, pra que non pare perxuicio á cidá. E dice que él acórdase de que os cobraron os Prelados pasados D Alonso de Fonseca e D. Pedro Sarmiento, que de Dios gocen, e D Xoan Tabera, e S.S. Rma. da misma maneira hastra aquí. E dice mais; que non veu que sua Señoría, nin os seus oficiales acrecentasen o dito servicio nin puxesen outra nova carga, como ten dito; antes pol-o contrario, o dito Rmo. Sr. Arcebispo, como é de tan boa e santa intención e grande enxempro, nin pideu, nin levou outros servicios e cousas que levaron


[páx. 242]


os outros PerIados pasados. E repite o testigo que nunca veu que o dito Rmo. Sr. Arcebispo fixese ningun maltratamento aa dita Xusticia e Rexidores da dita cidá, nin ao Procurador xeeral, nin aos viciños. Pol-o contrario, algunhas veces ten visto na casa de S. S., e no seu propio apousento, aa Xusticia e Rexidores e Procurador xeeral e alguns viciños, e veu que sua Señoría honrábaos e tratábaos ben e mostráballes todo amor e boa voontá; pero non veu que alí, nin noutro sitio, lles fixese nin dixese mal tratamento, nin mala palabra, nin tampouco oyeu dicir que o houbesen feito o Provisor, ou Asistente, nin os seus oficiaes.»
     «E asimesmo dice o testigo, que veu en tempo do Arcebispo D. Alonso de Fonseca, que cando viña aa dita cidá, dábanlle pousadas pra seus criados e achegados que con él viñan e paraban, e ainda pr' as personas que viñan despois a velo. O cal apousento veu que o daban nesta dita cidá os viciños, tanto cregos, como legos, nesta forma: que a Xusticia e Rexidores repartían tantas pousadas cantas se lle pidian pra os legos e familiares do dito Arcebispo antr' os viciños, eceuto os que estaban ensentos poI-os oficios de Iglesia, ou por seren fidalgos, anque, a veces, ainda entre estes mismos se re-


[páx. 243]



partiron pousadas; e o Provisor repartía nas casas dos cregos as pousadas que lle pedían: E así veu que se dou o dito apousento sin dificultá e sin andar co que agora andan con S. S, Rma., sendo o Perlado que menos apousentos pideu; porque a casi toda a sua xente que pode, tena recoIlida na casa; e, si algun apousento pide, é ben contado. E dice mais o, testigo que o mismo apousento que se dou en tempo do dito Arcebispo D. Alonso de Fonseca, o mismo se dou aos criados e achegados que viñeron co Arcebispo D. Pedro Sarmiento; pois o mismo testigo, como Rexidor que é da ciudá, con un dos alcaldes dou o aposento aos criados e achegados do dito D. Pedro Sarmiento. E non veu que ningun puxese oustáculos, nin contradicioos.»
     «E dice mais o decrarante,  que oyeu dicir que Xan do Casal e Sebastian Fresco, viciños da dita cidá, e Francisco de Gamarra procurador na chancillería de Valladolí e outras presonas ganaran duas Cédulas, unha do Príncipe noso Señor, e outra dos do muy Alto Consexo: e que na do Principe noso Señor facían relacion de como S. S. Rma. e seu Provisor e Asistente e seu cuñado Fernan Bravo e os outros oficiales fixeran moitos agravios e malos


[páx. 244]



tratamentos aa Xusticia e Rexidores e Procurador e viciños da dita cidá e d' outras cousas, e que na outra Cédula se daba Real seguro pra alguns dos Rexidores e viciños da dita cidá. E dice o testigo, que, cando soupo que se ganaran as ditas Provisions, quedara ademirado, porque, como leva dito, non veu facer ningun maltratamento, nin ameazas aa dita Xusticia e Rexidores, nin ao Procurador xeeral, nin aos viciños, e soilo sí tratal-os e honral-os ben e tanto, sinon mais, que en tempo dos outros Perlados pasados. E dice, que as tales Provisions non se consultaron con él, nin delas nada soupo; que, si con él se consultaran como se debía facer, xa que se pidían en nome da cidá, non daría nin podería dar tal voto; pois a relacion que os sobreditos fixeron a S. M. e aos do seu moy Alto Consexo, nin era verdadeira, nin poñía as cousas como pasaran; antes ao contrario; e que, poI-o mesmo, non había pra que pidir semexantes Provisions, impoñendo tan dañada relación, feita mais pra meter a cisma e decir o que non pasara, que par' outra cousa; e que se pasma de que o dito Francisco de Gamarra, sendo procurador da dita cidá, se houbera estravido a facer semellante relación, e con tan mala criança pedir semellantes Provisiós, nin que a


[páx. 245]



Xusticia e Rexidores llo pidisen e mandasen; pois como leva dito nunca veu que os oficiales de S. S. fixesen maltratamento, nin enxuria a ningun viciño da dita cidá; nin a outra presona; a non ser que queiran dicir que Gregorio de Mercado, tenente de Alguacil que foy de S. S., tuvo parte na morte d' un home. O que o testigo sabe sobre o particular, por haberllo oido ao mismo Mercado, é esto: que sendo tenente de Alguacil o dito Mercado e indo unha noite a rondar pol-o barrio de S. Pedro, arrabalde da dita vila, topou con un mancebo, a quen seus criados querían desarmar. Como o mancebo se resistía, déronlle unha ferida, e en esto chegou Mercado pra tomarlle as armas; pero ao mesmo punto cayeu morto no chao. Os criados, que foron os verdadeiros autores da morte, escaparon logo de Santiago, é decir que se meteron en Portugal. Tamen oyeu dicir que, levando Mercado unha vez presa a unha muller, viciña desta cidá, que ainda que non-a levaba collida nin agarrada, a muller caera morta ca rabia e ca coraxe que tomou. Anque destas desgracias non lle volvían a Mercado moita culpa, S. S. recibeu delo moita pena, e non lle volveu a dar mais o oficio de Alguacil; e o Mercado foyse deste Reino.»


[páx. 246]



«E pol-o que toca ao dito Fernan Bravo, dice o testigo, que é un dos Rexidores da dita cidá e que é moy boo cabaleiro, e que o ten visto falar tanto no Reximento como fora del, noy ben e sabiamente nas cousas do Reximento, e nunca veu que dixese ningunha descortesía, nin enxuria aos outros Rexidores e Xusticias, nin aos viciños da dita cidá. E esto é a verdá e o que sabe do susodito, so cargo do seu xuramento. E firmouno do seu nome.»
     Si algun dos meus leutores quere ver en esta decraracion algo de combinado e estudiado, eu non llo impugnaría; pero aquí temos a decraracion de Xan Lopez de Cangas, que era home de enteira confianza do Concello. É bastante mais corta; foy prestada o 13 de Xaneiro, e dice así:
    «O dito Xan Lopez de Cangas, viciño da dita ciudá, alcalde ordinario que foy este ano pasado, habendo xurado en forma, perguntado poI-o dito Sr. Provisor sobr' o contenido no pedimento e relacion inxirida na Cédula do Príncipe noso Señor, cuyo treslado vay por cabeza desta informacion, dixo que non se acorda que no Consistorio, nin en outra parte, se houbese proposto ou falado de ganar a dita Cédula do Príncipe noso Señor, nin a Carta de Seguro 


[páx. 247]


dos Señores do seu moy alto Consexo, e que si se mandaran pidir no Consistorio, hacharíase o auto no libro de Consistorios; e que él non veu as ditas Cédulas e Provision de Seguro, hastra agora que lle mostraron o treslado. O que sí sabe é, que habrá como catro ou cinco meses, que él e Pedro de Arouça, alcaldes ordinarios que eran da cidá, co Procurador xeeral e certos Rexidores, acordaron no Consistorio que Vasco de Vibeiro, rexidor, fose a Valladolí pra siguir os preitos qu' a ciudá trataba con sua Señoría Rma., sobre a xurdición da dita ciudá e o servicio que chaman da mula, que se lle paga. E porque despois a outros rexidores lles pareceu que Vasco de Vibeiro faría no viaxe moita custa, tanto mais que ao presente a ciudá estaba ben  escasa de caudales, e ao mesmo tempo Xan  do Casal e Bastian Fresco, escribanos, escribiron ao Reximento ofrecéndose eles a entender nos ditos preitos e a facer as dilixencias convenientes, parécelle ao testigo que entonces o Reximento pasou unha carta a Vasco de Vibeiro, que estaba na vila de Noya, que sustituise nos ditos Xan do Casal e Bastián Fresco o poder siguir os ditos preitos. Mais de que se tratase pra ganar a dita Cédula e Seguro, non se acorda,  nin o veu.


[páx. 248]



     «E dí o testigo, como a pouco tempo de viir a S. S. Rma. de Alemania, acordouse no Reximento de irlle a pidir licencia pra siguir os preitos que con él trataba a ciudá na Chancillería de Valladolí, sobre a dita xurdicion e servicio; e que él e outro alcalde Pedro de Arouça e
os outros Rexidores que se hacharon presentes no Consistorio, foron todos ao Palacio de sua Señoría e ao seu aposento, pra vel-o e falal-o e pedirlle a dita licencia. Que él respondeu que lle prouguía moito e que estaba contento con que se siguisen os ditos preitos: mais, como acababa de chegar de Frandes, non estaba no tanto d' eses negocios, e que así que se folgaría con que se suspenderan hastra despois da Páscoa, que todo podría ser mes e medio, e que entramentres escribiría él aos seus letrados e a outros dous leirados do Consexo das Ordes, pra enteirarse da xusticia que asistía a sua Santa Iglesia nos ditos negocios, pois si lle dicían que non tiña direito, que tindría moito pracer en concordarse ca ciudá e facer un arreglo que fose porveitoso pra todos.»
     «E dice mais o testigo, que quince días despois que pasou a  Páscoa, volveu él con Pedro de Arouça e alguns dos ditos Rexidores e o Procurador xeeral, a supricar a S. S. fose servi-


[páx. 249]



do que se siguisen os ditos negocios, ou que se fixese algun arreglo; e que S. S lles respondera que lle escribiran os seus Letrados, dicindo que tiña razon; mais por eso que non levaba a mal que se siguisen os ditos preitos, e que, si preciso era, que pol-a sua parte lles daba licencia; que o que sí deseaba era que se autivasen canto mais se podese, pra que se acabasen pronto, que él de seu lado mandaría aos seus oficiales, que fixesen o mismo. E añade que, despois acá, nin antes, nin sua Señoría Reverendísima, nin os seus oficiales, nunca lles fixeron, nin dixeron descortesía, nin mala palabra, nin ameazas, nin outra cousa, nin por razon dos ditos preitos, nin por outra cousa ningunha; antes, pol-o contrario, sempre os tratou moy ben e con moito amor, como bon Perlado e Señor que é; e que o mesmo dice do seu cuñado Fernan Bravo.»
     «E dice o testigo que desque S. S. Rma. é Perlado desta Sta. Iglesia, non puxo ningunha emposicion, nin trabuco aa dita ciudá, nin aos viciños dela; pois que os preitos que con ela ten, xa estaban comezados de moito tempo acá, en tempo dos outros Perlados pasados; e que ainda sacou o estanque do viño na sua vila de Noya, que podría valer de 60 a 70.000 ma-


[páx. 250]



ravedíses, que lle pagaban cada ano, e así os pagaron aos outros Perlados, por parecerlle qu' era emposicion e cousa mal levada. Que respeuto dos apousentos que se deron a alguns dos criados de S. S., veu que tamen llos deron aos outros Perlados que foron desta santa Iglesia, e que ainda lles deron mais dos que agora dan a S. S.; e que os deron os Alcaldes e Rexidores da ciudá, nas casas dos viciños. E que esta é así a verda; e firmouno do seu nome—Cangas
     Vexamos agora o que dixo Vasco de Vibeiro: «O dito Vasco de Vibeiro, viciño e Rexidor da dita ciudá, habendo xurado en forma e  perguntado pol-o contenido no pedimento, Cédula e Carta de Seguro, si a mandaran ou non ganar aos ditos Xan do Casal e Francisco de Gamarra, dixo: que él non se acorda que no Consistorio se determinara nin mandara ao dito Francisco de Gamarra que pidise e ganase a dita Cédula do Príncipe noso Señor; pero que a deberan ganar os escribanos Xan do Casal, e Bastián Fresco, como viciños da dita ciudá, pra que fose parte pra poñer remédeo a alguns dos agravios que se facían aos viciños; pero que él nin-o mandou, nin veu que no Consistorio se mandara.»


[páx. 251]


     «Que pol-o que toca aa persona de sua señoría Reverendísima, que nunca veu nin oyeu que dixese malas palabras a ningun Rexidor, nin Alcalde, nin a outra persona da ciudá; porque S. S. é persona retraida e ten pouca conversacion cos viciños, e todal-as cousas de xusticia remíteas aos seus oficiales, pol-o cual cree que o que ganou a dita Cédula, si fixo relacion contra S. Sría., debeu ser por algunhas cousas de que podiría haber queixa de alguns dos seus oficiales, como e púbrico e notorio. Pois estando a ciudá pacífica e sin contenda ningunha, e usando os Alcaldes ordinarios a xurdición dela, según é d' uso e custume, e mentras os preitos que sobr' elo hay non se dicidan, o doutor, Berastegui, Asistente de S. Sría., tomou un preso ao Alcalde ordinario, Xacome Yañez, e avocouno a sí, e non-o quixo restituir hastra que, posto recurso aa Real Aodencia deste Reino, foy condenado. De todo o cual se lle seguiron aa ciudá moitos gastos e disinsiós; pois que vendo como o dito Asistente se entremetía no susodito, habendo preito sobr' elo, tuvo por necesidá que salir ao frente. E asimesmo quixeron botar aloxados a Nicolao Taboada e a Cutrín, viciños da dita ciudá; e porque eles tiñan na-suas casas fillas doncellas,


[páx. 252]


e conforme aos alosados que lles querian botar, que eran mozos d' esporas e outra xente manceba, non lles parecia que conviñese aa honra da-suas fillas, por non adimitilos logo e por asperar a que viñesen os Alcaldes a repartir os aloxamentos, o Alguacil doulles de paus, e rompeulles a cabeza, e levounos arrastro poI-o cabelo hastra a carce. Pasáronse tamen outras cousas que se podirían dicir, si non fora pol-a honestidá deles.»
     «Perguntado si a S. Sria. Rma. dera licencia ao Consistorio pra siguir os preitos que con él se trataban, dixo que era verdá que a Sua Señoría, pedida que lle foy a dita licencia de parte do Reximento douna e manifestou que se folgaba de que se siguisen os ditos preitos.»
     «Perguntado si aos PerIados pasados se lles deran apousentos na dita ciudá pr'os seus criados e oficiales, contestou que nos trece ou catorce anos que levaba de casado nesta ciudá, veu que se deron apousentos ao Arcebispo don Pedro Sarmento, PerIado que foy desta Santa Iglesia, e que tamén se deron aa S. Sría. Reverendísima, desde que foy PerIado, e que nesto naide falaría, sinon fora poI-o que arriba dixo, que é o maltrato que facían aos viciños, por causa e achaque dos ditos apousentos.»


[páx. 253]


     «Perguntado si a S. Sría. puxera algunha nova imposición na dita ciudá, respondeu que non vira imposición nova que puxera Sua Señoría, eceuto que os seus oficiales queren estenderse a mais do que soían facer, nin nunca se fixo; e que da persona da S. Sría. non hay que dicir, nin porque queixarse, antes hay que agradecerlle a boa doutrina, predicacion e enxempro que dá.»
     «Perguntado qu' agravios son os que fixeron, aa dita ciudá os oficiales de Sua Señoría, e cales oficiales, respondeu que do Sr. Provisor non sabe ningun; do Sr. Asistente o que ten dito; de Gregorio Mercado, que sendo Aguacil, rondando unha noite él cos seus criados, mataron a un home, que despois reçumeuse a coroa e, resumida e enhibidos da causa o Sr. Gobernador e oidores; volvéronlle a dar a vara do dito oficio, e desta vez, levando presa ao carce unha muller honrada, viciña desta ciudá, no camiño quedou morta entre él e os criados; no cual o pobo recibeu gran escándalo, por seren así tratados os viciños d' él. E despois de morta a dita muller, como se foron a querellar d' él 'aa Real Aodencia deste Reino; o dito Mercado, Aguacil, foyse libre pr' a sua terra, sin ser castigado; quedando así esta ciudá e os viciños e personas dela sin alcanzar xusticia ningunha.»


[páx. 254]


     «Perguntado si a S. Sría. os chamara aa sua casa e lles dixera as palabras contenidas na dita Cédula, contestou que nunca a S. Sría. les dixera ningunha palabra, antes, poI-o contrario, os tratou e trata moy ben; e que a dita Carta de Seguro que Xan do Casal ganou de S. M., o testigo, como dito ten, non lIa mandou pidir, nin veu que no Consistorio se mandase pidir; pero dice que non a ten por mal ganada, pois, poI-o que parece, alguns dos oficiales de Sua Señoría tíranlle mais a o dito Xan do Casal, a Bastian Fresco e a outros que andan nos negocios da ciudá, que aos demais viciños dela, e búscanlIes achaques e cousas velIas, para proceder contra eles, como o fixeron con Marcos Picado e outros viciños. E esto é así a verdá. E firmouno do seu nome—Vasco de Vibeiro
      Salada é a decraracion de Xan do Casal, e o ver como se foy esbarrendo de contestar ao caso a todal-as perguntas. Douna o 10 de Abril e é como sigue: «O dito Xan do Casal, viciño da dita ciudá, habendo xurado en forma e perguntado poI-o dito Sr. Provisor, contestou o siguente. Perguntado si pol-o mes de Decembre do ano pasado fora á Corte de S. M. e si en nome de Froitoso d' UlIoa, Alonso Perez, Xan d' Outeiro, Xan Rodriguez, Lope de Losada e


[páx. 255]


outros viciños desta ciudá, estuvo no Consexo Real de S. M. e pideu aos señores do seu moy alto Consexo unha carta de Seguro, cuyo traslado está no principio deste proceso, contestou que é verda que foy a levar ao dito Consexo Real unha probanza que, en nome do Fiscal de Sua M., fixera nesta ciudá o recetor de Valladolí, Francisco de Montealegre, e que alí, pra sí e pra outros, ganou unha carta de Seguro que ten presentada na Real Aodencia deste Reino, aa cal se remite. A cal, por mandado dos señores Gobernador e Oidores, foi pergonada na ciudá da Cruña; e despois de pergonada e notificado, puxérono a él preso. O cal Seguro dice que ganou con poder que tivo, ao cal poder se remite.»
     «Foylle perguntado si o dito Seguro, que dice ganou, é do mismo tenor e forma que o treslado que está no proceso e que se lle amostrou. Respondeu que o treslado que se lle amostrou, non-o veu concertar co Seguro orixinal, nin o ve sinado de escribano, e que se remite ao dito orixinal. »
     «Perguntado cales foron as personas que dice que lle deron o poder pra ganar o dito Seguro, contestou que o dito poder pasou por ante Macías Vazquez, notario de numero e do Concello


[páx. 256]


desta ciudá, que o presentou no Consexo Real e que a él se remite.»
     «Perguntado si Froitoso d' Ulloa, Vasco de Vibeiro, Alonso Perez, Xan d' Outeiro, Xan Lopez de Cangas, Xacome Yañez, Lope de Losada, Gonçalvo Perez, Xan Rodriguez, Macías Vazquez, Gonçalvo Puñal e os mais contenidos no Seguro, lle deran poder pra pedil-o  e ganal-o no seu nome, ou si lle mandaran e encargaran que así o pidise, respondeu que o poder que tiña era unha sustitucion que lle fixera Vasco de Vibeiro por virtú do poder que tiña da ciudá, o cal era pra pidir toda cras de Provisions.»
     «Perguntado si, ademais do dito poder, os sobreditos contenidos no Seguro lle deran outro poder pra o ganar, dixo que non llo deran.»
     «Foylle mandado dixese e decrarase si os contenidos no dito Seguro lle mandaran que o ganase e pedise no seu nome. Contestou que os sobreditos non lle mandaran pidir Seguro, sinon que lle dixeron que ganase, procurase e alcanzase todas as Provisions que foren necesarias pra a dita ciudá e veciños dela.»
     «Perguntado qué agravios e malos tratamentos veu facer aa Sua Señoría ou a seus oficiales aas sobreditas presonas contenidas ou a cada


[páx. 257]


unha delas pra que por eles se movese a ganar o dito Seguro; dixo: que se remitia aos procesos, querellas e informacios que acerca delo hay na Aodencia Real e ante as Alcaldes desta ciudá.» 
     «Foy requerido que dixese qué querellas e acusacions hay sobr' elo, e contra qué presonas, e ante qué escribano. Dixo: que non-o sabe e que se remite aos procesos que hay.»
      «Perguntado diga ante que escribano, dixo: que non-o sabe, mais que os escribanos darán razon deles. E, que poI-o que a él tocaba, dixo: que indo un dia pol-a galería da Catredal en busca do cardeal Martín Romero, pasou por xunto del un criado de Sua Señoría, que se chama D. Bernaldino, o cual lle dixo que si o volvía a atopar alí, que o botaría das bóvedas en baixo.»
     «Perguntado quén estuvera a esto presente, respondeu: que con D. Bemaldino viña un capellán que é aposentador de Sua Señoría; que D. Bernaldino adiantouse pra decirlle aquelo, e que así, cando llo dixo, non estaba naide presente..»
     «Perguntado qué presonas lle deran o diñeiro pra ir aa Corte de S. M. e ganar alí o dito Seguro, contestou: que non llo dou naide, que o  


[páx. 258]


puxo él do seu bolsillo, porque iba a siguir un preito que alá tiña e a levar a probanza que dixo.»
     «Perguntado si despois que volveu, lle deran o diñeiro que gastara, respondeu: que non, e que esta é a verdá.»
     «Foille perguntando si él mandara e encargara a Francisco Gamarra que ganase do Príncipe noso Señor a Carta, cuyo treslado está neste proceso, dixo: que non-a ganou; nin supo dela hastra que oyeu dicir que a ganara o dito Francisco Gamarra, que él mismo llo dixera. E asimismo dixo, que apelaba. (Esta última palabra está testada no orixinal.) E logo sigue: dixo que non-o quería firmar.»
     Vese por estas decraracions e poI-as dos demais, que todos conviñan en que, como dicía o mesmo Froitoso d' Ulloa, o Arcebispo «nunca lles dixera nin fixera sinon moita mercé, tratándoos moy ben.» Ao cal pode añadirse o que decrarou Alonso Perez, que ven a ser o mesmo que dixo Rodrigo de Bendaña (e era un dos contenidos no Seguro) a saber: «que neste arcebispado non vira Perlado tan santo e de tan boos consellos e predicacions e quito de pasiós como a S. Sría., que non procura sinon entender nas suas predicaciós e oficios da Santa


[páx. 259]


Madre Iglesia, e que por tal o ten, e conoce é de moy boa santa intencion.»

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega