VOLVENDO
agora ao fío do noso conto, como xa levo dito, a rebodaina que se armou
co conto da Cédula do Príncipe, Gobernador do Reino, coincideu cos
traballos pra a formacion dos cobrados, que eran as propostas de
doce viciños honrados que se presentaban ao Arcebispo, pra que entre
eles escollese os dous que habían de ser alcaldes pra o outro ano. Os
cobrados facíanos os Rexidores, e despois de seren aprobados por unha
comision do pobo, que a tal efeuto se reunía na iglesia de S. Payo,
líanse púbricamente
[páx. 262]
antes de seren presentados ao Sr. Arcebispo, o cual había de ter
lugar o día primeiro do ano antes das doce da noite. Principiaban os
traballos pra a formacion das ditas propostas xa no mes de Novembre, e,
pol-o regular, sempre soía haber, con tal motivo, boas carreiras e
moitos altos e baixos.
Outra das cousas que tamen traía revolta a xente naquela acasion, era o nombramento do Procurador
Síndico, que se facía
direutamente pol-o pobo o mesmo día en que se aprobaban os cobrados:
como calquera pode supoñer, non habían de faltar pretendentes pra esta
praza, nin tampouco quen mostrase intrés porque fose este e non aquel
outro. Desta vez quen pretendía o cargo, era Xan Lopez de Cangas, que
anque non-o podía ser moito, porque non sey que cartos lle debía ao
Reximento, como era o que querían Froitoso d' Ulloa e os seus amigos,
valido desta axuda, non desconfiaba de sair co seu intento. Mais, sobr'
este punto, despois d' acordado o partido que habían de tomar, confabuláronse todól-os do
bando, de gardar sobr' elo moito sacreto.
O peor do lerio estaba na formacion dos cobrados, en como habían
de meter neles soilo presonas que fosen da sua confianza. As pro
[páx. 263]
postas debiánse facer con intervincion de todol-os Rixidores; mais no
Reximento eles non contaban con mayoría ¿cómo iban a facer logo pra
cegar ou engatusar aos outros rexidores e meterlles gato por lebre? D'
aquí as voltas e reviravoltas que lle daban a aquel oso que estaba malo
de roer. Refirir as xuntas, abocamentos, acordos e trasacordos que
tiveron, sería cousa de nunca acabar. Alguns propoñían que non se
fixesen aquel ano propostas, ou que se fosen deixando pra mais adiante;
outros, mais avisados, decían que este non era negocio; porque
espoñíanse a deixar o campo libre aos contrarios, e, viñan a decrararse en aberta
rebeldía; o cal, pr' estonces, de ningunha maneira
conviña.
Pero siquera non-os podemos escusar de asistir a
algunha das moitas xuntas que se facían na casa de Froitoso d' Ulloa. Escolleremos unha das que se celebraron nos antevísporas da eleucion, cando xa a xente andaba
mais alborotada, cando cada un, como a
cousa iba apurando, botaba as mas aas do saco, pra sair ca sua. Porque
estonces non era como agora, os rexidores escusaban de ter medo de que
no mellor do conto os suspendesen. Era de ver os fumes con que o vello
Froitoso, ben que
[páx. 264]
tiña unha asma que o partía; parolaba e baruIlaba e andaba d' aquí
pra
alí, e se sacudía como o mellor rapaz.
Naquela xunta habíaselle de dar a última mao aa lista dos
que habían de fegurar nas propostas; sobre o cal non deixara d' haber
entre eles grandes golpes; e eso que, nestas xuntas, soilo se reunían
os mais firmes e aferidos.
Escomezou Froitoso a ler unhos cantos nomes, que eran os que
ainda -non se leran nas outras xuntas. Estaban, como decote, ao
rededor da mesa, Vasco de Vibeiro, Lopez de Cangas, Xan d' Outeiro, Xan
do Casal, Marcos Picado, Xan Rodeiro, Pedro Lopez, Macías Vazquez e
Gonçalvo Perez de Mazaredo.
Roy Martín de Carballido leyeu o d' Ulloa.
Ese é un baila na criba saltou
Picado outro tal como Alonso
Perez.
Ao paso que levades ouservou a esto
Cangas non vades a hachar
albre en que aforcarnos.
Mira que mala nova nos traes -repuxo CasaL
Deixal-o ir dixo Froitoso
mentras non parece outro mellor.
Siga a lista prorrumpiron todos.
[páx. 265]
Pedro de Salinas.
Boo pousa foles! dixo Casal
Pousa foles ou non pousa foles notou
Cangas é home que
ten moito brazo, e logo non é coma outros, que van cos da feira e volven
cos do mercado
Pois lévao para tua casa repuxo Casal
Vamos a outro interrompeu Vibeiro.
Alonso de León
Non sirve dixeron todos.
Fernan da Coba.
E qué vamos a facer con ese si sale
xusticia? preguntou Picado.
Empanal-o contestou Casal.
Eu non sei vosoutros ouservou Pedro
Lopez en qué pensades!
Ainda nos faltan catro pr' os cobrados; pero, pol-o que vexo, vámonos a ver e a desear pra encontralos.
Deixa, que donde unha porta se cerra, outra se
abre añideu Casal
Vamos a outro dixeron Vibeiro e Picado.
Domingos Gonçalez.
Érache boa! Non che quería o deño mais
pra riir, que puxésemos
a Domingos Gonçalez nos cobrados! escramou Picado.
Sinon sodes parvos,
parecédel-o. A quén se lle ofrece meter nos cobrados a un home que o coengo
[páx. 266]
Simon Rodriguez O tén poI-as gorxas, e que é uña e carne do
caballerizo mayor do Arcebispo!
E tí, d' onde sacache eso? preguntou Cangas.
Saqueino de donde saquei. Saqueino de que me consta que
cando lle quixeron embargar a casa o coengo, foy quen lle adiantou os
munises.
Pedro García.
Tate! tate! -volveu Picado.
Ese é compadre do cuñado do barbeiro do Arcebispo.
Noo!!... tí tronzas neles como si foran
cañotos saleu Perez de Mazaredo.
Ainda ha de haber que poñelos pintados
añadeu Outeiro.
Deixade, que donde non chegue o pano, ten que suprir o caletre do
xastre ouservou Casal.
Tí, xastre, seral-o, pero as trazas non cho
dan
insisteu Mazaredo.
Poida qu' a pruma lle sirva de
tixeira dixo Xan Rodeiro.
Bah! basta de conversa interrumpeu
Vibeiro e vamos a ver como tapamos eses
catro buratos que nos faltan, contando con Carballido.
Pois hay que darlle xeito a esto
dixo, ao
[páx. 267]
cabo, Froitoso, que hastra estonces soilo fixera o papel de leutor, botando unha ollada a
Vibeiro e a Casal.
Eses catro teñen que ser saltou Vibeiro
Lois Bermudez, Guirgorio de Reino, Xerpe
Mazarredo e Diego Alvarez de Sotomayor. Eu non vexo outros.
E tí estas boo da cabeza? notou Outeiro.
Non sabes que Diego Alvarez e Lois
Bermudez e Guirgorio de Reino, nin siquiera son viciños de Santiago, e, ademais, andan en
preito co Arcebispo?
Cómo non son viciños! escramou Vibeiro, incorporándose no
taburete. ¿Non teñen casa aberta en Santiago? E, pol-o que toca aos preitos ¿qué temos que ver nos con
eso? Eses han de ser, e escusamos mais leria.
Todos calaron en son de outorgamento.
Vamos agora a outra
cousa saleu Froitoso, dando un pouco aa cabeza, como quen quer a enteder que se trata de un punto ben
enquirquillado os cobrados temol-os cheos prosigueu
pero falta saber agora
como vamos a enxaretar os nosos seis, digo, engader aos outros seis estes que
aquí dixemos, a saber, Diego Pillado, Alvarez de Sotomayor, Bermudez,
Reino, Mazarredo e Pedro Martís Rato.
[páx. 268]
O tempero vai no amaño dixo Casal.
O tempero está ben continuou o d' Ulloa
pero recélome que non ha d' haber tempero que valla.
Todo ten remedéo menol-a morte. O caso e que sua mercede
poida poñerse nas suas tesas; que mal será que non ganemos a partida.
Por min, si Dios quer, non ha de ser a falta. O mal é que con estes fríos a asma
confóndeme, pero, por eso, non-os ha de quedar nin por corta, nin por mal xogada. O que
importa agora é que nos impoñamos e adestremos ben no que nos compre
facer pra que, cando chegue o caso, non andemos aas toas e non se nos esbarrufe o cotarro nas
maos.
Non iñorades que, ao facer os cobrados no Consistorio, o mais a que podremos chegar
é que por concordia e transacion nos adimitan seis nomes dos que nos presentemos. Mais con
esto non facemos nada: é priciso e necesario e de todo punto indispensábele, que os
cobrados sean todos nosos. Eu, sobr' esto, levo matinado e molido non
pouco e non se m' ocurreu outro medio, e alguns de vosas mercedes xa mo aprobaron, que, ao baixar aa
iglesia de San Payo pra revisar os cobrados, como é adoito, diante do escribano e dos
once
[páx. 269]
viciños ao efeuto nombrados, trocalos e metel-os nosos seis nos cobrados que levemos
feitos. Aquí está o allo e o toque do negocio.
Pero, pra esto, necesítanse homes, homes que teñan boos fígados e polmon. Nos once viciños
que han de rever os cobrados, podemos ter mayoría; porque eu penso nomear
primeiro aquí a Vasco, pra que él, aa sua vez, nombre, como é costume, a seis
viciños, que poden ser todos nosos. E conven, xa digo, que sean homiños
que sepan o que tran antr' as maas, e que, pol-o que poida suceder, non sean fáciles de
deixarse asovallar.
Deses homes non-os faltan pol-o d' agora dixo
Vibeiro. Ahí están Casal, Picado, Pedro Lopez, que con Bastian Fresco, o plateiro
Pedro Fernández e o serrador da Porta Faxeira, son bastante capaces pra levantar o
Consistorio por unha esquina. E si non ¿qué é o que
manexades vos mellor, Casal e Picado, a espada ou a pruma?
Con unha e mais ca outra, vámonos
gobernando respondeu Casal porque
temos que traballar com' a vaca do probe, aas duas mas.
De todo compre saber neste mundo
añadeu Picado.
Co escribano do Concello xa contamos
[páx. 270]
porsigueu Froitoso, mirando pra Macías Vazquez, que era o aludido.
Pero ainda
temos en contra o outro rexidor que eu desine, porque non está ben que eu
o escolla d' antre os nosos; e os cinco viciños que él nombre pra
compretar os once, que han de rever os cobrados.
Xa que sua mercé saleu
Vibeiro quer gardar esa cortesía, pode nomear a Martín
Galos; que ese é un coitadiño que con calquer cousa queda aturrullado. O caso é que nos
vayamos ben preparados e dicididos, e que levemos ben feita e amasada a lista ou
Memorial dos doce suxetos que queremos que vayan nos cobrados, comendo a que baixe do
consistorio.
O Memorial ese corre da nosa conta
dixeron Casal e
Picado. Pero, o que conven continuou Casal
é que levemos moita xente do noso pau, pra que así apareza que todo
o pobo está con nos. E nesto sua mercé dirixíase a Froitoso
anque lle coste traballo,
pode facer moito, porque, unha palabra das suas vale por vinte das nosas.
A quen hay que ver de ganar
dixo Macías
Vazquez é a Roy Gonzalez do Campo.
Ben sabedes que ten moito brazo entre os comerciantes; e que moitos van tras dél como
[páx. 271]
ovellas; ¿pero, quén-o vai a tirar d' antre as faldras do Asistente?
¿E qué dis tí de Alvaro das
Pedras? interrogou Outeiro,
cravando en Macías Vazquez os seus ollos esbogallados. Ese leva detrás
dél aa maor parte dos pedreiros e carpinteiros de Santiago.
Pol-o que toca a Roy do Campo
contestou Froitoso, xa o teño ben talanteado
e abalado, e me parece que non tardará en caer. A Alvaro das Pedras tamen lle din algunhas tientas,
pero ainda está duro.
Pois nos, pol-a nosa parte sigueu
Casal no-nos dormiremos, e iremos traballando e
inducindo aos mais que poidamos. Porque esto tamen é moy necesario pra cando chegue o
caso de nomear o procurador xeeral; pois como en esto tamén os viciños dan o seu voto, cantos
mais teñamos do noso bando, mais votos reuniremos pra firmar o poder e demostrar qu' a
voz do pobo está con nosco.
O caso é que non temos
pregoeiro saeu a esto Pedro Lopez.
Maldita a falla que fay dixo Picado. Ascadasí, boo caso lle fay a xente ao tamboril
do pregoeiro!
Os pregoeiros habemos de ser
nos aña-
[páx. 272]
deu Casal, ca sua pachorra. E, en todo caso, dáselle orden aos cadrilleiros das
parroquias pra qu' avisen aos viciños.
Por un puñado de fariña, que non queden as papas
moles dixo Picado.
E hay mais que tratar? perguntou Pedro Lopez, levantándose.
Ainda logo ?contestou Vibeiro.T
i seique, como eres inocente, queres celebrar hoxe a
tua festa. Ainda tes que deprender ben a cartilla, pra non facer unha trasnada o día da
aleucion. Veremos como te portas, cando te nombre pra rever os cobrados.
Quen está de festa debes ser tí, que estás tan
chungueiro respondeu Pedro Lopez. Xa che me naceron os dentes nestes fregados, e, poI-o mismo,
paréceme, soberbia fora, que estou algo crusario.
Pois estonces, pódeslle dar algunhas leuciós a teu compadre
Picado repricou Vibeiro,
dirixíndose ao que estaba sentado aa dreita de Pedro Lopez, que, por certo, era
un home ben terciado, de cara brava, respetosa, e, pra mais algo nacho e besgo.
Miña xoya! qué maestro me saleu agora ao cabo dos meus
días! contestou éste Siquera ti acordáraste antes
añadeu mirando pra Vibeiro.
[páx. 273]
Nunca é tarde si a dicha é boa, Picado
saleu
Casal e pol-o sí, poI-o non, procura
ensayarte ben, e ten tino de mirar dreito, non seya que che marre o tiro.
Xa se dispoñía a corresponderlle con unhas boas nésporas; pero en esto:
Ben, deixade esas contas pra despois saleu Froitoso, como querendo cortar aquela
conversacion o que debemos repasar agora é a xente con que podemos contar en cada barrio
pra o día primeiro do ano. A ver tí, Cangas, ¿qué xente tés por eses barrios
d' arriba?
Eu teño a Xerpe Fernandez o Crecho, a Bastian Gonzalez, ao Cabezudo, a Marco o
Trenco, a Goriño Lousado, a Roy Cacho, a Domingos o Roxo, a Martiño Tixolas... E así
foy nomeando hastra catorce ou quince viciños das Algaras e da porta da Pena.
PoI-o mismo tenor foron desbochando nomes, os mais deles
floriados de alcumes, cada un dos presentes, convendo todos en que
aqueles que nomeaban eran cernes e seguros.
O que importa agora volveu a avirtir
Froitoso é que esa xente non se desmande,
nin vaya alí a alborotar, nin a facer barrabasadas; que cada un teña conta cos seus, é decir,
[páx. 274]
cos que leve. Convenos moito non dar pé aos nosos contrarios pra que no-nos acusen de
cámorreiros, algareiros e rebeldes. Estamos no caso de facerlles ver que somos tan honrados e
temos tanta cordura e seso, pol-o menos, como eles; e que non son móviles ruins nin baixas
pasions as que nos impulsan, sinon o pro comun e a maor tranquilidá e sosego da
repúbrica. O conto é que todos estemos firmes nos nosos intentos e dispostos a non cear un paso
atrás; que anque non berremos, nin-nos poñamos como basaliscos, nin metamos moito
ruido, nin-nos atufemos, como fan outros, non por eso habemos de ser menos. Non está nesto
o consiguimento e logro do que tanto nos fai tecer e degaxar. Os tufos e as roncas hay que
gardalos pr' as acasiós.
Ben dito saleu Casal
e yeu, agora, pr' acabar, téñovos que dar a todos, pero
encargándovos moito sagreto, unha boa noticia, e yé que, xa teño no meu poder a Provision do
Presidente e Oidores da Real Aodencia, en que se manda que, cando no Consistorio se trate de
algun negocio referente ao preito que o reximento sigue co Arcebispo, sobr' a xurdicion e
señorío da cidá, se sallan todol-os rexidores que houbesen recibido de Sua Señoría Reverendísi-
[páx. 275]
ma títulos e mercé de algunhos xuzgados ou merindades.
Ben por Casal -vocearon todos, e procramárono pol-o mais inocente do sitio.
E xa se levantaban todos pra largarse, cando Froitoso, que era un
home moy farto na sua casa, convidounos a cear con él, e dar romate aa
festa dos Stos. Inocentes, e felicitar a Casal pol-a sua proclamacion. Todos se deixaron
querer, e celebraron a festa con boo humor e alegría, e eso que ningun deles tiña de inocente un pelo.
O caso é que os rexidores contrarios estaban moy tranquilos e descoidados, porque estaban
na mentres de que tiñan mayoría, pois eran fabas contadas, e que, poI-o mismo, naide lles
podía impidir que metesen nos cobrados. cinco ou seis viciños da sua confianza. E nefeuto, a
mayoría tíñana; porque sendo os rixidores entre todos doce, eles eran sete, a saber, Froitoso
Galos, Martín Galos, Rodrigo de Bendaña, García Osorio, Alonso Perez, que se virara pra
eles, Rodrigo Fernandez e Fernan Bravo. Pero, como din alí, non sabe o raposo
das galiñas que dormen fora.
|