Suliñáronse os seguintes termos: tecedeira

A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XXV (páxinas 347-355)

 

m4alopezatecedeiradebonaval0026.html

[páx.347]



xxv


RINDEUSE CATALINA



C
ANDO volveu ao outro dia, prougolle moito o ver o tranquilada que estaba Catuxa, asperando que a filIa acabase de perpararlle unhas sopas de pan de centeo con dourado botiro, que Taresa sacaba de un d' aqueles pucheiros que antes trajían da montaña, o cal ela tiña colgado poI-a baraza na perilla do respaldo d' uu tabolete. Tuvo aquelo por sinal, de que nay e filla fixeran de veral-as paces, e de que, pol-o consiguente, os seus consellos e amoestacions non foran en balde. Non creyeu, poI-o tanto, prudente volver pol-o conto; e, dándoo xa por feito, pensou que podía dar un paso mais no seu intento.


[páx.348]

     Despois das saúdes de costume e d' algunhas chungas que, como de cote, lle dirixeu a Catalina.
     Quén como tí, miña tecedeira,dixo
que tés quen che prepare unhas sopas, que nin mellores se poden presentar ao Rey d' España.
     Tampouco lIe ten outros rompedeiros de cabeza contestou ela.
     ?E vamos a ver, xa que estamos aquí os tres soilos, e anque me chames entremetido ¿cándo pensas colocar aa tua pícara?
     ?Ay! señor, si todol-os entremetidos foran como sua mercé! No de querere colocar a miña filla, eu xa llo tiño dito bastante. Quen se ha de casar ha de ser ela, e así, que o pense ben; que, pol-a miña parte, non lIe hey de abrir mais boca; si ben o fixo, así o terá.
     Pois onde ti, non chegues, hey de chegar eu, si Dios me axuda, e tí eres conforme.
     E que mal me pode vir a min de conformarme co que me mande sua mercé? ¡Mal pocado! Sempre, señor, pensey que sua mercé era unha das boas almas qu' había en Santiago, pero nunca maxiney que a sua bondá poidese baixarse a tanto de vir a luxarse neste pardiñeiro, pra consolar a unha muller tan cativa como eu. Queira noso Señoriño que tantas


[páx.349]


pisadas como sua mercé por min dou, sean outros tantos ánxeles que o coroen de groria!
     Retirouse o Sr. Rodrigo, algo conmovido, e deixou pra outro día o dar e concertar o último golpe, que era porpoñer o casamento de Taresa con Rodrigo Abril. Douno, nafeuto, na pirmeira visita que fixo; e Catuxa, que cada vez iba caendo mais na conta de que non tiña motivo pra non poñerse de todo en todo nas mans do Sr, Rodrigo, non repunou nada. O que d' aquela se concertou, foy o siguente: A Rodrigo, habería com' uns tres meses que lle morrera a nay, de modo que quedara él soilo cas suas hirmanciñas; pois ben, o de Bendaña ofreceuse a levar de criada a mais vella, a outra viría pr' a casa con Rodrigo, pra deprender o oficio de tecedeira e axudar a Taresa nas suas labores. O casamento celebraríase despois de Páscoa, e o señor Rodrigo avisou moy serio que non quiría que se buscase padriño, que o quiría ser él, e, pol-o tanto, pagar todol-os gastos da festa; e ainda iñideu mais, que lle quería regalar a Catalina un vestido novo, pra que o estrenase o día da boda.
     A mesma Catalina, ao ver tanta xenerosidá e desprendemento, non pudo conterse, e er-


[páx.350]


guendo as maos, como abrayada, escramou con voz comovida:
     E quén son eu, señor, pra que sua mercé me queira trajer así no peneiriño? E quén é esta ninguén, pra que sua mercé asi a queira regalar, e agasallar como si fora sua filla? Cándo lle podrei pagar o que por min fixo e esta facendo? Ay! señor, anque fose arrastro bicando as suas pisadas, nunca lle podría dar as gracias que debo.
     En canto a Taresa, que hastra estonces estivera calada e como estautica, de repente, como si fora movida por un resorte, por moito tempo contido, e a quen de pronto soltasen, botouse aos pés do señor Rodrigo, e abrazada aas suas rodillas, do modo que lle deixaba falar o afogamento que sintía no peito:
     ¿E por qué, señor, nos queredes facer tanto ben?dixo¿Por qué sua mercé é tan boo, que así nos queira honrar e favorecer?
     Cala, rapaza,díxolle él, entenrecido, e axudándoa a levantarque de moito mais me eres tí dina.
     Fixose, pois, o casamento o 16 de d' Abril, na iglesia de Santa María do Camiño.
     Asisteu, com' é d' adoito en taes casos, unha boa runfla de xente, e, xa se sabe, asisteu o se-


[páx.351]


ñor de Bendaña, que iba mais empavesado, que parecía un correxidor; e fórao a buscar Rodrigo pra iren despois xuntos aa iglesia. Asisteu tamén, co seu vestido novo, a mesma Catuxa, que fora arrichando e parecía que remocecera, e canto mais, que, nin por canto, queria ceder así a dous por tres o cargo de madriña.
     Tanto Taresa como Rodrigo estrenaron tamén aquel dia vestidos novos, que lles regalara o señor de Bendaña. Ela levaba unha saya de rica valancina e unha mantilla tendida poI-o corpo abaixo, e soilo presa no hombreiro esquerdo. Lucía ao redor da garganta unhas contas feitas de ambra, a modo de avelás, con unha medalla no medio, cas cales contas xa se casara sua aboa materna, e das que se dicía, anque non se sabía pol-o certo, que foran obradas poI-o famoso ourivez de Santiago, Xan da Viña.
     Acabada a cirimonia da iglesia, sairon todos pra a casa de Catuxa. Os parentes e amigos e viciños iban diante; os dous noivos iban detrás antr' os padriños. A xente que encontraban, parábase ao velos, como sucede sempre nestes casos.
     Vaya unha parexa mais igual! dicían alguns dos que pasabannin que fosen feitos a o trinque!


[páx.352]


     Si guapo e un, o outro non é menosdecían outros.Parecen duas estrelas que caeron xuntas do ceo.
     Aa hora do mediodía púxose a mesa con mantees labrados de gusano, e todo o demais sirvicio que viñera da casa do señor Rodrigo o cual mandou tamen dous grandes cabirtos asados ao espeto, lacoos, pees, peteiros, cachuchas e outras miudencias, e duas olas de viño do Ribeiro. Él non asisteu aa comida, pra deixalos mais aas suas anchas; pero mandou ao seu maordomo.
     Anque había estonces unha Premática dos Reis Católicos, en que se marcaba o númaro dos que podían asistir aos casamentos, misas novas e outras festas somellantes, non por eso a xente se mataba moito por complila. Ao casamento de Rodrigo e de Taresa, e eso que os probres ¡mal pocado! non pudían botar moito por ela, asisteu ainda un boo fato, mais do que consintían as leixes. Asistiron as duas hirmás e un primo de Rodrigo, que era ferreiro, oficial do mestre Guillén, outro parente que era criado do bordador Gaspar Argüello, un moy amigo seu que tamen era escribente, outro amigo, de oficio pintor, e alguns viciños dos mais chegados. Pol-a parte de Taresa asistiron ta-


[páx.353]


mén todol-os seus parentes e os viciños do pé da porta, e algunhas que xa eran amigas de Catuxa desde a sua mocidá.
     Sentouse aa cabeceira da mesa Catuxa, que tiña aa sua dreita a Rodrigo e aa esquerda a Taresa. O maordomo do señor de Bendaña, que fixo o oficio de acomodador, sentouse aa dreita de Rodrigo. Os demais abancáronse como poideron; e o que mais e o que menos, dou ben a entender que a dentamia tíñaa ben disposta. Viñan as fontes aa mesa, e todos, co coitelo nunha man e a culler noutra, metíanse a tallar na carne, ou no que fose, como si tiveran algunha empencha con aquel inocente condumio. Non respetaban mais os pichées, que parecía que tiñan medo de que se avalorecesen, a xuzgar pol-o continuo meneo en que os trajian. Ninguén, por eso, se esqueceu de separar a sua ración pra mandarlle aos probes do antigo hespitaliño de San Miguel, que estaba preto da iglesia de Santa María do Camiño.
     A Catuxa caíalle a baba e tamén as bágoas, por ver tan honrada aa sua filla. Ela que, como sabemos, era unha pistraca, aquel dia deixábase querere, e daba ben a entender que non lle pesaba que lle rogasen e porfiasen. O cual, a 


[páx.354]


decir verdá, facían de moy boa gana tanto Taresa, como o mesmo Rodrigo; porque, anque nun prinpicio Catuxa o miraba un pouco de través, ao último, xa lle poñía tan boa cara, como si sempre lle entrara pol-o ollo dereito.
     A festa, como é desupoñer, acabouse a boa hora; e da mesa erguéronse todos, non pouco ledos e baralladores, e alguns, non sey si diga con tal cual peliño; pero, cada un, por eso, tivo o seu comprimento e sua noraboa para os noivos e mais pra a nay, a cal a todos dispideu con moy boas e corteses palabras.
     E desd' aquel dia, a tristura, a manenconia e a desconcordia, que soían reinar naquela casa, trocáronse en boa paz e tranquilidá, e na mais rayosa ventura.
     En canto a Rodrigo, foy tal a comocion que sufreu o seu peito, foy tal o batideiro que de repente se armou no seu corazon, xa medio seco e desgustiado, que naqueles dias andaba como parvo, e sin poderse dar razon do que lle pasaba.
     ¡Será posibre!escramaba él, aas veces, entre síserá posibre! que tanta dicha estivese gardada pra min! pra min! que hastra agora poido decir que apenas supen o que era ver cumprido un deseyo! pra min! que hastra ago-


[páx.355]


ra apenas toquei cousa que non se me volvese serpe ou basalisco! pra min! que nunca amañeceu día, que no-me trouxese novos motivos d' africion! pra min! que sempre me sigueu como espantabre sombra a desgracia e a negra amargura! pra min! que apenas conocín outro leito que o da door!
     Será posibre que sea realidá esto que estou soñando! ¡Será posibre continuaba él, cada vez con mais fogoque poida ao fin chamar miña aquela Taresa que foy sempre o soño engañoso da miña vida! a aquelaTaresa a imaxe da cual bulígame no séo como un feitizo de cote inquieto, e de cote escapándome! a aquela Taresa que todos se conxuraron para arrabatarma! a aquela Taresa contra a cal eu mismo cospirei, percurando dispidil-a do rincon mais fondo do meu peito, anque esto me costase arrincar con ela o miolo das miñas entrañas!
     Ay, Señor! concruía, dando aa cabezacan certo é que os que en Vos asperan non se verán pra sempre confundidos!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega