Suliñáronse os seguintes termos: tecedeira

A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo II (páxinas 29-38)

Páxina Seguinte

m3lopezferreiroatecedeiradebonaval003.html

[páx. 29]



II


PRIMEIROS PREPARATIVOS



XA que deixamos a Catalina camiño de Bonaval, por si aos nosos benévolos leutores lle entrou o deseyo de saber quen vivia n-aquela casa grande dos Ulloas, que estaba no Outeiral, frente aa do siñor Rodrigo de Bendaña, meterémonos nela, e pasiño a pasiño, comenzaremos a recorrer os seus sobrados hastra que topemos n-algun en que poidamos creer que está o dono da casa. Xustamente no momento en que a teceláa saleu de xunta o Sr. Rodrigo, na cámara de mais adentro da casa, ao rededor de unha mesa, estaban catro se-


[páx. 30]


ñores falando acaloradamente, como si trouxesen entre máas algun negocio de gran importança. A xusgar poI-o traxe e poI-o sitio que ocupaba, o amo da casa era un señor vello, alto, fraco e moreno, que apenas tiña espresion nos ollos, si ben de vez en cando votaba cada olleada que parecia que Ile saian chispas de entre os párpados. Molestáballe algo unha tafagueira que padecia: pol-o demais, ainda se conservaba rufo.
     O que estaba aa sua esquerda, era tamen alto e roxo e encarnado como a gráa. A pesar de ser o mais mozo dos catro, braceaba e berraba largo e tendido, e non se cansaba de falar. Os outros dous serian como de uns 50 anos. Un deles era de mediana estatura, bastante gordo, e parecia de moy boa pasta. O outro era pequeneiro, mais que moreno, alá non moy agraciado, e de poucas palabras; pero pol-a maneira que tiña de chuscar o ollo e poI-o aire socarron con que falaba, debia téer mais conchas que un galápago.
     Para os que ouvesen manexado algo os antigos archivos compostelanos, os nomes dos catro personaxes que con tanto calor estaban barallando, deben ser conocidos. O primeiro era o siñor Froitoso de Ulloa, o amo en carne e oso do pretendente de Taresa; o segundo era seu xenro Vasco de Viveiro, Rixidor de Santia-


[páx. 31]


go; o terceiro Xan Lopez de Cangas, Alcalde de Santiago, e o cuarto o escribano Xan do Casal. 
     No momento en que os sorprendemos, tiña a palabra Vasco de Viveiro, o cual, dando unha gran palmada sobre a mesa, decia moy cheo:
     —Eu creyo que non deben ser chamados os paniaguados do Arcebispo. Para qué han de vir eses aa xunta? para que se enteren dos nosos práas? ¿Non sabemos como pensan un Luis de Barros, un Froitoso Galos, un Gregorio de Bandin, o Licenciado Peñaranda, un Gonzalo de Luaces, e ainda un Rodrigo de Bendaña? ¿Ou queredes que tamen chamemos ao Provisor e ao Asistente, e ao sobriño do Arcebispo, e a Fernan Bravo, e a Pedro de Abalos? Chamade tamen entonces a todos os criados e paxes do Arcebispo! Esta é unha cousa que debe tratarse con moito pulso e sixilo; e chamar aos contrarios para decirlles o que vamos a facer, é espantal-a caza para que se poña mellor a tiro! 
     —Non se trata de espantal-a caza —respondeu Froitoso de Ulloa— sinon de votal-a rede para ver que páxaros veñen. Nos a eles non lles vamos a dicir sinon o que nos conveña; e penso que en esto non hay peligro ningun. O que a nos nos importa é que eles desembuchen o


[páx. 32]


que pensan facer, para estarmos nos mais avisados. E, ademais, convenos que apareçan todos ou casi todol-os do Concello tomando parte no preito, ainda que moitos deles o repunen.
     —¿E si veñen moitos e son mais qu' a nos? —repuxo Viveiro— e si empezan eles a traballar e a buscar empeños para poñer da sua parte a os Oidores, alá vai toda a nosa obra! Ou pensades que eles si saben o que se trama, vanse a estar quedos e non lle han de escribir ao Arcebispo e non han de revolver toda a Chancilleria!
     —Non teñas medo; uns xa estan ausentes co Arcebispo, e eses no-nos fan sombra, e os que quedaron, mentres o Arcebispo anda por Alemania, anche de estar ben encollidos e acobardados. E, en canto a os Oidores, ben che saben o que pasa.
     —Vasco de Viveiro non acostuma a téer medo; pero pode suceder que alguns dos que agora están con nos, vendo que os contrarios son tamen moitos, empecen a afroxar.
     —Repítoche, Vasco, que en esto non hay o piligro que ti te figuras. Cando chegue o caso de obrar en sagreto, xa se obrará. Entramentres, nos non temos porque tapar o que interesa a todo o comun.


[páx. 33]


     —Eu tamen creyo —saleu Cangas— que xa que non se trata mais que de porseguir os preitos que estan comezados, conven que se chame a todos, para que non se pense que é unha trapazada duns cantos.
     En esto, Casal colleu unha gran picheta de estaño, que estaba encima da mesa, e mirando como saltaba o espumoso viño tinto de Ribadavia no copete de prata que tiña diante, dixo con gran pachorra:
     —O que importa é que no-nos descoidemos. Estamos a prencipios de Decembre e o Arcebispo, si non saleu xa de Alemania, debe estar para poñerse en camiño. Mentras él está lonxe, nosoutros témos as maas mais soltas, despois, co conto de que ven de xunta o Sr. Emperador e a sua corte, alguns é fácele que enfrien e entren en receos.
     Outra cousa hay que non deixar esquecida. Xa sabedes que a xente da Corte quer mais que boas palabras; ese carro non anda si non-o untan. A vos non vos esquece canto poden montar as custas e misiós dos preitos nas Chancillerias, e de onde han de sair estas.....
     —E de onde han de sair! —saltou Viveiro, apartando de pronto o copete que iba a poñer aa boca— das bulsas de todos. Ou habémolas de


[páx. 34]


pagar nos? Pois non faltara mais que nunha cousa que importa a todos, non contribuyan tamen todos.
     —Que contribuyan todos está ben —ouservou Casal— pero ¿quén ha de ser o guapo que cachée as bulsas?
     —¿E non se pode botar un repartimento? —insisteu Viveiro.
     —Todo se andará —repuxo Ulloa— pero si comezamos xa con repartimentos, é dicir aa galiña: ¡isca! O mellor é, para sufragar os primeiros gastos, facer un pititorio entre os que están conformes con nos. Despois, si podemos, faremos o repartimento; que falta fará.
     —E quén nos quita que fagamos os repartimentos que nos acomoden? —añadeu Viveiro.
     —Eso pouco a pouco —ouservou Ulloa— o botar repartemento e derramas, é dar por decidido o que ainda está en preito. Así dábamoslle mais pee ao Arcebispo para que se poidese queixar de nos. O repartimento podiamol-o botar sin inconveniente, obteendo antes para elo licencia e facultá da Real Chancillería de Valladolí. Pero, por agora, non hay que falar d' eso.
     —Ben, pois cando chegue o caso —dixo Casal— eu comprométome a outeer a licencia da Chancillería. E veremos si desta vez salimos da


[páx. 35]


tutela do Arcebispo —añadeu, despois de empinar o seu copete— ue ocasion como ela nunca a tuvemos. Xa sabedes o pau que Ile dou o Conde de Castro, D. Alvar Gomez Manrique de Mendoza, Gobernador e Capitan xeneral de Galicia, ao Provisor, na costion cos Arcediagos, que non querian, nin por canto, acomodarse ao que lIes pedia o Arcebispo, de dar cada catro meses razon dos curatos vacantes e dos curas nombrados. Os Oidores da Audencia de aqui, están bremando por brincar cos xueces do Arcebispo. O Alguacil Salinas díxome: que mentras non fixese un embargo no palacio, non estaba contento. Non vos esquece que no ano 34, despois que marchou o Arcebispo D. Xoan Tabera, pubricouse en Santiago unha provision dos siñores do moy alto Consello de S. M., ganada a petiçon do Fiscal da Audencia deste Reino, en que se ordenaba que ningun PerIado, nin Cabaleiro, mandase xueces pisquisidores con salario a facer probanzas. Pois o Provisor, o Asistente e os xueces da Quintán siguiron mandando escribanos con salario de 60 mrs ao dia, para faceren informacióos e probanzas, porque a tal provision non fala de escribanos, sinon dos xueces pisquisidores. Os da Audencia de aquí estan que trinan, e ainda que ao principio con-


[páx. 36]


sentiron que os Arcebispos e as suas xustiças mandasen escribanos co salario de 40 mrs diarios, agora dicen que nones; pero esto en moito sagreto, e segun eu oin, pensan facer unha pesquisa dos escribanos que foron mandados con tales comisiós, e, despois, facérenlles unhas sopas. Eu, hasta agora, librei nunha taboa, que non quixen ricibir ningunha comision desas. ¡Oh! si tivéramos de Gobernador ao Conde de Castro!
     —¡Canté! —dixo Cangas— pero o que conven agora é ter aa man as escrituras do Consistorio.
     —Ten a arca Froitoso Galos —adivirteu Cangas.
     —Ese é mal oso de roer; eu xa teño algunhas copias autorizadas, que hay que mandar logo a Valladolí por un propio ben seguro e con moito sagreto, que asi mo encargan; mais non han de bastar e é preciso facerse cas que faltan.
     Xa as pediremos e teremos —dixo Viveiro— ¿e logo porque se lle antoxe a Froitoso Galos, non ha de poder o Consistorio reclamar o que lle perteneça?
     —Froitoso Galos é muy testarudo —repuxo Casal.
     —Xa veremos de aloumiñalo, —contestou 


[páx. 37]


Ulloa;
—quedamos pois, —añadeu logo, resumindo— en que para pasado mañan hay que chamar todol-os rexidores e escribanos e homes bóos, para ver de si se han de seguir os preitos pendentes cos Arcebispos.
     —Eso —responderon todol-os demais.
     Co cual, e con facer dar un xiro aa pecheta ao redor da mesa, acabouse a conversacion, e cada un foy, ao parecer, para a sua casa.
     Froitoso de Ulloa, ao quedar soilo, dou unha voz —Gonçalvo— e veu un boo mozaton ben garrido e disposto, que entrou dicindo:
     —Qué manda sua mercé?
     —Que mañan hay que ir a avisar todol-os rexidores e escribanos e mercaderes e cabaleiros, ¿entendes? para que, aas duas da tarde, estean aqui. Non lles tees que decir mais que, que é para un asunto de que se vay a tratar no Consistorio. Ti sabes quens son todol-os rexidores e escribanos? Acordaráste deles?
     —Paréceme que sí.
     —PoI-o si poI-o non, dareiche unha lista; porque hay que avisar tamen aos demais.
     —E de camiño darei unha volta pol-a casa da teceláa, para ver en que estado leva a tea.
     —Non estás ti mal tecelan. Fay como queiras; pero que non che me quede ningun por 


[páx. 38]


avisar. Non te olvides de ir xunta o maestre Guillen, a decirlle que pasado mañan sin falta ningunha quero colocado o reló antes das doce.
     ¿Seria este o pretendente de Taresa?; esto sin duda xa o adiviñaron os nosos leutores.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega