Suliñáronse os seguintes termos: tecedeira

A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo III (páxinas 39-56)

Páxina Seguinte

m3lopezferreiroatecedeiradebonaval004.html

[páx. 39]



III


SESION MAGNA



N
OSOUTROS tamen podemos concurrir ao axuntamento da casa dos Ulloas. ¿Quén nol-o quita? E en efeuto, despois das duas da tarde do dia 7 de Decembre, formigaba aquela casa de xente, que parecia un xubileu. Casi todo o melloriño de Santiago estaba ali reunido; ali estaba Rodrigo de Bendaña, Rui Martiz de Carballido, Martin Galos, Froitoso Galos, Xan d' Outeiro, o licenciado Peñaranda, o bachiller Bandin, Alonso Perez, Vasco de Viveiro, García Osorio, Rodriguez Fernandez, Pedro de Arouça, Xan Lopez de 


[páx. 40]


Cangas, todos rexidores: e de escribanos estaban os dous de númaro do Concello, Lope de Losada, e Macias Vazquez, e, ademais, Joan de Casal, Jácome Yanez, Gonçalvo de Puñal, Fernando de Ruanova, Francisco Yanez Grolo, Bastian de Balboa, Marcos Picado, Rodrigo Perez, Marcos Fernandez, Joan Gonzalez, Luis de Barros, Alonso Brion, Martin Lopez de Ballesteros: (1) de mercaderes, Xan Rodeiro, Gonçalvo de Zuaçes, Alonso Lopez, Pedro de Castroverde e Gaspar Sanchez. Aa porta da casa, e sentados no poyal que habia aos lados, estaban algunhos cursidosos en moita conversa uns cos outros. Os convocados foron pasando de un salon en outro, hasta que chegaron a unha gran cámara moy ben amueblada. Aquela casa era unha das mellores de Santiago; alguns dician que fora do Conde D. Fernando Perez, ayo do Rey de Leon D. Fernando ll, pero o certo é que Froitoso de Ulloa e o seu hirman o coengo Lope Sanchez de Ulloa, coidaban de té- 

————
(1) Os nomes destes escribanos, e ainda de alguns mais, encontrarédelos en autos de aquel tempo. O que proba o boyante que estaba a curia en Santiago. Ainda o Visitador e Cardeal Hoyo conta que no seu tempo, a prencipios do sigro XVII, habia en Santiago unhos corenta escribanos, os quaes todos sostiñan as suas casas con moito boato e fartura. 

     

[páx. 41]


la ben composta e arregrada. Non é do caso recorrer todal-as cámaras e salons; pero siquera diremos algo de cómo era e como estaba o salon en que se reuneu toda aquela xente. Era casi cuadrado, o teito estaba formado de artesóos separados por largueiros e travesos, que tiñan entallados moitos adornos e feguras como ovas, dentes, filetes, cordóos, etc. Nas paredes dos lados hachábanse colgados seis tapices, tres de cada banda, ca hestorea de Daví. Nun, estaba Daví como pastor esgaIletando un leon; noutro, Daví presentándose a Saúl; noutro, Daví matando ao xigante Goliá; noutro, Daví recibido por coros de mozas que o vitoreaban; noutro, Davi tocando a arpa diante de Saul; e noutro, o casamento de Daví con Micol. Na testa do fondo habia outros dous tapices, nun, estaba unha donna soltando un falcon sobr' un bando de pombas, noutro, un cabaleyro e un recovaxe de cans persiguindo un cervo. Entrambos tapices tiñan o escudo cos escaques dos UIloas e un rótulo que dicia: Ulloa. No mesmo fondo do salon e debaixo destes tapices, habia un almario, mais ben baixo que alto pero moy ancho, con tres divisions e outras tantas portas. Cada porta tiña duas foIlas, nos entrepanos das quaes estaban tallados uns como rollos de papel me-


[páx. 42]


dio abertos. A un lado do almario estaba o relós, que pol-a mañan colocara, e xemera non pouco o maestre Guillen co seu oficial Arnau da Serra, no medio da outra testa de arriba habia un cuadro a oleo de moy vivo e dooce color, que representaba a adoracion dos Reyses; a os lados habia outros catro cuadros, tamen a oleo, e que representaban a Adoracion dos pastores, Santiago a cabalo, San IIafonso e San Froitoso. Ao redor da sala habia bancos que, nos respaldos, tiñan molduras labradas como as dos almarios. Debaixo do cuadro da Adoracion dos Reyses habia unha gran poltrona de baqueta e, diante, un bufete mais que regular e perfeutamente tallado e cos pés moy ben torneados. 
     Asi que todos estiveron sentado nos bancos do derredor do salon, tomou a palabra Froitoso de Ulloa, que estaba sentado na poltrona.
—Honorables rexidores e cidadaos, —dixo— a non leve carga dos anos impome outra non menos pesada, a de teer que mirar, como rexidor mais antigo, pol-as cousas do comun. Triste é a condiçon de un vello, que apesar de estar continamente vindo a sombra da morte que ca sua gadaña vaille tallando unha a unha as raices con que está preso na terra, non pode escusarse, sin embargo, de meterse, e meterse de capiton, no


[páx. 43]


pélago dos negocios deste mundo. Perdonádeme, por tanto, honorables cidadaos, que eu vos obrigase a abandonar as vosas casas e as vosas ocupacióos, aunque seya por pouco tempo, xa que é a voz do comun e da república a que vos fala por este vello. 
     Non iñorades que dende fay moitos anos, por non dicir sigros, o reximento da nosa cidá litiga alguns preitos cos Arcebispos, como o preito sobre a xuridicion e outro sobre o servicio que chaman da mula. Fay algun tempo que, por razoos que aa vosa prespicacia non se vos esconden, estes preitos están parados, pero a min non me parece xusto que asi queden perdidos os traballos, as fatigas e o diñeiro dos nosos antepasados, canto mais que si por algun tempo houbo cousas que nos aconsellasen que nos cruzásemos os brazos, agora eso non é asi. Eu non quero meterme en si fomos ou non agraviados, por mais que sobre esto ben podia falar, porque, como sabedes, ainda non fay tres anos que tiven que sair desterrado da miña casa; pero xa digo, non quero meterme en si fumos ou non agraviados, mais, si botamos unha olIada ao que nos rodeya, veremos como se nos vay escapando todo canto podia meter fartura, groria e esprendor na nosa cidá. Todo nos ha de vir da- 


[páx. 44]


fora; xueces, escribanos, rexidores, hastra artistas e menestrales, como si aqui non houbera homes, han de ser forasteros. Os nosos artesanos teñen que contemprar cas maos baldeiras dende suas tendas, cómo traballan e trunfan os adveñedizos. Hastra a nosa fala ten que retirarse corrida, como unha leal e vella sirventa a quen despachan os amos, para recibir a outra deslenguada e aduaneira. Eu conocin a unha nobre dona, aa Sra. Maria Alvarez de Sotomayor, que, habéndolle un dia notificado un escribano unha dilixencia, non quixo firmala, porque dixo que non entendia o castelao. Meu tio o Arcebispo D. Alvaro Isorna (que de Dios goce), procurou restourar o noso linguaxe, e, como ben sabedes, casi todal-as suas provisiós puxo en galego, pero, despois que él morreu, os nosos ouvidos quedaron condenados a ouzar os chirrios de unha fala extraña. Si quixera seguir por este camiño, moito tiña que falar, moito tiña que argoir. Agora ¿cómo se atalla este mal? ¿cómo se corta este sequio, que ameaza convertir o arbre, en outro tempo frondoso do noso comun, en un feixe de ramas secas e desgustiadas? Aas xusticias e ao rexemento, é a quen lle toca poñer couto a esta praga que nos acongoxa, e facer que renaza na nosa cidá a antiga abondancia 


[páx. 45]


e ventura, e que florezan as libertades e bonandanzas d' outros pobos, como eu vin en Frandes e Alemania. Pero ¿qué han de facer as xusticias e o rexemento, reducidos como están ao papel de testaferros? Eles en por si non poden facer nada; para todo, ainda para a cousa mais pequena, teñen que pidir pol-o menos a venia dos Arcebispos, e si non, xa incurren en crimen de desacato, contra o señorio. Solo, pois, recobrando a nosa libertá, solo chegando a ser nos donos de nos mesmos, sin reconocer a mais siñor que a noso Siñor natural, el Rey, podremos volver pol-a nosa cidá e conseguir que se lle afroxen siquera as lazadas que a oprimen e acoran. Agora, si habemos de dar no noso fito, si habemos de chegar ao trémiño de nosos anhelos e aspiraciós, teremos que siguir os pasos dos nosos pais e de nosos mayores e pillar a sua obra no punto en que eles a deixaron; pero para esto compre que todos nos poñamos de acordo, e por tal motivo pareceume do caso que antes que este asunto se tratase en consistorio, pescudar cal era o sentir, xa que non de todol-os veciños, ao menos dos mais cospicuos. Rógovos, pois, honorables rexidores e cidadaos, que sin mais mira que o ben do comun, sin pasion e sin atender mais que aa voz


[páx. 46]


da vosa reuta concencia, manifestedes aqui, como entre amigos, o voso parecer sobre o punto que hoxe os convocou aqui, conven a saber: si se han de siguir os preitos que temos pendentes cos Arcebispos.
     Levantouse Ruy Martin de Carballido e começou de falar con moito arranque e desparpaxo. —Eu non teño palabras
—dixo— para ponderar, como se debe, a arenga de noso rexidor mais antigo. Doille as miñas mais compridas laudes e creo que pouco ou nada se pode engadir ao que él acaba de espresar con tanta verdá e elocuencia. Pero, esto non embargante, digo, que estrañei que él se recease algo de afirmar e sostéer que habia agravios. Esto, a verdá seya dita, estrañoume moi moito. Agravios hainos ¡e oxalá non os houbera!, e son tan púbricos e tan manifestos, que eu dudo que haxa aqui presente nin un solo cidadao que non teña de que queixarse e agravearse. PoI-o tanto pido que se prosigan os preitos pendentes, e canto antes, e con aquela dilixencia, e con aquela solicitú que o asunto requere.
     Ainda ben non pronunciara Carballido a última sílaba, cando prorrumpeu Vasco de Viveiro: —Honorabres rexidores e cidadaos—acabades de oir as maníficas frases do honorabre e virtuo-


[páx. 47]


so Sr. Froitoso de Ulloa, e persuádome de que non haberá ninguen que, despois de habelo oido, non diga para seus adentros: ten razon e sóbralle. E por eso, esto ainda non é toda a verdá. Por un sentimento nobre e laudabre, o siñor Froitoso astúvose de entrar en certos pormenores que eran moy do caso e que convencerían aos mais testarudos. O Sr. Froitoso, como ben sabedes, en tempo do Arcebispo pasado, foi moy perseguido e tivo que sairse de Santiago e deixar a sua casa, para evitar as vexaciós de que era ouxeto, e todo en serviço e defensa da comunidá. Agora ben, si o Sr. Froitoso insistira en certas materias, diríase que falaba por vinga e con rancura. Aqui tédes o que motivou a reserva e moderación de noso rixidor mais antigo. Mais o que él calou por miramentos, por prudenza, e por nobreza de corazon, e por delicadeza de sentimentos, eu estou pronto a decilo, e decilo sin arrodeyos, nin voltas. ¿Iñorades quizaives, a condicion das nosas xusticias? Pois aqui a tédes. Tan pronto como son nombrados os alcaldes, xa se lles pon a forca diante e fanlles xurar que han de respetar e facer acatar o señorio dos Arcebispos e de todal-as suas prerrogativas, que non son poucas. E como se esto non fora bastante, o mesmo xura-


[páx. 48]


mento lle teñen que facer ao Cabildo. Ahi tédes aos nosos alcaldes cos griletes aos pées, ou, si mais vos prougue, ca canga ao pescozo. No Consistorio non podemol-os rexidores, e eso que somos feitura do Arcebispo, tratar cousa de importancia, como facer posturas, deitar repartimentos, etc.... sin teer que adimitir entre nos e oir o voto dos coengos, que chámanse alcaldes do Cabildo. 
     Si se abusa asi co Concello, figurádevos cómo se abusará ca xente do pobo. Eu non farei mais que apuntar alguns dos abusos que se cometen cos probes cidadaos de Santiago. Un dos mais oprobiosos é o das pousadas. Veñen os Arcebispos aa vila con gran acompañamento de xente, con soldados, mozos de mulas, criados e ¡eu que sei que convoy de xente! e a toda esta familia hay que darlle camara e leito ou leitos, ainda que o dono da casa os teña ben aproveitados. Vay un preso para a torre da praza da Trinidá, pois ten que pagar de carcelaxe aos oficiales dos Arcebispos, dous reas e medio. Cando aas suas Señorías lles parece, ou se ven en algun apuro, non teñen mais, para sair de ansias, que ditar tributos e repartimentos entre os veciños. Quero ser respetuoso cas personas dos Arcebispos, que poI-o ordinario son varóos 


[páx. 49]


prudentes e maduros pero ¿quén pode sufrir e aguantar as impertinencias dos seus parentes, oficiales, e criados que, co gallo de que seu amo é señor da cidá, parécelles que toda a terra para eles é pouca? Despois, para que os veciños poidan ganar un pedazo de pan para sí e para seus fillos, encontran todal-as portas cerradas, todol-os camiños atallados. Trátase de facer a custodia da Catedral, pois aunque aqui hay prateiros tan hábeles e suficentes como Ruy Fernandez e Pedro Fernandez, Pardiñas e outros que conocedes tan ben como eu, ha de vir un da fora, ha de viir Antonio de Arfe e hánselle de dar boas dietas para o viaxe. Proyeutan de facer o claustro da Catedral, pois os pedreiros e maestros de aqui non sirven; han de vir de Salamanca, primeiro Xan de Alava, e despois de morto Xan de Alava, Rodrigo XiI de Hontañon. Nas tendas d' aqui tampouco se encontra nada, todo a de vir, ou de Valladolí, ou de Medina do Campo ou de Granada. Todo esto é ainda pouco; reparade en quén ten os cargos e os empreos mais produtivos; o asistente é vascongado, o provisor castelao ou de por alá. En fin, seria cousa de nunca acabar, expoñer todal-as razóos que temos para queixarnos e para pelexar e sair da opre-


[páx. 50]


sion en que estamos. Ben fan en chamarnos aos gallegos galiñas. 
     —Quen queira traballos, que os busque —dixo Xan do Casal— quen se encontre ben asi, que se deixe estar. Eu, pol-a miña parte, quero sair e canto mais antes. Boi solto, de seu se delambe.
     —Quén non ha de querer sair? —interrogou a grandes voces, e tiña un bóo torgo, Marcos  Picado. —Sacando alguns rexidores que, poI-o visto, con atiranizar ao pobo non lles vay mal, creo que non habrá veciño que non estea bremando por romper estas cadeas. 
     —O que conven —dixo Xan Rodeiro—
é que nos deixemos de parolas e de dar á lingoa. Feitos, feitos son os que compren. Eu estou pronto a contribuir ca miña parte aos gastos que fagan falla. 
     En esto levantouse Rodrigo de Bendaña, fixo unha reverencia aos circustantes, e volveuse a sentar. En toda a sala reinou gran silencio, fillo da curiosidá de saber o que iba a decir. Él comezou asi:
     —Honorabres rexidores e cidadaos; o ouxeto que nos reuneu aqui é para o ben do comun, esta é aspiracion e o afan de todos, esto é o que todos nos propoñemos e tomamos a peito. Para 


[páx. 51]


conseguir este ouxeto, quizais haxa mais de un camiño; pero nunca serán moitos. Os que podrán ser moitos serán os modos de ver as cousas, e as trazas e discursos con que cada un pensa que ha de chegar ao mismo fito, por mais que vaya ben descamiñado. 
     Eh, señores! de qué se trata! de cambear de señorio, é decir, de deixar o do Arcebispo e de incorporarnos no señorio real. Non sei que a Sacracesarea Real Maxestá do noso Siñor o Emperador haxa manitestado deseyos de que a cidá de Santiago seya incorporada ao seu imediato señorio; quizais non-o repunaria; pero o que é certo, é que noso Siñor o Emperador ha de respetar sempre a posesion e os dreitos adequeridos. Esto poI-o que toca ao Siñor Emperador; mais poI-o que a nos toca ¿sentimonos con ánemos suficientes para esta empresa? eu teño os meus receos de que as contas non-os sallan conforme as botamos. En primeiro lugar ¿onde están os diñeiros que habemos de meter en preitos desta crase, en que hay que facer tantas compulsas, tantas informacióos, tantos viaxes? Paréceme que a cidá non está tan rica e abundante para poñerse a tan grandes dispendios. En segundo lugar ¿qué probabilidades hay de sair ca nosa intención? O preito ha de ventilar-


[páx. 52]


se ante o Real Consello, e, por si vos esquece, quero recordarvos que os Arcebispos casi todos son membros de este alto tribunal e alguns Presidentes e alguns Gobernadores do Reino. E agora ¿figurádesvos qu' os Oidores do Real Consello, pol-a nosa cara boa, van, correndiño, a darnos poI-o gusto e sentenciar contra un compañeiro? ¿Ou queredes que, despois que sallamos cas maus na cabeza, ainda nos chamen parvos? ¿Qué importa que algun axente, e digo mais, algun Oidor nos dea boas palabras? ¿Pensades que, cando cheguen as apuradas, ha de querer quedar mal cos seus compañeiros? 
     Pero quero supoñer que hay diñeiro de sobra e que ao fin habemos de ganar o preito ¿estades seguros de que melloraremos de estado? Eu ben quixera; pero non podo desbotar as dudas que me asaltan. A ouvir algunhas das cousas que se dixeron aqui, sin querelo víñaseme aa memoria a fábula das ráas pidindo rei. Por de pronto hannos de poñer un siñor Correxidor, como en Ourense, Bayona, e outros sitios, o cual, sin pensar temerariamente, ha de ser castelao ou framenco e ha de teer tamen parentes oficiales e criados. Xa veremos como os siñores do rexemento se entenden co siñor Correxidor, ainda que non lle xuren e non lle fagan


[páx. 53]


outros acatamentos. Dícese que todol-os rexidores somos nombrados poI-os Arcebispos; asi é, pero eu non sei como nos gobernamos (e o que vou a dicir estámolo vendo) que a dinidade e a honra dos Arcebispos non son cousas aas que lles demos moito agarimo. Nos non temos experenza do que é ser mandados por Correxidor, si a tivéramos, quizais os que agora chamamos abusos e vexacióos no-nos merecesen eses calificativos. Fálase moito das opresiós, das tiranias dos Arcebispos, eu non sei logo como se arregran os outros siñores; pol-o visto, son de outra pasta.
     —Cánto lle dan a sua mercé, os Arcebispos, por defendelos? —preguntou Xan do Casal.
     —Os outros siñores —prosigueu Bendaña— non teñen pousadas, carcelaxes, e outras imposicióos e gabelas. ¡Que o digan os seus vasallos! Moitos cargos oin facer contra o señorío dos Arcebispos, pero da maor parte deles, por mais que o busquei, non encontrei o fundamento, e eso que me contentaria con ben pouco.
     —Paréceme que aa sua mercé —saleu Marcos Picado— vaille ben co señorio dos Arcebispos.
     —Qué culpa teñen os Arcebispos —prosigueo moy teso Bendaña— por exemplo, de que as donas de agora saiban e falen castellano? Cando se 


[páx. 54]


fixo o Hospital Real ¿foron os Arcebispos os que trouxeron acá a Enrique Egas e a seu hirman Anton? Non. Foron os Reis Católicos de feliz mamoria! Acá tamen hay pintores, mais por eso eu estou vendo colgados n-aquela parede alguns cuadros que foron feitos en Frandes. Destas cousas e outras pol-o estilo, podíase dicir moito. Do cual eu concluyo que nos teñen que agradecer os Arcebispos de que non lle botemos a culpa dos tronos. 
     —Pero en qué quedamos —repricou Picado— sua mercé ¿quere ou non que se sigan os preitos? ¿Ou pouco lle importa que os demais se trompiquen mentras a sua mercé campée?
     —Inda non cheguei a ese punto —contestou Bendaña, prosiguindo.— Para moitos dos cargos, repito, que aqui se fixeron contra os Arcebispos, eu non hacho nin átimo de fundamento, o cual demostra que non hay moita sobra de razóos millores para probar a nosa intencion, cando se recurre a estas tan fracas. E esto non-o digo porque reciba salario dos Arcebispos; quizais mo dedes vos dentro de pouco. Nin tampouco o digo porque me vaya ben con eles; mal tampouco me vay; pois nunca Iles faltei, que me acorde; mais por eso non me vay tan ben como a alguns co Concello, que teñen 


[páx. 55]


recibidas adiantadas boas sumas de mrs. Dígoo, porque creo que o debo falar asi; dígoo, porque abran os ollos alguns ilusos que pensan que, si deixamos o señorío dos Arcebispos, van a teer que ensanchar os cintos e non van saber o que fagan ca fartura. Eu por eso, xa que os preitos estan comezados, son da opinion que sigan, mais c'a debida moderacion e respeto.
     Despois de Bendaña falaron outros varios, e armouse ali un proverio mais que regular, pero parecéndome que xa vay bastando de xunta, porque estas cousas logo cansan, solasmentes apuntarei o que dixeron Martin Galos e Froitoso Galos. O primeiro, dixo, que xa o Sr. Arcebispo lle manifestara que o da carcelaxe lle parecía algo esorbitante e que estaba en rebaixalo, o segundo pideu que antes que andasen os preitos se pidise a venia ao Arcebispo, que de outra maneira él non consentía. O da venia despois de moito debate foi adimitido por casi todos.
     Algo podíamos decir tamen, do discurso do licenciado Peñaranda, pero estaba tan recheo e recraveteado de testos, que, por non citar uns e esquecer outros, deixarémolos todos. Habia ali testos de todol-os dereitos e comentaristas, e ainda non sey si dos capitulares de Carlo Mag-


[páx. 56]


no e das leys dos Borgoñoos. Deixarémolo; pouco importa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega