O dia vintetres de Decembre, moito antes de abrir
o dia, xa Gonçalvo se puxo en camiño para Lugo. Non-o
seguiremos, porque iba de moita presa e quedarémonos en Santiago, tanto mais que ao outro
dia habia gran festa na Catredal con motivo de ser a víspora de Navidá. Aas
nove da mañan do vintecatro estaban entre o coro e o altar tendidos os adibales que estonces habia en lugar das
gradicelas que hay agora, e non se revolvia a xente por aquel sitio. Uns iban por asistir a
aquelas augustas cirimonias en que se comemora o misterio mais tenro e mais atraente e
na-
[páx. 72]
moradeiro do Cristianismo, cal o da nacença do fillo de Dios; outros por ver como o facia o
novo organista Villada, que se estrenaba aquel dia. Espertouse en moitos a cursidá de saber
si
VilIada podia competir co célebre Dionisio, que xa levaba tantos anos (desde o 1520) na Catredal
e pasaba por un maestro consumado na sua arte. Era Dionisio, dos Memos, unha das familias
mais nobres de Venecia, e estivera de capellan e organista na corte de Enrique VIII (¡bóo
páxaro!) Rey de Inglaterra. Colleuno unha vez no mar unha gran tormenta
e ofreceuse a servir un
ano ao Apóstol na sua eirexa, si se salvaba do naufragio.
Salvouse, nefeuto, e compreu como bóo
cristiano a sua ofreça. Dou tamen pra que quedase como mamoria un orgoo pequeno de sete
rexistros ou diferencias, que se colocou sobre o coro do Dayan. Ao cabo do
ano morreu o
primeiro organista Valderrábano, e estonces Dionisio concertouse co Cabídoo para desempeñar
esta praza (1). Non sei si será abusar (si é, pídolle a os meus atentos leutores que me perdoen)
(1) |
Unha cursidá: ¿será este Valderrábano pai ou hirman do Enrique
Valderrábano, que, en 1547, pubricou
en Valladolí un libro de Vihuela intitulado Silva de sirenas? Que o digan os leidos
e competentes. |
[páx. 73]
o poñer aqui o concerto de Dionisio co Cabidoo. Dice asi, medio en italiano medio en castelao: «Yo Dionisio Memo digo son contento de
tanier l' organo de la Santa Glesia de Santo Iachomo de Galicia tuto los
dias del ano que é
costume a tanier por el tempo pasado: e los sigñores del Cabildo mad á dar cento duchati d'
oro por un ano pagados por terso, e mas dos duchatos per la Natividá e dos ducatos per Santo
Iagomo. E per fe de questo escrivo de mia mano. Feta a di dese de Juio i
Santo Iachomo 1527.
Dionisio Memo.»
Dionisio, ademais, era organeiro, e fixo un gran orgoo para a Catredal, e por certo como
alguns machacaban e poñian reparos, tivo que viir Diego de Bejar, afamado organista
de Astorga, o cual diante de todos, despois de reconocer o orgoo, declarou que era boo, singular,
dos boos que había en España, si ben a caixa e os canutos estaban labrados con pouca finura.
Con estas causas, todos tiñan de Dionisio unha alta idea e desconfiaban de que haibese
moitos
que poudesen competir con él. Mais, naquel estonces, Dionisio estaba enfermo e por eso
veu
no seu sitio Villada. (1)
(1) |
Dionisio veu ao fin a deixar aqui os seus osos;
morreu en Santiago o 5 de Febreiro de 1550. |
[páx. 74]
Así que o reló dou a última batalada das
nove, comezaron a sair da sacristía d' arriba (1) os pincernas, os mozos dos
candieiros, os
capelans, e, ao cabo, o arcediago que había de entonar a calenda (que
non sei quen era)
acompañado de un coengo e de un raçoeiro. Ao mesmo tempo, o orgoo que o organeiro Pedro Velez
habia afinado aas mil maravillas; cos seus graves e armoniosos acordes iba marcando o paso
que debia levar a relixiosa comitiva, e á vez cas suas ondas sonoras,
que se defundian por toda a igresia, despoñia a alma dos concurrentes a
asistir respeitosa e devotamente aa ceremonia que iba a comenzarse.
Villada, pol-a sua parte, facía canto podía por
satisfacer a xeeral espetaçon. Uns facían mostras de aprobacion, outros daban aa
cabeza (eran os mais) en señal de que non quedaban do
todo satisfeitos. Esto no oustante, todos reconoceron que Villada era un
boo organista. E, a
decir verdá, os santiagueses, desde Valderrábano, Dionisio e Xamel, que foron uns organistas
que lles doía o ollo, sabian o que era tocar ben o orgoo.
Chegado o arcediago ao sitio de costume, o
(1) |
A de detrás do
Apóstolo. |
[páx. 75]
cardeal semaneiro entonou a Prima, que se
cantou con toda solenidá. Despois do responsorio e a primeira oraçon de Prima, comezou o
arcediago a cantar con voz estentórea a calenda. Na eirexa, entramentes, reinaba xeeral silencio, e
todos escoitaban cómo o nobre cantor iba ementando os sucesos mais famosos do mundo,
como preparaçon do gran feyto que se comemoraba. E cando chegou a cantar
con voz mais
erguida o párrafo, «Jesus Christus aeternus Deus, aeterni Patris filius.....
in Bethelem Judae
nascitur ex Maria Virgine, factus homo» (1), todo o mundo cayeu de xionllos, como si os
afondira o peso da admiraçon que lIes causaba tan grandioso e subrime recordo.
A todo esto, o maestro de capela, Francisco de Logroño, tiña disposta a sua
xente, e asi que
acabou o arcediago, empezaron a executar unha graciosa chanzoneta ou
motete, que a todos
maravillou pol-a novedá, pol-a dulzura e suavidá da composicion, e poI-o sentimento e
espresion con que foy executada. Xa estonces había en Santiago unha capela
regular de música, que podía desempeñar con lucimento calquer
(1) |
Jesucristo,
eterno Dios, fillo do Eterno Padre, feito Home, nace en Belen de Xudá
de Maria Virxe. |
[páx. 76]
cousa. Sinte os mozos de coro, había outros nove cantores e sete musicos
ou ministriles,
como estonces lles chamaban, que o maestro coidaba de teer ben
adoutrinados (1). Si vírades,
meus leutores, cómo rebosaban de prácida alegría as caras de todol-os circunstantes! Habíades
de pensar que un aire celeste tiña imprenadas e embargadas aquelas almas. E así era a verdá;
porque tal é o poder da Relixion Católica de obrar nos ánimos por medio das virtudes que
infunde, que parez que os eleva e trasporta a unha rexion mais alta, mais serena e tranquila.
A fe que nos deprende as verdades mais subrimes e consoladoras; a Esperanza que nos
asegura do ben a que somos destinados; a Caridá que con santo e suavísimo vencello nos obriga a
corresponder con amor aos divinos regalos, non pode menos de elevar os corazóos e
infundir neles, sin sentilo, como un sopro que refrixera e conforta. Non é pois de estrayar que
todos estivesen embobados oindo aqueles suaves concentos, e que no
sembrante de todos non se
(1) |
Según unha nota de
aquel tempo, os nomes dos cantores eran: Valdeolivas, Avila, Fresco,
Feixóo, Jerónimo Lucas, Miranda, Reymondez e Pelegrina. Os músecos eran Morales, Monzon, que tocaba sacabuche
contrabaixo, Hortiz, Drues, Diego Rodriguez, Pedro Alvarez e Pedro
Gonzalez. |
[páx. 77]
debuxase outro temor que o de que a múseca se acabase logo. Pero como todo
neste mundo
ten fin, a orquesta tamen o tuvo, e, cantada a Prima e as demais Horas menores, comezou a
misa, que poucos se escusaron de ouvir.
Asi que o Cardeal e ministros oficiantes se retiraron para a
sancristia, tamen o xentio que hinchia as naves do templo, empezou a desfilar
pouco a pouco, así como unha gran masa de xio se vay derretendo lentamente aos cachons
do sol. Entre os últimos que sairon da irexa; chamaba a atençon un señor coengo, alto e
farfanton, e dreito e teso como un rapaz, e eso que por debaixo do chapeu saianlle unhas
guedellas brancas como a neve. Era o Cardeal Xan de Mondragon, que estaba de semana e
tivera a
misa aquel dia. Non digo nada do traballo que Ile costou atravesar a Quintán, atestada
como
estaba de xente. Nun lado estaban as pescas pregoando con cantas forzas
podian, unhas,
pixotas, outras, muxes, outras, sardiñas, outras, ostras, e asi cada unha o seu peixe. A outro lado
estaban as fruteiras vendendo mayas, laranxas, limons, castañas, abelaas, noces, e asi pol-o
estilo. Para outro lado estaban as tendas dos mercaderes de lenços e panos de
Frandes e
Inglaterra, e habíaos tan pintados e tan colorados,
[páx. 78]
que aquelo parecia un xardin cheo de froles. Xa
non falemos das platerías e das notarías e boticas, que estaban tan apegadas á Catredal, como
arneirós aa pena. A xente corria en remuiños de un sitio para outro, e a veces
non faltaban
golpes e repuxós; pero como cada un iba aos seus feitos, seguía e calaba. Cando se veu nelas
o probe Cardeal, foy cando atravesou o escuriño que habia ao sair da
Quintán para a Rua Nova.
Era aquel un pasadizo ou corredor cuberto, non moy ancho que aa entrada e saida
tiña unhas
reixas de ferro, que Ilas puxeran para estorbar que de noite se entretuvese ali a xente
aficionada a buscar taes currunchos. O bóo do Cardeal atravesou o escuriño, unhas veces no aire,
outras de costas, outras de lado, segun o collían os remuiños da xente, e siguindo, paso a paso,
ao seu paxe, que facía canto podia para abrirlle camiño. Chegou, por fin, á Rua Nova, e
meteuse na sua casa que estaba aa entrada da calle. Non subiremos con él, porque
supoñemos que
iria a tomar a parva, e mais porque de alí a media hora, ou ainda non, saeu con unha rica
garnacha sobre a opa, acompañado de dous paxes. Baixou pol-a Rua Nova hastra chegar ao
Outeiral e parou diante da casa do Sr. Rodrigo de Bendaña, o cual, así que tivo aviso de que
esta-
[páx. 79]
ba alí o Cardeal Mondragon, saeu aa escaleira e,
desfacéndose en cumpridos, acompañouno aa sua cámara.
¿A qué debo eu tanta honra dixo Rodrigo de Bendaña, despois dos saudos e
comprimentos de costume como é a de teer hoxe na miña casa ao Sr.
Cardeal?
¿E sua mercé chámalle honra ao comprir
con un deber de cortesía e amistá? Eu véñolle a
dar as Pascuas ao meu amigo de tantos anos e, ao mesmo tempo, a conversar con
él, pois xa
fay tempo que non tiven este gusto e satisfauçon.
Eu non podrei agradecer como se merece este rato de pracer, que sua
mercé me
proporciona, pero non quería que fose a tanta costa.
Sua mercé non me agradeza nada, que por ningun capítulo ten por qué. Si os bóos
amigos non-os folgamos uns cos outros ¿con quén nos habemos de folgar? E mais hoxe que teño
unha encarga para sua mercé.
E logo ¿qué me manda o Sr. Cardeal?
É o seguente. O provisor está alarmado, e
non pouco, con estas xuntas do rexemento e
cas voces que corren de conspiraçióos e tumultos do pobo. Como él ten o xenio algo apurado,
non sei si habrá tanto como él pensa, ou si será
[páx. 80]
mais o ruido que as noces; pero o que a el
mail-o sofoca é o temor de que, cando veña o Arcebispo, haxa no pobo
algun alboroto e
rebodaina e lle boten a él a culpa poI-a sua intemperança ou ineutitú. E como él hasta agora e
aquí novo e ainda conoce pouco aa xente, rogoume que tratase de pescudar de alguns
rexidores e veciños, e particularmente da sua mercé, qué tramas habia contra a outoridade do
Arcebispo ou contra as personas dos seus oficiaes. Aqui ten a miña encarga.
Sr. Cardeal, si lle hei de decir a verdá,
no pobo hay bastante descontento; non quero meterme agora en si hay ou non motivo para elo, pero o certo é que a xente anda bastante
altereada. Eu, en certos puntos, non podo espricarme con sua mercé ca
franqueza que quixera, pois o
mesmo cargo de rexidor obrígame a gardar reserva sobre os asuntos tratados no
Consistorio,
como sua mercé a garda tamen sobre o que se trata no cabídoo. Algunhas cousas hay por eso
que eu podo revelar, sin comprometer o meu honor e a miña dinidá, porque moitas delas xa
son bastante púbricas. Tal é qu' o Rexemento ten acordado en Consistorio seguir e autivar os
preitos que están pendentes cos Arcebispos, sobre o señorío da cidá e sobre alguns servicios
[páx. 81]
que se Iles prestan. E a propósito desto; inda soupen onte por unha casualidá, por unha
teceláa que me trouxo unha tea, que Froitoso de Ulloa despachou noutronte, para
Valladolí, uns
pregos que diz corrían moita presa. Pero o que mais os altera son as pousadas, porque
agora
diz que vay a viir o Arcebispo con unha chea de soldados, que sabe Dios de donde
son, e que
non-os queren apousentar nas suas casas. Asi é que, según teño entendido, pensan pidir en
Consistorio que non se den pousadas e é moy fácile que o consigan. Quéixanse tamen de que
aos xueces non se lles toma residencia como está mandado; de que os Asistentes
preséntanse
eles a defender causas e preitos, e asi de outras cousas pol-o estilo de que me parece que sua
mercé ha de teer noticias, porque creo, si non cometo unha indiscreçon en dicilo, que no
Cabídoo da últema vacante xa se falou de algo desto. Todas estas cousas teñen ao pobo
descomposto e revolto, porque alguns predican e atizan canto poden para que a
xente se queime e asañe. Casque todol-os dias hay xuntas, ou ahí na
casa de Xan o ferrador da Porta Faxeira, ou na de Xan do Casal, ou na do zapateiro Nicolao, e
non digo nada da xente que alí se reune, que é abonada para calquer
cousa. Pero, repito, o que
[páx. 82]
mais sublevados os ten é o conto das pousadas, e eso debe miralo ben o Provisor, para
que, aa chegada do Arcebispo, non haxa algun espeutáculo pouco agradabele. Sua
mercé non esquecería o que pasou cando veu o Sr. Emperador.....
Eso é o que sería de sentir, tanto mais
que o Arcebispo ven tan ledo e satisfeito do seu viaxe. Non fay moitos dias, recibeu o Provisor
unha carta do sobriño do Arcebispo, D. Pedro de Abalos, en que lle contaba das victorias do
Sr. Emperador e dos ousequios que lle fixeran a seu tio en Alemania.
Decíalle que o 13 de
Setembre, o duque de Cleves, perdida a cidá de Buren e despois de impetrar o perdón do señor
Emperador, fixo cesion do ducado de Gueldres. Faláballe tamen da estada do
noso Arcebispo
en Spira, en donde conversou co Arcebispo de Colonia. E como este fora
fortemente
reprendido poI-o Sr. Emperador, pol-a sua tolerança cos luteranos, para volver aa gracia do
seu señor,
procurou poñerse a ben ca corte, e ao noso Arcebispo fixolle grandes presentes, entre outras
cousas, doulle un brazo de San Cristobo e a cabeza de Santa Paulina con outras seis mais
das once mil virxees. Non é para decir cánto lle agradou o regalo ao noso Arcebispo
que, desde
aquel momento, o destinou para a sua igresia
[páx. 83]
de Compostela, no cual sabia o que lle habia de
agradar ao Sr. Emperador que é moy devoto do noso Apóstolo Santiago. Agora fegúrese
sua
merce, como quedará o boo señor si, vindo tan enteiro e satisfeito, pasa calquer trastada. Eu
soilo por eso alégrome de non haber ido con él como pensaba.
Pois non respondo que non suceda algun desturbio ou algun ruido. Hay que
desengañarse que é andacio; agora a xente anda muy alpurizada, subíronselle os fumes aa cabeza e todo
lle estorba e a todo se estreve, xa ve a sua mercé o que pasou cos comuneros de Castilla,
cas xermanías de Valencia e con outros axuntamentos da mesma calaña, e
ben se acordará que
os Procuradores de Toledo e outros sitios quiríanselle subir aas barbas ao Sr. Emperador.
Paréceme que os mesmos fumes se apoderaron do pobo de Santiago.
Nestes e noutros coloquios estiveron un
anaco os dous bóos amigos, hastra que a hora das doce os fixo separar. O
Cardeal despideuse e retirouse para a sua casa, e Rodrigo de Bendaña, con moitos cumprimentos e cortesías,
acompañouno hastra a escaIeira.
|