A fonte do xuramento

 

Acto primeiro

Páxina Seguinte

m4fmiglesiaafontedoxuramento001.html

 




[p. 3]



A FONTE DO XURAMENTO



Drama de costumes gallegos en dous autos en verso

ORIXINAL DE

Francisco Mª de la Iglesia y González



[p. 4]


Personas


Mínia

(20 anos)

Stas. Dª. Noelia Rofast.
Marciana (18   »   )   »     Dª. Nicolasa Fernández.
Tadea (20  »    )   »     Dª. Carolina Escudero.
Minga (40  »    )   »     Dª. Carlota Sánchez
Páula (20  »    ) Personaje mudo.
Estebo (25  »    ) * Sres. D. Eduardo Puig
Felipe (id.  »    ) *    »    D. Maximino García
Alonso (id.  »    ) *   »    D. Miguel Hermida
Reinaldo (id.  »    ) *   »     D. Manuel Sánchez.
Merexildo (id.  »    ) *   »     D. Antonio Real.

 *   Licenciados d'un mesmo reemprazo



Mozos é mozas
.


Direutor escénico,1º autor, D. Francisco Lumbreras.
Apuntador,
D. Luis Vicente Santos.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
A aución pasa n-o ano de 1862, en Mera de Mayanca, pequeno porto d'os
d'a veiramar, d'as Mariñas d'a Cruña.



    
ADEVERTENCIA.— An que son partidario d'a Ortografía etimológica, á falicidade con que se confundían n-os ensayos os encargados de representar este drama, obrigáronm'a empregar a x en geral n-os casos en que debía escribir con g ou j.



[p. 5]

Sr. Presidente d'o Liceu Brigantiño:

     A letura d'o scomenzo d'o noso Regramento, que, ó dar razón d'a índole d'a sociedade á quen debe servir de pauta a describe d'esta maneira:
     «Un ente moral con vida própea; verdadeiro centro de recreyo é d'ilustrazón, creando intereses e inspirando afeutos de hirmandade entre viciños; que faga renacere un purísemo amor ás venerandas tradiciôs d'a madre pátria, d'a nosa amada Galicia, rindindo o xusto e debido homenaxe, ou sexa xuramento de fidelidade ás cencias, ás artes, ó comercio é á industria, inxemprando n-os seus afiliados incrinación e gusto hácia o bello, útil e ameno, que nos ofrecen os incesantes adiantamentos e perfeizós d'o noso sigro:»
     O têr eu persentes todas estas consideraciós d'os seus erguidos intentos dinos d'o millor respeto por todos cantos de bôs gallegos se prezan ; déum'alento d'abondo para escribir A Fonte d'o Xuramento, primeiro ensayo dramáteco d'os costumes d'as nosas Mariñas, sin rivás en fermosura; homilde traballo que hoxe teño eu a yalta honore en poder adicar á primeira Sociedade que, adiquirindo inmortal renome n-os fastos d'a gallega literatura, soupo erguer a sua garrida e docísima Musa ó dourado scano d'o palco escénico, onde con tantos adiantos campéa á língua de Castilla.
     Dinádevos pois, Seor Presidente, perdoar o meu estrevimento e insuficenza, fillos d'os meus bos deseyos, posto que, á semellanza vosa, non dormin hastra pousar unha pequena ofrenda d'amor riba d'o altar d'o patriotismo d'a nosa terra bendita; semilleiro de tantos sábios e de tantos heroes, como alumían n-o sagro tempro d'a Historia. Queira Dios que tantos riquísemos poetas como ó presente alauréan á esta terra de bendizón, e á quen lles mando de corazón un cariñosísemo saudo; canten con millor brio e acertamento n-a língua d'o sábio Alfonso X; e que, á persente Fonte d'o Xuramento, veña á ser á máis pequecha folla d'a coróa d'a sua groria inmorrente, á quen intento abrir paso.
     Co-eso solasmentres, quedarán satisfeitos os anhelos d'o voso humilde servidore, e consocio agradescido;

Farruco d'a Igrexa González.



[p. 6]

Traxes.

     Os d'as mulleres, principás personaxes d'a aución, consistirán en: saya longa de merino de côr, chaqueta de pana, merino ou rusel,  de manga estreita con encaixe rizado n-o escote e n-os puños d'a chámbra. Devantal ou sea mantelo de pano negro con anchas bandas de terciopelo, agremáns d'azibache negro, ou gordo calabrote de fio d'ouro. Mantón de Manila de côr branca, vermello, rosa e garabanzo, atado á cintura e por debaixo d'a chaqueta. Duas caídas de cinta de seda, anchas e de vivas côres. Longos pendentes e adrezo de lazo pendente d'un terciopelo estreito ou d'un cordón de seda con dôas douradas, ou semellando pelras. Pano de bobiné, caído sobr'o seo. Peiteado en duas trenzas, cabelos ensortillados n-a raiz d'a testa, siguindo a vella moda gótica ou sueva. Zapato subido de pano, de pelica de cabra, ou de charol; e médias brancas de liño ou de cotón.
     Os dós homes, principás personaxes d'o drama, comporánse de: Pantalón de campana, liso, ou con remonta de côr máis crara q'a d'o pano d'o seu fondo. Chaqueta, chamada marsellés, de pano negro ou d'estracán. Chaleque escuro é aberto. Camisa de fita baixa, ou á mariñeira. Pano de seda de côr moi vivo, xa prendido c'un anelo coma corbata; xa solto e stricado sô as veiras d'o chaleque hastra prender as puntas n-o cinto d'o pantalón. Sombreiro chambergo; e portando pau longo, cardeña, ou bisarma.
     Anque n-a parroquia onde ten lugar esta aución, así como en todál as d'a Veiramar, é moi raro ver hoxe, n'o dia de festa, un solo mozo vistido de calzón e monteira, nin unha rapaza con dengue (o que é ben de lamentar) conviría que n-a concurrencia á parroquia, e á foliada d'o Santo, con que escomenza o auto segundo, aparecesen várias parellas co-el; así coma tamen outras con cirolas, polainas, monteira, faixa morada ou roxa, chaqueta e chaleque de grana, de pano branco ou marelo, riberetados de terciopelo negro; refaixo e dengue vermellos, e hastra a elegantísema cófia.
     Para millor propiedade, non deben faltar d'o grupo representantes d'o señorío, artesáns, mariñeiros e algun que outro soldado d'os diferentes corpos d'o exército.
     Con esto, a idea que se poidese formar d'o noso modo de vistir autual sería compreta.

~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
Enténdanse por direita e ezquerda, as dos autores.

 



[p. 7]

AUTO PRIMEIRO.
~~~~~~~~~~~~



     Decoración de praya con álbres á direita e izquerda. Pequena baixada penasquenta que s'estenda hastra á carta parte d'a izquerda d'o fondo. Unha albre n-o escomenzo d'a subida. Casa modesta de labrador n-o primeiro termo d'a direita (vivenda de Alonso, ) o seu frente caseta con tabuleiro á direita d'a porta (habitación de Mínia.) Sentadeiro de pedra á direita de cada unha. Pouco antes d' erguers'o teón, síntese o repiniquéo d'as campanas parroquiás, anunciando a festa d'o Patrón, dous ou tres foguetes, e a gaita tocand'a alborada que parará de soar ó dar escomenzo a




ESCENA PRIMEIRA.

     Estebo.Reinaldo.Estebo armado con longa móca e c'a chaqueta pendente d' o brazo ezquerdo, entra poI-o fondo d' a direita vixiando canto pasa n'o rueiro. Despois de ver ainda cerradas as casas de Mínia e d' Alonso, volves' ó fondo d'a ezquerda por onde entre Reinaldo armado d'igual maneira é tan precabido como Estebo.


Estebo.

Téstos dias, Reinaldo. (Alargándoll'a mau.)
Reinaldo.                   Bôs, Estebo, (Estreitádoll' a sua.)
¿Seique oíchel os toques d'a dïana? 
Estebo. D'alborada dirás, pois non estamos
Aínda n'o cuartel, nin aló en Áfreca.
Reinaldo. Xa sei, xa sei qu'estamo frent'á Cruña,
N'stes agros de Mera..... Aquí en Mayanca.

                         [p. 8]

Estebo.

Ond'o Normán quedóu trocadó en cínzas
(Moi marcado.)
Cando os fillos d'aquí tiñan máis alma;
E ond'o ingrés topóu peitos de ferro,
E molIóu Almanzor sua égua branca...
Reinaldo. ¡E colgaron os santos n-os castaños 
(Dándose por enteirado.
Os pïós de Norrís (1) fartos de rabia!
Estebo. Todos eses recordos vallen moito
Pra quen nunca s'afoga en pouca auga;
Mais á quen á seus padres non amita
¿Qué ben lle traguerán (Como avergonzado.)
                            ¡Soyo humildanza.
Reinaldo. Os que levan n-as venas á semente
De tan bravos varôs, si é que cadra;
Inda poden romper catro cardeñas
Pra gardar coma éles nosa casa.
Estebo. Reinaldo, pode ser. Mais pol o visto
Os de fora se rín ben de Mayanca
(Con moita intención.)
Reinaldo. ¡N'ha de durar a misa máis q'o crego!
¿Tanto pode tardar nosa ruáda?
Estebo. Falarémos, Reinaldo.
Reinaldo.                                 Falarémos,
Pois Merexildo ahí vén...
Estebo.                                   ¡Tamén fai falla!




ESCENA II.


     Os mesmos.—Merexildo que dá un apretón de maus á Estebo e outro á Reinaldo.


Merexildo.

¡Bôs dias, compañeiros, non coidaba
Atopar con vosoutros tan axiña!
---------------------------------------------
(1) Referíndos'o cerco dá Cruña en 1589.

                         [p. 9]

Estebo.

¡E perciso estrical o tempo!
Merexildo.                                                  ¡E logo!!
A festa d'o Patrón n'é cada dia.
Reinaldo. ¿Por eso ti fuxiches d'antr'as sabas
(Con segunda intinción.)
 Pra ver su'alborada índa dispida?...
Estebo. ¡S'índa non se deitóu!,..
Reinaldo. (Dubidando.)               ¿E él é certo?
Merexildo. ¡Todo poidera ser!...
Reinaldo.                                 ¡Seique cabilas!...
Estebo. Cando vos vôs erguês xa Merexildo
Volve de repartir nosa consiña.
(Con sorna.)
Merexildo. ¡Disque can dormidor non pilla moscas!
E senón, que Felipe vol o diga.
Estebo. ¡Val máis quén Dios axuda....
Reinaldo.                                         Xa entendímos;
Pro fíate e non côrras!
Estebo.                                  ¡N'hai madía!
¡Non é tan grave o mal que tén romedio!
Merexildo. O conto é atopar c-as meleciñas...
Estebo. ¡N'a vosa mau está o dar co-elas!..
Merexildo. Pouco importa ser dôno d'a botícara
Se médeco non hai para apricálas....
Reinaldo. ¿Pois á ver com' A!onso hox'as aprica?
¿N'é êl o noso xefe? ¿Non se trata?
De libre lIe deixar á esa Mínia
Que así se mofa d'él? E anque fose
Dimpois pra un de nos; ¿non ten obriga
De guiar nosas loitas cando tenden
A gardal o interés d'a freguexía?
Merexildo. ¡Cóido que sí! ¿E stonces porqué foxe?
¿Porqué falla d'aquí?¿Porqué non brinca,
Enríba de Felipe, consintindo
Que aqui veña casar pra nosa míngua?
¿Esconfía de nos?... ¿Véu él con-nosco

                         [p. 10]

Quén non poida axudálo n'esta lida?
¿Pois destóncias?...
Reinaldo.                                  Decí ¿non vos parece
Para saír de dudas máis axiña,
Q', Estebo, mentras nós almorzar vamos,
S'entenda con Alonso, e aló n'a misa
Seipamos como pensa, e remexernos
Dimpois como conveña?...
Merexildo.                                      ¡Ben atínas!
¡Por Dios que tés razón!
Reinaldo.                                    ¡Pois hála, Estebo,
A concertar co él; e hastr'a vísta!
(Reinaldo e Merexildo sállen pol'o fondo d'a
ezquerda.)




ESCENA III.

    
     Estebo que despois de pasear hastr'o fondo pra ver s'está solo, acércas' á porta d' Alonso. Peta n' ela, e non respondéndolle naide escrama:

Estebo.

¡Prob' Alonso! índa dormes; dúrme, dúrme!
Que falta fai ó teu mangoado peito:
Hoxe é dia de proba, e pillar forzas
Debes pra seportar tamaño peso.
(Sentándose e mirando pr'a ventana de Mínia)
Mínia tamen paréz q'inda rebulda 
C-os seus soños d'amor, d'encantos cheyos...
¡Mazán d'as nosas lóitas, non sospeita
Q'o pan d'a vínga é dolce pr'o meu seyo
Empeñóuse en ferir nosos costumes...,
¡A sua gananciña non Il'arrendo!
Mofáchete de min coma d' Alonso...
¡El pode perdonar; pro nunca Estebo! (Pausa.)
Dimpois que d'esas contas d' o teu cargo
(Erguendose.)
As pênas que nos dâs che descontemos,
¡Amor! ¡tirán Amor! o que ben conte...

                         [p. 11]

Verá que teu haber...
(Sacudindo o sombreiro sin soltalo, e con carraxe desesperante.)
                        Trócas'en cero!... (Pausa.)
Pro, en canto non espertan un e outro,
Vámos á esparexel o pensamento
N'esas augas d'o porto, arremuiñadas
Com'as írias que agacha o meu sagreto.
(Salle pol a direita camiño d'o porto.)




ESCENA IV.


     Alonso dirixíndose paseniño á porta de Mínia e deténdoso ó véla cerrada.


Alonso.

¿Que farás, prob' Alonso? ¿Adios diráslle,
Ou vas afondar mâis tuas feridas?
¡Quén ch'o diría á tí que teus amores
D'o niño de teus páis t'alonxarían! 
Cando envolto n'e sangue d'as batallas
As tuas bravas forzas cánsas íban,
Tan só con pernunciar de Mínia o nome
Xa lanzas nin cañôs che púñan gríma.
Mais hoxe, unha mirada desdeñosa
Con q'ela ten amor tan fondo alisca,
T'asusta, te confonde, t'encadéa...
T'afoga antre maréas d'agonía.
¡Amála inútelmente...; sempre!... ¡sempre!..
E ver guindar así c-a pasión miña,
Deixándome sin fé nin esperanzas
Revolto n-as resacas máis bravías
Que pod'erguer amor n'un peito mozo...
Por Dios, q'ó mesmo ceu lle píden vínga!...
Mais ¿cómo esnaquizar esta serpente
Q'enrosca o peito meu noites e dias,
Trabándome... torcéndome... frixíndome...
Furand'o peito meu?... ¡Ai Mínia, Mínia!

                         [p. 12]

Pensar q'así t'adoro dende neno;
Que un berce veu nacer nosas sorisas;
Q'o leite q'adozou teus frescos labros
C-a mesma vida enchéu as venas miñas
Cando sin tua nai orfa quedaches...
Que hoxe á ser d'outro vas... ¡ai sort'impía!...
(Derixindo as olladas ó tabuleiro de Mínia.)
¿Q'importa q'eu batalle pra esquencerte
Si s'ergue ós ollos meus tua imáxen viva....
Si tua voz melosa, á cada istante,
Esperta en min recôrdos que m'espiñan?
¡lmposibre è calmar véndote! A lonxe
Fuxámos, sí. ¡Fuxámos d'estas lídas!
(Tendend'as olladas, pol o val.)
Non volv'eu á lêr máis n'estas pradeiras,
N'estas fontes en van pra min froridas,
A hestória d' est' amor desasurado
Q'á perdizón m'arrastra. ¡Adios. ai Mínia!
(Salle pol a direita, camiño d'o porto.)




ESCENA V.


     Tia Minga —Mínia q'impacente diríxese hacia á direita recitánd'os cinco primeiros versos. Despois de ver que non chega Felipe retorna pouco a pouco ó medio d'a escena hastra dar fin ó seu paroIamento.

Mínia.

¡Canto sperar, Felipe! ¡á fé q'é moito
Pra quén tal desazón sente n'a yalma!
«Adios» me dixo ó irse.«En teus olliños
«A verme tornarei co-a luz d'a yalba»...
E son as dez;... e non asoma.
Minga.                                        Mínia,
AIgun estorvo nosa dicha entrampa.
Mínia. ¿Pro como non mandarme catro letras
Cand'él adóito me regala tantas,
Pintándom'ese amor vivo é crecente

                         [p. 13]


Que mil rayolas d'enfeitizo espalla?
¿Escribiréille eu?... Mais ¡que diáño!
Porq'hei d'esconfiar?
               (Amostrando moita impacencia.)
Minga.                              Teñámos calma
Un carto d'hora máis. Sí, agardémos,
(Sentándose)
Mínia. Máis, cómo pod'eu têla? ¡Esas olIadas
(Con despeito.)
Treidoras, carrexentas, vingatibres
Que os mozos d'a parroquia lIe descargan
Cand'atopa co-eles...
Minga                               Eses côrros
De tanto cochicheo; din ás craras
O bén que para nós xuntar desexan.
        (Sin atender ós dítos de sua tia.)
Mínia Pro non por esas meu sorrir alcanzan...
Estebo, Góros, Míngos, Merexildo...
¡En van urdindo andás n'a lïaraza!
Retirarvos podês. ¡Eu vôs desprezo,
Pois Mínia non nacíu pra ser escrava!
              (Con refreusión)
Minga. Somente á gratítude atar poidera
En pró d'Alonso teu sentir...
Mínia. (Erguéndose)                        ¡Pantasmas!
Tragád'escúpes é roéd'o frêo.
Pois n'este peito só Felipe manda
(Con impacencia.)
Está visto, él non vén. Eu me consumo.
¡El caería malo? ¡Qué agonía!
Minga. Virá n'a lancha aquela?¡Dios te traya!
¡Pro con que calma  vén!
Mínia. (Cada vez máis impacente)   ¡Espérta brisa!
Minga. Mais dudo que tives'a q'ír á Cruña...
En fin, él xa dirá...
Mínia. (Vendo asomar á Reinaldo pol a izquerda

.                         [p. 14]


en busca d' Estebo, pro que non divisándoo
por alí, retírase pol o mesmo lado.)

                     ¡Hola!... ¡os espías!...
Quizais veñan á hurdíla en cas'd' Alonso.
Minga. ¡Fôran todos como él!
Mínia. (Con intención)                Por máis que diga
Non ll'ha de resultar d'o seu consello
Ningun ben pra Felipe, nin pra Mínia.
                        (Entran n-a sua casa)




ESCENA VI.


     Estebo de volta d'o porto, entra poI a direita acompañado d'Alonso


Estebo.

N'aprobo teu pensar, Alonso amigo,
Pois co-él desdixéras d'o teu tempre.
Ela ó fin é muller. ¡Erguet'e loita,
Q'as vitorias á mau por si non veñen.
Hai que ganar o campo palmo á palmo
E c-un rodêo máis trúnfas, se quéres.
Alonso. Déixame en paz, Estebo, ó meu viáxe
Disposto teño xa.
Estebo.                             ¡N'eso non penses!
A derradeira carta índa che queda:
O carro máís millor pode torcerse...
Alonso. ¿Tantos anos de proba, non son nada?
Estebo. Hastr'o d'hoxe quizáis. ¡Mallach'en verde!
¿Quitáchel os entúllos d'o regueiro
Para q'en teu favor fos'a corrente?...
¡Agárda un dia máis, é non t'atôtes!
Verás que polvoriño hox'aquí s'ergue;
E dimpóis, xa dirás si razón tiven
En vixiar teus pasos, e detêrte.
Alonso. Estimo teu alento, pro non podo
Contigo conformar... (Séntans'entrambos)
Estebo.                            ¡Cálma é aténdeme!

                         [p. 15]

Finxindo amor crecente por Tadéa.
Hox'o querer de Mínia trocar debes,
Non así con descargas de sospiros,
Non con vágoas que son armas moi debres
Postas n'a nosa mau, anq'invencibres
N'os ollos d'a muller que nos acende!
Hoxe é dia d'a festa. ¡Ha d' haber tróula!
Felipe é teu estorvo: e... ¡xa m'entendes!
A parroquia é contigo: e él d' abondo
N'é home pra poder fincarch'o dente.
Alonso. (Erguéndose.)
¡Tênte, Estebo! Non sígas: que pirmeiro
N'as augas d' este porto guindaréime
Antes de ser eu causa de que Mínia
C-as vágoas d'a orfandá seu rostro queime.
¡Perdona! ¡Non porsígas! !Non t'escóito!...
Calnon d'o teu afan; non me convences.
¡Qu'o ceu n'o corazón, si quer, lle toque...
E sinón que feliz a faga sempre!
(Distraido entra n'a sua casa, sin invitar á
Estebo á q'entre á descansar.)




ESCENA VII.


     Estebo mirando á porta por onde Alonso desapareceu, escrama contrariado e farto de despeito.


Estebo.

(Erguéndose.)

Pois anq'o mesmo interno se m'apoña
O lum'afogar vou d'ese rivále!...
(Volvéndos'á porta de Alonso.)
¡Déboch'a vida! Un dia n'a campaña...
Con farto risgo teu... ti m'a salvaches.
A non recordar esto... por Dios vívo...
Que pasáras pra min com'un cobarde!
(Sombrío e misterioso.)

                         [p. 16]

Non sei s'entenderál os meus intentos:
Mais, sea como fôre; iréi adiante.
                                   (Pausa e transición.)
Finxindo compasión por tua sorte
O esprito parroquial vou a sprotare...
Amostraréi por ti fervente celo;...
¡E Mínia será miña, cedo; ou tarde!




ESCENA VIII.


     Estebo.—Reinaldo pol a ezquerda.


Reinaldo.

¿El  têmos home, ou nón, amigo Estebo?
Lograches atraguel'ó campo noso?
Estebo. (Con desenfado)
Reinaldo, desengáñate, é bobaxe
Coidar en avivar ó mórto Alonso. 
Non é dono de sí; nin ve máis sóle
Que Mínia, que o frixe á lume xordo.
Reinaldo. Pro ¿renúncia á ser xefe n'a loitanza?
¿Porq'así vive sin falar co-nósco?...
Estebo. (Sin esperanza.)
N'hay que contar co-el n'esta aventura!
Reinaldo. (Con ironía.)
¿Pro firícheslle bén seu amor própeo?...
Remexícheslle bén sua mamoria
C-os desaires que sofre?...
Estebo.                                           ¡Todo, todo
Canto ti poidas maxinar ll'espuxen!
Primeiro á combatir volv'antr'os mouros,
Q'erguer sua cardeña pra Felipe
Por non magoar á Mínía... nin c-un sopro.
                              (Reprimindo seus celos.)
¡Mínia! Sómente Mínia é seu feitizo...
Vêla él sempre leda, é seu consolo...
Reinaldo. Pro dí ¿q'espera d'éla ese pasmado

                         [p. 17]

Cando as léises lle digan que x'é d'outro?
                                          (Con endifrenza.) 
Estebo. En van lle lembral os cen mil desaires
Con qu'éla paga seu amor heróico;
En van o risgo aquel, que por salvála
Corriu baixo d'as ôlas d'este porto
E por antr'o tragar d'as llamaredas
Q'a sua casa devorano hai pouco.
El reprica:
         (Finxindo á voz lamentosa d' Alonso.)
             
«O q'eu fixen por librála,
»Por todos o faría en calquer tempo.
»¿Pidéum'ela á min algo, Estebo amigo?
»Pois si nada pidéu, non fáles d'eso.
»Que s'a mil eu prestar'eses favores
»N'habían de pagar c-o amor q'eu quero.
»Seu corazón é libre, e obrigálo,
»Tiranía en min fôra o pertendelo.
»¿Tén ela a culpa de q'ardendo eu viva
»N'o lume d'os seus ollos dende neno,
»Como outros vários d'a parroquia arden
»Sin topar auga pr'afogal o incendio?
»S'ela enxamáis nos déu prenda ningunha
»¿Porq'enredarnos c-os treidores celos
»Ó ver q'hai outro de millor fertuna
»Q'as rendas prénde d'o seu albo seyo?...
»Ela vítema é d'iguales dôres,
»Ela sofre tamen c-o seu desvelo;
»Ela por seu imán corr'atraguida;
»Ela voa, cal eu, tras d'o seu céo.
»¿Cóm'obrigála, pois, á que me queira
»Cal úneco siñor d'os seus afeutos?
»¿Quén tén poder pra tal? ¿Q'adiantar poido
»Con montoar espiñas n'o seu peito?...
»¡Ai! déixame vivir d'unha esperanza!
»Que nunca eu sirva, non, pra seu tormento.

                         [p. 18]

»¡Diol a faga felíz; q'en sagreficio
»Por tal, pagára c-o meu sangu' enteiro.»

                          (Finxindo conformidade.)
¡Esto responde él ós meus chamáres!...
Reinaldo. (Erguéndose carraxudo.) 
¡Valente mándria está! ¡Dá noxo velo!
¡Váya un mozo de pró q'así se deixa
Engoumado entumirse coma un neno
Que ve o cocón diante; ou baixo a vara
Debre, así xéme coma un cán pequecho!
¡Sufrir eu q'un chaval d'outra parroquia
Me virl'os trúnfos de un amor tan vello,
E sin repáro, diante min galée...
O que tal sufra... ¡non é home, Estebo!
Estebo. (Aparte.) ¡Pillémos este!
(Finxindo moito celo.) ¡AIto, meu Reinaldo,
Q'inxusto fôra transixir con eso!
Por verbo de valor; non hai quen poida
D'o bravo Alonso sinalar un pero.
Crúces, o crúces, nas batallas crúas
Soupo ganar tan ben com'o primeiro
Para cravar n'os lábros d'os cobardes
Q'hoxe s'astrevan á luxar seu creto.
Reinaldo. (Con sorna e carraxe crecente.)
¡E ben! porq'alí fôr lión tan bravo 
¿Aquí debe de ser máino cordeiro,
E consintir q'un neno ll'as aposte,
E q'esa ingrata faga d'el fiéitos?
Ou porq'alí nos dese liciôs bravas
E fos'o noso xefe n'estes éidos;
Por seu amor, tan raro e recollido,
Habemos d'andar todos feitos lelos,
Aguantando que luxe nosa testa
O primeiro landán e chuchumeco
Que nos queira furtar a millor moza
Que Qios quixo criar n'estes rueiros?

                         [p. 19]

¡Pensálo solasmentres... me magóa!
¿Onde van o'seus bríos d'outros tempos?
Estebo. (Con refreusión e finxindo moito celo por  Alonso.)
Home ¡tên esa língua! ¡non te cegues!
Percúra respetar santos diréitos.
Dóite d'unha pasión esfertunada
Dina de compasión e millor prémio,
Pois quén a sofre con valor tamaño
Hay tantos anos; respetar debemos.
O valor corporal medir non debes
Con ese espritual roer sonseiro,
¡Tán triste, tán cansado, tán firênte,
Tan encontrado, misterioso e terco,
Que óra nos ergue ós céos d'a esperanza;
Óra sin ela nôs abate cegos! (Transizón.)
Él non tallóu de náid'a libertade:
Él decote será fiel compañeiro:
Agacha seu door; e solo bréga
Antr'as ôlas, sin fin, d'o pensamento.
Reinaldo. (Con moito interés.)
Pero a nosa razón q'está máis fría,
Noso deber leal de compañeiros,
É quitálo d'o cárcer onde xéme,
Espantand'o fautor d'o seu tormento.
Estebo. (En sôn de dúbida.)
Non tópo eu tan a xeito esa vitoria
Non torcendo de Mínia es'amor terco.
Reinaldo. Desporcátat' Estebo: libre ela
lnda poida que veña ó bon regueíro.
Estebo. Pois esprícate craro.
Reinaldo. (Con moita refreusión.) Xa q'Alonso
Non quer poñer atrancos n'o portelo
Por respetar de Mínia o alvedrío;
Poñámolos nosoutros, tan espesos,
Que Felipe n'acerte c-a parroquia:

                         [p. 20]

E verás como así n'hai casamento.
Estebo. ¡Difícel me parece a tal empresa!
Se non t'espricas máis...
Reinaldo.                                      Xa falarêmos.
Pois que Tadéa ahí vén, punto n'a boca,
E diga o que quixér; non perdas tênto.
Tí déixate correr. O dôr d' Alonso
Tampouco á ela le regala o peito.
Estebo. Quezáis non sexa él quen-a magôe....
Segun veñ' aprezand' hai algun tempo.
(Aparte.) Defend'a Mínia par'Alonso, acaso.
Con máis folgo que nós e millor xeito.




ESCENA IX.


     Os mesmos.
—Tadéa que vestida de gala salle pr'a misa parroquial c-a mantilla n-o brazo. Antes de saudalos, dirixe unha ollada á ventana d Alonso e outr'á de Mínia.

Tadea.

¿Con intinción.)
¡Dios vos garde, galáns!
Reinaldo. (lncrinándose ambos.)         ¡Gracias, Tadéa!
Estebo. Q'él te conserve así, fresca e garrida...
Tadea. Non tanto coma vós, pro... vamos indo.
¡S'eu tivese os encantos que ten Mínia!...
Esa fror, que me dades por  limosna
Arrecendada pol o amor viría.
Reinaldo. Pois qué ¿sómente ela amor meresce?
¿Xa non hai n'este val estrelas vivas
Que acendan nosa alma e nôs enrreden
Con suas crenchas que as rayolas fian?
Tadea. Galán estás, por certo; pro non creyo
Que vôs póidan prender com'as de Mínia...
Estebo ¡Volta co-ela! ¡Moi dïaño eres!
¿E porqué c-as domáis non nos fas tírria
Cando hai tantas que son coma diamantes?
Tadea (A Estebo) Porque sómente ela vos cautiva
E vos trai sin sosego ó retorteiro;

                         [p. 21]

Pro ¡logo acabarán vosas cotífas! 
¡Ó fin n'é pra ningun de'esta parroquia
Pois teñen os d' afora millor crista
E saben galear con millor xeito...
Reinaldo. ¡Cando ti o dís, sinal q'o sabes, pícara!
Tadea. ¡A proba, está n'a mau! «O que n'é cego 
Ben pode, coma eu, ver poI a criba.»
Xa sabél o refrán d'os nosos vellos:
«De fora vos virá....» ¡ahjai! ¡qué risa!
Estebo. ¡Bah! eso quer decir, q'esa rapaza
Non quixo desbancarte por veciña.
Tadea. ¿A min!...
Reinaldo.                  ¡Si!
Estebo.                        E maguála así non debes...
Se non mostrar tua alma agradescida.
(Co-a máis escarnecente mofa.)
Tadea. ¡Moito que sí! ¡xá ocreo! ¡e regalála!
E buscarll'a tua nai para madriña,
E por padriño... á... Alonso pra que á dote.
¿Vos serel os testigos? ¡que delicia! 
Vámos, n'hai queixa d'os rapaces nosos,
Pois son a mesma frór d'a mozarría.
Reinaldo. ¡Vámos,Tadea, vámos, non t'adiantes!
Q'ela pr'o teu vestido tórce as liñas...
Tadea. ¡Q'engañadiño estás!
Estebo.                                     ¡Non tal, Tadéa,
Que Alonso ceivo.....
Tadea.                                 ¿Que!
Estebo.                                        Esperanzas vivas!
Tadea. Eso é lèria na mais. Por desquitarvos
Dirês o que vôs prázca en pró de Mínia.
Reinaldo. Pro muller ¿á que trábas tanto n'ela,
Cando te deixa en paz c-a tua espiga?
Tadea. ¡Moito gozades vôs co esas dozuras
Q'ela tén pra Felipe! ¡Cotadiña!
¡Que lástema vos dá! ¡Tarde pïástes!

                         [p. 22]

Xa non val alianza tan tardía.
¿E él non vos convida ó casamento?
Mirá q' hoxe as terceiras van n'a misa.
¡Vámos, non lle deás desáire, nénos!
¡Animádevos, ponche, vínde á oílas!...
Reinaldo. Non míres pr'a ventana, q'él non salle...
E anque salla...
Tadea.                        Non me vé.... que Mínia
Tenll'os ollíños n'o fondón d'a ucha
Que vôs queredes descochar. ¿N'é asina?
¡Lucístesvos, valentes! D'hoxe en vante
Podés botar atruxos ¡Ehi, Mariña!! ....
(Síntes'a campana tocar á misa.)
A campana me chama. Adios meus rúlos.
Si queredes mandar algo pra Mínía...
Estebo.  Mánda tí para Alonso.
Tadea. (Deténdose.)                ¡Que non chore!...
Que ll'ha de dar Felipe unha rosquiña...
E á vôs un caramêlo d'os retortos....
Reinaldo. Cómo él cho entreg'a tí non déixas chisca
Tadea. ¡Si fose coma vós tan galdrumeira......
(Indose)    ¡Adios, galáns!
Reinaldo.                                  ¡Adios!
Estebo.                                       ¡Cónta co-as silva!
(Váise Tadéa, fondo ezquerdo.)
Reinaldo. ¡Amárra, Estebo! hai q'andar con ollo,
Pois ela, é visto, que nos sigue a pista.




ESCENA X.


     Estebo.
—Reinaldo.—Merexildo qu'entra pol a direita d'o foro paseando unha ollada pol a redonda.


Merexildo.

¡Vámos! ¿e q'adiantástedes, rapaces?
Estebo. Nada, que o home non se dá á partido.
Merexildo. Pois xa q'así o quer, q'así o teña.

                         [p. 23]

¡Carápe; val ben pouco seu esprito!
¿Pero vós franqueástedes-ll'o peito?
¿D'o noso intento déstedes-ll'o fio?...
Estebo. ¿Tí que dis, Merexildo? O mesmo fôra
Contarll'o noso pran; q' interrompílo.
Merexildo. Fólgome moito: un amante cego
Trai de cote os mïolos n'un sarillo,
E non sirv'enxamáis pra unha conxura
Por máis q'en seu favor caya o delito.
Reinaldo. (Señalando á casa d' Alonso.)
E sendo coma ese tan pratóneco 
Xa pod'un ter fianza en sério risgo.
Merexildo. Pro ¿como entende èl a dinidade?
¿Ou xa tén abrayádol os sentidos?...
Estebo. ¡Ti que qués! Cánto toque á dar disgustos
A quen así o prende en seu feitizo,
Nin ten axuda n'el; nin tén aprobo.
Merexildo. Pois destonces deixálo, ¡voto á Crispo!
Estebo. Mais ¿que dín por aló os nosos bravos?
Merexildo. Que arden coma unha estiva.
Reinaldo.                                             Eso está visto.
Merexildo. Xurán q'hoxe ha de ser o fin d'a lóita, 
E marmúlan de Mínia e d'o seu síno,
Aló quedan n'o adro escasurrando
N'o xeito de sallir d'o compromísio.
Todos están conformes n-a conxura;
Pro esperando en que vós fixél o sítio.
Algús dín q'entramentres corra o baile
Que d'a fonte ó carón estedes listos.
¿Apróbás est' acordo?.. (Estebo e Reinaldo
míranse con interés e indecisos.) 

                                    Acabar, ¡poña?
Est. e Rein. Aprobado. (Dans'as maus.)
Merexildo.                Pois, chicos, hastr'o dito.
Reinaldo. ¡Pro falta ó santo e seña, compañeiros!
Estebo. (Sombrío) Unha crúz máis n'a veira d'o camiño.

                         [p. 24]
Merexildo.
¡Ólesme pexegueiro! ¡Tên boa sombra!
Conta non sean dúas, meus amigos.
¡O mozo tamén sabe remexerse!
Estebo. (Pensativo.)
¡A cousa n'é pra ménos! ¡Ollo ó Cristo!
Reinaldo. ¡Ai Mínia, Mínia! S'o teu melro espicha
Vas á beber de fel catro traguiños.
                              (Vánse po la ezquerda.)




ESCENA XI.


     Tia Minga.—Mínia que mirará con moito interés e impacenza poI a direuzón d'a praya.


Minga.

Mínia, perdôna que sofrir non podo
Teu modo do pensar. (Con convencimento.)
                                 ¡Estás toliña!
Mínia. (Mofándose do dito.)
¿Porque digo â verdá?... por tal pasáron
Moitos q'a sostiveron, miña tia!
Minga. ¿Pro tí non vês, rapaza, o arriscado
Q'e casar c-un d'afora? ¿Quen ch'afirma
Que ese rapáz é libre e fadendoso,
E bôs costumes trai? ¡Detênte, Mínia!
Os que naceno aqui; ben se conocen
E pódelos tratar â xeito, filla;
E vencer sin traballo os mil enredos
Que trúban ó sosego d'a família.
Infórmate pirmeiro, non te cegues:
¡Quén foxe d'o seu chau algo malícia!
Mínia. Pois xa q'así vostê tanto descurre,
Diréill'en concrusión, señora tía,
Que as cousas q'un manex'a  cada istante
Ténllas o máis d'o mundo en pouca estima.
Vostê ben vê q'os homes d'outras terras
SonlI'os q'o noso chau máis agarima.

                         [p. 25]

Quén ll'o sabía bén dixo que náide
Por porfeta, n'o seu, nunca terían.
¿Cómo non se ll'alembr' aquela copra
Que vosté me cantaba n'outros días:
             «Sementei, e só collin
             «Aréas n'esta revolta:
             «Val máis un amor de lonxe
             «Que vintecinco d'a porta.»
E seguindo, por ende, este consello....
Minga. ¡Ásí nos medra o pêlo, rula miña!
(Compracéndose .)
Mínia. Ús vridiños ó lonxe, mesmo lócen
Com'as estrelas!...
Minga.                              !Que toláxe Mínia!
¿E pódes tí medir os graus que fêcha
N'o peíto, de bondade ou de malícia,
Ese Felipe que foy nádo lonxe
E te vén á prender pra tod'a vida?...
(Remedándoa)
Mínia. ¡E pode medir él os que se fêchan
Por unha lei igual n'a alma miña?
Minga. ¡Que toleirôna erés! ¡que lixeira!...
Mínia. Non como vós pensades, miña tia!...
Minga. ¡El é home e fará canto lle praza!
Mínia. Ai eso... ¡pouco â pouco!
Minga.                                             ¡Toleiría!
Terás que remoher tuas cadéas
Por n'avisada ser cando debías...
¡Canto millor che fôra tua sorte
Axuntar c-a d' Alonso....
Mínia.                                   ¡Volt'e víra!
Têño dito,  e non quero n'esta parte,
Outros consellos q'os d'o amor.
                                             Servíran
Minga. S'a spirencia por bôs lle dése pase;
Pro son coma galán foqüeteiría

                         [p. 26]

Q'emboba os ollos teus por un istante
Pra deixar mâis trubada tua vista.
Eu tamén moza fún. Arrebatéime;
Pro foi pr'arrepentirme ben axiña...
¡Queira Dios che non pase...
Mínia.                                     ¡N'haxa medo!
Minga. Móito me folgaréi c-as tuas dichas.
Mínia. ¡Moi agoiro é vosté! Mesmo parece
Que con eses moscós entra n'a liga.
Minga. ¡Non, muller. Si d' Alonso che me lembro,
E porque coma un pai pra ti sería.
Mínia. ¡Pró eu non busco pai! Busco un amante
Que sea meu igual. Qu enunca diga
Que debo de gardarll' aquel respeto
A que xamáis faltar deb' unha filla.
Minga. ¿Pois n'ha d'habêlo, e moito, antr'os esposos?
Mínia. ¡Pro non com'o d'os páis, non, miña tía!
Est' é d' igual á igual: e cand' un falte
Hai razón pr' arrimall' igual medida.
Minga. ¡Ai Mínia!....nosas armas n' este caso
Non che sòn as d'os homes. Mira, míra.
Cen esa independenza vou á verte
C-o teu marido envolta en mil cotífas.
Mínia. ¡Déixem' á min, siñora!
Minga.                                             Eu deixo, deixo!
¡Que non te deixe Dios n'as máas vías!
(Con dínidade.)
Mínia. Rógolle que por Él non máis m' ofenda,
¡Pois índa teño miña testa nídia!
Minga. ¡Ai! pra luxála pouco tempo abonda.
Mínia. Percuraréi gardárla!
Minga.                                       ¡Sobriñíña!
«O lume xunt'a stopa...» xâ ti sabes
O que dìn pol a aldea
Mínia. (Aparte.)                           (¡Qué Paulíña!)
Minga. Alerta, que Felipe ahí ven, rapaza.

                         [p. 27]

Mínia.

¡Por fin, peitiño meu,... góza!... respíra!!
                      (Minga entra n'a sua casa.)




ESCENA XII.

Mínia.—Felipe, que chegará con moita presa.


Felipe.

Bós dias miña Mínia, máis Garrida
Que os tremantes luceiros d'alborada.
Mínia. Felices, sol galán, que c-os seus lumes
As estrelas máis ledas torna páledas.
(Con impacenza.)
¿Cómo tardaches tanto?
Felipe. (Algo desconcertado báixase á coller d'o chan
o caravel con que Mínia estaba xogando,
e despois de bicálo ó tempo de soprálo,
deberá poñelo n'o oxal ezquerdo da cha-
queta.

                                          Miña rula:
Xa veño de catar anelo e arras,
D'alá d'a Cruña con algus enrredos
Pr'a nosa boda, que por Dios me tarda.
Mínia. Perdóna stonces...
Felipe.                      N' hai de qué, prendiña,
Que tamen eu sintin poI a tardanza
Mil áscuas n'o meu seyo. Tod'o aire
Que había poI o mar, non m' abondaba
Para fartal ó peito. C-os sospiros
lnchando o seyo vín d'a véla cánsa:
Hastra coidéi q'o mar de min se ría;
E que fuxía á veira d' esta praya.
Mínia. ¡Gracias, meu ben! Pagueiche n'a moeda.
Pois inda os paxariños non piában,
Xa misturaba eu os meus suspiros
C-o són d'o aire erguido entr'as ramállas.
Felipe. Está visto que entrambos n'acougamos
Na mentres non s'axunten nosas almas,
Com'as augas d'os rios, as d'o mare;
Com'os sôns d'a ribeira, c-os d'a fraga.

                         [p. 28]

¿N'é certo meu amor?
Mínia.                                         Si diamantiño.
Cando denoite vas pr'a tua casa,
Por tí non prend' o sono n' os meus ollos,
E síntome sin tí tan apoucada
Q' hastra se me figura que non volve
Máis á min o duzor d'as tuas falas.
Felipe. Inocentes visiôs d'o teu querere
Que com' o meu s' embrolla en tenras ánsias;
Pro cála, miña xoya, q' oito días.
Anque longos d'afán, logo se pasan.
Xa terêmos dimpois noso desquite.
N'o meu seyo hacharás tod' esa calma
Q' hoxe atopa de ménos ten peitiño,
Sintindo outras visiôs máis regaladas.
Mínia. ¡Móito tarda ese dia!...
Felipe.                                            ¡Non é pouco
Para quén coma nós viv'antre brasas!
Mínia. (Divisando á Alonso, que vai á salir d'a sua
   casa; pro que se retira d'emproviso por
   non topar co'eles.)

Para quén desconfía d'a fertuna...
¡Ai! Felipe, sin tí, todo me falla.
Felipe. Non esconfíes, nena, tén xuício,
Pois n'apoya en razón tal agoiranza,
Asoségat'axiña é ponte leda
Que xa vén nosa dicha abrind'as áas.
Mínia. (Ollando pr'a casa de Alonso.)
¿Estás seguro de que náide opônse
A que cheguemos nós á disfrutála?
Felipe. ¿Pois n'hei d'estar, bobiña?¿quén o duda?
O que non debe; náda teme. ¡Váya,
Vout'a deixar!...
Mínia.                             ¿Tan pronto?
Felipe. (Collidos d'as mans hastr'o fin.) Sí, pombiña.
Pois farto que facer por min agarda,

                         [p. 29]

Se lle hei de dar á mau ós meus arregros
Para chegar con tempo á foliada
(Con fachenda.)
Onde vas ti á ser a millor rosa
D'a festa parroquial...
Mínia. (Con temor.)                     A comparanza,
Por Dios, que moi tranquila me non deixa:
Ménos quixera eu que se pousáran
Tantos ollos en min pra regalarme
Con frores q'empezoñan miña alma.
Felipe. ¡Non sôñes! O poder d'a fermosura
De cote ha d'impoñel as suas gracias,
Pois naceu pra lucir ó par d'o sole,
Pésell', ou non, ás sombras malfadadas.
¡Adiós, ruliña! adios; é hastr'a volta.
Mínia. (Con mimo) ¡Mira que veñas cedo!...
Felipe.                                    ¡As tres sin falta!




ESCENA XIII.


     Mínia.—Alonso, e despois Tadea e Tia Minga.


Mínia.

(Batendo contr'Alonso que camiña distra-
idamente, ó tempo de voltar ela pr'a casa.

¡Ai!, Alonso!.. perdóna. Non te vía.
Alonso. Non t'asústes, muller, nada val eso.
¿Ou magüeite quizaves? ¡No-o quixera!
Mínia. En tal caso eu á ti c-o meu tropezo;
Pro fóiche sin querer. Podes creérme
Alonso. Ti non podes magoarme c-o teu peso.
¡E tan lixeiro teu fidalgo corpo!
Teus mïudiños pés son tan silfeiros,
Que non farían mortuxal as frores
Aunque as tripáras con irado intento!
Mínia. Gracias, Alonso, ¡tan galán comigo!
¡Sempre dísposto é desculpar meus érros!

                         [p. 30]

Pro magüeite...
Alonso.            ¡N'hai tal! Anq' así föra,
Sán quedaría c-o teu brand'alento.
Pro non cúres dós pés; sinon da alma
Que teño agonizando hai tanto tempo.
Mínia. (Desconcertada.)
¿E yeu q'hei de facerll' Alonso amigo?
Alonso. ¡Darll'un sopro d'o ben q'hai n'o teu peito.
Unha soya esperanza par'as vágoas,
Un ¡ai! d'os labros teus pro meu tormento
¡Mira que veu rolando par'a cova!... 
(Postrándose.) Dóite de min...
Mínia. (Querendo fuxir.)                   ¡Alonso!!...
Tadea. (Sale batend'as palmas.)           ¡Así vôs quéro!
¿Quén se pára en repulgos, meu coitado?
N'has d'andar poI as pólas: dáll'ô cêpo.
Non pénses en Felipe. ¡Adiante, adiante!
Tés q'apertál o cerco, meu roxelo,
Pois fallan poucas horas par'o dito,
¡Un apertiño máis! Pro ¡con máis xénio!
E tí, miña inocente, non t'asáñes.
Alonso. ¡Tadéa!... quès calar?
Tadea.                              ¡Non seas neno! 
¡Fái, o que fai Felipe pol o mundo, 
Que deixa un menecreque coma un pero
O pé de Marcianiña de Dorneda,
Q' aló queda chorando en cás d'o crego!
               «¡Quén á lonxe vai casar
               «Chata leva ou vai catar!»
Ohu Mínia! ¿ti que dís? ¿non sábes eso?
Non t'amostres tan xôta con Alonso:
Xa vês que teu rapáz non chupa o dedo.
Mínia, oíndo nova tal, retrocede pouco á pouco
  hastr'o banco de pedra d'a sua porta onde
  queda sin conocimento. A tia Minga, que
  a vé dendes d'o portal, corre á recollela con

                         [p. 31]

  axuda de Tadéa. Alonso queda sin poder
  dar conta d'o que lle pasa.
Minga. ¡Miña sobrina ¡ai Dios! ¿que tés? ¿que pasa?
¡Ai que friíña estás! ¿que tés, meu ceo?
(Minga entra con Mínia esmorecida n'a casa;
  mentres que Alonso queda perfundamente
  esconcertado. )




ESCENA XIV.


Alonso—Tadéa


Alonso.

¡Que fixéches, Tadéa, co-esa língua!!!
Tadea. (Con asombro.) 
¿E tí servich'ó Rei? ¡Tén máis alento!!
Asombrada me tés c-o teu caráutro
Que vai servir de mofa hastra d 'os nenos.
¿Pra cando son os rayos, dí, paifoco?
¿Que ch'insinóu ó mundo? ¡Anda c-os deños!
¡Bén d'a paxára parda outro se ríra
Se poidese loitar c-o teu direito!
Alonso. Pro tí non vês, Tadéa, como foxe
De min pra non oir os meus lamentos?
Tí qués que pra vencer sea asesino?...
Non sab'ela que-a adoro?... que ando lelo
Por sola unh'a sorisa d'os seus labros?
S'aínda sin maguála lle dou medo,
¿Que faría si vise q'eu celoso
M'empeñaba en magoar seus sentimentos?
(Minga, saindo c-unha cestiña só brazo,
  pol'o camiño d'a fonte observa receosa a
  Tadéa e Alonso.)
Tadea.    Quizais o amor de Mínia é amor bravo.
Quérte máis home vêr, quer vêr teu peito
Loitar como soía n'as batallas;
E non así balar coma un cordeiro.

                         [p. 32]

Agora xa sab'ela que Felipe
Caíu como ó raposo n'o gramelo.
Descochadas que fôron suas trampas
Mínia xa enfreará seu amor terco.
Con que érguete ben, xá q'hai respíro,
E, cal mozo de pró, apért'o cerco;
Q'eu farei canto poida en tua axuda.
¡Ai! si no teu lugar se vise Estebo!...
(Aparte) (Pro el bótas'a eito é non repara
N-a que sofre por él n'o seu rueiro.)
Alonso. ¡Gracias, Tadéa, gracias! que eres bôa
Pra min; non se m'esconde hai moito tempo.
Tadea. Adios; é non te dúrmas, que hox'é dia
De que ganes con cóstas ó teu preito.
Minga ahí ven con Reinaldos; é maxino
Q'el vén guiando á auga pr'o teu rego.
(Alonso entra n'a casa, e Tadéa salle pol'a
   direita.)




ESCENA XV.


     Reinaldo
Minga que volve d'a horta pola ezquerda, c-un cesto de hortalizas é  frores n-o brazo e que pousará n'o poyo d'a sua porta.

Reinaldo.

Agora xa vostede non iñora
Os feitos de Felipe, seña Minga.
Minga. Farei por darlle luz ó bon sentido;
Pro coido que serán faladurías!
Reinaldo. Pergúntell'á Tadéa é si no'a crêe
O cura Ile dirá si esto é mentira.
Minga. Pro home, si él parez un mozo honrado
¡Esto somella ser cousa d'entriga 
Pra'sbaratar de Mínia ó casamento! (Séntase.)
Reinaldo. Vostê diga o que queira, seña Minga,
Pro élle tan verdá canto lle digo
Como aluma este sol d'o medio dia.

                         [p. 33]

Vostê, véle por ela. Ese teimado,
Apóstallas á un turco, miña amiga.
As léis d'él.... non lle son com'as d'AIonso,
Decote pón o parcho antes d'a frída!...
Con que, non digo máis, q'ahí ven Tadéa.
E pouco se ll' escapa d'es'ardilla.
                                    (Váise pol a direita.)




ESCENA XVI.


     Tia Minga.—despois Tadéa.


(Sentada pé d'a porta e cabilosa.)

¡Vállame Dios! ¡q'enrredos hai n-o mundo
¿De quén terás fianza, probe Minga!
El semella un coitado e segun vexo,
Hai q' alonxarse d' él cal d'  unha vívora...
Quén boura en sua nai, ningun ben pode
Gardar n'o corazón pra miña Mínia.
¡Decir á Dios que n' hei de convencela!...
¡Q'en todo ha de ver ela a mau d'a xisma!
Tadea. Tia Minga ¿e que tal? ¿pasôull'o susto?
Minga. (Con moito anoxo) ¡Valente lercha estás!
Tadea.                                           ¡Q' esgradecida!!
O feito ben ll'está. Se no a quixera.
Gozáram'en seu mal (Con misterio.)
                                         Sua sobriña
Rolando vai de presa pra un abismo;
E quén lle tend'a mau, é sua amiga ...
Minga. Si a foses, como dís, non ll'espetáras
Tal coitelo n'a alma...
Tadea.                                       Seña Minga,
Discúrra máis millor, pois xa tén anos
Pra non poñel o mel ond'as formigas.
Háille males que piden gran cautério
E non se curan ben con panxoliñas.

                         [p. 34]

Minga.

¿E quén che pide á tí tales romedios?
Tadea. A caridá con vosco ¡e non a envidía!
Minga. Si a caridá que dis t'aconsellára;
Sin dar que marmular á min virías
A decirm'o que pasa, q'eres moza;
E non a sorte á todas aloumiña.
Tadea. Pois míre: Dios é pai; e tempo, ó tempo;
Será meu porceder d'a vosa estíma.
Minga. (En sôn de dúbida.)
Pode ser, que dá o mundo tantas voltas...
Tadea. (Moi acentuado)
¿Vostê quér sua paz? ¿quér a de Mínia?
¡Estim'o parecer d'a xente honrada
Que vela poI o ben d'a fegrexía?
¡Ou quer nadar n'as vágoas pesarosas
Envolta n'a miséria e n'as desdichas
Froita... d'ese cañón tau conrompido
Que xa perdiu duas fillas de família?
(Moi marcado.)
Mínia seu corazón ténll'embargado...
E hay que llo espertar ¡asina! ¡asina!
Abanearllo moito pra q'esperte.




ESCENA XVII.


     As mesmas.—Mínia.—Marciana e despois Felipe.—Estebo.—Reinaldo.


Mínia.

(Ó pano e sallindo com'unha fúria.)
¿E tí que probas tés, língua de xiva?
Tadea. ¿Eu? ¡moitas... que serán pra tí cal fume
Porq'eres orgullosa.... esgradecida......
Hastra que te domêen os traballos....
Marciana. (Entra c'un meníño n-os brazos.)
(Aparte.) ¡Aquí debe de ser! ¡Ai! ¡Dios m'asista!
(Alto.) Mulleriñas: ¿farésme o favoriño
D'ensinarm'onde vive a seña Minga?

                         [p. 35]

Minga.

Aquí á tés pra servirte.
Marciana.                                       ¡Dios ll'o pague!
E libre do meu dôr á sua sobriña,
A quén quixera ver, si n'hai estorbo,
Pra darll' a conocer as cóitas miñas;
A fin de que se libre, s'ind'é tempo,
De quedar, coma eu, orfa e perdida
Con esta criatura abandonada.
Mínia. (Acercándos' asustáda)
(Aparte.)
Por Felipe quizás. (Alto.) ¡Ai!
Marciana. (A Mínia con moito desalento.)        Miña filla,
Dam'un chopiño d'auga. ch'o suprico
Pois se m'apega ó paladar a língua!
(Mínia salle á catar auga.)
¡Tanto é meu door, miña vergonza,
Q'un nó sinto n'a gorxa.
(Mirand'ó fillo.)             ¡Ai, miña almiña!
¡Dios lle perdone ó pai q'así te trata
E paga miña fé con tal tristícia!
(Mínia entra alargandoll'a cunca d'auga.)
(A Mínia).

¡Dios ch'o pague mnller! Que nunca súfras
O q'hoxe sufro eu... (Retírase un paso atrás
para bebér e cando vaí a chegál a cunca ós
labros ve á Felipe que s'acerca festexeiro e
caille no chau feit'anacos.)
Felipe. (Entrando).     ¡Aquí estóu, Mínia?
Marciana. (Aterrada.)
¡Ai! ¡Santa Virxe!... ¡por piedá!.,. ¡vaIlëme!..
(A Felipe como pedindo misericordia. Senti-
mento xeral.)

¡Felipe! ¿é tí tés alma?
(Amostrándoll'o seu fillo.)
                              ¡Míra!... ¡míra!
Este coitado teu amparo pide!!
Felipe. (Con desprezo.)

                         [p. 36]

¡Dios sabe de quén é!...
(Estebo e Reinaldo asoman pol o fondo ez-
querdo.)
Marciana. (Indinada).                  ¡lnfame!! ¡aínda?!!
Felipe. (Erguend'o brazo pra darll'unha labazada.)
Se non liscas d'aquí  quedas defunta.
¡Grandiosísema...
Marciana.                              ¡Ai!!!         (Cái despromada
  apertand'o seu filliño contra de si.)
Tadea. (Con desprezativo arranque.)
                                     ¡Cobarde! ¡Quita!!
(Facendoo ciar dous pasos atrás d'un gara-
  paldo.)

  Mínia tapa os ollos con ambas maus. Seña
  Minga acod'a Marciana. Estebo e Reinaldo
corren á deter amenazantes a Felipe
.)




Teón.


 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega