![]() ![]() ![]() |
Aires d'a miña terra |
||
"A Igrexa fria" |
m5currosenriquezairesdaminhaterra014.html
[p. 85]
A IGREXA FRIA
Por cima d'os agros,
D'o monte n'o medio,
Levántase ainda
Hidrópico e negro,
Cal xigante hipopótamo morto,
De vermes cuberto,
Rodeado de trévoas e gramas,
O lombo deforme d'o vello mosteiro.
D'as torres as rexas
Agullas de ferro,
Queixarse parecen
D'a marcha d'os tempos;
E de cote paradas é inmobres,
Semellan os dedos
[p. 86]
D'unha mau de Titan q' anda en busca
D'o rayo que tarda d'as iras d'o ceo.
Dend' a alta campana
Cay inda en anélos
A forte cadea
Con triste bambeo.
Cando á posta d'o sol, d'as montanas
Azóutana os ventos,
Unha serpe arromeda encantada
Que gard' as rüinas fungando e tecendo
Os pelos de punta
N'a mau c'un coitelo,
Co'a sangue lixado
D'os probes viaxeiros,
Tempos houbo en q' aquí buscar viña
Seguro y-achego
O ladron d'os camiños, q'os frades
Q' a Praga queimaban, en salvo puxeron.
De monxe vestido
Com' éles o reo,
De réprobo á santo
Pasóu n'un dia mesmo;
E, d'a gorxa que ser debería
Tallada n'un cepo,
A pauliña saíu qu' escomulga
Ó insine Colombo y-ó gran Galileo.
As virxes, forzadas,
Os probes, valeiros,
[p. 87]
Pedian namentres
Socorro e romedio;
Y-a xusticia, escudeiro mal pago
D'o crime sanguento,
D'o sagrado n'a porta quedaba
De rabia e de cólara os dentes batendo.
N'os meus solitarios
Nouturnos paseos,
Sucedem' ás veces
Chegar ó mosteiro;
E caretas facéndom' estonces
D'a lua ó refrexo,
Unha negra vision, d' entr' as ruina,
«¡Qué tempos!» me dice, y-eu digo «¡Qué tempos!»
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |