Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Mirand'ó chau"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra017.html


[p. 97]


MIRAND' Ó CHAU

(imitacion de beranger)


   Dios' non atopando
Cousa en qu' entreterse,
Farto d' estar sólo
Cavilando sempre
En forxar cadeas,
Traballos e pestes;
A razón buscando
Y-a causa en que pende
Que tan poucas almas
PoI-as portas ll'entren,
D'o seu paradiso
Deixand'os verxeles,
Saleu de apaseo
Certa mañá quente
D'o reuma e d'a gota


[p. 98]


Por esparexerse.
   Como é xa velliño
Y-o coitado vése
Tocante á saúde
Moy pouco valente,
Cansóus' os dous pasos;
Mais com' alí arrentes
Topase un asento,
Sentóuse y-alegre
Por cima d'as nubes
Asomando a frente
Y-a terra buscando
C'os ollos celestes,
—¡Caráspeta! dixo
Falando entre dentes:
Si dou c'o ese mundo
Q' o demo me leve.

   Debéu d'a atopalo,
S'o conto non mente,
Porqu' él d' ali á pouco
Quedóu com' a neve,
C'os ollos crabados
Que espantan e feren,
N'un bulto qu' iñoro
S' é de' home ou de verme.
Miróuno dispacio
E viu qu' era un ventre
C'oas sedas vestido
Máis ricas d' Oriente.
N'un sólio sentado
Qu' envidian os reises
Y-en capa revolto


[p. 99]


De tépedas peles,
Ceibando saudabres
Arrotos d' henchente,
D'a terra, sua escrava,
Recoll' os presentes;
E si hay algun louco
Que, pobre ou rebelde,
Diñeiro non teña
Y-a dárllo se negue,
O ventre que, mudo,
Falar sabe as veces,
Con sólo que diga:
«¡Pauliña n'o herexe!»
O herexe é borrado
D'a lista d'a xente.
Mirand' este monstro,
Dios dixo entre dentes:
—Bah, bah!... Si «tu es Petrus,»
Q' o demo me leve.

   Volvend' áutro lado
Sua testa solene,
Miróu levantarse,
Rodeado de plebe
Qu' espera ó verdugo,
D' él ríndose mentres
O pau,—a cucaña
D'a festa d'os xueces.

   A vítima chega:
Quizáis é un imbécil,
Quizáis nacéu tolo,
Quizáis é inocente!...


[p. 100]


Millor que matálo,
(Q' a mort' é un berce
Dond' home, gran neno,
Descansa pra sempre)
Millor que matálo
Tal ves conviñese
Metélo n'o fondo
De catro paredes,
Ou, preso ónh' argola
Q' á terra o suxete
Mandálo abrir montes
E furar tuneles,
Dicíndolle:—«sôfre,
Traballa e manténte,
Y-a libertá chora
Que ti non quixeches.»

   Mais, non; é preciso
Que morra o que peque,
Y-o criminal morre...
Y-o críme repétese,
Parvo á tal escándalo,
Dios dixo entre dentes:
—Si ch' esto é xusticia
Q'o demo me leve.

  
Suspenso y-atóneto,
Non lexos moverse
Miróu de labregos
Un fato misérrime.
De malas patacas
Mantidos, con leite,
Máis ben que non homes.


[p. 101]


Pantasmas parecen.
De cote fozando
N'a codia terrestre,
Toupeiras humanas
Que furan as seves,
O sangue d'as venas
Perdend' á torrentes
Traballan sin folgos
Un chau que n' é d' eles
Traballan... y-o fruto
Que tras doce meses
De loita recollen
D'os eidos que atenden,
Metá pr' ó dominio,
Metá pr' os lebreles
D'o fisco é d'a curia,
Todiñol-o perden,
Quedándos' ó cabo
De tantos riveses
Sin pan pr' os seus fillos,
Nin gráu pr'a semente.
Y en tanto n' aldea
Tod' esto acontece,
«Leis hay, dín os ricos,
Q' ós probes protexen...»
—¡Qué leis, nin qué rayos!
Dios dixo entre dentes:—
Si valen tres pitos
Q' demo me leve.

Non para inda n'esto
O q' o chau ll' ofrece;
Q'a través mirando


[p. 102]


D'as suas gafas verdes,
Víu deitarse mendegos
Que s' erguen marqueses:
Tal clás d' escrituras
Firmar indixentes,
Q' ó cabo d' un ano
No teñen albergue:
Soldados cobardes
Chegar á ser xefes,
E morrer sin groria
Os máis grandes héroes:
Pasar por honrados
Os q' honra non teñen,
Por santos os pillos,
Por xustos os débles:
Subir ós altares
Os q' á forca deben
Y-arrastrar carroza
Quen debe un grillete:
Chegar á podrosos
Venteiros d' aceite,
E comprar ó ceo
Prestando á intereses.
Vend' esto, Dios dixo
Contr' o seu chaleque:
—Si ch' outra vin nunca
Q' o demo me leve.

   Con noxo deixando
Tantas cativeces,
Inda n' outras cousas
Paróu Diol-as mentes.
Víu malos gobernos


[p. 103]


Que falsos y-aleves
C'o xugo d'os povos
Engordan é crecen;
Cregos que, feroces
Como cáns doentes,
C' un fusil ó lombo
Predican ós fieles;
Ricos que, roubando,
As gavetas henchen;
Médecos d'as quintas,
Que dan por encrenques
(Mediante catr' onzas
Cando non son sete)
Moziños, q' ó cabo
Tocan ó pendengue
A seus pais perdendo
C'o aforro que perden:
Homes esfameados,
Emporras mulleres,
Espigados nenos
Que non saben lére,
Y-en fin, cantas cousas
Que non deben verse,
Que Dios, harripiado,
Y-as cruces facéndose.
Conecid' a causa
De q'o inferno medre,
Meteuse n'a groria
Decindo entre dentes:
S' eu fixen tal mundo
Q' o demo me leve.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega