Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Alborada"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra022.html


[p. 115]


               ALBORADA 


   Escoitade! De fondas queixas cheo
Brota d'a terra un misterioso canto;
Rayos de branca lus tinxen o ceo,
Rompe a mañá d'o celestial encanto.
D'a caixa de Pandora
Sobr'a patria deitada,
Que peste e mónstros gomitóu cad' hora,
Vay a Espranza surxir consoladora
Que quedaba n'o fondo acurrunchada...

¡Ouh, Libertá sagrada,
Alba de groria pr'o oprimido mundo,
D'os povos deseada
Que escravos viven en dolor profundo!
Esparéxe, querida,
D' escura noite as trévoas cenizentas,
De verdugos e déspotas garida,


[p. 116]


E fuxan medoñentas,
Seguidas d'o seu lívido aparello,
Diante de tí as visiós d'o mundo vello!

Águia d' áureo piteiro,
D'ese mundo d'horror sobr' os escombros
Bate xa as álas ó Porvir lixeiro...
¡Xunta esas forzas, mozedá, d' aceiro, 
Si queres que se pouse n'os teus hombros!

Dispoñey, dispoñeivos pr'a seitura.
Cansados labradores;
E si frutos queredes de dozura,
Dond' agora herba ruin e grama dura
Ceibay novas ideas: darán frores.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega