![]() ![]() ![]() |
Aires d'a miña terra |
||
"N'a chegada a Ourense d'a primeira locomotora" |
m5currosenriquezairesdaminhaterra027.html
[p. 135]
N'A CHEGADA A OURENSE
D' A PRIMEIRA LOCOMOTORA
I
Vel-ahí ven, vel-ahí ven avantande
Comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vel-a, mociños e mozas!
¡Saludáina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
Fecunda os terreos,
Espértans' os homes,
Frolecen os eidos.
Vel-ahí ven, vel-ahí ven, tan houpada,
Tan milagrosiña, con paso tan meigo,
Que parece unha Nosa-Señora,
Unha Nosa-Señora de ferro.
[p. 136]
Tras d' ela non veñen
Abades nin cregos;
Mais ven a fartura
¡Y-a luz y-o progreso!
II
Catedral, demagogo de pedra,
D'un povo fanático erguida n'o medio,
Repinica esas chocas campanas
En sinal d'alegría e contento.
Asocia esas voces
O són d'os pandeiros,
¡As santas surrisas
De terras e ceos!
E tí, rio d'os grandes destinos,
Qu'os himnos ensayas d'os trunfos ibéricos,
Requeimadal-as fauces de sede
Ven o mónstro á beber n'o teu seo.
Bon samaritano,
Dalle auga ó sedento;
Que a máquena é o Cristo
D'os tempos modernos.
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |