![]() ![]() ![]() |
Aires d'a miña terra |
||
"Sobre unha foxa" |
m5currosenriquezairesdaminhaterra033.html
[p. 155]
SOBRE UNHA FOXA
I
¿Con que, morréu? ¿Diolo-o descanse... Desque
Os dioses se fan homes
Non se pode ser Dios, nin ser monarca
Desque os monarcas morren.
Eu, anque nunca fun seu cortesano,
O que é sentílo, sínto-o,
Y-a chorar non me poño por que d'eso
Xa tén encargo o Grilo.
¡Ou morrer, ou caír! Sempre un cadavre
Tiña que ser ó fruto
Dó xermen que deixóu Martinez Campos
N'o ovario de Sagunto.
[p. 156]
A Forza tenvos eso de espantoso
E tamen de divino:
Cal Dios é creadora, é cal Medea
Mata seus propios fillos.
Meditay, lampantís d'a monarquía,
Xunto á coba que s'abre,
E decime quê queda d'o voso ídolo
Si non ruina e sangue...
«Disgraciada República ?dixéstedes?
Sin poétas nin soldados.»
Todo estaba con vosco... y-é ese todo
Pavía e Lopez Bago.
II
¿Qué faredes agora? As vosas liras
Están caladas, mudas;
D'a gratitú por elas non esbaran
As tépedas bagullas.
¿Qué faredes agora? Os vosos ollos
Están enxoitos, limpos.
Todo me dí que c'o ese rey que morre,
Morreu voso realismo.
E con todo, eu ben sey q' inda pensades,
Taumaturgos estoicos,
Rezusitar á Lázaro... somentes
Por matal-o de novo.
[p. 157]
Pensayno ben. As leis municipales
Y-os tratados d' hixene
Mandan dar terra decontado o's mortos...
¡Y-o voso morto fede!
![]() |
![]() |
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |