[p. 93]
NOUTURNIO
D'a aldea lexana fumegan as tellas;
Detrás d'os petoutos vay póndos' o sol;
Retornan pr'os eidos co'a noite as ovellas
Tiscando n'as veiras o céspede mol.
Un vello, arrimado n'un pau de sanguiño,
O monte atravesa de car' ó piñar.
Vay canso; unha pedra topóu n'o camiño
E n'éla sentóuse pra fôlgos tomar.
¡Ay! dixo, ¡qué triste,
Qué triste eu estou!
Y-on sapo q' o oía
Repuxo:¡Cró,
cró!
¡As ánemas tocan!... Tal noite com' esta
Queimóusem' a casa, morréum' a muller;
[p. 94]
Ardéum' a xugada n'a corte y-a besta,
N'a terra a semente botóus' a perder.
Vendin pr'os trabucos vacelos e hortas
E vou po-lo mundo d'enton á pedir;
Mais cando non topo pechadal-as portas
Os cáns sáyenm' élas e fánme fuxir.
Canta, sapo, canta:
Tí y-eu ¡somos dous!...
Y-o sapo, choroso,
Cantaba:¡Cró,
cró!
Soliños estamos antrambos n'a terra,
Mais n'éla un buraco tí alcontras y-eu non.
A ti non te morden os ventos d'a serra.
Y-a min as entranas y-os osos me ron.
Ti, nádo n'os montes, n'os montes esperas,
De cote cantando, teu térmeno ver;
Eu, nádo entr' os homes, dormento entr' as feras,
E morte non hacho, si quero morrer.
Xa tocan..... Recemos,
Que dicen q' hay Dios!...
El reza y-o sapo
Cantaba:¡Cró,
cró!
A noite cerraba, y-o rayo d'a lua
N'as lívidas cumes comenza á brilar;
Curisco que tolle n 'os álbores brua
Y-escóitase ó lexos o lobo ouvear.
[p. 95]
O probe d'o vello, c'os anos cangado,
Erguéuse d'a pedra y-o pau recadou;
Viróu par'os ceos o puño pechado
E car' ós touzáles rosmando marchóu.....
C'os ollos seguíndo-o
N'a escura extensión,
O sapo quedóuse
Cantando:¡Cró,
cró!
|