Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Ó vento..."

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra028.html


[p. 137]


                 Ó VENTO...


   Dís que por boca d'o Espírito Santo,
Que debe tér unha boca ben negra,
Púxom'o crego n'a misa d'o povo
(¡Nai que me deu!...) como naide se vexa.

   Algo ha d'haber de verdade n'o conto,
Q' oxe ó pasar ond' á min sua manceba,
Fígome a figa e rosmóu pol-o baixo
Mentres torcía pr'on lado a cabeza.

   «¡Qu' inda te mirres cal coiro no lume!
¡Qu' inda reventes como' onha boleca!
¡Vólvase sénica o pan n'a tua boca!
¡Tóllate Dios, condanado poeta!

   »¡Maldizoado n'a carne e nos osos!
¡Maldizoado n'os pés e n'a testa!


[p. 138]


¡Entr' as virillas d'entrambas illargas!
¡Entr' as xunturas d'as sete costelas!

   ¡Gafo te vexas de males extranos!
¡Por onde vayas acougo non teñas!
¡Vivo, non dés con camiño seguro!
¡Morto, non topes descanso n 'a terra!»
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

   Bótall' ó pote unha lengoa de porco,
Miña muller, xa que andamos en lengoas;
Bótall' ó pote unha lengoa de porco:
Para engordar non ch' hay cousa c' om eIa.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega