Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Á Luciano Puga"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra035.html


[p. 165]


          Á LUCIANO PUGA


   Namorado d'a santa nova idea,
Non ben d' o vate a estrofa había soado,
Toda a máquina escura d'o Pasado
S' espreguizóu disposta pr' a tarea.
   A crítica-Veuillot c'o a fouce nea,
C'o a toga Xudas, Oppas c'o caxado,
Deron tras d'el cal tras d'un can danado
Y-alá vay o inocente pr'a cadea.
   Tí apareciche enton. Pasmada a xente
Viute rubir colérico á tribuna,
Desguedellado com' un leon ruxente
   E d'a Ley apoyado n-a coluna,
Esmagar baixo a garra prepotente
Ós verdugos d'o vate sin fortuna.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega