Aires d'a miña terra

Páxina Anterior

"Ben chegado"

Páxina Seguinte

m5currosenriquezairesdaminhaterra009.html


[p. 70]


       BEN CHEGADO


¡Qué doce e deleitoso
É d'un pay ó desvelo, cando á veira
D'o seu leito d' esposo,
Vay oir pracenteira
D'o seu primeiro fillo á vos primeira!

¡Qué argullosa ufanía,
Qué mundo d' ilusiós e de contento
Acode á fantesía,
Y-en tan felís momento
Encolle o corazon y-o pensamento!

Hém' aquí retirado
D'o meu lar n'o curruncho escurecido,
Contando, ó són pausado
D'a péndola, o batido
D'o corazon, d'amor estremecido.


[p. 71]


Chega hastra min, profunda
Com' a tétrica queixa lastimada
De cerva morimunda,
Solouzante e cansada
A vos dôrida d'a muller amada.

Mais, d'os seus beizos roxos
Envolto n'os suspiros d' amargura,
Trégola ós meus enoxos,
Un ánxel d' hermosura
Bríndam' eterna, celestial ventura.

¡Ah! Deixa que treidores
Ceben en tí, muIler, sua saña impía
Os maternás doores:
Que canto máis sombría,
Máis tras d'a noite nos feitiza o dia.

Sôfre en calados ayes
O máis grande tormento conecido;
¡Sôfre!... ¡Mañan, quizayes,
Darás por ben sofrido
Ese, que á ningun outro é parecido!

¿Quén sabe, ó fin, s' estrela
Que vay lucir n'o noso triste ceo,
Purísima é sinxela,
Astro chegará á ser que de lus cheo
Os nosos dias enfeitice arreo?

¿Quén sabe si, puxante,
Esa pranta que brota oxe d'a terra,
Erguéndose trunfante


[p. 72]


Sobre canto de podre e ruin encerra,
Arbol será de paz tras tanta guerra?

Ven, fillo d'a miñ' alma;
Chega, chega, e non tardes, meu querido:
A humanidá sin calma,
O mundo en servidume sumerxido,
Nádo inda non, saúdante ben vido.

E ben chegado seas
O meu cólo tamen, ¡miña delicia!
Qu' inda mesmo sin vida me recreas,
Falangueira e propicia
A miña amant' e paternal caricia!

Namentres, noite, pasa,
Pasa, eses teus luceiros apagando:
Linda é a lua; mais sua lus escasa
Agoiro fôra infando
O berze d'o meu neno alumeando.

Pasa, noite d'as fadas,
En que Dios dorme e s'acobarda a xente;
Qu'as párpedas pechadas
D'o meu rolo inocente
Quérense ó rayo abrir d'o sol fulxente.

¡Ouh, sol! Tí que atesouras
A lus que esparxe a brétema sombría;
Tí, qu' os outeiros douras
E inundas d' armonía
O ceo, a terra, o mar, a tarde, o día;


[p. 73]


Pol-a xigante lomba
Érguete á ver o meu miniño, quedo,
Cal namorada pomba
Que poI-a mañá cedo
Léva os fillos calor n'o pico ledo.

D'o mundo n'os lumiales,
¡Ouh, sol! ¡sol imortal! meu neno espera
Teus rayos celestiales....
¡Si cara á ti nacera 
Non cara á noite, cara á tí correra! 

¡Qué cand' eu á esta vida
Abrin os ollos, triste noite escura
Cubríume enloitecída.
E d'esa noite impura
Ind'os crespós arrastro y-a tristura!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega