A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XVII (páxinas 211-220)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0018.html

[páx. 211]


XVII


TARESA



LOGO que marchou Gonçalvo, quedou Taresa como si botara fora de sí un gran peso que a esmiñancase; pero logo se lle veu outro encima de non menor valume. Saltou con ela a nay, e púxoa como unhas nabisas; de sorte que, aa pobre da rapaza, non lle quedou mais recurso que reventar a chorar e largarse do sitio. Mais non lle valeu; porque a nay sigueu apopeándoa, chamándolle desleigada, moscamorta, cabezuda, hastra que, ao fin, cansada de rosmar, acabou:
     —Deixa que, cando eu che falte, has de acor
darte do que agora che digo; pero entonces


[páx. 212]


has de botal-as mas aas orellas e non che han de sangrar. Ese é o caso que fas de min e dos meus consellos.
     Como pode persumir o leutor, por escenas de esta crase tivo que pasar, xa de antes, moitas veces Taresa. D' aquí a pouco, cada visita de Gonçalvo costáballe un boo sermon e unha boa carda, porque aa nay deixar de entemear pra que a filla correspondese ao criado do señor Froitoso d' Ulloa, sabíalle mal. Asi é que Taresa, asi que o via entrar pol-a porta, via entrar unha nube, apretábaselle o corazon, e xa non pensaba mais que no que a aguardaba para despois.
     A verda é, que ela sintia unha repunanza invencibele para Gonçalvo; non sabia qué turdio encontraba nas suas miradas, nos seus xestos e nos seus además. Empalagábanlle aquelas falas tan aloumiñantes e engatusadoras dél, porque lle parecía que moito de todo aquelo era pintura, solarmeria e nada mais. E esta repunanza, tanto mais iba en aumento, canto él temeaba para ganar o seu cariño. Diráse que por esto Taresa non lle facía caso e se mostraba tan esquivia, porque tiña posto o seu corazon noutro; podría ser asi, mais penso de min que, anque non fora esto, había de ser o mesmo.


[páx. 213]


Ben é certo que os compromisos que a ataban a Rodrigo, obrigában-a obrar con mais reserva e circuspeucion. E esto viña a ser outro dos motivos por qué as visitas de Gonçalvo se lle facían tan penosas e cargantes. O pensar ela o que podería dicir Rodrigo, si a vira ou soupera que estouvera falando de moito recotete con Gónçalvo, era unha espiña que lle atravesaba a alma: ¡que tan adentro tiña ela a memoria do escribente do Provisorato! Pudiase dicir que, des que se viran, xa se amaran; que un naceu para o outro; e que tal foi o molde d' un, tal fora o d' o outro. Apenas nunca de palabra se requebraran de amor; pero cos ollos liían un o interior d' outro. O seu cariño xa viña de vello, desde cando eran pícaros, desde cando saltaban e correteaban cos demais rapaces da calle; e desde tan tenra edá, xa mostrouse cánto era firme e enxebre. Unha vez estaban eles talourando na calle do Medio, con outros rapaces, e  acertou a pasar por alí o Sr. Pero Bernudez de Montaos, que levando detrás una boa escolta d 'a cabalo, iban a todo escape. Non sei como se lle embercellaron os pés a Taresa, que foy a caer antr' as patas dos cabalos da primeira fila. Veuna Rodrigo, e, sin reparar no que lle viña encima, bótase a ela como un lástrego, e sácaa


[páx. 214]


arrastro, sin mais mal que algunhas caritaduras na cara e unha boa rozadura nunha perna. Aquelo foy como unha selacion; e moitos dos compañeiros de Taresa e de Rodrigo nin siquera se fixeron de cargo do que pasara. Nin a misma Taresa se daba conta do que lle acontecera, sinon pra botar a man aos síteos onde se sintia magoada e esnafrada, e para ver por que ainda Rodrigo a tiña collida.
     En esto acabou de pasar toda a escolta, e Taresa fixo un esforzo para poñerse dereita y arrimarse contra as casas. Algus dos rapaces que a viran estumballada antr'as patas dos cabalos, correron xunto dela pra perguntarlle si s' habia magoado moito: mais ela, que tiña recelos d' outra nova somanta, facia por aguantar e disimular canto podia, limpábase a cara, e dicia que xa lle iba pasando a lastimadura da perna.
     Con esto, os demais rapaces volveron aa troula d' antes, como si non fora nada; solo Rodrigo non se astreveu a separarse do pé dela. Foy este caso o impulso que xuntou aquelas duas almas, que antes vagaban indifrentes poI-o espacio, sin mais lazos que os xeeraes e comuns. Tiñan á sazon de 12 a 13 anos, e conforme foron medrando, así foy crecendo ao mesmo paso o seu cariño, e revistindo as for-


[páx. 215]


mas propias da edá e dos instintos sociales. Por eso, como xa dixemos, apenas nunca se habían falado d' amor, que, gardado e concentrado no seu peito, conservaba toda a sua forza e enteireza, como unha frol conservaría todo o seu deleitoso cheirume, si se encerrase nun vaso pra que non poidese expargello e derramalo.
     Agora, figúrese o leutor qu' eco podrían hachar no corazon de Taresa as palabras e os requebros de Gonçalvo. A sola presencia deste poñíaa nun continuo sobresalto, porque non podía apartal-a idea de que podía vir ao tempo Rodrigo e collel-a falando con Gonçalvo, que, como de todos era sabido, pretendíaa por novia. E como esto se repetía tantas veces, Taresa, non podendo estar por mais tempo baixo de aquela prensa, tomou unha resolución estrema pra ela, suposto o seu carauter.
     Non era moita a frecuencia con que se vían e falaban os dous amantes. A veces, ao ir Rodrigo pra oficina, e casi sempre iba de prisa, encontrábaa por casualidá aa porta da casa, e, ao pasar, decíalle sonrindo:
     —Adios, laberca —aludindo ao aficionada que era Taresa a cantar, e segnía o seu camiño.
     Ela solo lle contestaba: —Adios, paporrubio.
     Alguns domingos e días de festa, non moi-


[páx. 216]


tos, tamen se xuntaban con outros mozos e mozas da su igualdá, pero eles, ao parecer, sinon-os descubrira un non sei qué imán, que atraía e derexía as suas miradas, falábanse ca mesma indifrencia con que falaban aos demais. O mesmo sucedía si pol-a ventura se encontraban n' algunha festa na casa d' algún viciño ou conocido.
     Non hay, pois, pra que dicir, cánta violencia tivo que facerse Tarésa pra sair aa porta da calle, un día que se lle presentou acasion, aa hora que sabía que había de pasar Rodrigo pr' a oficina; O cual, así que a avistou, non tardou en decatarse de que algo grave lle quería manifestar, e co galo de darlle pée pra que falase, díxolle así que chegou preto dela:
     —¿Qué milagre ti por aquí?
     —Dios lle perdone a quen me ten a culpa destes milagres.
     —Supoño que non serei eu. E logo ¿quen te fixo tan milagreira?
     —E tí ¿non-o adiviñas?
     —Xa sabes que non teño esa virtú. O que che poido facer é tirarche da lengoa pra que fales.
     —Pois, logo, falarei —repuxo Taresa, algo imutada.— Anque ves aquí na casa tantas veces a algun, non penses que é polo meu gusto.


[páx. 217]


Solo Dios sabe canto eu sufro cando o vexo diante; e a miña pena mais grande é que tí penses outra cousa. Pero eu non podo facer mais pra desbotalo. Teño que aguantal-o como se aguanta un cravo que atravesa a alma; e esto soilo cho digo pra que ti non penses que eu mudei e non son a d' antes.
     —Nunca se me ocurreu que ti poideses deixarme por outro. Esto non quere dicir por eso que eu non prefirise que as nosas presonas vivisen xuntas, como viven as nosas almas; pero hay que conformarse ca nosa sorte, e asperar hastra que Diol-o queira.
     Taresa, comovida, non pudo conter unha bágoa que lle rodou por unha das perfebras, nin reprimir a seguente exclamacion que se Ile escapou do intimo do seu peito, arrastrando todo o fogo da sua alma.
     —Ay! Rodrigo. Cándo se acabarán as nosas ansias! Cándo tendrán trémiño ás nosas penas!
     —Tes razon; pero Dios é pai, e ben ve canto sufrimos, e ha de nos dar remédeo aos nosos males. O que a nos toca, é facernos dinos co noso sufrimento, de que se abrevie a hora da sua misericordia. Mira, nunca a virtú che foy nome van, como che pensan moitos, e, o que está arriba nunca che deixon de mirar poI-os


[páx. 218]


que en Él esperan. Teñamos entramentres pacencia, que quizaives, cando menol-o pensemos, chegara o día suspirado. Vaya, adios, laberca, que xa me é tarde... E botou a escape pol-a calle abaixo.
     Non sabemos si este despidirse tan de súpeto de Rodrigo, sería pra encubrir a sua emocion e ainda o seu azoramento. O certo é que todal-as ideyas, todol-os afeutos que lle fixo avivecer a conversacion de Taresa, xa había tempo que eran pasto casi contino, ben que degaxante, da sua alma. Cantas veces chegaran con ímpitu hastra os seus labios, desde o fondo do seu peito, as mismas escramaciós,' as mismas aspiraciós en que ouvira prorrumpir aa sua amada! Eran ecos dun mismo sentimento; eran vibracions d' unha misma corda! Mais él, non podendo facer outra cousa, parabase e poñíase a revolver os miolos pra ver de hachar medio de chegar ao seu ideyal, que era o casarse con Taresa. Cántas voltas lle daba ao asunto pra poder aviscar e atrapar o cabo d' aquel tan cerrado novelo! E sempre en van!... Cando chegou a reducir o difícil e intrincado problema, aos solos tres puntos ou medios que había de solucion, xa lle parecía que consiguira unha gran cousa.


[páx. 219]


     Os cales tres medios eran os seguentes: ou poñer os dous casa aparte; ou ir él pra a casa dela; ou vir ela pra casa dél. O primer medio parecíalle pouco aceutábele, porque ¿cómo iba él a deixar a sua nai, enferma, e as duas rapazas, suas hirmás? ¿Podría atendelas como estando na casa? De ningún modo. E esto, dando por suposto que tivesen o necesario pra establecerse.
     Podía Taresa vir pra casa dél; mais ¿cómo facer, pra aislal-a a ela das continas tarifas e liornas, que alí por desgracia sempre o tiñan abrouxado? ¿Quén lle aseguraba a él que a vinda de Taresa aa casa, non fose para aumentar, ainda sin querelo ela, a desconcordia? —Non —concruía él, desbotaudo xa un pouco amoscado este medio— pra sufrir, basto eu.
     Quedáballe soilo o último medio; pero entre outros enconvenientes, éste tiña o de saber él quen non lle entraba poI-o ollo direito aa nai de Taresa, e eso que ésta nunca se clareara de todo sobre o particular. Mais a él bastáballe ver as nésporas con que sempre Ile falaba Catalina, a cal, algunhas veces, non lle deixou de poñer bos beizos.
     Non-o ensouliñaba, pois, moito par' o caso, a prespeutiva de encontrar sempre naquela ca-


[páx. 220]


ra de pau, de ser él tal vez a mazan da discordia; o cual, por propia esperencia, ben sabía o que era.
     Esto, unido cas outras razós, fixo persuadir de que este último medio tiña tan pouco xeito, como os outros dous. E hastra aquí chegaba no-seus discursos e matinamentos, pero d 'aquí non pasaba.. Por onde él concruía que había que poñerse nas mans de Dios; e asperar a ver si s'abría algun camiño que o fixese arribar ao término deseyado.
     Pol-a sua parte, Taresa, ao que desapareceu Rodrigo, retirouse pra o seu tear, non temendo xa poI-o que a aquél tocaba, as visitas de Gonçalvo. Non esbafou, por eso, toda a repunanza e todol-os receos que aquelas visitas lIe causaban. É certo que pol-o que podía pensar Rodrigo, podía estar tranquila, pero quedaba en pé o que eixisía o seu recato e o seu decoro. Non era d' esperar que todos os que soupesen que estaba en relaciós co escribente do Provisorato e a visen parolar con outro horne, habrían de facer moitos esforzos para xustifical-a e discupal-a sua conduta. Mais, deste temor e deste escúpulo, tampouco tardou en verse libre, porque, despois desto, Gonçalvo non volveu, sinon duas veces a sua casa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega