A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XXI (páxinas 277-293)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0022.html

[páx. 277]


XXI


TAMEN ANTIGAMENTE
SABIAN FACER «ELEUCIÓS» (1)


C
HEGOU por fin o dia 31 de Diciembre, e reunidos os Xusticias, que aquel ano foran, como xa apuntamos, Pedro d' Arouça e Xan Lopez de Cangas, e os rexidores en Consistorio, sin a menor novedá e ca mellor boa concordia, formaron os cobrados ou propostas dos doce viciños, pra que, d' antre eles, o Arcebispo ou o seu Provisor escollese os dous que habían de ser Xusticias pra o ano siguente. Non puden averiguar quens foron os

————
(1)  Casi todol-os pormenores contenidos neste capítolo son hestóricos.




[páx. 278]


doce viciños qu' iban nos cobrados, soilo encontrei os nomes de nove, dos cales os seis último xustamente foran os que escamotearon Vasco de Vibeiro e compaña. Estes nove eran Xacome Yañez de Monreal, Xan Rodeiro, Xacome Yañez, Rodrigo Martiz de Carracido; Xan Porra, Bastian de Balboa, Xacome de Montaos, seu xenro Limiñon e Guirgorio Vazquez de Taboada.
     Rematado o auto, todos saliron do Consistorio moy satisfeitos, coidando que xa non quedaba mais que facer que revisar, ao outro día, os cobrados, antes de presental-os ao Arcebispo; o cal, aos que non estaban no allo, figuróuselles que era cousa de caixon. Por esto mismo non pudo menos de chamarlles a atencion o ver a Froitoso d' Ulloa, a pesar dos seus anos e da sua asma, toda aquela tarde de Dios feito un azacán, andando d' aquí pra alí, saindo d' unha casa, meténdose noutra, falando con éste, cuchicheando con aquel. De noite a sua casa parecía un cobo cheo de abellas; tantos eran os que sin parar entraban e salían. E ao outro dia pol-a mañanciña, volveu Froitoso aa sua tarea, acompañado de Marcos Picado e do serrador da Porta Faxeira, e ainda lle dou unha última tienta a Alvaro das Pedras. Todol-os que


[páx. 279]


o vían naquel traxín, perguntaban ¿qué cousa traerá entre maas Froitoso?; pero, por outra parte, como él era home de moitos negocios, e tan armadanzas, e, cando lle conviña, sabía moverse e espilirse como un pícaro, os que non estaban en autos desta tramoyada, contestaban: Bah! sonche cousas de Froitoso.
     O caso foy, que hastra pouco antes da hora de xantar, non se procataron de que estaba vaco o oficio de pregoeiro, e que, por consiguente, non había quen chamase aos viciños pra rever os cobrados. Así é que todo o mundo se deixou estar na sua casa, non sabendo qué quería decir aquelo. Soilo a hora dita apareceron na casa do Consistorio os dous xusticias Pedro d' Arouça e Xan Lopez de Cangas, Froitoso d' Ulloa e Vasco de Vibeiro e unhos cantos curiosos, que nunca faltan nestes casos.
     A casa do Consistorio estaba, como xa dixen, sobre das escaleiras da praza da Quintan. Compoñíase d' unhos baixos, donde despachaban os Xusticias, tiña un espacio separado por unha gradicela, e un sobrado que era o local donde os Rexidores celebraban as suas sesions; todo elo era bastante modesto. Pegados aa casa do Consistorio había varios oficios de escribanos.


[páx. 280]


     Estaban, pois, os Xusticias e os Rexidores sobreditos tratando de como saldrían d 'aquel apuro, é decir, de como chamarían aos viciños a Concello, segun era costume, e por fin acordaron que se notificase aos cadrilleiros das parroquias pra que convocasen pra as duas da tarde a Concello a todol-os Rixidores e aos viciños que quixesen e poidesen asistir. Así llo fixeron saber a Macías Vazquez, escribano, ou, como si dixéramos, sacretario do Concello, o cual mandou ao notario Fernán Vazquez pra que notificase aos cadrilleiros o que queda dito.
     Reuneuse ao fin o Concello: viñeron todol-os rixidores e acudeu tanta xente, que non se revolvía na casa do Consistorio; e ainda moitos tiveron que quedar fora, pois non poideron romper pra dentro. Sentáronse os rixidores e tomou a palabra Froitoso pra pronunciar a arenga que era de adoito, e comenzou con moita pausa a dicir así:
     «Honrados rixidores e viciños, quérovos chamar a atencion sobr' a importança do auto que vay logo a ter lugar, non porque dela todos vosoutros non estedes xa persuadidos tanto ou mais que yeu; sinón porque esta é a miña obrigacion. Si esta non fora, eu ben podía coser os


[páx. 281]


meus labios; porque, o que mais e o que menos dos presentes, ben entenden canto importa ao pro da república o ter ao frente homes xusticeiros, homes que non se ladeen nin d' unha banda, nin d' outra, homes que non opriman, nin asovallen, nin atropellen pol-os dereitos e todol-os cidadaos, sin eceutuar ningún, homes, en fin, que se intresen e teñan ansia do ben común e do que é honra e pro da comuidá.»
    «Acontece moitas veces que nos poñemos malos e padecemos desasosego e enfermidá, e nos poñemos inquietos e afervoados; e si se van a buscar as causas desta desazón e doenza, non se eucontran en outro que en nos mismos; en nos mismos, que non procuramos separar as acasions que nos trouxeron o mal, que descoiamos o combatilo despois que se nos meteu na casa que nos mostramos desdeixados e abandonados pra empedir que tome raíces. E en casos tales, e sucede a miudo, ¿pra qué nos habemos de queixar, pra qué nos habemos de layar, e prá qué habemos de acriminar a nadie? Todas estas acriminaciós, todas estas queixas, todos estos layos caen dreito sobr' a nosa cabeza.»
     «Os cobrados estan feitos; falta agora que


[páx. 282]


vos os ensaminedes sin pasión, nin miramento de ningunha crase. O reximento ponos nas vosas más, pra que vos os vexades e xuzguedes.O reximento, ao facer a lista e memorial, non tivo mais norte que o deseyo d' acertar; si vosoutros non o vedes así, moito, moito lle pesará, e quixera correxir o seu erro.»
     «En vosas maos está agora o último toque do negocio; de vos pende encamiñar dereita e seguramente as cousas pra o pro comunal; procurade facer de modo que non teñades de que arrepentirvos.»
     Acabada a prática esta; anunciou Froitoso que s' iba a proceder aa revision dos Cobrados. Nomeou pra elo os dous rexidores que; como era d' adoito, habían de nomear, aa sua vez, os once viciños que revisen os cobrados. Os rexidores nomeados por Froitoso, foron Vasco de Vibeiro e Martin Galos, os cales, a sua vez, nomearon aos viciños siguientes: Vibeiro a Xan Casal, Marcos Picado, Bastian Fresco, Pedro Lopez, ao plateiro Pedro Fernandez e a Xan Serrador da Faxeira; Martin Galos, a García Men, Gonçalvo de Luaces o Mozo, Diego de Lastres, Xan Pol e Rodrigo Perez.
     Feito este nombramento e desinacion, baixa-


[páx. 283]


ron todos, acompañados do escribano do Concello, Macías Vazquez, aa próusima igresia de San Payo. En chegando alí, tomou a palabra Vibeiro, e, como si quixera manifestar unha cousa de moita importancia e reserva, principiou a falar con moito misterio, dirixíndose principalmente a Martín Galos.
    O pobo non traga estes cobrados; dice a maor parte dos que veñen aquí, non son homes pertenecentes pr' o cargo de xusticia, e que é unha afrenta e un bichorno pr' a cidá, o propoñer tal xente pra un cargo como ese, en que está cifrada a honra e a seguridá de todo o vecindario. Sua mercé xa veu que o Sr. Froitoso d' Ulloa e outros rixidores, soilo por mor da paz e boa concordia, e porque no-nos chamasen cotifons, aconsentiron en que se puxesen moitos dos nomes que ahí van; e non foy que non soupesemos que, pra maor parte pobo, semexantes nomes han de facel-os saltar. Así que eu non respondo que non haxa un levante e un tumulto, e ainda que sucedan moitas disgracias.
     Noo! eso é o mais segurodixo Casal.
     Martín Galos, a quen non deixaran de facer bastante eco as ouservacions que estivera escoitando, decatouse de que, ao romper por en-


[páx. 284]


tre o xentío pra baixar pra igresia, oira moitas voces deFora! fora! que os corran!e de que ao mesmo tempo, lle chamara a atencion que, alguns estaban con capa, o cual nada tiña de particular no mes de Xaneiro, pero tíñana apreixada e recollida, que parecía que querían esconder algunha cousa debaixo dela. Foy él atando estes cabos e, ao paso, caendo na conta de que as ouservaciós de Vibeiro non iban fora de camiño.
     ¿Qué quer logo, sua mercé, que fagamos? ?perguntou, despois d' estar un pouco como pra recapacitar e discurrir.
     Eu, por min, nadacontestou VibeiroSoilo lle fixen este presente a sua mercé porque crein que debía facerllo.
     Estes cobrados non poden ir arriba!gritou a esto Picado, collendo a lista dos propostos e leendo en alta voz.
     Arriba!... berrou pol-a sua parte Xan Serrador. Si non houbera homes en Santiago, podía suceder. Ainda pol-o d' agora hay moitos que non somos boos de sonar; e-yeu, pol-o que a min toca, arrenegaría do meu nome si consintira que tal parvoada fose adiante; e alegraríame de que houbese calquer cousa pra que nos vísemos.


[páx. 285]


     E chámanos aquí pra que aprobemos esto!escramou o prateiro Fernandez.
     Que vayan a facer bulra de quen os carrexa!dixo Pedro Lopez. Si lle queren buscar catro pees ao gato, asegúrolles que llos han encontrar!
    Deixa que ao son que nos toquen, bailaremosañadeu Bastian Fresco.
     A todo esto, os viciños que nomeara Martín Galos, estaban calados como petos; pois, como non estaban en autos, e por outra parte viron que Galos non facía moito fincapé pra defender os cobrados, éralles indifrente que fosen uns ou outros. 
    Siguiron os outros viciños que trouxera Vibeiro esbarafundando pol-a sua conta, hastra ao cabo de un pouco, saeu Casal, como querendo meter paz, e dixo:
     Pouco barullo! Si non se quere que hoxe haxa unha en Santiago, e unha ben gorda, ainda hay un remédeo, co cal se pode contentar ao pobo e non ofender nin desairar ao riximento.
     E cal é?perguntou ao istante Vibeiro.
     É que Macías Vazquez extenda aquí mesmo outros cobrados, suprimindo os nomes dos seis que non quere o pobo, e poñendo outros no seu lugar. Cérrase despois o priego, séllase,


[páx. 286]


e devólvese así cerrado e sellado pra que o entreguen ao Arcebispo. 
     Acetado
dixeron todos ou casi todos.Pero é necesario continuou Casalque xuremos todos, todos; non descubrir, nin revelar ningunha das cousas que aquí pasaron.
    Dito e feito. Xuraron todos que non habían de decir nada do que alí pasara; e Macías Vazquez fixo outros novos cobrados, omitindo os nomes de Rodrigo de Carracido, Xan Porta, Bastian Balboa, Xacome Yañez de Montaos, Guirgorio Vazquez de Taboada e seu xenro Limiñon; e poñendo no seu sitio a Lois Bermudez, Guirgorio de Reino, Xerpe de Mazarredo, Pedro Martín Rato, Diego Alvarez de Sotomayor e Diego Pillado; firmounos, doblounos, cerrounos e sellounos, e douse o auto por acabado.
    No entramentres que esto pasaba en San Payo, as Xusticias e os outros rexidores quedaron esperando no Consistorio, pra proceder a aleucion de procurador xeeral. Vendo que a cousa iba larga, Xacome Yañez de Leilon, procurador saliente, propuxo que, pois que o seu oficio e poder se acabara; se podía ir procedendo ao nombramento do sucesor. Por mais que mirábao Froitoso d' Ulloa co rabo do ollo


[páx. 287]


e lle ceñaba pra que calase, Xacome non entendeu a ceña, hastra que acabou de falar; mais, entendida que a houbo, non volveu co recado. Así foron enredando o tempo, hastra que viñeron os revisores, os cales puxeron os cobrados na meaa do Consistorio e volvéronse a os seus sitios.
    Estonces Xácome Yañez pideu de novo que xa que o seu poder se acabara, que elexise o Reximento outro procurador conforme aa Provision do Sr. Gobernador e Oidores deste Reino, pol-a cal se fixo o ano pasado o dito nombramento.
    O Reximento acedeu aa peticion do procurador, e comeuzou a tratar da aleucion do sucesor de Xacome Yañez, pero pubricamente, por mais que os politicastros de nosos días pensan que todo eso de luces, craridá e pubricidá tíñano eles embargado e estancado pra o seu uso particular. Froitoso Galos e Martín Galos propuxeron que se deixase pra outro día a aleucion, e que pois Xacome Yañez desempeñara ben o cargo, que o siguise desempeñando entramentras. O xusticia Pedro d' Arouça, Froitoso d' Ulloa e Vasco de Vibeiro, contestaron que esta proposicion non podía adimitirse, que era contra a Provision do Sr. Gobernador


[páx. 288]


e Oidores, e que o pobo xa estaba convocado pra facer a eleucion.
    Estonces Rodrigo de Bendaña, García Osorio, Alonso Perez, Rodrigo Fernandez e Fernán Bravo propuxeron que se fixese unha proposta de duas ou tres presonas competentes, pra que d' entr' elas se elixise unha por concordia ou por sortes.
     Ulloa, Arouça e Vibeiro desinaron sin mais a Lopez de Cangas. Contradixérono de taco todol-os demais rixidores, porque Cangas acababa de ser xusticia, ou ainda o era, e sinteso andaba en preito co Reximento. Non foy malo o provereo que alí se armou con tal motivo; todos querían falar a un tempo, todos querían sair adiante ca sua ideya. O pobo, pol-a sua parte, non se contentaba con desempeñar o papel de simpre mirón; e parecéndolle pouco aficaces e macizos os argumentos das palabras, estaba pra saltar con outros mais brutanaces,sí, pero tamen mais espresivos.
     Que nos deixen facer a aIeucion!berraban uns.Abaixo o Reximento, que ten atiranizada a cidágritaban outros.Queremos procurador a Cangas! gritaban estes.Xa estamos cheos de aguantar cabronadas!voceaban aqueles.Cata cos mandós! BotaIos fora!


[páx. 289]


chilrraban os d' acá.
Brinquemos con eles e aprendámoslles a cantinela ouveaban os de mais alá. E porque Froitoso Galos s' astreveu  dicirlles que calasen, que Cangas non podía ser procurador, Marcos Picado, Xan do Casal, Bastian Fresco e o xastre Xan Fernandez, que estaban preto dél, chegandolle os puños aa cara, empezaron a berrarlle: Pois ha de sel-o! pois ha de sel-o!
    No medio de aquel tumulto e confusion, levantouse Froitoso d' Ulloa, e, esforzando a voz canto pudo, gritou, dirixíndose ao pobo:Señores, ¿queredes que Xan Lopez de Cangas sea voso procurador? A ese queremos e non a ningún outro!contestaron unha chea de voces.
    Que salla Macías Vazquez a recolIer e a asentar os votoscontinuou o d' UlIoa.
     Asi o fixo o escribano, mentras que os rixidores contrarios levantáronse todos protestando, porque ainda non se acabara de tratar da aleucion no Consistorio, e porque Cangas por ningunha maneira podía ser procurador.
     A zarracina que a tal punto se levantou no sitio, non é pra dita. Non paricía sinon que iban a quen mais berrar e bracear poidese. Alrritado e enfadado Rodrigo Bendaña, ao ver


[páx. 290]


tal, comenzou a escramar, dirixindose a Pedro d' Arouça e a Froitoso d' Ulloa:
     ¿Onde está aquí a xusticia e a autoridá? ¿Onde o Concello? ¿Sodes vos, por ventura, os direutores desta salvaxada? ¿Este é o voso gobernar e rixir o pobo? ¿Pensades que poida sair d' aquí ningunha cousa legal e dreita? ¿Qué nombramento é este, feito nun tumulto a poder de berros e de desmás? ¿Quen é tan parvo que non comprenda que todo esto é unha tramoyada, e que ven xa preparada por alguns dos que están presentes?
     Sigueu en aumento a gritería, pois alguns, a oir a Bendaña, quixeron botarse a él, poI-o menos, e os d' afora, querendo tamen ter parte nela e enteirarse do que pasaba dentro, pelexaban por entrar e subir aa sala do Consistorio. Alguns, que xa supoñían o que era, sacaron dos seus cintos as espadas que traguían escondidas, e amostrándoas e brandéndoas e esbarafundando, foron abrindo camiño hastra chegar preto da mesa do Reximento.
    A todo esto Macías Vazquez, como si non fora nada, siguía recollendo votos por donde podía, e cando lle pareceu que recollera bastantes, dirixeuse a todo o concurso, perguntándolle si outorgaban a Xan Lopez de Cangas o poder


[páx. 291]


pra Procurador geeral, e sí había alguén que o contradixese.
    A primeira pergunta foy logo contestada, porque moitos dos partidarios de Cangas eran os que estaban ao redor de Macías Vazquez; pero a outra perdeuse naquela xeeral gritería. Con todo eso Macías Vazquez púxose moy tranquilo a estender a escritura de nombramento e poder en favor de Cangas.
    Non por eso cesaba o ruído; mais, ao cabo, Pedro d' Arouça, comprendendo quizaives que todal-as cousas deben de ter o seu trémiño, que, a veces, tanto se tira da corda, que reventa, ergueuse moy enfadado, dicindo:
     ¿Qué modo e este de tratar ao reximento? É por ventura esta unha praza ou mercado, pra que veñades con eses berros e con eses modales tan desacatados? Que se cerren as portas e que non se deixe entrar a ninguén mais.
     A verdá era que maldito a falta que facían mais berros e ameazas.
     Acabouse de redautar o poder, no cal por eso consinouse a protesta dos rexidores contrarios. Mais o ruido e barullo ainda non amainara de todo, porque dentro do Consistorio quedara xente ben abonada pra levantal-o e movelo. Hachábanse ainda alí Casal, Fresco, Picado e


[páx. 292]


outros que para o tal eran pintados. Pesoulles moito que se consinase no poder a protesta de Rodrigo de Bendaña, Froitoso Galos e compañeiros; e asi botaron con moita fúria enriba da mesa do Consistorio unha Provision do Presidente e Oidores da Aodencia, e pidiron que conforme ela mandaba, saisen fora do Consistorio os rixidores con cargos ou mercedes do Arcebispo. Empezaron a tarifar de novo entre si habían de sair ou si non habían de sair, e asi estuveron un boa pouco disputando e costionando: Uns dicían que non tiñan por que sair; pois non recibiran nin cargos; nin mercedes do Arcebispo, nin naquela xunta se trataba de negocio algun referente aos preitos que se trataban con S. S. Ilma. Curros pidían sin mais que se cumprise e executase a Provision. 
     Ao fin, despois de moito barallar e argallar, acabou Casal, dicindo:  
     Ben! pois xa que agora dicen suas mercedes que non están no caso que asiñala a Provision, déixoa pra que suas mercedes a cumpran cando o estean.
     Asi acabou esta famosa xunta concexil, quedou moito que falar e ainda qu' escribir. 
     Mais, o caso foy qu' os Cobrados non correron, e qu' o Provisor, en nome do Arcebispo,


[páx. 293]


desinou por Alcaldes, contr' os propostos, a Roy Martiz de Carballido e a Xacome Yañez de Monreal.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega