A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XII (páxinas 153-161)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0013.html

[páx. 153]



XII


MAIS PREPARATIVOS



A
EDENDO saeu Froitoso de Ulloa do Consistorio, e ao mesmo paso que se retirou soilo e con cara de ferreiro pra casa, iba revolvendo mil ideyas e mil trazas para sair ca sua e chafar aos seus contrarios. Aquela noite, por eso, deixouna pasar en branco e descansou; porque non era home que antes de tomar un partido non soese darlle mil voltas e xeitos; pero ao outro día avisou con moito sagreto a Xan do Casal e a Marcos Picado, que viñesen a estar con él, e, podendo ser; sin que nadie se procatase.


[páx. 154]


     Nin Casal, nin Picado, deixaron de concurrir puntualmente á cita; e Froitoso, así que os tivo ao pée de el, e choida que houbo a porta:
     —É preciso —prorrumpeu sin mais arrodeos—r omper esta maraña en que estamos envoltos, e que non-os deixa andar nin para diante nin para atrás. Chameivos a os dous soilos porque, sobre teer peito para calquer cousa, sei que habedes de teer tamen boa conta ca lengoa. O primeiro que hay que facer e botar fora do Consistorio aos paniaguados do Arcebispo, porque, de outro modo, nunca podremos tomar acordo ningun que nos sea favorable, pois eles poI-o menos son tantos como nos; e, feito esto, botar o reparto a toda costa. Ben sabedes que ningun carro anda sin que o unten, e que en preitos de comunidades todo o mundo tira por largo sin dóor. Agora, pra o reparto, o camiño mais direito e unha Provision real, e eu acórdome que tí, Xan do Casal, comprometéchete a ganala cando fose perciso. Penso que o caso xa chegou, e ben chegado, e, pol-o tanto, hay que ver de ganala e canto mais axiña.
     —Boo! eso xa fai tempo que o estaba eu vendo —respondeu con moita cachaza Xan do Casal—
porque eu ben sey con que bois aro; pero non quixera meterme mais adiante, porque os


[páx. 155]


que van a donde non-os chaman, son os cás. Por eso o que dixen de unha vez, volvo a dicilo agora; e si se quere a Provision, estou prestes a sacala, ou pouco hey de poder. Pero tamen digo que unha Provision, paresme pouco; fai falla outra, outra que rece que non poidan asistir ao Consistorio nin os parentes do Arcebispo nin os que de él teñan tenencias e terras.
     —Deso pódese encargar Vasco —dixo Froitoso d' Ulloa— cando vaya a Valladolí. Soilo que eses briboos dos franceses non acaban de deixarnos en paz, e o día menos pensado paréceme que os vamos a ter encima.
     —Díxome Diego Alvarez de Sotomayor —saleu Picado— que un ingrés, mercader de Vigo, lle asegurara que os franceses estaban dispoñendose pra atacar aos portos de Frandes.
     —É fácele que ataquen nun sitio e mais noutro —repuxo Casal— que aa sede que ten o Rey deles, ha de botar as alegrías. Pero eu non sey si Vasco de Vibeiro servirá ben pra o caso; paresme algo falador, e dispénseme sua mercé que llo diga; non porque eu desconfíe del, que ben sey que, si todos fosen como él, outro galo nos cantara; mais, nestes casos, a mellor palabra é a que está por decir. Despois alguns marmulan dél porque din que é moy gaston e moy


[páx. 156]


amigo de borrear; e nos non estamos pra borras sinon pra ir ao noso ouxeto. Pero xa que lle deron o poder, ben dado está. Eu, o que lle podo decir a sua mercé, é que dentro de pouco penso marchar a Valladolí con meu compadre Bastián Fresco, alá por uns asuntos pendentes.
     —Entonces podes levar tí o poder ¿qué mais se quere? —dixo Picado.
     —Eso hay que velo —interrumpeu Froitoso.
     —Ti ¿cándo pensas marchar?
     —Tanto me da marchar unha somana antes, como despois —respondeu Casal.
   Pois estonces é mellor que marches canto mais pronto poidas, porque ao que esteas alá propónselle ao Consistorio que che dean a ti o poder, e,  como se aforran os gastos do viaxe,  xa non hachará moitos opositores a sustitucion.
     —Xusto —prorrumperon os dous.
     —E xa veremos como te espricas —dixo Froitoso, dirixíndose a Casal— porque despois de tantas probanzas, tantas informacios, tantas compulsas, tantos testimonios, tantas recomendacióos (e ainda mais que non se dí) como van alá, estamos xa a mediados de Xunio, e vexo que sempre estamos na mesma. E eso que por falta de palabras e promesas non queda.


[páx. 157]


     Si me esprico, xa o verá sua mercé, que o mellor ainda está por decir, anque d' elo xa temos falado algo.
     —¿E cal é o mellor?
    —Vamos a ver ¿a vosa mercé parécelle mala cousa o ganar unha Real Provision e emparapetarnos detrás dela, de modo e de maneira que non poidan chiscarnos nin-o pelo da roupa?
     —¡Oh! eso era ir á corte e matal-as todas; pero é moito pidir.
     —Outros milagres mais grandes xa os teño visto eu. E eu, por pouco que me axuden, heino de facer, si Dios quer, e por eso naide me ha de teer nin por santo, nin por bruxo.
     —Chámolle ao gancho cousa torta, Casal.
     —O gancho é menester saber facelo. Xa teño dispostas unhas enformacionciñas e uns testimonios que arden nun candil, e paréceme que han de dar o trigo. Pero hay que ter moito coidadiño co pico. ¿Ti entendícheme, Picado?
     —PoI-o pico morre o peixe —respondou éste.
     —Anxela-María. En esto de sagretos —prosigueu Casal— sempre fun moy desconfiado, e sempre tiven que sagreto que pasaba de dous non era sagreto.
     —Nin ti, nin toda a tua casta —saleu Picado—
me enseñan a min a gardar sagreto.


[páx. 158]


     —Nóo..., o que é deso non che me pesa.Pero volvendo ao caso, as enformaciós xa pasaron poI-as mans d' alguns dos oidores d' aquí, e algun oidor dos do Real Consexo xa está en autos.
     —Oh! Pois estonces é trompo na uña —saltou Picado.
     —Si, moitos trompos pos ti na uña. O que hay que ver é para quens habemos de pidir o seguro.
     —Nin conven pidilo para moitos, nin para poucos —observou Froitoso.— Si se pide pra moitos, mirarano ben antes de darlle este feo ao Arcebispo, porque é dar a entender que todos están contra él. Si se pide pra poucos, pensarán que é costion de catro pelagatos que, anque teñan algunha razon, por vingas ou temas, queren repoñerse ao Arcebispo.
     —O mellor —saleu Casal— é pidilo pra uns cantos poI-os seus nomes, e despois deixar un portelo aberto pra que poidan acollerse os que queiran. Pidirémolo pra sua mercé, pra Lopez de Cangas, pra Xan de Outeiro, Alonso Perez, Vasco de Vibeiro, Jacome Yañez, os escribanos, Macías Vazquez, e Lope de Losada, Xan Rodeiro, Gonçalvo de Puñal, Perez de Mazaredo, Martíz de Carballido...


[páx. 159]


     —Home! -interrumpeu Froitoso —Carballido é algo avenado, e, como lle pique a mosca, non podemos contar con él.
     —E logo ¿pra quén mais se pide?
     —Pra Roy Fernandez de Valiño .....
     —Ese coceberciñas ¿qué pito toca aquí?
     —Pra Bastian de Balboa.
     —Outro que ben baila —dixo Picado.
     —Pois logo —prosigueu Froitoso— non pidilo para mais nomeadamente, sinon en comun para os consortes, pra todol-os parentes dos ditos e pra todol-os seus bées.
     —Eso é —responderon os dous— e o que queira mais, que o diga —engadeu Casal.
     —Vaya que si consigues o que pretendes, anque non sea todo, mereces un bóo pucho de cereixas.
     —Esto xa debía facerse antes, e a sua mercé xa llo falei.
     —Home, é verdá; pero a veces os incidentes entorpecen o principal; por eso eu non coidei de promovel-os e darlle moito pra diante.
     —Pero ¿cómo non habemos de promovel-os, si nos teñen agarrotados? Pra non ir mais lexos, antonte alcontrey con D. Bernaldino nas galerías da Catredal, púxose comigo como unha néspora: parecía que me quería comer, foy un


[páx. 160]


santo que non-o botey de alí en baixo. E así todol-os dias.
     —¡Lástima!-saleu aquí Picado —¡ainda é pouco!
     —Tí soilo sabes arregrar as cousas con barrabasadas.
     —Eu serei amigo de barrabasadas, un brutanaz, o que ti queiras; pero nunca me gustou andar con mixiricadas. Non me estraña que don Bernaldino, e o Provisor, e o Asistente e o Alguacil, e os demais, nos desprumen e despelexen: pois teñen que ter ley ao pan que comen, e pol-o mismo non hay que volverlles culpa; a mín o que me inclina e aborrece, é que homes como Rodrigo de Bendaña, Martin Galos, Froitoso Galos e outros pol-o estilo, se poñan departe dos asovalladores do poboo, e traten de armar sempre atrancos e presentar dificultades a todal-as nosas xustas demandas. O mismo que o conto do reparto. ¿Non hay estacas para embrear e endereitar a eses lambefariñas e deprenderlles a ser cidadaos? Pero xa se ve; como hay tantos cotoriñas que teñen medo da sua sombra e non saben mais que dicir: —Non conven, non conven— hay que aguantar e poñer o lombo aas azoutas. Siquera foran eles solos a poñel-o, ¡maas novas!; 


[páx. 161]


pero o conto é que, por casa d' uns, pagámol-as todos.
     —Xa sabemos que a tí en pico e gaznate non ch' hay quen-cha empate —repuxo Casal con moita xorna; pero eu tampouco che nacín no ano dos medos, e cando chegue a acasion, veremos entonces quen dos dous é o mais guapo.
     —Demasiado sabemos —dixo Froitoso— que cando chegue o caso, ningun dos dous ha de quedar atrás; pero o que agora compre é que Casal marche logo para Valladolí, e que alí se remexa para sair canto mais axiña deste atolladeiro. Despois, Dios dirá.
     Terminouse o coloquio falando do dia en que, pouco mais ou menos, saldria Casal pra Valladolí, e, ao remate, o de Ulloa agüespedou a os seus amigos, como soia facelo con todol-os que iban aa sua casa, no entramentes que se latricaba dos franceses, da raya do trigo, do centeo, da avea, e de outras cousas pol-o estilo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega