A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XV (páxinas 189-199)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0016.html

[páx. 189]



xv


A VITORIA DE FIISTERRA



A o fin, o que tanto se timía en Galicia, e que tanta alarma metera en Santiago, o que tanto receaba o Conde de Castro, chegou de improviso. O día 13 de Xulio apareceu nas nosas costas a armada francesa, composta de vinte e cinco naos ben armadas e aquipadas. Veu recorrendo todol-os nosos portos e saqueando o que encontraba a man. Fondeou entre Muros e Fiisterra, e, entre outras fechorías nesta última vila, por non deixar nada atrás, hastra arramplou con todal-as mantas que había no hespital, facendo o


[páx. 190]


propio noutros portos. O peor foi cando puxo en terra toda a xente de armas, que pasaba de catro mil homes, mentras en toda Galicia apenas había soldados que poderan chamarse tales, pol-o poucos e mal armados que en xeeral estaban. Causou esto tal alarma, que nin no mesmo Santiago encontrábanse por seguros da invasion. Ao Conde de Castro todo se lle volvía mandar avisos e mais avisos a D. Alvaro de Bazán, que, no intre que estaba fora o Emperador, quedara por Capitan xeeral do mar Oceano, e, á sazon, hachábase en Laredo arrombando unha escuadra pra mandar a Frandes. Colleu D. Alvaro con vintecatro naos que lle quedaran, e o 18 de Xulio virou a proa en direucion aas costas de Galicia. Daba groria o ver con que pompa as nosas naos sulcaban a estensa sabaa das augas.
   Ao amanecer do día 25, dou vista a nosa armada aa villa de Fiisterra. A enemiga hachábase diante de Muros, dispoñéndose a saquear o porto, si non lle aprontaban os doce mil ducados que pidia. Os muradanos xa ofrecían oito mil, pero en esto descúbrense as duas escuadras; e, o descubrirse e dispoñerse ao combate, foy todo un. Aquelo non foy combate, foy unha manda de rayos que cayeu sobr' as naos fran-


[páx. 191]


cesas e as desbaratou ainda non en duas horas. Ao primero embiste da nao de D. Alvaro contra a capitana anemiga, foyse esta ao fondo con casi toda a sua tripulacion. Revolveuse logo a nosa capitana contra outra nave francesa que viña a acudirlle aa sua, e, en pouco tempo, rindeuna e tomouna. Co mesmo arranque e brio pelexaron as demais naos españolas; asi foy que todal-as naos anemigas, menos a que se foy a fondo, e unha que escapou aa prisa (madia levaba que iba co pau maor menos) para ir a dar noticia, si chegou tempo, todas elas, repito, e o botin que levaban, caeron en poder dos nosos. Naquela cañeira foron degollados na batalla mais de tres mil franceses e os demais quedaron presos. Dos nosos morreron unhos trecentos, sint' os cinco centos que foron firidos.
     A primeira cousa en que pensou o Marqués de Santa Cruz, despois da batalla, foi viir a Santiago a darlle gracias ao Apóstolo, por aquela tan grande vitoria ganada no seu día. Deixoulle comendado o mando da Armada ao seu fillo maor D. Alvaro, mozo de 18 anos, e encargoulle que levase a remolque os barcos anemigos e o asperase na Cruña. Él veuse dereito a Santiago, onde o esperaba o Conde de Castro, capitan


[páx. 192]


xeeral e Gobernador de Galicia, cos Oidores da Aodencia. Anque respeuto do particular non falan nada as mamorias antigas, é de supoñer que pousase D. Alvaro no paaço do Arcebispo. O cual, pra satisfacer os deseyos do nobre e valeroso Marqués, dispuxo que logo se cantase na Catredal un solene Te Deum, en aucion de gracias por tamaña vitoria. A solenidade foy tan comprida como requiría o caso. Asisteu, por suposto, o Cabídoo, e a Aodencia en corpo con todol-os seus oficiás. Cando D. Alvaro puxo o pée na Igresa, encontrouse con un gran fato de xente de todas crases, que o esperaba cobizosa de ver por seus propios ollos aquel gran Capitan. Hastra as bóvedas da Catredal parecía que se mostraban fonchas e ufáas de que lles rindise homenaxe un home d' aquel peito.
   Cantado que foy o Te Deum, recorreu o Marques todal-as estaciós que soían visitar os piligrís. Detívose, en particular, diante do altar maor, que estonces tiña unha forma moy difrente d' agora. Era mais sinxelo e non tiña tanto ringorrango como o que vemos hoxe. O cal, como foi feito n' unha epoca en que se pensaba qu' a bonitura consistía en atestar e macizar ben as cousas de fegura, adornos e re-


[páx. 193]


cubeques, na maneira que se ataca e henche un fardo ou un xergon, así está cargado de froles, frutas e feixes de cousas. Parecer parece un almacen de madeira, si se quere, ben traballada, pero nada mais. Solo d' unha vez, viñeron de Deza, pra a obra da capela maor, 190 carros de nogal. Nin por un olIo da cara se hacharán alí catro líneas armónicas; moito de pingantes e colgarexos; moito de puntos salientes e entrantes; moito de voltas e reviravoltas; moito de rasgos enrevesados e ensarillados, que parecen garabatos, eso sí; pero líneas puras, que corran lisa e limpamente, e que estean combinadas, eso alí é contrabando; pois o gusto da época non consintía outra cousa. Mais volvamos ao altar antigo. Alguns coengos íbanlle espricando ao General cousa por cousa, chamándolle a atencion sobre as de mais mérito.
    Como queira que se trata d' unha obra que desapareceu pra non volver, non despracerá aos meus condescendentes leutores o que nos enxaretemos no grupo que acompañaba a don Alfonso, pra enteirarnos algo por miúdo de como era o antigo altar. Comezaremos pol-o frontal, que consistía n' unha gran prancha de prata, composta de varias pezas artísticamente unidas e combinadas, Estaba dividido ao largo


[páx. 194]


en duas faixas, cada unha das cuales tiña seis capelas ou camarís, arqueados e separados por colunas, con outros tantos apóstolos de bulto. No medio do frontal, e abranxendo as duas faixas, destacábase a fegura do Salvador, con unha croa aflordelisada e adornada de chatons, entre os símbolos dos catro Avanxelistas, e como facéndolle corro, imaxes dos vintecatro Ancianos do Apocalisis; todo de ben alto relieve. Fora labrado o frontal a prencipios do sigro XII, é dicir, naquel sigro en que a tanta altura chegou o esprito e gusto artístico en Santiago. As colunas, os arcos, as feguras, e todal-as demais pezas, estaban aplacadas sobre madeira, para lle dar firmeza e consistencia.
   Sobre a mesa do altar estaba xa a costodia, que por fin dera acabada Anton d' Arfe, e da cual xa falamos noutra parte.
   Detrás da costodia había un retablo de prata pol-o estilo do frontal, feito tamen como éste, no tempo do mismo Arcebispo D. Diego Gelmirez. Era tan largo como a mesa do altar; pero de alto soilo tendría unhas tres cuartas, menos no medio, que chegaría a cinco, porque se iba levantando como o penal d' unha casa. No centro aparecía a imaxe do Salvador, de tamaño maor qu' as demais figuras; tanto, que mentras


[páx. 195]


estas quedaban abaixo da cornisa que separaba o penal, a imaxe do Salvador subía hasta tocar cerca do pinche. Aos lados tamén había camarís cas feguras de bulto dos apóstolos.
   Arriba deste retablo, e un pouco retirada pra atrás, estaba a imaxe do Apóstolo, que era a mesma que hay hoxe, fora d' algunhas cousas que se lle foran engadendo despois. En primeiro lugar, o Apóstolo estaba en cabelo; non tiña o resplandor ou aureola que ten hoxe; pero, no seu sitio, estaba colgada una croa de prata, á altura acomodada pra que os piligrinos que iban a bicar e abrazar o Apóstolo, poidesen poñel-a sobre a cabeza. En segundo lugar, tampouco tiña silla de respaldo; pero, por detrás da imaxe, corría unha barandilla, que ao mesmo tempo que permitía aos piligrinos de abrazar ao Apóstolo, tornábaos de caeren pra diante. En terceir lugar, en vez do bordón, que ten agora, estaba botando a bendicion, e na man esquerda tiña un libro; e, por último, estaba sin escravina e non tiña mais que un collar estreito.
   O Marqués de Santa Cruz quixo facer en todo como os demais piligrinos: subeu pol-a escaleira do lado da Epístola, que iba a dar a detrás do Santo, bicouno e abrazouno, e puxo sobre a sua cabeza a croa de prata. Posto así,


[páx. 196]


non se contuvo de manifestar, como xa fixeran outros grans Capitás e señaladamente o gran Capitan por ecelencia, que moitos favores recibira do Santo Apóstolo, e ainda recordou que xustamente facía nove anos que se hachaba él por aqueles días en Africa, e que celebrara a festa de Santiago, en Tunez, co señor Emperador, despois da toma desta cidá, tobo do formidable pirata Barbaroxa, e da fortaleza da Goleta, en donde fora él o primeiro que entrara poI-o seu lado.
  —Tamen aquí se cantou un Te Deum —saleu un coengo— cando se recibiron as cartas da Emperatriz, cas novas de Tunez.
   O Marqués baixou os ollos, como si quixera falar co corazon co Santo Apóstolo, e como si prisintira cánto Ile había de comprir a sua axuda en ocasiós tan solenes como a do socorro de Malta en 1565, e en Lepanto, en 1371.
   Baixou D. Alvaro pol-a escaleira do lado do Avanxelio, e, ao pasar pol-o costado do altar, mostráronlle o bufarriño por donde se vía o hueco de debaixo da mesa, e o burato que iba a dar ao sitio onde estaba o sepulcro do Apóstolo.
   Cubría e resguardaba o altar maor, un baldiquí de forma piramidal, sostido por arcos apuntados que descansaban en catro colunas. Desde


[páx. 197]


os capiteles de estas, arrancaban dous arcos diagonales rebaixados, e no punto en que se cruzaban, levantábase unha imaxe do Salvador. Tantol-os arcos, como a imaxe, eran labrados de prata ao embutido, e ainda conservaban a alma de madeira dentro. A pirámide levantábase sobre un cubo ou paralepípedo, o cual, na cara de diante, entre unhas pilastras de prata, presentaba as imaxes de Nosa Señora e Santiago, no medio, e as de San Pedro e San Juan Evanxelista, aos lados. Aos estremos había dous anxes tocando a trompeta. Todas as imaxes, e o mismo as pilastras, eran de chapra de prata. Entre as imaxes de Nosa Señora e Santiago, un pouco mais arriba, había un escudo de prata dourada, que non contiñaa mais que o sacrosanto nome de Xesús, e, aos lados, e a altura das imaxes, outros dous escudos, tamen de prata; un, o do lado do Avanxelio, cas armas reaas, e o outro, cas do Sr. Arcebispo Fonseca, que despois foi patriarca de Alexandría, en cuyo tempo o excelente ouliver compostelano Xan da Viña, fixera esta obra maravillosa. A bóveda do baldiquí, que cubría os arcos e o altar, estaba pintada de zul e esmaltada de estrelas
(1).

————
(1)  Casque todos estos pormenores están tomados d' un Inventario de mediados do sigro XVII.



[páx. 198]


    Despois acompañaron ao Marqués a visitar o bordon do Apóstolo, que estaba donde hoxe, e logo a capela das Reliquias, que estonces estaba na capela de San Fernando.
    O comprimento destes autos religiosos non impideu a D. Alvaro que dese a tempo conta a quen correspondía, do obrado frente a Fiisterra. Nefeuto, logo que chegou a Santiago, despachou pra Frandes a Diego García de Paredes, con priegos pra o Emperador, e ao Capitan Navarrete pra Valladolí, con priegos pra o Príncipe e pra os Gobernadores do Reino, o Arcebispo don Xoan Tabera e D. Francisco dos Cobos.
   Outros asuntos tamén-o detiveron por alguns días en Santiago. Presentóuselle a Xunta do Reino de Galicia, e ante él e o Gobernador e os Oidores, respeutuosamente espuxo que, por canto o reino de Galicia contribuira con 40.000 ducados para o equipo d' armada, e por canto o botín que se collera nos barcos franceses acababa de ser arrebatado dos portos gallegos, procedía que se lles restituise. Reunidos en Consexo o Marqués, co Gobernador e os Oidores, hacharon que a demanda do Reino era xusta, e resolveron que efeutivamente debian devolverse aos donos as roupas e demais enseres que levaran os franceses; o cual todo estaba valuado en



[páx. 199]


bastantes miles de ducados. E ainda mais declararon, que así o farían facer tan pronto estivesen na Cruña, a donde chegaron o decesete de Agosto, dous dias despois da armada. Non houbo alí miúdo trafego, nin pequena revolución, nin poucos berros e reclamacios, nin pequena feira de novelos, porque cada un pedia o seu fato; e o fato parecia, ou non. Por fin, a forza de remexer, e de sacar, e de estender , e de pousar, e de volver a coller, foron aparecendo a maor parte das cousas: Moitas delas, por eso, perdéranse: unhas no fondo do mar, outras non se soupo onde. En fin, o que ardeu, queimouse; e boo foy que parecese algo.
  Os barcos apresados vendéronse; e o importe deles, separada a racion que lle correspondía ao Apóstolo, reparteuse, como era costume en taes casos. E despachadas todas estas enredadas, o 20 de Setembre D. Alvaro púxose en marcha outra vez pra Laredo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega