A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XX (páxinas 261-275)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0021.html
 
[páx. 261]



xx


UNHA FESTA DE INOCENTES



V
OLVENDO agora ao fío do noso conto, como xa levo dito, a rebodaina que se armou co conto da Cédula do Príncipe, Gobernador do Reino, coincideu cos traballos pra a formacion dos cobrados, que eran as propostas de doce viciños honrados  que se presentaban ao Arcebispo, pra que entre eles escollese os dous que habían de ser alcaldes pra o outro ano. Os cobrados facíanos os Rexidores, e despois de seren aprobados por unha comision do pobo, que a tal efeuto se reunía na iglesia de S. Payo, líanse púbricamente


[páx. 262]


antes de seren presentados ao Sr. Arcebispo, o cual había de ter lugar o día primeiro do ano antes das doce da noite. Principiaban os traballos pra a formacion das ditas propostas xa no mes de Novembre, e, pol-o regular, sempre soía haber, con tal motivo, boas carreiras e moitos altos e baixos.
     Outra das cousas que tamen traía revolta a xente naquela acasion, era o nombramento do Procurador Síndico, que se facía direutamente pol-o pobo o mesmo día en que se aprobaban os cobrados: como calquera pode supoñer, non habían de faltar pretendentes pra esta praza, nin tampouco quen mostrase intrés porque fose este e non aquel outro. Desta vez quen pretendía o cargo, era Xan Lopez de Cangas, que anque non-o podía ser moito, porque non sey que cartos lle debía ao Reximento, como era o que querían Froitoso d' Ulloa e os seus amigos, valido desta axuda, non desconfiaba de sair co seu intento. Mais, sobr' este punto, despois d' acordado o partido que habían de tomar, confabuláronse todól-os do bando, de gardar sobr' elo moito sacreto.
     O peor do lerio estaba na formacion dos cobrados, en como habían de meter neles soilo presonas que fosen da sua confianza. As pro


[páx. 263]


postas debiánse facer con intervincion de todol-os Rixidores; mais no Reximento eles non contaban con mayoría ¿cómo iban a facer logo pra cegar ou engatusar aos outros rexidores e meterlles gato por lebre? D' aquí as voltas e reviravoltas que lle daban a aquel oso que estaba malo de roer. Refirir as xuntas, abocamentos, acordos e trasacordos que tiveron, sería cousa de nunca acabar. Alguns propoñían que non se fixesen aquel ano propostas, ou que se fosen deixando pra mais adiante; outros, mais avisados, decían que este non era negocio; porque espoñíanse a deixar o campo libre aos contrarios, e, viñan a decrararse en aberta rebeldía; o cal, pr' estonces, de ningunha maneira conviña.
     Pero siquera non-os podemos escusar de asistir a algunha das moitas xuntas que se facían na casa de Froitoso d' Ulloa. Escolleremos unha das que se celebraron nos antevísporas da eleucion, cando xa a xente andaba mais alborotada, cando cada un, como a cousa iba apurando, botaba as mas aas do saco, pra sair ca sua. Porque estonces non era como agora, os rexidores escusaban de ter medo de que no mellor do conto os suspendesen. Era de ver os fumes con que o vello Froitoso, ben que


[páx. 264]


tiña unha asma que o partía; parolaba e baruIlaba e andaba d' aquí pra alí, e se sacudía como o mellor rapaz.
     Naquela xunta habíaselle de dar a última mao aa lista dos que habían de fegurar nas propostas; sobre o cal non deixara d' haber entre eles grandes golpes; e eso que, nestas xuntas, soilo se reunían os mais firmes e aferidos.
     Escomezou Froitoso a ler unhos cantos nomes, que eran os que ainda -non se leran nas outras xuntas. Estaban, como decote, ao rededor da mesa, Vasco de Vibeiro, Lopez de Cangas, Xan d' Outeiro, Xan do Casal, Marcos Picado, Xan Rodeiro, Pedro Lopez, Macías Vazquez e Gonçalvo Perez de Mazaredo.
     Roy Martín de Carballidoleyeu o d' Ulloa.
     Ese é un baila na cribasaltou Picadooutro tal como Alonso Perez. 
     Ao paso que levadesouservou a esto Cangasnon vades a hachar albre en que aforcarnos.
     Mira que mala nova nos traes-repuxo CasaL
     Deixal-o irdixo Froitosomentras non parece outro mellor.
     Siga a listaprorrumpiron todos.


[páx. 265]


     Pedro de Salinas.
     Boo pousa foles!dixo Casal
     Pousa foles ou non pousa folesnotou Cangasé home que ten moito brazo, e logo non é coma outros, que van cos da feira e volven cos do mercado
     Pois lévao para tua casarepuxo Casal
     Vamos a outrointerrompeu Vibeiro.
     Alonso de León
     Non sirve dixeron todos.
     Fernan da Coba.
     E qué vamos a facer con ese si sale xusticia?preguntou Picado.
     Empanal-ocontestou Casal.
     Eu non sei vosoutros ouservou Pedro Lopezen qué pensades! Ainda nos faltan catro pr' os cobrados; pero, pol-o que vexo, vámonos a ver e a desear pra encontralos.
     Deixa, que donde unha porta se cerra, outra se abreañideu Casal
     Vamos a outrodixeron Vibeiro e Picado.
     Domingos Gonçalez.
     Érache boa! Non che quería o deño mais pra riir, que puxésemos a Domingos Gonçalez nos cobrados!escramou Picado.Sinon sodes parvos, parecédel-o. A quén se lle ofrece meter nos cobrados a un home que o coengo


[páx. 266]


Simon Rodriguez O tén poI-as gorxas, e que é uña e carne do caballerizo mayor do Arcebispo!
     E tí, d' onde sacache eso? preguntou Cangas.
     Saqueino de donde saquei.Saqueino de que me consta que cando lle quixeron embargar a casa o coengo, foy quen lle adiantou os munises.
     Pedro García.
     Tate! tate!-volveu Picado.Ese é compadre do cuñado do barbeiro do Arcebispo.
     Noo!!... tí tronzas neles como si foran cañotossaleu Perez de Mazaredo.
     Ainda ha de haber que poñelos pintadosañadeu Outeiro.
     Deixade, que donde non chegue o pano, ten que suprir o caletre do xastre ouservou Casal.
     Tí, xastre, seral-o, pero as trazas non cho dan
insisteu Mazaredo. 
     Poida qu' a pruma lle sirva de tixeiradixo Xan Rodeiro. 
     Bah! basta de conversainterrumpeu Vibeiroe vamos a ver como tapamos eses catro buratos que nos faltan, contando con Carballido.
     Pois hay que darlle xeito a estodixo, ao


[páx. 267]


cabo, Froitoso, que hastra estonces soilo fixera o papel de leutor, botando unha ollada a Vibeiro e a Casal.
     Eses catro teñen que sersaltou VibeiroLois Bermudez, Guirgorio de Reino, Xerpe  Mazarredo e Diego Alvarez de Sotomayor. Eu non vexo outros. 
     E tí estas boo da cabeza? notou Outeiro.Non sabes que Diego Alvarez e Lois Bermudez e Guirgorio de Reino, nin siquiera son viciños de Santiago, e, ademais, andan en preito co Arcebispo?
     Cómo non son viciños!escramou Vibeiro, incorporándose no taburete.¿Non teñen casa aberta en Santiago? E, pol-o que toca aos preitos ¿qué temos que ver nos con eso? Eses han de ser, e escusamos mais leria.
   Todos calaron en son de outorgamento.
Vamos  agora a outra cousasaleu Froitoso, dando un pouco aa cabeza, como quen quer a enteder que se trata de un punto ben enquirquillado os cobrados temol-os cheosprosigueupero falta saber agora como vamos a enxaretar os nosos seis, digo, engader aos outros seis estes que aquí dixemos, a saber, Diego Pillado, Alvarez de Sotomayor, Bermudez, Reino, Mazarredo e Pedro Martís Rato.


[páx. 268]


     O tempero vai no amañodixo Casal.
     O tempero está bencontinuou o d' Ulloapero recélome que non ha d' haber tempero que valla.
     Todo ten remedéo menol-a morte. O caso e que sua mercede poida poñerse nas suas tesas; que mal será que non ganemos a partida.
     Por min, si Dios quer, non ha de ser a falta. O mal é que con estes fríos a asma confóndeme, pero, por eso, non-os ha de quedar nin por corta, nin por mal xogada. O que importa agora é que nos impoñamos e adestremos ben no que nos compre facer pra que, cando chegue o caso, non andemos aas toas e non se nos esbarrufe o cotarro nas maos.
  Non iñorades que, ao facer os cobrados no Consistorio, o mais a que podremos chegar é que por concordia e transacion nos adimitan seis nomes dos que nos presentemos. Mais con esto non facemos nada: é priciso e necesario e de todo punto indispensábele, que os cobrados sean todos nosos. Eu, sobr' esto, levo matinado e molido non pouco e non se m' ocurreu outro medio, e alguns de vosas mercedes xa mo aprobaron, que, ao baixar aa iglesia de San Payo pra revisar os cobrados, como é adoito, diante do escribano e dos once


[páx. 269]


viciños ao efeuto nombrados, trocalos e metel-os nosos seis nos cobrados que levemos feitos. Aquí está o allo e o toque do negocio.
    Pero, pra esto, necesítanse homes, homes que  teñan boos fígados e polmon. Nos once viciños que han de rever os cobrados, podemos ter mayoría; porque eu penso nomear primeiro aquí a Vasco, pra que él, aa sua vez, nombre, como é costume, a seis viciños, que poden ser todos nosos. E conven, xa digo, que sean homiños que sepan o que tran antr' as maas, e que, pol-o que poida suceder, non sean fáciles de deixarse asovallar.—
     Deses homes non-os faltan pol-o d' agora dixo Vibeiro.Ahí están Casal, Picado, Pedro Lopez, que con Bastian Fresco, o plateiro Pedro Fernández e o serrador da Porta Faxeira, son bastante capaces pra levantar o Consistorio por unha esquina. E si non ¿qué é o que
manexades vos mellor, Casal e Picado, a espada ou a pruma?
     Con unha e mais ca outra, vámonos gobernandorespondeu Casal porque temos que traballar com' a vaca do probe, aas duas mas.
     De todo compre saber neste mundoañadeu Picado.
     Co escribano do Concello xa contamos


[páx. 270]


porsigueu Froitoso, mirando pra Macías Vazquez, que era o aludido.
Pero ainda temos en contra o outro rexidor que eu desine, porque non está ben que eu o escolla d' antre os nosos; e os cinco viciños que él nombre pra compretar os once, que han de rever os cobrados.
      Xa que sua mercésaleu Vibeiroquer gardar esa cortesía, pode nomear a Martín Galos; que ese é un coitadiño que con calquer cousa queda aturrullado. O caso é que nos vayamos ben preparados e dicididos, e que levemos ben feita e amasada a lista ou Memorial dos doce suxetos que queremos que vayan nos cobrados, comendo a que baixe do consistorio.
     O Memorial ese corre da nosa contadixeron Casal e Picado.Pero, o que conven continuou Casalé que levemos moita xente do noso pau, pra que así apareza que todo o pobo está con nos. E nesto sua mercé dirixíase a Froitosoanque lle coste traballo, pode facer moito, porque, unha palabra das suas vale por vinte das nosas.
      A quen hay que ver de ganardixo Macías Vazquezé a Roy Gonzalez do Campo. Ben sabedes que ten moito brazo entre os comerciantes; e que moitos van tras dél como


[páx. 271]


ovellas; ¿pero, quén-o vai a tirar d' antre as faldras do Asistente?
      ¿E qué dis tí de Alvaro das Pedras?interrogou Outeiro, cravando en Macías Vazquez os seus ollos esbogallados.Ese leva detrás dél aa maor parte dos pedreiros e carpinteiros de Santiago.
      Pol-o que toca a Roy do Campocontestou Froitoso, xa o teño ben talanteado e abalado, e me parece que non tardará en caer. A Alvaro das Pedras tamen lle din algunhas tientas, pero ainda está duro.
     Pois nos, pol-a nosa partesigueu Casal no-nos dormiremos, e iremos traballando e inducindo aos mais que poidamos. Porque esto tamen é moy necesario pra cando chegue o caso de nomear o procurador xeeral; pois como en esto tamén os viciños dan o seu voto, cantos mais teñamos do noso bando, mais votos reuniremos pra firmar o poder e demostrar qu' a voz do pobo está con nosco.
      O caso é que non temos pregoeiro saeu a esto Pedro Lopez.
      Maldita a falla que faydixo Picado. Ascadasí, boo caso lle fay a xente ao tamboril do pregoeiro!
      Os pregoeiros habemos de ser nosaña-


[páx. 272]


deu Casal, ca sua pachorra.E, en todo caso, dáselle orden aos cadrilleiros das parroquias pra qu' avisen aos viciños.
     Por un puñado de fariña, que non queden as papas molesdixo Picado.
     E hay mais que tratar?perguntou Pedro Lopez, levantándose.
     Ainda logo ?contestou Vibeiro.T i seique, como eres inocente, queres celebrar hoxe a tua festa. Ainda tes que deprender ben a cartilla, pra non facer unha trasnada o día da aleucion. Veremos como te portas, cando te nombre pra rever os cobrados.
     Quen está de festa debes ser tí, que estás tan chungueirorespondeu Pedro Lopez. Xa che me naceron os dentes nestes fregados, e, poI-o mismo, paréceme, soberbia fora, que estou algo crusario.
     Pois estonces, pódeslle dar algunhas leuciós a teu compadre Picadorepricou Vibeiro, dirixíndose ao que estaba sentado aa dreita de Pedro Lopez, que, por certo, era un home ben terciado, de cara brava, respetosa, e, pra mais algo nacho e besgo.
     Miña xoya! qué maestro me saleu agora ao cabo dos meus días! contestou éste Siquera ti acordáraste antesañadeu mirando pra Vibeiro.


[páx. 273]




     Nunca é tarde si a dicha é boa, Picadosaleu Casale pol-o sí, poI-o non, procura ensayarte ben, e ten tino de mirar dreito, non seya que che marre o tiro.
   Xa se dispoñía a corresponderlle con unhas boas nésporas; pero en esto:
    Ben, deixade esas contas pra despoissaleu Froitoso, como querendo cortar aquela conversacion o que debemos repasar agora é a xente con que podemos contar en cada barrio pra o día primeiro do ano. A ver tí, Cangas, ¿qué xente tés por eses barrios d' arriba?
    Eu teño a Xerpe Fernandez o Crecho, a Bastian Gonzalez, ao Cabezudo, a Marco o Trenco, a Goriño Lousado, a Roy Cacho, a Domingos o Roxo, a Martiño Tixolas... E así foy nomeando hastra catorce ou quince viciños das Algaras e da porta da Pena.
     PoI-o mismo tenor foron desbochando nomes, os mais deles floriados de alcumes, cada un dos presentes, convendo todos en que aqueles que nomeaban eran cernes e seguros.
     O que importa agoravolveu a avirtir Froitosoé que esa xente non se desmande, nin vaya alí a alborotar, nin a facer barrabasadas; que cada un teña conta cos seus, é decir,



[páx. 274]


cos que leve. Convenos moito non dar pé aos nosos contrarios pra que no-nos acusen de cámorreiros, algareiros e rebeldes. Estamos no caso de facerlles ver que somos tan honrados e temos tanta cordura e seso, pol-o menos, como eles; e que non son móviles ruins nin baixas pasions as que nos impulsan, sinon o pro comun e a maor tranquilidá e sosego da repúbrica. O conto é que todos estemos firmes nos nosos intentos e dispostos a non cear un paso atrás; que anque non berremos, nin-nos poñamos como basaliscos, nin metamos moito ruido, nin-nos atufemos, como fan outros, non por eso habemos de ser menos. Non está nesto o consiguimento e logro do que tanto nos fai tecer e degaxar. Os tufos e as roncas hay que gardalos pr' as acasiós.
     Ben ditosaleu Casale yeu, agora, pr' acabar, téñovos que dar a todos, pero encargándovos moito sagreto, unha boa noticia, e yé que, xa teño no meu poder a Provision do Presidente e Oidores da Real Aodencia, en que se manda que, cando no Consistorio se trate de algun negocio referente ao preito que o reximento sigue co Arcebispo, sobr' a xurdicion e señorío da cidá, se sallan todol-os rexidores que houbesen recibido de Sua Señoría Reverendísi-


[páx. 275]


ma títulos e mercé de algunhos xuzgados ou merindades.
     Ben por Casal-vocearon todos, e procramárono pol-o mais inocente do sitio.
  E xa se levantaban todos pra largarse, cando Froitoso, que era un home moy farto na sua casa, convidounos a cear con él, e dar romate aa festa dos Stos. Inocentes, e felicitar a Casal pol-a sua proclamacion. Todos se deixaron querer,  e celebraron a festa con boo humor e alegría, e eso que ningun deles tiña de inocente un pelo.
     O caso é que os rexidores contrarios estaban moy tranquilos e descoidados, porque estaban na mentres de que tiñan mayoría, pois eran fabas contadas, e que, poI-o mismo, naide lles podía impidir que metesen nos cobrados. cinco ou seis viciños da sua confianza. E nefeuto, a mayoría tíñana; porque sendo os rixidores entre todos doce, eles eran sete, a saber, Froitoso Galos, Martín Galos, Rodrigo de Bendaña, García Osorio, Alonso Perez, que se virara pra eles, Rodrigo Fernandez e Fernan Bravo. Pero, como din alí, non sabe o raposo das galiñas que dormen fora.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega