A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo XXIII (páxinas 309-335)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval0024.html

[páx.309]



XXIII


N'HAY CHAGA QUE DIOS NON CURE



P
OUCOS dias despois que pasou esto, e como a mediados de Xaneiro, sucedeu que estando Taresa ao tear, como acustumaba, xa algo entrada a noite, pareceulle que andaban na porta da calle, que na mais estaba afincada. Como se hachaba soila, pois anque a nay estaba na sua cámara con Bernada, tiñan choida a porta pra falar mais aas suas anchas, levantou a cabeza, deixou a labor, e púxose sobre sí: e nesto veu entrar un home, que, pol-a foula con que traxía cuberto o sayo, pareceulle un panadeiro. O home cenoulle co


[páx. 310]


dedo diante dos beizos pra que calase; mirou a un lado e a outro, e vendo que non había nadieSon o Sr. Rodrigo de Bendaña, e escóndeme en calquer sitio e que non-o sepa ninguendixo, estirando o bico pra falar con voz mais apagada.
     Taresa, que insiguida cayeu nél, estivo un pouco parada, e largando a sua faenaVeña sua mercé conmigocontestou.
    Pero antes pecha a porta da callerepuxo o Sr. Rodrigo.
     Así o fixo ela; e, en volvendo, colleu o candil, encamiñouse co Sr. Rodrigo pr' a cociña, dicíndolle ao mesmo tempo muy baixiño:Miña nay está enferma e está con ela unha viciña, que será ben que non se decate. Veña comigo, e poI-o pronto, a ver si se pode esconder debaixo desta cambariña. E alomeáballe co candil, tornando ca man o resprandor da luz do lado que dicía ao zaguan.
     Moy ao xeitiño se foy metendo o señor Rodrigo naquel cochofrito: e Taresa, sin chistar mais, volveu pra sua labor.
     ¿Cál sería a causa pol-a que o Sr. Bendaña viña d' aquel xeito? Foy o siguente: Como él saía casi sempre ao frente contra os barulleiros compostelanos, colléronIle tal tirria, e tíñanIle


[páx. 311]


tal sede, que non asosegaban mentras non-o visen ben apadumado. Subeu de punto a sua rabia o dia que prenderon a Xan do Casal e a Marcos Picado, e quixeron esbafar a sua carraxe apedreándolle a casa e arrastrándoo, si lle poidesen botar as uñas. Desto tivo él noticia, porque non faltou unha alma caritativa que viñese a avisar; pero casque non lle quedou mais tempo que pra mangar, despois de polvorental-os ben con fariña centea, as cirolas e o sayo d 'un seu criado, e poñerse na calle ca direucion que dixemos, c' unha monteira na cabeza e unha xostra na man. Ainda estuvo un momento dubidando si iría para a sua casa de Cacheiras; mais, receando que o fosen alí a buscar, pois tanta era a gana que lle tiñan, maxinou que mais seguro estaría quedando escondido na cidá.
     Hastra as nove e media da noite estivo o Sr. Rodrigo encartado como un novelo na cambariña; e ainda que Bernalda foy e veu mais d' unha vez aa cociña, pra quentar no lar e levarlle un pouco caldo a Catuxa, quixo a fertuna que non tivese que ir a bater co seu escondrixo. D' alí a un pouco que marchou Bernalda, foy Taresa moy pasiniño a ver como quedaba sua nay; e como lle pareceu que esta- 


[páx. 312]


ba trasvayando, arromboulle a roupa aas espaldas e dou a volta, e veuse pe ante pe; e despois de cerrar moy despaciño a porta da cámara e a da cociña, chegouse onde estaba o señor Rodrigo, a decirlle que podía sair, siquera a estaricarse un pouco.
     Non se fixo de rogar o boo de Bendaña, e foy asomando a cabeza, e logo o corpo, e así que se veu fora, púxose en pe e botou as maas aas illargas, como si receara que se lle derrengasen. Deixouse caer nun tallo bastante afumado que estaba alí ao pe, e despois que colleu algún folgo: 
     E logo, qué ten tua nay?perguntouserá unha das voltas que ll' acostuman a dar. 
     Ay! Sr. Ródrigo, esta elle mais que voltacontestou ela, levantando a punta do mandil pra enxugar as bágoas.Elle mais que volta; e imposibre que seya cousa boa. Figúrese sua merce que vay pra tres meses qu' está nesa cama, e cada día pior, cada día pior, sin esperanza, nin vislumbre, pouca nin moita, de trémiño.
     ¡Siquera estuvera ela nos seus cinco cabales! continuou a probe Taresa, cruzando as maas e peleando pra non reventar a chorarpero esto de non querer facer sinon o que a ela se


[páx. 313]


lle mete na cabeza; esto de non saber eu qué facerlle; esto de vel-a ir consumíndose, consumíndose de día a día, e non digo non poder valerlle, pero siquera non poder intentalo, é, Sr. Rodrigo, pra facer desquerer a un Santo, pra canto mais a min, que son unha probe pecadora.
     Porque ha de saber, Sr. Rodrigoprosigueu Taresa, cada vez mais comovida e acoradaha de saber que esta miña nay, desque cayeu enferma na cama, non sey porque, nin porque non, colleume, non digo odio, pero tal asanamento, que non pode aguantar que eu lle fale a mais mínima cousa. O mismo é chegarme aa cama, que cerrar ela os ollos, volverme a espalda e pechar a boca, hastra que, cansada de estar alí como unha estaca, teño que retirarme ca pena e sentimento que sua mercé pode maxinar. Esa é a menos mala acollida que me fixo desde vay pra tres meses. Eu non sey qué lle puden facer a esta miña nay, pra que agora me mire así, con esa rencura. Antes, non vía ela por outros ollos; e hoxe, pra ela, non hay pior incordio que yeu.
     Ay! Sr. Rodrigo! qué desventura a miña!continuaba a probe rapaza, que porfiaba en vano por enxugar as bágoas e calmar a fogaxe


[páx. 314]


que lle queimaba as meixelas¡qué desventura a miña, a de perder o último agarimo que me quedaba neste mundo, cal era o cariño da miña nay, e non porque ela me falte, sinon porque no-me alcontro dina do seu amor!
     O Sr Rodrigo que nun principio empezara a escoitar a Taresa como pra descansar e irse restourando da door que sentía nos cadrís, acabou por intresarse tanto co relato d' aquela probe rapaza, orfa tan antes de tempo, que non pudo conterse de levantarse e aloumiñal-a e consolal-a como a unha filla quirida.
     Cala! cala! non t' afrixas, nin te sofoquesdicíalleque se pode alritar mais tua nay. Tí, que segun teño entendido, eres tan boa cristiana ¿non has de ter mas resinacion e conformidá? Ben sabes que Dios é pay, e que neste mundo non sucede ningunha desgracia, nin ningun contratempo, nin ningunha contrariedá, sin que Él, co seu ollo infinito, nos estea vixiando, pronto a botarmos a man, si nos ve desfalecer.
     Sempre quixen ben a tua nay; sempre procurey axudal-a e protexel-a no que puden. Contigo penso facel-o mismo, con dobre motivo, mentras me dea Dios vida e saúde. Cálmate, pois, e serénate, e ofréceo todo poI-os teus


[páx. 315]


pecados; que por moito que noso Señor te aperte, nunca chegará a premitir que te afogues. Mais, dime ¿cómo lle empezou a enfermedá a tua nay?
     Señor, eu, ao direito, non llo sey; soilo lle podo decir, que desque mataron a un mozo ahí no principio da Rua de San Pedro, habrá como catro meses, tanto s' acoitou, tanto s' acoitou, e tal manenconía lle entrou, que desde estonces non houbo pra ela hora de gusto, e foise apoderando dela tal desgano e tal sequío, que, ao pouco tempo, non quedou dela mais que un feixe d' osos.¿E quén-a asiste? 
    E quén, señor, lle fala de físicos? ¡Poidera ela siquiera vel-os pintados! Ahí anduvo unha viciña, que dis que é medio mansiñeira, cus remedios caseiros; pero ¡vaiche boa! quedou como estaba, si non peor. Moitas veces xa se me ten ocurrido traerlle un físico, como que ven a vel-a por outro motivo calquera, pero tiven medo de que caese na conta, e que estonces acabase de descompoñerse e rematar. Porque siquera, señor, conservara ela os seus cinco; pero moitos dias non fay mais que desvarear e non dice cousa con cousa. Metéuselle na cabeza que o causante da morte de ese mozo que dixen antes, fora un viciño que 


[páx. 316]


vive unhas portas mais arriba, e toda a morte dela é que eu diga e pubrique o mesmo, pra convencel-a de que eu non tiven parte no conto.  
    E dime, ese mozo que morreu, foy o que matou a ronda unha noite, e era criado do meu curman Froitoso d'Ulloa? 
    O mismo.
     Pois tua nai asi está mal,repuxo o señor Rodrigo, despois de estar un pouco miando pra o chao, como o que está revolvendo no celebro algun problema que deseya resolverhay que buscarlle modo pra ver de sacal-a desa cama. 
     E yeu podrey vel-a?
     Ay, señor, por Dios non queira facer eso! Quén lle vay a quitar que lle diga a esa muller, que a ten tan encamelada, que sua mercé está aquí? E que mais se quere pra que ao outro dia o saiba todo o pobo?
     Así e todo, creo que e ben que vaya a vel-a agora; pois si ela chegara a precibir que aquí estivemos cuchicheando, poida que pense outra cousa. Tua nay sempre me tivo moito respeuto e acatamento; e e fácele que, ainda asi como está, se deixe levar das suas antigas lembranzas. En fin, xa veremos como se presenta,


[páx. 317]


que, en todo caso, escápome pra a calle de Santa Clara, pra a casa do Paspallás, que tamen é meu amigo.
     Ao tempo que dicia esto o Sr. Rodrigo, encamiñábase xa pra a porta da cámara, e Taresa, non astrevéndose a facer mais refreusiós, colleu o candil e botou diante. 
     Tan pronto como o de Bendaña chegou ao pe do leito da enfermaCatuxa —saltou, sin máis cirimonias
aquí che ven unha visita.
     Ao sentirse Catuxa así interpelada duas ou tres veces, fixo un esforzo pra levantal-a cabeza do traveseiro, machicando com-o que quer humedecer o seu seco paladar.Quén anda ahí?dixo con voz dieble e desabrida.
     E tí no-me conoces, Catuxa!sigueu o señor Rodrigo, escondendo á sua monteira chea de foula detrás da espalda, e mentras que Taresa lle acercaba a luz do candil.
     Chega mais a luz, zamborca contestou Catalina, dirixindose a Taresa, ao mismo tempo que encollía e infruncía os párpados e poñía a man diante dos ollos a modo de viseraNon-o endergo... Ay! o Sr. Rodrigo de Bendaña! escramou ao pouco, dando un pulo como pra botarse do leitoo Sr. Rodrigo de Bendaña neste probe poubeo!repitía ela, am-


[páx. 318]


peando, e mais por eso peleando por levantarse do leito.
     Déixate estar, Catuxadicíalle o señor Rodrigo; tapándoa e acochándoa con moito amor.
     Pero... sua mercé... qué ven buscar a esta casa?continuaba ela acorando. En esto veulle un forte salouco; dou en arregalar os ollos, volveuse como a cera, comezou a gavexarlle a fío a frente e a cara toda de sudor frío como o da agonía, e cos dentes pechados, co tecemento dos brazos e co seco resoprido das ventás do nariz, xa paricía que a morte a tiña apreixada, e que ela estaba peleando para desprenderse dos seus espantábeles garafelos.
     O Sr. Rodrigo, ao que veu esto, non-as tiña todas consigo, eBoa cha fixen decía él pra sí.Mais Taresa, que xa estaba abondo acostumada a estes lances, correu aa cociña a coller unha limeta de vinagre, e ca boca henchida esburruxoulle aa nay toda a cara. Molloulle tamen as siés, os pulsos e as ventás da nariz.
     D' alí a un anaco, inflóuselle de pronto a arca do peito, dou un gran e largo suspiro e començóuselle abril-a boca, que parecía que se Ile desencaixaban as queixadas.


[páx. 319]


     Ay Sr. Rodrigo de Bendaña! dixo ao fin, con traballo, e chorando com' unha Madanela.
     En esto o Sr. Rodrigo chegouse aa cabeceira da cama, e, abaixándose e apricando a cara preto da dela, díxolle con moito amor:
     E eu, Catuxa, que vin aquí porque pensei que te consolaba e te alegraba, poI-o visto soilo vin pra darche mais pena e mais loito.
     Ay! señorrespondeu ela
noso Señoriño lle console a sua alma cando deste mundo salla, como a sua mercé me consola a min; pero qué quer sua mercé que faga, ao ver que vay pra seis meses que estou aquí, soila, e non de Dios, encerrada nestas catro paredes e pudríndome neste leito.
     Pero, santa de Dios, en todo ese tempo ¿non tiveche algunha acasion de mandarme un mal recado de cómo te encontrabas? 
     Ay, Sr. Rodrigo! e sua mercé querería que eu fose aa sua casa con esa embaixada!
     Pois pra que vexas, por unhos dias quero eu ser o teu enfermeiro; pero ha de ser c' unha condicion, que non has de dicir nada a alma deste mundo.
     Señor, poI-o que eu diga nada a naiderepuxo Catuxa chea de faticanon hay que ter medo, que nunca tiven esa chata; pero que eu


[páx. 320]


consinta que sua mercé veña aquí a ser meu enfermeiro, eso escúsao naide d' asperar.
     Escóitame, Catuxa, non ch' é todo caridá; teño precision de estar escondido por unhos dias; e anque non me faltan outras casas en que poder facel-o, mellor o fago na tua que en ningunha outra.
     E sua mercé fala de veras?perguntou Catalina, como ademirada e ainda aIgo desconfiada.
     Fáloche mais de veras do que tí pensas, Catuxa. Mañan che contarey todo, que agora xa é tarde. O que che pido e rogo é que non digas nada a nadie, nin que fales de min pra nada con quen queira que sea, home ou muller, que che veña aa casa. En esto farasme moito e moito favor. 
     Mal me conoce, Sr. Rodrigorespondeu ela.Poidérao eu esconder debaixo das aas do meu corazon, que non habia de descobrir a miña lingua o seu sacreto.
     Bah, pois agora, soségate, que estás moy faticada; a ver si podes tomar unha sustanciña que che quero eu dar pol-a miña man, e despois, percura atranquilarte e dormir.
     Ay, señor, quén fala de durmir e descansar, nin tomar nada deste mundo! Xa estivo ahí


[páx. 321]


unha mulleriña que por caridá me ven a ver, peleyando pra que tomase unhos solbos, un nada de caldo; e, por mais que queira, non me pasa pra baixo.
     Quén sabe! poida que si cho dea eu, che pase. Traillo, Taresa, traillo. Sinto non ter aquí un viñiño do Riveiro, que teño na casa, que resucita aos mortos. Pero xa che traguerey un pouco.
     Catuxa non chiou, deixouse querer, e entramentras, Taresa foy a buscar o caldo, qué pol-o si pol-o non, acustumaba deixar aa noite entr' o rescaldo.
     Ao que volveu Taresa co caldo fumeando nunha escudilla de Talaveira, limpa com' un coral, tomoulle o Sr. Rodrigo, e collendo a non menos limpa coller de buxo, hencheuna de caldo, e, así chea, chegoulla ao bico da enferma, dicíndolle ao mesmo tempo:
     Supoño que no-me desairarás, e que, anque che coste traballo, hasme de facer este favor.
    Ay! Sr. Rodrigo, qué lle poido negar eu, que sua mercé me pida!
     Estirou ben o bico mentras Taresa lle tiña erguida a cabeza; e así foy bebendo hastra unha ducia de cucharadas ou pouco mais, pero non por eso sin que non fixera falta rogarlle e por-


[páx. 322]


fiarlle ao último, pois ela, a cada cucharada, poñía mil arredros, daba aa cabeza eBasta, bastarepitíanon quero mais.
     Acabada a sua faena o Sr. Rodrigo, cingueulle ben a roupa ao pescozo, dicíndolle aa mesma vez: Agora a ver si podes dormir e descansar, que eu xa m' entendrey con Taresa, pra buscar un curruncho en que pasar a noite, pero coidado con que digas nada a nadie de que vin aquí. 
     No-me diga eso! Sr. Rodrigocontestou Catalina toda acongoxada e ampeando.
     Xa o sey que ti non vas descubrirme a nadie; pero díxench' esto por tentarte. Agora vou con Taresa, que quero darlle as miñas istruciós, por si acaso ven alguen a deshora a perguntar por min ou por outro calquer motivo. 
     Esa elle un pallaso; impóñao señor, por Dios; porque e capaz de facerlle calquer trasnada. Entérate ben do que che diga o Sr. Rodrigo ¿oiche?-ontinuou dirixíndose aa filla
aprica os cinco sentidos e non seas trosma. Todo esto cáusao, señor, o estar eu embarada nesta cama añadeu chormicando.
     O que che pido é que non te incomodes nin te alterees, si ques que eu che estea contento na tua casa.


[páx. 323]


     Non Ile quixo dar mais corda o señor de Bendaña; e así foyse retirando con Taresa que o foy guiando aa camara que tiñan libre e que estaba mais amañada. Alí o Sr. Rodrigo sentouse nun tabolete e púxose a cuchuchear con Taresa, tanto da enfermedá da nay, como da maneira de pasar él a noite escondido.
     PoI-o que tocaba aa enfermeda de Catalina, él non lle pareceu tan desesperada como pensaba a filla, e estiveron trazando e proyeutando como habían d' avisar ao Lic. Gamiz, que era o seu medico, pra que viñese a vel-a.
     En verbo do' escondrixo, anque Taresa Ile porpuxo mil maneiras e trazas de acubillarse, el, pensándoo ben, non acetou ningunha, porque maxinaba que o caso era que os que o persiguían non ventasen que estaba alí, porque estonces non había refuxio que lle valese. Así dicideu meterse nunha cama qu' había na alcoba da cámara, disposto por eso, poI-o que poidera ser, a colarse no fayado por unha trapa que había na cociña, si petaban a deshora aa porta da casa.
     Con esto Taresa, que quedou de avisalo do que ocurrise, doulle as boas noite e volveu pra o pé da nay, onde acustumaba tirarse vestida sobre un xargon qu' estendia no chan. 


[páx. 324]


     Ao outro dia pol-a tarde, así como o relós dou a última pancada das tres, botouse Taresa fora da casa, trouxo consigo a porta, pechouna recolleu a chave e encamiñouse a boo paso pol-a calle abaixo.
     ¿Onde iría Taresa tan de prisa a aquela hora? Xa dixemos que de noite estiveron tratando o señor Rodrigo e mais ela da enfermedá da nay, e en como habían de chamar ao médico; e o que acordaron foy que había de ir ela misma a avisar ao Licenciado Gamiz a aquela hora, que era a mellor pra collel-o na casa, e dicirlle en moito sagreto, de parte do Sr. Rodrigo de Bendaña, que viñese a ver a tecedeira Catalina, da calle de Bonaval, que estaba moy enferma.
     Subeu Taresa mais que de paso poI-as Rodas arriba, atravesou por diante da porta de San Roque, e despois, por diante da porta da Pena, logo baixou pol-a Costa vella, todo acaron da cerca da cidá: e por certo que, ao entrar pol-a porta de San Francisco; ca fuga que levaba, por pouco a houbo d' atropellar unha manada de cabalos que levaban a beber, como era adoito, ao rio dos Sapos, ou do Arcebispo, como tamen lle chamaban. 
     Asperou que pasasen os cabalos, e logo sigueu o seu camiño hastra que cbegou a diante da


[páx.325]


casa do Licenciado Gamiz, da cal lle dera o señor Rodrigo as señas ben especificadas.
     No portal, que era grande, xa hachou asperando algunha xente, disposta en dous rengles, pero quixo a sua sorte que, ao pouco de chegar, se presentase na porta d' a escaleira o Licenciado Gamiz, que era un señor xa machucho, de moy boo caraute, mais ben alto que baixo, e envolto nunha moy boa garnacha de pano. Emprincipiou por unha banda e foille perguntando a cada un dos qu' alí estaban qué era o qué tiña. A cada un lle foy dando a sua congruente resposta, hastra que chegou a Taresa.
     Ésta, cando oyeu que o Licenciado Gamiz lle dicía:¿E tí que é o que tes, rapaza? apertou o peito como pra coutar o corazon que lle quiria brincar fora, e, rubia como unha grana:Eu, señor,marmulou apenasquiria falar con sua mercé a solas.
     O Sr. Gamiz, como si xa estivera de volta do que Taresa quería decirlle, pasou adiante, e así como acabose a rolda, volveuse a un velliño derrencado que alí estaba, e maudoulle que entrase con él pra dentro, que o quería reconocer con mais vagar, e a Taresa cenoulle pra que agardase un pouco. Todol-os demais da visita


[páx. 326]


foron liscando un tras d' outro, hastra que a probe da rapaza se veu alí soila; e anque o señor Gamiz non tardou moito no seu reconocemento, ela ardía e non fumeaba, porque se estaba acordando do que pasaría na casa.
     Ao fin apareceu na porta o Sr. Gamiz co vello derrencado, e ao mesmo tempo que o despidía, fíxolle ceña a Taresa pra que entrase. E así que a tivo na sua cámara
E logo, rapaza, qué é o que tes? volveulle a ripitir.
     Veño de parte do Sr. Rodrigo de Bendaña contestou ela en voz baixiña, e non sin botar antes unha ollada por todo ao redor.
     ¡Cómo? do Sr. Rodrigo de Bendaña! ¿E onde está o Sr. Rodrigo de Bendaña?
    Está escondido na miña casacontestou Taresa, baixando ainda mais a voz.
     E estará quizais ferido, porque noutronte apedreáronll' a casa.
     Señor, poI-o d' agora, non ten mala novedá mais da que sabemos; pero mandoume que viñese da sua parte pra que, cando poidese sua mercé, fose a ver miña nay, que xa fay tempo que está moy enferma.
     Agora mesmo, muller; basta que seya cousa do Sr. Rodrigo de Bendaña.
     E dicindo esto, deixou a garnacha, man-


[páx. 327]


gou un tabardo forrado de pieles, cubreu a testa con un forte capelo, abrangueu ben abranguido un recio baston, e encamiñándose aa porta: Bota diantecontinuoue vamos de contado.
     E tua nay de qué se queixa?foylle perguntando poI-o camiño.
     Señor, doyse de todo, e non se doy de nada. Toda a sua vida foy un pasteliño; un aire a trajía e outro a levaba; pero, d' alguns anos a esta parte, dou en padecer unhas africiós, que paricía que se lle iba a vida. Non comía ao direito, nin podía levar sono siguido. Mais, señor, todo se iba levando, porque mais merecen os nosos pecados, e mellor é padecel-o aquí, que noutro mundo, pero, desde fay unhos tres meses, é unha cousa, señor, que non ten trémiño. Nin dorme, nin descansa, porque a cada paso estanlle dando pasamentos, que queda como morta. E logo, empezou por poñerse tan aspra e enrenica, qu' a sombra d' unha mosca a altereaba e a alpurizaba, e lle poñía a sangre como un veneno, hastra que se lle volveu o sentido e está desvariando á diario.
     E así lle iba espricando punto por punto a infirmidá da nay, sin mais interruciós que cando por ventura tropezaba con algunha conocida,


[páx. 328]


que ao vel-a ir con tanta prisa co físico, espetábaIle sin mais arrodeyos:
     Sey que apeorou tua nay? ouVayche boa de padecer! ou-¡Dios lle dea unha boa hora!Facíache Dios mil favores, si ch' a levaraou outras cousas pol-o estilo.
     Ao entrar pol-a calle de Bonaval, perguntoulle o físico si podria ver a aquel señor. Contestoulle ela que agora era mala hora, porque pronto empezarían a vir aa casa algunhas amigas, que tamen o eran de vixial-o todo; que o mellor era pol-a mañanciña temprano.
     En esto, chegaron aa casa: Taresa sacou a chave de debaixo do pano: fixo como que non atinaba co furado da pechadura, e, despois de dar unhas voltas pra adiante e outras pra atrás como si as cadras da chave estiveran desarranxadas, abreu a porta e doulle con garbo pra dentro. Todo esto fixérao ela pra non coller desprocatado ao Sr. Rodrigo.
     Non vamos a siguir agora ao Sr. Gamiz na sua visita; pra o fío do noso conto, bástanos saber que, ao sair, perguntándolle Taresa qué lle parecía de sua nay,
     Estache bastante gravecontestou él
pero, por agora, non creo que seia caso desesperado. Mañan, ben tempraniño, si Dios quer, xa


[páx. 329]


volverei ¿entendes? añadeu él, despidíndoa aa porta, e cargando ben as últimas palabras.
     Nafeuto, ao outro dia, ben cedo, apesar d' un frio que cortaba e do gordo lazo que cubria as calles, cando empezaban a botar a vuelo a campana da Prima, hachábase o Licenciado Gamiz petando aa porta de Catuxa. Non se descuidou Taresa en sair a abrirlle e encamiñalo a onde estaba o señor Rodrigo, o cal, asi como o veu, foyse a el e doulle un abrazo como saben dalo os boos e leás amigos. Non con menos amor contestou o Licenciado Gamiz, porque anque xa eran amigos de vello, sucede a veces qu' a amistá, nas acasiós e nos peligros, afinase e estremase. Como era regular, a con versacion antr' os dous, foy do estado da cidá e das causas que trouxeran a aquel punto ao señor Rodrigo. Contoulle o Licenciado o apedreamento da casa: díxolle que, poI-o que él oira, mentras esto pasaba na calle, alguns entraron na casa, rexistráron-a toda pra buscal-o a él, e, vendo que non-o encontraban, sairon botando pestes e siguiron ca turba recorrendo as calles. Faloulle tamen da rebodaina que o 16 de Xaneiro armara na cidá o alcalde Rodrigo Martín de Carballido, albrotando todo o pobo co troupeleo de xente a cabalo e ben arma-


[páx. 330]


da que levaba, e cos berros que daban contra o Asistente, dicíndolle que o sitio boo pra que él dese aodencia, era o outeiro de Santa Susana.
     Parecía aquelo unha carnavalada, que eu ben-os vin da miña fiestra, sigueu o Licenciadopero agora, según oín, o Asistente vaylle a facer unhas boas sopas e a sentarlle a man a ese arroutado de Carballido. Agora veremos o que resulta.
     Un boa anaco estiveron nesta conversacion, hastra que, ao fin, decidironse a ir a ver a enferma. 
     Aa verdá, Catuxa, desque tiña na casa ao señor Rodrigo, parecía que collera algunha mudanza; así é que despois que o físico a reconoceu, e lle tomou o pulso e fixo as mais dilixencias que creyeu do caso, perguntándolle o señor Rodrigo que lle parecía daquela boa moza, e si estaría logo pra poder repinicar unhas casañolas, saeu ela con folgo:
    Ay, señor! as castañolas que hey de repinicar, ou que m' han de repinicar, estanllé no campanario de Santo Domingo.
     Eso xa é, pero tí as mañas vellas non-as habías de perder, e mentras e a voontá de Dios que esteamos neste mundo, non hay romedio sinon repoñerse aa morte. 


[páx. 331]


     Por agora a callenturasaeu a esto o Licenciadonon foy tanta que lle consumise todol-os humores vitales, por mais que lle fixo desarrollar ese histélico que a devora; pero hay que entonar ese estómago: et hit est quaestio. Veremos si con un boo precuro, con algunha distraucion, e, podendo ser, mudando de aires, e con outros temperamentos pol-o estilo, se pode ir restourando ese organismo estenuado, descomposto e manido; ca adevertencia de que esta é unha infirmidá que hay que combatir tanto ou mais con romédeos e paliativos morales, como cas maeciñas tomadas da terapéutica natural.
     Opino eu o mismo, pol-o que vou ouservando; anque basta que sua mercé o diga.
     Tamén lle habían de vir ben unhos aires d' aldea pra acabar de entonal-a e facer avivecer esa naturaleza que está sin vida e sin folgo, e que se consome e aniquila encerrada sempre antr' estas paredes, por falta de principios vigorizantes que lle infundan novas forzas e elementos.
     Eso pódollo eu proporcionar; que o fago de moy boa voontá. Tanto me da que vaya pra algunha das casas que teño cerca de Caldas, como pra a de Cacheiras, ou pra a de Le-


[páx. 332]


desma, ou pra outra calquera. Conveño con sua mercé en que esto halle de aproveitar; porque eu, por propia esperencia, sey canto contribuyen pra a saude os aires do campo. Aquela tranquilidá, aquel sosego, aquelas brisas embalsamadas, son a mellor antehestélica que poida recetarse. Aa vista d' aquelas escenas tan naturaes, ao mor d' aqueles atrautivos tan doces e tan inocentes, cos brandos soaces que proporcionan as mismas faenas campestres, recréyase e esparéxese o ánimo e as forzas e humores axitados poI-o traballo e o continuo batemento, restóiranse e repóñense. Todo alí chama; todo alí convida á deixar á un lado as ánseas e os barullos do mundo, o batideiro dos líos e negocios e aquel incesante trafego de afás, enredos e triquiñuelas, que non ten repouso. E como un sono en vixia en que a alma descansa e se restoira, mentral-o corpo vel-a e se fatica. Alí parés que todo nos pon en mais inmediato contauto con Dios, e que todal-as cousas reverberan con mais craridá a Onipotencia e a Sabiduría do sumo Criador. Porque ¿qué mayor espeutáculo que aquelas tardes ou mañás ausentiñas,en que todo nos revela, detrásd' aquel silencio e detrás d' aquela soave e tranquila trasparencia, un mundo misterioso, cheo de non


[páx. 333]


adiviñabres grandezas? ¿Qué é o que conturba naqueles momentos aas ondas da beleza pra que se movan e se estendan, e veñan e se pousen no medio da nosa alma? ¿Non parecen pelras degraidas do Trono de Dios pra refrescar e consolar a terra, aquelas pingotas d' auga que a veces can, cando os campos estan ardidos e degustiados? ¿E non son como fridas d'  ollo que lançan as divinas meñiñas, non pra enfeitizar, sinon pra ben facer, aqueles rayos de sol que baixan derramando a luz e a calor, que todo fecunda e fomenta? N' aquelas mesmas tormentas, en que parés que o ceo quer despromarse sobr' a terra, cando aqueles turbions de pedrazo asolagan todol-os sembrados, e aqueles apagos que ningun mortal ousou mirar fit' a fite, cruzan nun átimo todo espacio, e aqueles espantosos tronos asomellan o derrumbarse do firmamento ¿non é estonces cando se ve patente, siquera naquela pequena mostra, hastra donde chega o poder do Onipotente? ¿E qué cousa mais poética que aquel garrido edificio que dreito, dreito, se levanta no medio d' unha veiga, esmaltada de verdura, rematado nunha cruz, que todos de lonxe veneran e saúdan, e rodeyado d' un pequeno recinto choido cun valo, desd' onde lle fan compaña altos alciprestes e


[páx. 334]


a copuda uliveira lle dobra a cabeza en sinal d' acatamento? Alí esta a estafeta do ceo, a garda dos nosos sagredos, o romedio das nosas coitas, o agarradoiro nas nosas caidas, a maeciña dos nosos males, o consolo das nosas penas, o pano das nosas bágoas, os restos dos nosos difuntos.
     Ben se conoce que a sua mercésaeu a esto o Licenciadoestá no seu rexistro. ¡Quén como sua mercé, que pode disfrutar aa ssuas anchas da libertá e dos inocentes praceres que se gozan na aldea! Eu, por meu mal, teño que estar aquí, sempre ao remo! É indudabre que a vida do campo e a mais aditada aa naturaleza do home; pois que na vida das cidades, como sua merce ben sabe, hay moito de artificioso e estudiado, e imposto; o cal non pode menos de violentar os nosos naturales instintos e as nosas tendenzas. Mais, entretanto, iremos ouservando, e despois, xa Dios dirá. 
     Con esto foron saindo da cámara da enferma, e na cociña volveron a falar das cousas de Santiago. Perguntou o señor Rodrigo si podría ir xa pra a sua casa. Contestoulle o Licenciado que, por estonces, non-o cria prudente; e que cando él vise que desaparecera todo vislume de peligro, que xa tendría coidado de avisal-o.


[páx. 335]


Ao despedirse, deronse outro abrazo ben apertado; e o Licenciado retirouse e colleu pol-a calle abaixo, pateando forte pra escorrental-o frío.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega