A tecedeira de Bonaval

Páxina Anterior

Capítulo VIII (páxinas 113-120)

Páxina Seguinte

m4alopezferreiroatecedeiradebonaval009.html

[páx. 113]


VIII


GONÇALVO E A SUA ODISEA


S
I por aventura algun dos nosos leutores cayeu na tentaçon de siguir o, curso desta hestorea, xa pensará que nos olvidamos de Gonçalvo, a quen deixamos en Valladolí, esperando pol-o que non lle acababan de dar. Ao fin, o dia 3 de Febreiro, pol-a mañanciña ben cedo, pudo sair de Valladolí, botando niebla e pestes. Mais, por eso, a Santiago non chegou hastra mediados de Marzo. O amo estaba que bufaba; ao primeiro non se apurou cousa, ademais de téer bastante pachorra, xa contaba con que as cousas do paço van por despacio. Pero asi que pasaron dous meses,


[páx. 114]


non sabía si incomodarse con Gonçalvo, si maxinar que o roubasen (ou o matasen no camiño, ou qué pensar. Estivo para mandar outro propio a Gamarra, ou escribirlle siquiera; mais, esperando que vindría dun dia para outro, foino deixando, hastra que o 13 de Marzo aa xunta da noite, apareceu Gonçalvo aa porta da casa. Viña tan desencaixado, tan fraco, tan esgumiado, que Froitoso, así que o veu, dou un paso atrás e púxose a mirar fit' a fito para él, como quen quixese averiguar onde estaba alí o Gonçalvo d' antes:
     —¿Qué tiveche? ¿qué che pasou, Gonçalvo? —prorrumpeu, para sair do seu asombro.
     —É largo para contar —contestou Gonçalvo con voz dieble, deixándose caer, mais ben que sentándose, nun sillon.— Gracias a Dios que cheguey con vida a Santiago.
     —O amo, véndoo así tan acorado e sin ánimo:
     —Vaite, vaite para a cama —díxolle— que xa che levarán algunha cousa quente que che gorente e dea forzas.
     —Gonçalvo levantouse, e señalando aa chamarra que tragía posta:
     —Aquí trayo cosida-ouservou-a carta que me dou o Sr. Francisco Gamarra. Xa a subirey ou lla mandarey a sua mercé.


[páx. 115]


      —Ben, ben, vaite a descansar.
      Pero, pasada como unha hora, a Froitoso non lle coupo o pan no corpo, e baixou a ver ao criado. Por suposto, xa o hachou metido na cama; e xa lle levaran un pouco de caldo, unha gota de bóo viño, e non sei que outras augas fervidas.
     Así que Gonçalvo veu ao amo no seu cuarto, peleou para sentarse no leito.
     —Déixate, déixate estar —díxolle Froitoso, achegándose aa cama— ¿Qué tal te encontras agora?
     —Señor, estou moy dieble, pero desque me vin aquí, paréceme que vou rivivindo. Cando non deixei os meus osos en Pedrafita, foy porque Dios non-o quixo.
     —E logo ¿qué che pasou?
     —Señor, salin sin novedá de Valladolí, así siguin hastra Astorga, pero en Astorga empezou a doerme a cabeza e a barrérseme a vista, que me costaba traballo sosterme a cabalo. Ao mesmo tempo sintía dentro unha secura, que parecía que me ardian as entrañas. Bebía, bebía, e canto mais bebía, mais fogo sentía no peito. Así fun andando, hastra chegar aos montes de Pedrafita. Tendría subida como a metá do porto, cando empezou todo a andar ao redor de min, e a bailar a terra debaixo dos pées. Baixeime do


[páx. 116]


macho, mal como pudén, e ateino a un carballo, e senteime no suelo, a ver si me serenaba un pouco; non sei o tempo que estaría deste xeito, pero a cabeza, que tiña suxeta entre as maas, cada vez mais me voaba. Estiven así hastra que sintin que se chegaban a min como dous bultos que me pareceron dous frades a cabalo. Non podo dar razon do que me dixeron; soilo me procatey de que un mozo, que despois soupen que era o criado que os acompañaba, axudoume a levantar e foime levando, collido do brazo, hastra o convento de Cebreiro. Leváronme direito aa cama, despois non soupen o que foi de min. Segun despois me contaron, dous ou tres dias estuven sin conocemento; cando volvin en min, parecíame que volvía d' outro mundo, todo para min era novo, miraba para todas partes abrayado como para buscar un conocido que me dixese unha palabra de agarimo; e véndome naquel desemparo, reventei a chorar como un perdido. Os frades (Dios lles faga ben), consolábanme e cuidábanme como si fose fillo. Víñanme a facer compaña ao meu retrete, pois sacáranme da hospedería para que estivese mais tranquilo, e alí, cas suas boas raçoos e doces palabras, tempraban a miña amargurança. Sua mercé xa pode considerar en qué brasas


[páx. 117]


estaría en naquel leito. Os frades alonmiñaban canto podían, enxergábanme muy boos conselIos, que a veces caían no meu curaçon como bálsamo reparedor. Pero eu, alí, estaba como con grillos, e a miña ansia era romper as lazadas que me tiñan trincado. Ao cabo de vinte días, comecey a levantarme da cama, pero tan dieble, que non podía dar unha pasada por min solo. Fúnme repoñendo pouco a pouco e, aos dous ou tres días, xa me quería poñer ao camiño. Non me deixaron os frades, hasta que por fin acertaron a pasar por alí uns peregrinos d' Aragon, que viñan para Santiago. Dormiron tamen no convento, e eu xa non me contuven. Ofrecéronseme a acompañarme, e, como eu non deseaba outra cousa, parecíame que iba a tragar o camiño. Vin ao fin, con bastante traballo, mais, a Dios gracias, xa me encontro na casa, e agora ben me decato que casi foy por milagro.
      —Ben, ben —díxolle Froitoso pasándolle a man pol-a cabeza e agarimándoo, e despois de escoitalo— pois agora descansa, que, si Dios quere, pronto te has de repoñer. Mañan non te levantas da cama, que falla che fará descansar. Dios mediante, dentro de cinco ou seis dias xa estarás como un buxo, e despois trataremos das tuas cousas.


[páx. 118]


     —Esto dicindo, recolleu a carta de Gamarra, que o criado sacou de debaixo do traveseiro e lle puxo diante, e retirouse para o seu aposento.
     Gonçalvo, apadumado como estaba ca door, co cansancio e ca falta de sono, durmeu aquela noite como un leirón. E, nefeuto, aos catro ou seis dias, xa o home quería facer das suas. Xa fora ver a Taresa, xa se henchera de falar con Catuxa; xa tratara co amo sobre o modo de arranxar o casamento; xa soñaba co seu novo estado, como si o tivera xa na man; xa, en fin, vendo tan preto o día da sua dicha, daba por ben pasado todo canto sufrira e aguantara. Si non que o dia 20 de Marzo ao mediodía recibeu o amo unha carta do moordomo que tiña en Boiro, en que lle decía que os franceses desembarcaran no Xobre e na Puebla e que fixeran mil estropicios, roubaran, queimaran, arrasaran e non deixaran cousa con cousa.
     De estas fechurías xa había alguns anos que, logo que chegaba a primaveira, facian os señores franceses nas nosas costas. Mais neste ano, segun contaban uns mercaderes que acababan de chegar da Rochela, o Rey cabaleiro, aliado co Turco (¡boo cabaleiro nos dea Dios!) querendo tomar vinga da derrota do Duque de Cleves, mandara preparar unha espedicion para


[páx. 119]


atacar os portos de Galiça. Asi foy que cando veu a noticia do desembarco dos franceses na Puebla, que se soupo por varios condutos, todo o mundo se alarmou e se sacudeu como pudo. Moitos foron os que acudiron ao sitio do peligro, e a Froitoso de Ulloa, que tiña bastante que perder por aquela parte, xa lle tardaba o outro dia para poñerse en camiño para Boiro.
     Correu a noticia por toda a cidá, como unha esalacion, e, ao pronto, nadie se acordou mais que de detestar a vilanía dos franceses e de prepararse e apertrecharse para á defensa. O Conde de Castro, capitan general de Galiça, puxo vigías en todol-os portos, ca orden de que lle desen inmediatamente aviso de todo canto poidesen pispiar pol-as costas, e, ao mesmo tempo, dou parte a Sua Alteza, o Principe D. Felipe, gobernador do Reino, do que pasaba.
     O caso sóupolle a Gonçalvo como si lle arrancaran as maos; pois vía de novo aprazado o casamento hastra sabe Dios cando. Mais, por eso, de esta vez tiña alguns motivos para estar mais tranquilo. En primeiro lugar, parecíalle que Catalina volvía a estar por él como antes; pois habéndolle contado todol-os lances do viaxe, cánto pasara en Valladolí, cómo estuvera para morrer no medio d' un monte, cómo sa-


[páx. 120]


nara, casi por milagro, cómo, no oustante todo esto, a memoria de Taresa non se apartara un instante da sua imaxinacion, a boa da muller empezou a abrandar, e as bágoas a correrlle fío a fío, e casi lle daba a entender que, si en ela consistira, xa no auto lle outorgaba a man da filla. Por este lado estaba o home satisfeito. En segundo lugar, Gonçalvo tiña postos os ollos nos bees, que o amo tiña para aquela banda. Sobre eles botaba as suas contas, e pouco lle faltaba para miralos como seus; Asi foy que, correr con Froitoso a defendelos, non lle pareceu cousa que houbese que levar tanto costa a arriba. Por eso, co trafego e todo que houbo aquela tarde na casa de Froitoso para facer o aquipaxe, ainda pudo facer unha escapada para decirlle adios a Catalina e a Taresa.
     Ao outro dia sairon nefeuto para Boiro, con boo convoy, e, chegado que foy Froitoso aas suas terras, começou a repartir os mosquetes, chuzos e sabres entre os seus caseiros, e a darlles as ordees convenientes para que estouvesen ben prevenidos e avisados.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega