NUNO RODRIGUES DE CANDAREI [B 180]
Ben
deviades, mia senhor, de min cousimento prender; e pois vo-lo Deus faz
haver, e quantas outras cousas son, en que tëedes por razón de me
leixar morrer d'amor e me non queredes valer?
E d'al estou eu de vós
peior que mi non queredes creer; e veedes meu sén perder por vós; e ha
mui gran sazón, mia senhor fremosa, que non houvi de min nen d'al
sabor, quando vos non pudi veer.
E pois me vos Deus quis
mostrar aquí, direi-vos üa ren: se mi vós non fazedes ben, por quanto
mal por vós levei, ja eu viver non poderei; que me querrá cedo matar a
coita que mí por vós ven.
Mais venho-vos por Deus rogar que vos prenda
doo por én de mí, que fac'este mal sén, onde me nunca partirei. Pero
d'al vos preguntarei: como podedes desamar quen s'assí por voss'home
ten?
OSOIRO ANES [B 37]
Min pres forzadament'Amor e fez-mi
amar quen nunc'amou, e fez-mi tort'e desamor quen mi a tal senhor
tornou. E vejo que mal baratei que mi a tal senhor tornei, que non sabe
que é amar e sabe a homen penas dar.
Que forçad'hoje e sen
sabor eno mundo vivendo vou ca nunca pudi haver sabor de min nen d'al,
des que foi sou, senón dela. E que farei? Por que pregunto? Ca eu
sei: viver hei, se de min pensar, ou morrer, se min non
amar.
Quen-quer x'esto pode veer, e máis quen mego vid'houver, que
non hei ja sén nen poder de m'emparar düa molher, a máis mansa que nunca
vi nen máis sen sanha, pois nací. Veed'ora se estou mal que m'emparar
non sei de tal!
Ca sõo tan en seu poder que se end'al facer
quiser non o poderei eu facer se m'ende Deus poder non der contra ela,
que eu serví, qual dou a ela sobre mí. Que nunca én soub'amar al ergo
ela, que mi faz mal.
OSOIRO ANES [B (39bis)]
Cuidei eu de meu
coraçón que me non podesse forçar (pois me sacara de prisón) de ir
comego i tornar. E forçou-m'ora nov'amor e forçou-me nova senhor; e
cuido ca me quer matar.
E pois me assí desemparar üa senhor foi, des
entón eu cuidei ben per ren que non podesse máis outra cobrar. Mais
forçaron-mi os olhos meus e o bon parecer dos seus, e o seu preç', e un
cantar
que lh'oí, u a vi estar en cabelos, dizend'un son. Mal día
non morrí entón, ante que tal coita levar, qual levo, que non vi
maior nunca, ond'estou a pavor de morte, ou de lho
mostrar.
OSOIRO ANES [B 40]
E por que me desamades, ai,
melhor das que eu sei? Cuid'eu, ren i non gãades eno mal que por vós
hei! Pola ira en que mi andades, tan graves días
levei: Dereit'hei que
da ren que máis amei, daquela me segurades:
de vós! E, certas,
sabiades ver amor non desejei; e se vós end'al cuidades, ben leu
tort'én prenderei! E por Deus, nono façades, ca por vós me
perderei! Conort'hei, en
que pouco durarei, se máis de min non pensades!
De muitos son
preguntado de que hei este pensar? E a min pesa aficado de quen me vai
demandar. Hei log'a buscar, sen grado, razón por me lhe
salvar. E
a guardar m'hei deles, e rancurar, e andar i come nembrado.
Alí me
ven gran cuidado, depois que me vou deitar; pero sõo máis folgado que
lhi non hei de falar. Jasco deles alongado que me non ouçan
queixar. Tal
amar podedes mui ben jurar que nunca foi d'homen nado.
Üa ren vos
juraría, e devede-lo creer, que ja máis non amaría, se desta posso
viver, quando vós, que ben quería, tan sen razón fui
perder. Que
prazer avedes de me tolher meu corpo, que vos servia?
Ca me non
recebería aquel que me fez nacer. Nen eu non vos podería a tal coita
padecer, ca per ren non podería pois me deit',
adormecer. A
valer, .................................. ................ me
devería.
PAI GÒMEZ CHARINHO [A 249]
Dizen, senhor, ca
dissestes por mí que foi ja temp'e que foi ja sazón que vos prazía
d'oírdes entón en mí falar, e que non é ja'ssi. Dizen verdad', amigo,
porque non entendía o que pois entendí.
E, senhor, dizen, pero vos
tal ben quero, que moiro, que ren non me val, ca vos dizedes dest'amor
atal que nunca vos ende, senón mal, ven. Dizen verdad', amigo, e pois é
mal, non i faledes, ca prol non vos ten.
Pero cuid'eu, fremosa mia
senhor, des que vos vi, que sempre me guardei de vos fazer pesar; mais,
que farei ca por vós moir'e non hei d'al sabor? Non vos ha prol, amigo,
ca ja sei o por que era todo voss'amor.
PAI GÒMEZ CHARINHO [A
251]
Quantos hoj'andan eno mar aquí cuidan que coita no mundo non
ha senón do mar, nen han outro mal ja. Mais doutra guisa acontece hoje a
mí: coita d'amor me faz
escaecer a mui gran coita do mar, e
tëer
pola maior coita de quantas son coita d'amor a quen a Deus quer
dar. E é gran coita de mort'a do mar, mais non é tal, e por esta
razón coita d'amor me faz
escaecer a mui gran coita de mar, e
tëer
pola maior coita, per bõa fe, de quantas foron, nen son, nen
serán. E estes outros que amor non han dizen que non; mais eu direi qual
é: coita d'amor me faz
escaecer a mui gran coita do mar, e
tëer
por maior coita a que faz perder coita do mar, que muitos faz
morrer.
PAI GÒMEZ CHARINHO [A 254]
Senhor fremosa, por Nostro
Senhor e por mesura e porque non ha en min se non mort' (e cedo será) e
porque sõo vosso servidor e polo ben que vos
quer'outrossí, ai, meu lume, doede-vos de
min!
Por mercee que vos venho pedir e porque sõo vosso e porque
non cato por al (nen sería razón) e porque sempre vos hei a
servir e polo ben que vos
quer'outrossí, ai, meu lume, doede-vos de
min!
Porque vos nunca podedes perder en haver doo de min e por
qual vos fezo Nostro Senhor e por al porque soub'eu qual sodes,
conhocer e polo ben que vos
quer'outrossí, ai, meu lume, doede-vos de
min!
Por quan mansa e por quan de bon prez e por quan aposto vos fez
falar Nostro Senhor e porque vos catar fez máis fremoso de quantas el
fez e polo ben que vos
quer'outrossí, ai, meu lume, doede-vos de
min!
PAI GÒMEZ CHARINHO [B 809 / V 393]
Muitos dizen con gran
coita d'amor que querrían morrer, e que assí perderían coitas; mais eu de
mí quero dizer verdad'a mia
senhor: quería-me lh-eu mui gran ben
querer, mais non quería por ela
morrer,
como outros morreron; e, que prol ten? Ca des que morrer non a
veerei nen bõo serviço nunca lhi farei. Por end', a senhor que eu quero
ben quería-melh'eu mui gran ben
querer, mais non quería por ela
morrer,
com'outros morreron no mundo ja, que depois nunca poderon
servir as por que morreron, nen lhis pedir ren. Por end', esta que m'estas
coitas dá quería-me-lh'eu mui gran ben
querer, mais non quería por ela
morrer,
ca nunca lhi tan ben posso fazer serviço morto, como se
viver.
PAI GÒMEZ CHARINHO [B 810 / V 394]
Üa dona que eu quero
gran ben por mal de mí, par Deus, que non por al, pero que sempre mi fez e
faz mal e fará, direi-vo-lo que m'avén: mar
nen terra, nen prazer nen pesar, nen ben nen
mal, non ma poden quitar
de coraçón, e que será de min? Morto son, se
cedo non morrer. Ela nunca ben mi ha de fazer, mais sempre mal, e pero
ést'é assí, mar nen terra, nen prazer nen
pesar, nen ben nen mal, non ma poden
quitar
do coraçón. Ora mi vai peior ca mi ven dela, por vos non
mentir, mal se a vej'e mal se a non vir, que de coitas máis cuid'eu a
maior, mar nen terra, nen prazer nen
pesar, nen ben nen mal, non ma poden
quitar.
PAI GÒMEZ CHARINHO [B 813 / V 397]
Ora me venh'eu,
senhor, espedir de vós, a que muit'ha que aguardei e ora me quero de vós
partir sen galardón de camanho temp'hei que vos serví, e quero-m'ir
viver en atal terra, u nunca prazer veja, nen cante, nen possa
riir.
Ca sõo certo, des que non vos vir, que outro prazer nunca
veerei e mal que haja non hei de sentir se non o voss', e assí
andarei triste cuidando no vosso parecer e chorando muitas vezes
dizer: «Senhor, ja nunca vos posso servir».
E do meu corpo, que será,
senhor quando el d'alá o vosso desejar? E que fará quen vos ha tal
amor e vos non vir nen vos poder falar? Ca vejo vós e por vós
morr'aquí, pois, que farei ou que será de min quand'en terra u vós fordes
non for?
Ora con graça de vós, a melhor dona do mundo, ca muit'hei
d'andar e vós ficades de min pecador, ca vos serví muit'e galardoar non
mi o quisestes, e vou-m'eu d'aquí, d'u eu tanto lazerei e serví, buscar u
viva pouqu'e sen sabor.
E mia senhor, tod'est'eu merecí a Deus, mais
vós, de como vos serví mui sen vergonha irei per u for, ora con graça de
vós, mia senhor.
PAI SOÁREZ DE TAVEIRÓS [A 32 / B 147]
A ren
do mundo, que melhor quería, nunca m'én ben quis dar Santa María; mais
quant'end'eu no coraçón
temía hei! hei!
hei! Senhor, senhor, agora
vi de vós quant'eu sempre temí!
A ren do
mundo, que eu máis amava e máis servía nen máis desejava, Nostro Senhor,
quant'end'eu
receava hei! hei!
hei! Senhor, senhor, agora
vi de vós quant'eu sempre temí!
E que
farei eu, cativ'e cuitado? Que eu assí fiquei desamparado de vós, por que
cuita grand'e
coidado hei! hei!
hei! Senhor, senhor, agora
vi de vós quant'eu sempre temí!
PAI
SOÁREZ DE TAVEIRÓS [A 33 / B 148]
Quantos aquí d'Espanha son, todos
perderon o dormir con gran sabor que han de s'ir; mais eu nunca sono
perdí, des quando d'Espanha saí; ca mi o perdera ja entón.
E eles,
si Deus me perdón, desejan sas terras assí que non dormiron
muit'aí. Mais pois i foren, dormirán, ca non desejan al, nen han outra
coita se esta non.
E estou end'eu mui peor, que coid'i a perder o
sén, desejando sempr'aquel ben do mundo máis grave d'haver, como
desejar ben fazer da mui fremosa mia senhor.
E, de pran, est'ést'o
maior ben que hoj'eu posso saber; e Deus que mi a fez ben querer, se
m'este ben quisesse dar, non me cuidaría cambiar por rei nen por
emperador!
PAI SOÁREZ DE TAVEIRÓS [A 35 / B 150]
Como morreu
quen nunca ben houve da ren que máis amou, e quen viu quanto
receou dela, e foi morto por én: ai mia
senhor, assí moir'eu!
Como morreu quen foi amar quen lhe nunca quis
ben fazer, e de quen lhe fez Deus veer de que foi morto con
pesar: ai mia senhor, assí
moir'eu!
Com'home que ensandeceu, senhor, con gran pesar que viu, e
non foi ledo nen dormiu depois, mia senhor, e
morreu: ai mia senhor, assí
moir'eu!
Como morreu quen amou tal dona que lhe nunca fez ben, e
quen a viu levar a quen a non valía, nen a
val: ai mia senhor, assí
moir'eu!
PAI SOÁREZ DE TAVEIRÓS [A 37]
Eu sõo tan
muit'amador do meu linhagen, que non sei al no mundo querer melhor düa
mia parenta que hei. E quen sa linhagen quer ben, tenh'eu que faz dereit'e
sén; e eu sempr'o meu amarei.
E sempre servic'e amor eu a meu
linhagen farei, en tanto com'eu vivo for: esta parenta servirei, que
quero melhor doutra ren, e muito servic'en mí ten, se eu poder (e
poderei).
Pero nunca vistes molher nunca chus pouco algo fazer a
seu linhagen, ca non quer en meu preito mentes meter: e podería-me
prestar, par Deus, muit', e non lhe custar a ela ren de seu
haver!
E veede, se mi ha mester d'atal parenta ben querer: que
m'hei a queixar, se quiser lhe pedir alg'ou a veer! Pero se me quisesse
dar algo, faría-me preçar atal parenta e valer.
PAI SOÁREZ DE
TAVEIRÓS [A 38]
No mundo non me sei parelha, mentre me for como me
vai, ca ja moiro por vós e ai! mia senhor branca e vermelha, queredes
que vós retraia quando vos eu vi en saia. Mao día me levantei, que vos
entón non vi fea!
E, mia senhor, des aquelha me foi a mí mui mal
di'ai!, E vós, filha de don Paai Moniz, e ben vos semelha d'haver eu
por vós guarvaia, pois eu, mia senhor, d'alfaia nunca de vós houve nen hei
valía düa correa.
PEDRO AMIGO DE SEVILHA [B 1095 / V
686]
Coitado vivo máis de quantos son no mund', amigos, e perç'o meu
sén por üa dona que quero gran ben; mais pero sei eno meu
coraçón que non havería coita
d'amor, se esta dona fosse mia
senhor.
Mais esta dona nunca quis que seu fosse, mais dizen aquestes
que han senhores, que logo xi morrerán por elas, mais de min ja ben sei
eu que non havería coita
d'amor, se esta dona fosse mia
senhor.
Mais non o éste, pois quis Deus assí que por seu nunca me quis
receber, se, meus amigos, podess'eu põer que fosse seu, sei ja mui ben per
min que non havería coita
d'amor, se esta dona fosse mia
senhor.
PEDRO DE PORTUGAL, D., CONDE DE BARCELOS [B 609 / V
211]
Non quer'a Deus por mia morte rogar, nen por mia vida, ca non mi
ha mester; e pois aquel que o rogar quiser por si o rogu'e leix'a min
passar assí meu tempo, ca, mentr'eu
durar, nunca me pode ben nen mal
fazer, nen ond'eu haja pesar nen
prazer.
E ja m'el tanto mal fez que non sei ren u me possa cobrar
d'iss', e non sei nen sab'outren, nen sab'el razón por que me faça máis
mal de quant'hei. E, pois eu ja per tod'esto
passei, nunca me pode ben nen mal
fazer, nen ond'eu haja pesar nen
prazer.
E ben nen mal nunca m'el ja fará, pois m'el pesar con tan gran
coita deu que nunca prazer no coraçón meu me pode dar, ca ja non
poderá, e, pois por min tod'esto passou
ja, nunca me pode ben nen mal
fazer nen ond'eu haja pesar nen
prazer.
PEDRO EANES SOLAZ [A 281]
Eu sei la dona velida que
a torto foi ferida, ca non ama.
Eu sei
la dona loada que a torto foi malhada, ca
non ama.
Ca se hoj'amig'amasse, mal haja quen a
malhasse, ca non ama!
Se se d'amigo
sentisse, mal haja quen a ferisse, ca non
ama!
Que a torto foi ferida, nunca én seja
guarida, ca non ama!
Que a torto foi
malhada, nunca én seja vingada, ca non
ama!
PEDRO EANES SOLAZ [A 282]
Non ést'a de Nogueira a
freira que m'en poder ten; mais é-x'outr'a fremosa a que me quer'eu
maior ben. E moiro-m'eu pola freira,
mais non pola de Nogueira.
Non ést'a
de Nogueira a freira ond'eu hei amor; mais é-x'outra fremosa a que
me quer'eu mui melhor. E moiro-m'eu pola
freira, mais non pola de Nogueira.
Se
eu a freira visse o día que eu quisesse, non ha coita no mundo nen
mingua que houvesse. E moiro-m'eu pola freira,
mais non pola de Nogueira.
Se m'ela
min amasse mui gran dereito faría, ca lhe quer'eu mui gran ben e
punh'i máis cada día. E moiro-m'eu pola
freira, mais non pola de
Nogueira.
PEDRO EANES SOLAZ [A 284]
Vou-m'eu, fremosa,
pera'l-rei: por vós, u for,
penad'irei d'amor, d'amor, d'amor,
d'amor; por vós, senhor, d'amor,
d'amor.
Vou-m'eu a la corte morar: por vós, u for, hei a
penar d'amor, d'amor, d'amor,
d'amor; por vós, senhor, d'amor,
d'amor.
E se vos non vir, que farei? Cuidand'en vós,
morrer-vos-ei d'amor, d'amor, d'amor,
d'amor; por vós, senhor, d'amor,
d'amor.
PERO DA PONTE [A 289 / B 980 / V 567]
Se eu podesse
desamar a quen me sempre desamou, e podess'algún mal buscar a quen me
sempre mal buscou! Assí me vingaría eu, se
eu podesse coita dar, a quen me sempre coita
deu.
Mais sol non posso eu enganar meu coraçón que m'enganou, por
quanto me fez desejar a quen me nunca desejou. E per esto non dormio
eu, porque non poss'eu coita
dar, a quen me sempre coita deu.
Mais
rog'a Deus que desampar a quen m'assí desamparou, vel que podess'eu
destorvar a quen me sempre destorvou. E logo dormiría
eu, se eu podesse coita
dar, a quen me sempre coita deu.
Vel que
ousass'eu preguntar a quen me nunca preguntou, por que me fez en si
cuidar, pois ela nunca en min cuidou. E por esto lazeiro
eu, porque non poss'eu coita
dar, a quen me sempre coita
deu.
|