Cantigas de amigo

Páxina Anterior

Ai Deus, se sab'ora meu amigo

Páxina Seguinte

m1martincodax004.html

[B 1281 / V 887 / PV 4]

Ai Deus, se sab'ora meu amigo
com'eu senlheira estou en Vigo!
     E vou namorada!

Ai Deus, se sab'ora meu amado
com'eu en Vigo senlheira manho!
     E vou namorada!

Com'eu senlheira estou en Vigo,
e nulhas guardas non hei comigo!
     E vou namorada!

Com'eu en Vigo senlheira manho,
e nulhas guardas migo non trago!
     E vou namorada!

E nulhas guardas non hei comigo,
ergas meus olhos que choran migo!
     E vou namorada!

E nulhas guardas migo non trago,
ergas meus olhos que choran ambos!
     E vou namorada!


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega