Espiñas, follas e frores. Colección de versiños gallegos (Ramiño primeiro)

Páxina Anterior

"Coitas d'a emigracion" (p. 48)

Páxina Seguinte

m5lamascarvajalraminhoprimeiro014.html




[p. 48]

COITAS D'A EMIGRACION.


ALÓ en Montevideo un galleguiño
Recibíu unha carta d'a sua nai,
Abriuna, leeu e diulle un bico tenro,

E volveuna bicar.

Mirou dempois de cara pra Galicia
E viu, o mar, o ceo, e nada mais,
Y'atopándose soilo, chorou triste,

E volveu a chorar.

Tiña aquel home, que pouquiño a pouco
Morreria de cóitas e pesar,
Aas n'o pensamento, mais non tiña
Aas n'o corpo pra poder voar.
¡Ay d'o paxáro que n'o inverno emigra,
Ledo d'aquil que volve pol'o vran!
¡Ay d'o que deixa a terra onde nacera

Pra non vela xa mais!!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega