Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

As tecras igualitáreas

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas09.html



[p. 28]

Certa noite, xa pecho un piano,
   Despois d' un concerto,
Empezaron as tecras caladas
   Falar d' este xeito:

«Aquí todas xa somos igoales,
   Non hai privilexos»
Dend' un lado berraban algunhas
   D' agudos acentos.

«Eso á paso, siñoras», dicían
   Con tono severo,
D'outro estremo unhas poucas: «igoales!
   Igoales n-é certo.»

Y-en desputa estiveron un longo
   Pedazo de tempo,


[p. 29]

En qu' ô cabo puideron poñerse
   D' acordo un momento,

E conformes as partes pautaron,
   Deixand' o boureo,
D'o pianista o final ou senténcea,
   Fiar d' aquel preito,

Y-escoitade d'o fillo d' Apolo,
   Notabre mayestro,
A moi sábea, senténcea, que proba
   D' o xuéz o talento:

«Todas sodes d' a mesma matérea,
   Eso eu non-o nego,
Antre todas formades un piano
   Y-é igoal vos' ouxeto;

Sodes todas aquí nacesáreas
   Y-un muebre incompreto
For' aquel que de todas vosoutras
   Tivera unha menos;

Mais si canto vos levo xa dito
   Sabedes qu' é certo,


[p. 30]

Eu tan soilo pregunto unha cousa:
   ¿Sonádel-o mesmo?»

Cal as tecras d'o conto, n-o mundo
   'O igoal somos feitos,
D' oso e carne, según dicen moitos,
   De polvo, qu' eu penso;

Todos, cal o tecrado harmoneoso
   D' aquel estromento,
Pra qu' esteña compreto, sen duda
   Que falla facemos;

¿Mais igoales, cal queren algunhos?
   Que collan o metro
E verán com' os unhos son grandes
   Y-os outros pequenos;

Qu' ensaminen as caras de todos
   E digan s' afeito,
Sin qu' esista esceución, somos todos
   Bunitos ou feos;


[p. 31]

Que nos pinchen á todos e vexan
   S' é igoal noso xenio....
Si dous soilos, dous soilos siquera,
   Común algo temos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega