Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

As arañas y-os castores

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas11.html



[p. 35]

     Moi lonxe, aló d'Améreca n'un bosque
E n-o alto d'un carballo xa moi vello,
Facían a súa tea unhas arañas,
Pol-o grandes e feyas sin exempro.

     Un río camiñaba maxestuoso
D'o arbre menceonado non moi lexos,
Y-os autivos castores as súas casas
A facer n-aquel sito se puxeron.

     Fundándos' as arañas en qu' estaban
Pol-o altas ben seguras, xa sin medo
A ensultar principiaron ôs castores,
Que non lles deron creto;

     Mais por medo tomando tamén elas
D'os prudentes castores o-silénceo,


[p. 36]

As súas forzas xuntando ¡miña xoya!
'Os d' embaixo cansar se propuxeron.

     Y-ora polvo votando dend' enriba,
Or' anacos pequenos
De pau, tras unhos dias de costáncea
Consiguiron ô fin o seu ouxeto.

     Cansados os castores certo día
De sofrir os ensultos e malfeitos,
Despóis de discuseón breve acordaron
O carballo tumbar, sin miramentos,

     E d'o albrel-as raices pouco á pouco,
Antre todos roendo,
O seu plan de castigo consiguiron
'A práutica levar en pouco tempo.

    Os poderes deberan diareamente
Mirarse n-est' espello
Y-ôs pobos non cansar, como socede,
Con puliteca incerta e mal exempro.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega