Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

O home y-a lima

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas14.html



[p. 45]

Un valente, que gala
     Facer soía
D'a súa forza, empeñado
     S' hachaba un día
     Y-unha cadea,
Co-as súas própeas tan soilo
     Quiría rompel-a.

N-un rincullo tirada,
     Cuas' esquencida,
Ferrollent' alcontrábase
     Alí unha lima,
     Que d' este modo
S' espricou cando d'o home
     Víu os esforzos:


[p. 46]

«Si de mín te valeses,
     Quizáis axiña
O qu' en vano pretendes
     Consiguirías;
     Que moitas veces,
O qu' as forzas, non poden,
     As mañas vencen.»

Mais soberbo y-altivo,
     A estas palabras
D' a lim' aquél responde
     Con unha marra
     Pegando enriba
Tal golpe, qu' o estromento
     Todo esnaquiza.

Mais á pouco, a impoténcea.
     Considerando,
Busc' a lima con ánsea,
     Pro busca en vano;
     Qu' así socede
'O qu' en temp' oportuno
     Desprécea ô debre.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega