Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

Propóseto á médeas, caída segura

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas15.html


[p. 47]

     N-o escairo de xunt' o lume
Unha noite alá d'o inverno,
En que xeaba, esta hestórea
Ouvinlle cantar á un vello:
     «N' unh' acaseón e n-un pobo,
Cuyo nome non relembro,
Distante d' aquí mil légoas,
Pouco máis ou pouco menos,
Reinaba un víceo moi raro,
E máis que raro inda, feo,
Y-era que, folgand' o lús
Despóis o domingo enteiro,
Cal si día santo non fose,
Traballaban os obreiros.
     Foi á aquel pobo á vivir


[p. 48]

Un sacerdote moi reuto,
Y-ô ver aquel maremagnum,
'O notar tal desconcerto,
A mal tan grave propúxose
Alcontrar pronto romédeo,
E despóis de pradicar,
'O fin logrou convencel-os
E xa despois ôs domingos
Non votaban un remendo
Os xastres, nin afiaban
A cuchila os zapateiros;
Mais a pícara costume,
Qu' herdaran xa d'os seus vellos
Acordaron, n-unha xunta,
Conservar ô mesmo tempo,
E así dous días folgaban,
O mesmo en vran qu'en inverno.
     Gozándose n-a súa obra,
De fé y-antuseasmo cheo,
Aquel siñor foise uns meses,
—Un ano inda non compreto—
A outras terras; mais estonces
Eles, n-a conta caendo


[p. 49]

Qu' era perder n-a somana
En descansar moito tempo,
Acordaron suprimir
Un d'os días e volveron
'As fayenas os domingos,
«Pois o lús... o lús... os vellos
Non traballaban» e cando
'O pobo volveu o crego,
Non alcontrou tan siquera
Un que gardase o preceuto.
     'O ver perdid' o traballo,
Con novo antuseasmo e celo
Empezou á pradicar
Outra vez, pro d' escarmento
Sirvíndoll' o que pasara,
Dixo: «Fora hábetos vellos:
Gardar moi ben os domingos,
Y-os máis días traballemos,»
Y-anque van algunhos anos
Trascurridos, hoxe mesmo
O domingo non s' escoita
Nin o golpe d' un martelo.
S' hai alguén que me pregunte


[p. 50]

¿Ten acaso algún ouxeto
Este conto? Hei responderlle
C'o que me dix' o bon vello:
«De reformar nosa vida
A acaseón aproveitemos;
Mais nunc' á médeas, sinon
D' unha vez e por compreto,
Sin que n-a vida d' atrás
Fixemos o pensamento,
Qu' é, tranxixir c'o pecado,
Piligroso, cando menos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega