Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

O sapo y-a cobre

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas16.html


[p. 51]

     Co-a calma que sabemos
Que gasta sempr' o sapo,
Marchaba un, non recordo,
Xa donde foi nin cando,
Pra donde nin qu' ouxeto
Levaba; mais ô caso:
Mitida, como teñen
Costume, n-un burato
Hachábase unha cobre,
Qu' en son de bulr' amargo
Lle diz á aquél: «Amigo,
Si máis n-apura o paso
Apóstoll' e non perdo,
De séis á sete cartos
Qu' ô fin á donde quere


[p. 52]

Chegar, Ile leva un ano.
     Parouse un istantiño
Y-o corpo revirando
Pra ver á quen falaba,
Contéstall' o bon sapo:
S' é certo, miñ' amiga,
Que sempre vou dispáceo,
Que gasto moita calma,
Que non alter' o paso,
En troques ¿non se fixa
Que nunca vou d' arrastro?

     Si moitos qu' eu conozo,
Y-o nome aquí me calo,
En vez d' ir com' a cobre
Marcharan com' o sapo,
Pregunto eu ¿medrarian,
Cal vemos hoxe, tanto?

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega