Fábulas i epigramas

Páxina Anterior

A araña y-o conexo

Páxina Seguinte

m3amadormontenegroepigramas17.html


[p. 53]

     De certo castiro
N-a pola máis alta,
De presa facía
Súa tea unha araña,
Y-ô, pé d' aquel arbre,
A xeito de casa,
Seu tobo un conexo
Tamén frabicaba.

     Un día, tan cedo
Qu' apenas a y-alba
Por riba d'os montes
Seu rostro amosaba,
Entrambos viciños
Trabaron palabra:


[p. 54]

—O qu' é, bon conexo, 
Si ben arreparas, 
A d'o alto dicía 
Con voz destemprada,
Tan baixo t' alcontras
Como eu estou alta.
Tí fozas n-a terra 
Y-a vida qu' arrastras
Non ten d' atrautivos,
Afellas, migalla,
E sempr' antre sustos,
Sin paz e con ánseas,
Non vives tranquilo
Nin unha somana.
Eu teño d' os albres
N-a parte máis alta
A casa, e rispiro
D' as brisas máis sanas,
Os prácidos cheiros
Qu' arrouban âs auras,
Y-as frores d' os campos
Que miro cercanos
Y-ôs homes contempro,


[p. 55]

Qu' en vano s' afanan,
Y-ôs bois que n-o xugo
De cansos abafan,
E ríome d' éles
Moi ben recreada,
Pois nada m' importa
Que froitos non haxa,
Que leve as cosechas
O sol ou a xeada,
A falta de regos
Ou ben sobra d' augas.»
     O bon d'o conexo
Qu' ouvira e calara,
Namentras aquel-a
Cal vimos falaba,
As berzas deixando,
Que ledo rumeaba.
Tres centas mil moecas
Facendo co-a cara,
Poñéndose séreo,
Contéstalle:
                 —Vaya
Qu' afellas s' esprica,


[p. 56]

Siñora madama.
Eu ando, non minte,
D'a parte máis baixa,
Non durmo tranquilo,
Nin teño de calma
Siquera un istante,
Qu' a pel m' ameazan,
D'os homes a argúcea,
D'os cás a dentamia,
Mais noxo non deben
De termo, pois falan
De mín e desexan
Comerme, si cadra;
Y-así vou vivindo,
Pois sei que se pasa
Millor, si conforme
S'está co-a disgrácea.
En troques, vostede,
Si sobe tan alta,
E porque lixando
Vai todo co-a baba
E vive-tan soilo
De líos e trampas,


[p. 57]

D'o sangue que zuga
'As moscas, qu' incautas,
Voando tropezan
N-as redes que ll' arma.

     Pensando mil veces
N-a hestórea contada,
Compar' ô conexo
D' o conto á esa casta
D' ilotas, d' escravos,
Sin duda d'
PARIAS,
Que levan às costas
D' o Estadol-as cargas;
Y-en troques, afellas,
Paresme qu' a araña
A certas presoas
Qu' eu calo, ritrata,
Que s' altas se poñen,
Si viven moi altas,
E soilo lixando
C' o cuspe d' a infámea
Y-o honor y-o decoro

Vendendo co-a y-alma,

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega