[p. 59]
D'Abril unha mañán, sobr'unha rosa
Brilaba de resín pelra fermosa.
A fror ¡que linda estaba!
O pudor súas folliñas sonrosaba
E d'a brisa lixeira
'O compás e co-a grácea d'a palmeira,
Maneábas' argullosa soavemente
Agardando qu' o sol resprandecente
Súa corola bañase
E n-a pelra o fulgor reverberase;
Mais a pinga xuntando
Os rayos, foi as follas requeimando
Y-a fror antes fermosa, xa muchada.
Antr' o polvo quedouse sepultada.
S' adornado s' houbera
[p. 60]
A fror c'o seu aroma e non quixera
Outro adorno locir que ll' era estrano,
Houbéras' evitad' o desengano.
N-este mundo ¡Dios santo!
Cantas son as que lixan seu encanto,
'O cheiro d'as vertudes prefirindo
Adornos d'os qu' aquelas van fuxindo. |