[p. 61]
Por non sei que artes
Certo rapaz,
N-unha despensa
Consigu' entrar
E rebuscando
Con ansedá
Algunha cousa
Qu' ôs dentes dar,
Un saquetiño
Consigu' hachar,
N-o que mezcrados,
¡Filicidá!
Noces maduras
Y-almendras hai;
E, por suposto,
[p. 62]
Metendo a man,
Unha presada
Logra pillar.
Primeiro as noces
Quere probar
Y-unha por unha
Rompéndoas vai,
E com' a cousa
Pesada fan
As duras cascas
Ter que crebar,
Tirando as noces,
Con louco afán
Vaise âs almendras
O bon rapaz;
Pro cand' azucre
Disolto xa
Deixou a almendra
Soila, entón ¡ai!
Tras d'a dozura
Veu o amargar.
Por ises mundos
[p. 63]
Oyo chamar
Sábeos á moitos
Que co-a verdá
Fixeron éles
O qu' o rapaz. |