BVG Atrás Índice de Páxinas |
Fábulas i epigramas |
||
Epigramas |
|
m3amadormontenegroepigramas21.html
[p. 71]
I (1)
Si foi ou non con talento,
Qu' eso craro non-o vexo,
Elías, qu' era tatexo,
Entrou n'un prenunceamento;
Salíu mal c' o seu intento,
Pol-o que, non sin verdá,
Dix' o Abade de Cotá,
E dixo á todos á feito:
Tiña que perder o preito,
¡Si non sabe prenuncear!
II.
¡Que milagre paseándos'estas horas!
¿Esquenceuse d'a audéncea, D. Patríceo,
Preguntaron á un xuez unhas siñoras,
'O qu' él lles contestou: non teño xuíceo.
(2) Hestóreco.
[p. 72]
III
Moi amigo d' abreviar
Un D. Xan Salvá García,
Despóis d'o seu nom' enteiro
Pon Salvá G. cando firma.
IV.
Fai algún tempo en Lugo dous gomosos,
Non sei porque custeós de pouca monta,
«Hácea o campo d' o honor vamos», dixeron,
Y-aquel campo d' o honor foi... o d' a Forca (1),
V.
Según contan é Mariano
Calrista com' o que máis,
Y-o contráreo o bon de Bráis
Un feroz repubricano,
Por eso cando s' alritan
Din os deus con arrogáncea:
(1) Iste nome lev' aquel en qu' algún tempo s' aforcaba ós réos,
[p. 73]
«Estamos á gran distáncea»
E n-a mesma cas' habitan.
VI.
'O siñor D. Xan Boutista,
Bon abogado; pro cego,
Preguntaba onte un labrego
Que ll' iba siguindo a pista:
Siñor, ¿teño a custeón lista?
'O qu' él moi grave contesta:
Hom' en valde se molesta;
Deixe o seu tempo correr
Que n' adianta con moler,
Mañán terei ô fin vista.
VII.
Mitida n-un ataud,
Antre pranguidos e canto,
A certa Doña Salú,
Siñora de gran vertú,
Levaban ô Campo-Santo.
[p. 74]
Y-o vïudo, que choraba,
Anqu' â morta non sintía,
¡Por Salú todo eu o daba!
Vertendo bágoas dicía,
Y-era qu' enfermo s' hachaba.
|
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |